O Barbanza Número 12
obarbanza
@obarbanzagal
@o_barbanza
Visita a nosa
WEB
obarbanza.gal
Xullo 20
608 240 160
A NOSA COMARCA, ALTERNATIVA AO TURISMO MASIFICADO
Vista desde o mirador da Curota, A Pobra
Lagoa de San Pedro de Muro, Porto do Son
Fotos: (Antonio Parada)
Praia Cabo de Cruz, Boiro
VAIA VERÁN! Desde hai máis dun mes estamos a ter unha das estacións máis secas e calorosas da historia. Para unha vez que podemos gozar de tempo seco e soleado con certa continuidade, parece que as meigas decidiron que todo xunto non é posible, e que se queremos praia non podemos ter festas. Bromas aparte a verdade é que Lourenzo está dándonos unha estación que ameaza en converter a nosa terra nun Mediterráneo, e con este tempo están a chegar milleiros de visitantes e veciños que nos acompañan durante estas semanas buscando a calma, a gastronomía, as nosas praias e a nosa compañía. Esta situación de tranquilidade non debe facer que baixemos a garda en cuestión de seguridade e protección. Sexamos conscientes e controlemos. Praia Tres Cruces, Rianxo
Axendas culturais seguras Os concellos achegan espectáculos en formatos pequenos durante todo agosto
3 /10
Análise post-electoral Os nosos alcaldes dan a súa opinión sobre os pasados comicios
12
Albergues anti-COVID O Camiño de Santiago adáptase aos novos tempos
14
ANUNCIO POBRA
O Barbanza
3
Xullo 20
ACTUALIDADE A POBRA DO CARAMIÑAL
O Cantón da Leña convértese en circo A Pobra brinda un completo programa de espectáculos humorísticos durante o mes de agosto
A
axenda estival de actividades e espectáculos do Concello da Pobra do Caramiñal é un programa (Verán Cultural) que destaca pola reivindicación sen fisuras do humor e do talento pero, tamén, por incluír unha manchea de citas de formato pequeno para, por unha banda, manter acesa a chama da cultura e a creatividade e, pola outra, garantir ao cen por cen a seguridade dos asistentes e dos participantes. A axenda de actividades, unha decena de espectáculos circenses e humorísticos, comezou o 14 de xullo da man de Duende Circo (Pallaso total) e proseguiu logo con Monitoleando, da Compañía Mónica Paradela, o 21 de xullo, e con Vueltos de Rosca, o 28. A seguinte cita agárdanos á volta de esquina: este 30 de xullo da man de Charo Pita. As citas serán todas elas no Cantón da Leña ás 20.30 horas. Veñen da man do Concello da Pobra do Caramiñal e a Deputación da Coruña. A continuación achegamos as actividades do programa pendentes de celebrar: -- 30 xullo Inventi Teatro. A gran viaxe. Trátase dun espectáculo de rúa divertido e visual que conta cun fantástico vehículo espacial composto por un antigo 600 e un propulsor remolcado. -- 4 agosto SU.MA. Ikigai. Neste espectáculo de danza-circo dirixido por Gonçalo Guerreiro (Elefante Elegante), dous personaxes, Sue Moreno e Maria Move, crean mundos de fantasía. Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes deste espectáculo. -- 6 agosto MadCompass. Os limpabotas. Nino e Mambrú. MadCom-
EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160
O Barbanza
A axenda estival
de actividades e espectáculos do Concello da Pobra do Caramiñal é un programa que destaca pola reivindicación do humor e do talento. pass é unha nova compañía que reúne artistas de Italia, Francia e Galicia. Un grupo de creadores que veñen do teatro físico, o circo, a música, a danza e os mundos da máscara e o monicreque.
DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena redaccion@obarbanza.gal
Os limpabotas é un espectáculo onde a acrobacia, a esgrima, o mimo e a improvisación co público converxen nunha obra de público familiar. -- 11 agosto Charo Pita. A familia papaventos. Trátase dun traballo de Charo Pita cos músicos María Faltri e Jorge Juncal no que interpretan cancións en formato trío. Esas cancións forman parte do libro O país do vento publicado por Charo Pita coa editorial Galaxia. -- 13 agosto MUU. Crunch. A compañía MUU nace da colaboración entre As Sircópatas e Circo Chosco. Neste espectáculo de novo circo Daniel Blanco e Óscar Páez son dous superheroes dispostos sempre a axudar e que nos
MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa Antonio Parada Abso
farán rir cos seus saltos mortais, cos golpes e caídas, malabares, clown. Un espectáculo fresco e divertido para toda a familia -- 18 agosto Peter Punk Pallaso. Chungatrona. Neste espectáculo veremos unha aloucada entrada en escena coa Testarrosa, o miniciclo de Peter Punk. Números de maxia coa colaboración do público. E como colofón, un final único no mundo: A Chungatrona!! Un aparello pensado por un pallaso, que manterá ao público en tensión ata que… algún incauto resulte totalmente mollado e a cara cuberta de tarta. Todo isto, para desatar a risa, a diversión e a loucura de todo o público menores e maiores.
PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal
IMPRIME: TAMEIGA, S.L.
CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal
Número 12 (xullo 2020) Publicación periódica. Tirada: 7.000 exemplares
A NOSA WEB www.obarbanza.gal
Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256
4
Xullo 20
O Barbanza
ACTUALIDADE RIBEIRA
Máis Fiestra da Cultura
Proseguen en agosto e setembro as actividades en formato seguro de Ribeira
O
programa estival de espectáculos do Concello de Ribeira foi concibido en todos os seus detalles para un verán específico e complexo, diferente de calquera outro, no que se fixo máis necesario ca nunca achegar unha axenda segura, controlada e con disposicións exhaustivas que garantan a seguridade do público e os artistas e tamén o distanciamento. O programa, que dá acubillo a actividades (todas elas) de pequeno e mediano formato, inclúe dúas
ducias de espectáculos que se sucederán durante toda a tempada, conformando a programación da Fiestra da Cultura. Moitas das actividades xa pasaron pero outras aínda están pendentes de realizarse. Damos conta nesta páxina destas últimas. O programa é un programa cen por cen de balde e descentralizado (con moita presenza nas parroquias) no que todos os eventos incluídos veñen marcados por un estrito protocolo de seguridade, seguindo as recomendacións sanitarias
establecidas: control de aforamentos, uso obrigatorio de máscaras de protección, dispensador dunha solución hidroalcohólica, etc. A Fiestra da Cultura reúne concertos, actuacións cómicas, novo circo, exposicións, cinema ao aire libre, etc. A programación comezou o sábado 27 de xuño co acto de apertura da exposición do artista local Manuel Ayaso titulada Relatos da Costa da Morte e que aínda se pode ver no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira (até o 29 de agosto).
PROGRAMACIÓN Venres 31 xullo -- Actividade infantil. Cantando contando. Xogos de habilidade feitos con material de refugallo, inchables. Espectáculo infantil e familiar, música e moita diversión. Na praza do Concello, de 11:30 a 14:00 h e de 18:30 a 21:00 h. -- Noites de Autocine Al aire patos Aparcadoiro Pavillón de Sirves – Olveira, ás 22:15 h.
Sábado 8 agosto
Venres 28 agosto
Sábado 12 setembro
-- VI Festival Ribeira Maxia Don Gelatti, de Dani García. Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h.
-- Noites de autocine A galiña Turuleca Aparcadoiro Punta do Castro – Castiñeiras, ás 22:15 h.
-- Día de Santa Uxía – VI Festival Ribeira Os contos de Pablísimo Praza de Porta do Sol, ás 19:00 h.
Venres 14 agosto
Sábado 29 agosto
-- Noites de Autocine Superlópez Aparcadoiro grande – Corrubedo, ás 22:15 h.
-- Concerto: A Gramola Ye-Ye Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h.
-- Día de Santa Uxía – Concerto: Gallaecia Small Band Paseo do Malecón, ás 22:15 h.
Sábado 15 agosto -- VI Festival Ribeira Circompakto Wamba e a pel de tambor Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h.
Venres 21 agosto -- Noites de Autocine Uno máis de la familia Exterior do Centro Social de Oleiros, ás 22:15 h.
Sábado 22 agosto -- Circo de Lume, da compañía Asacocirco Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h.
Sábado 1 agosto -- Concerto – Tanxugueiras, xira Contrapunto Paseo do Malecón de Ribeira, ás 22:15 h.
Venres 4 setembro -- Exposición XIV Premio Luís Ksado de Fotografía Inauguración ás 21:00 h no C.C. Lustres Rivas. Do 4 ao 26 de setembro. Horario: De luns a venres de 10 a 14 h e de 19 a 21 h e sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 h. -- Noites de Autocine O que arde Campo da Festa – Carreira, ás 22:15 h.
Sábado 5 setembro -- VI Festival Ribeira Circando – Gala de circo Praza de Porta do Sol, ás 22:15 h.
Venres 7 agosto
Venres 11 setembro
-- Noites de autocine Los futbolísimos Exterior Centro Recreativo Artes, ás 22:15 h.
-- VI Festival Ribeira. Superheroe, Fran Rei. Praza de Porta do Sol, ás 19:00 h.
E ademais -- Exposición Relatos da Costa da Morte, gravados de Manuel Ayaso Centro Cultural Lustres Rivas. Ata o 29 de agosto. De luns a venres de 10 a 14 h e de 19 a 21 h e sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 h.
O Barbanza
5
Xullo 20
O Barbanza
7
Xullo 20
ACTUALIDADE RIANXO
Música para recuperarnos do confinamento A nova edición do Festival de Jazz de Rianxo quece motores coa mostra Jazz Espido
P
ara os seareiros da música da comarca e de Galicia, do xoves 6 ao sábado 8 de agosto celébrase a cuarta edición do Festival Noites de Jazz de Rianxo. Haberá concertos e, tamén, unha exposición sobre este estilo musical e as súas diferentes variantes, que tan bos froitos ten dado na nosa terra e tanto nos ten axudado, na pasada crise sanitaria, a sobrelevar os tempos máis críticos do confinamento. A dita mostra inaugurouse o 24 de xullo, no Centro Sociocultural-Auditorio. Consiste nunha homenaxe pictóricopoética aos camiños de coñecemento, expresión e comunicación abertos polo jazz. Estamos a falar da exposición Jazz Espido. 17 debuxos de Eva Lloréns e 17 poemas de Mª do Carme Kruckemberg. A mostra xorde do traballo conxunto, orixinariamente en formato libro (editado por Barbantesa), da poeta viguesa María do Carme Kruckenberg e maila artista Eva Lloréns. Jazz espido cingue textos sobre grandes instrumentalistas e voces do jazz acompañados de espidos masculinos e femininos que “ilustran os movementos e sentimentos dos versos”, segundo reza no resumo do proxecto, unha colección de “imaxes feitas palabras que expresan a admiración da autora pola música do jazz”.
Máis actividades
A
axenda cultural do Concello para este verán é unha axenda adaptada aos tempos COVID. Para a súa elaboración fíxose un especial esforzo por evitar actividades que puxeran en risco á poboación ao mesmo tempo que se tentou ofrecer citas destacadas para ser subliñadas no calendario e que foran de interese para todas as idades e gustos. O programa de actividades do verán comezou os días pasados (o 3 e o 4 de xullo) co Encontro Internacional Zona da Zanfona, e proseguiu logo coas proxeccións cinematográficas de Lúa Chea no Barbanza. Logo, do xoves 23
Inauguración da exposición Jazz Espido
Na presentación deste 24 de xullo participaron Xoán Pastor (director do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital), Mercedes Queixas Zas (poeta, novelista e política) e Raquel García Abuín (concelleira de Cultura do Concello de Rianxo). Deron a coñecer os detalles, da exposición, do programa de actuacións e, tamén, do espazo
ao domingo 26 de xullo, a lectura tomou a palabra na Feira do Libro de Galicia, que estivo no Campo de Arriba rianxeiro. De xeito simultáneo á Feira do Libro chegou a Rianxo outra importante actividade: o Congreso A astronomía nas rutas xacobeas organizado pola USC, Rianxo Ciencia e o Concello. Celebrarase en dúas quendas: o venres 24 de xullo, ás 20.45 horas, e o martes 25 de agosto, ás 21.00 horas. Tamén está habilitada, dende o 26 de xuño no Auditorio, a mostra itinerante As pegadas do Camiño de Santiago no Barbanza: A Orixe, impulsada pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e Sar.
en Facebook do certame, onde se van ir dando conta de todas as novidades: https://www.facebook.com/ NoitesdeJazz/. A música tomará a palabra entre o xoves 6 e o sábado 8 de agosto, coa cuarta edición do Festival Noites de Jazz de Rianxo. Será no Centro Sociocultural-Auditorio ás 22.30 horas (actividades con
reserva previa). O xoves 6 de agosto actuará o Pablo Sanmamed Trío; o venres será a quenda do Pablo Castanho Quartet; e o sábado 8 a protagonista será a Swing Machine Orchestra. Organiza o Concello de Rianxo, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña e do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital (Ribeira).
O venres 14 de agosto o cinema ao aire libre volve ser protagonista. Será na praza Castelao ás 22.30 horas, coa proxección da película María Solinha (estrea), un filme de Ignacio Vilar (Vía Láctea Filmes e TVG). Organiza: Concello de Rianxo. Colabora: Deputación da Coruña. O sábado 22 de agosto retomamos o fío da música, cun concerto de Barahunda no Centro Sociocultural-Auditorio ás 22.30 horas. O programa cultural compleméntase coa Mostra Arte-sanía en Ondiñas Mainas. Será do 21 de Agosto ao 18 de setembro, na sala de exposicións do Centro Sociocultural-Auditorio. Organiza a Asociación Cultural Ondiñas Mainas. Colabora: Concello de Rianxo.
O Barbanza
9
Xullo 20
PORTO DO SON ACTUALIDADE
Un refuxio chamado Porto do Son O Concello prepara a chegada de agosto con cinema, teatro para as familias e música
O
verán en Porto do Son preséntase cargado de actividades, unha axenda descentralizada e diversa que se dirixe a facer compatíbeis as fórmulas máis atractivas para o público e os protocolos estritos de seguridade sanitaria. O programa vaise presentando cada semana: carteis con actividades para sete días cunha manchea de citas para subliñar na axenda. Co remate de xullo e co comezo de agosto, os ingredientes principais son o cinema, o teatro e a música. Este 29 de xullo temos unha cita cos superheroes do cinema na praza de España de Porto do Son, coa proxección, ás 22.30 horas, de X-Men: Féxix Oscura. O día 31 de xullo ás 12.30 do mediodía o teatro máis divertido toma a palabra da man de Inventi Teatro, que presentan no mesmo emprazamento, na praza de España, a obra para todos os públicos A tropa do doutor Milagre, un espectáculo onde se brinda ao público o privilexio de probar os “efectivos produtos do doutor Milagre”, remedios de todo tipo (para a alopecia,
para a febleza, para a falta de apetito) que veñen con diversos formatos (escumosos xampús, elixires fertilizantes ou inxeccións máxicas) cun show de venta ambulante que non deixará a ninguén indiferente. O primeiro de agosto a música será a protagonista na vila de Porto do Son, co concerto tributo The Cerne Revival, ás 22.30 horas na explanada portuaria. The Cerne Revival é unha banda de sete músicos especializada no importante legado do lendario grupo dos sesenta Creedance Clearwarter Revival, dos que adoitan tocar en directo boa parte dos seus grandes éxitos. O 2 de agosto temos máis música na praza do Curro de Portosín. Será ao mediodía, antes do xantar, e virá da man de Ricardo Parada, un dos grandes autoresintérpretes do panorama musical galego, gran coñecedor do legado de grandes cantautores como Silvio Rodríguez, Violeta Parra, Javier Krahe, Joaquín Sabina ou Víctor Jara, entre outros grandes artistas aos que rende homenaxe nos seus concertos, combinándoo cunhas importantes doses de humor e proximidade co público.
O Castro de Baroña: destino seguro milenario
A
costa de Porto do Son é unha das xoias patrimoniais, paisaxísticas e medioambientais da xeografía galega. Combina ingredientes das Rías Baixas (algo do seu clima, influencias culturais, históricas, arquitectónicas) con certos elementos dos concellos de máis ao norte, achegando un litoral único para descubrir e redescubrir unha vez tras outra, cada verán ou en calquera época do ano. Nesta contorna salientan as praias (unha longa listaxe de areais, preto de trinta, que non só proporcionan un destino atractivo para estes días de calor, senón tamén importantes refuxios de seguridade e protección para estes tempos de nova normalidade e de obrigado distanciamento) e tamén os seus castros: un histórico panorama de construcións que se ben xira arredor do xacemento máis relevante de todos, o Castro de Baroña, inclúe outros moitos
O Castro de
Baroña é un dos grandes tesouros de Porto do Son, un símbolo e un sinal de identidade e, tamén, un destino seguro e tranquilo para este verán tan atípico enclaves que nos convidan a coñecelos e facer inventario de como as idades pasadas aínda perduran e se entremesturan coa paisaxe e o patrimonio de hoxe (por exemplo o Castro de Porto Nadelas, en Queiruga, o de Caamaño ou o de Foloña, en Nebra). Sen dúbida o Castro de Baroña é un dos grandes tesouros de Porto do Son, un símbolo e un sinal de
identidade e, tamén, un destino seguro e tranquilo para este verán tan atípico. Descuberto no ano 1933, declarado Patrimonio Artístico Nacional e Ben de Interese Cultural, este castro é un dos xacementos máis importantes da Idade de Ferro en Galicia, que non só é de salientar pola súa importancia histórica e arquitectónica senón tamén polo impoñente da súa xeografía e da súa
paisaxe: 22.622 metros cadrados de superficie batidos ou acariñados (dependendo do clima reinante) polo océano Atlántico. A inaccesibilidade do emplazamento converteuno hai tempos nun lugar protexido e seguro fronte a posíbeis ataques do exterior (e tamén do interior), e estas características (este carácter de refuxio) seguen hoxe en día, neste verán de 2020, especialmente vixentes.
10
Xullo 20
O Barbanza
ACTUALIDADE BOIRO
Reivindicando historias pequenas (e grandes) Boiro ofrece unha completa axenda cultural de verán, segura e descentralizada
A
A Banda da Balbina
cultura sáenos ao paso en Boiro neste verán. E faino baixo a fórmula da seguridade, do seguimento dos protocolos e dos pequenos formatos en escenarios que, de por si, axudan a gardar o distanciamento. O programa Verán Cultural de Boiro será este mes de agosto unha continuidade das experiencias vividas en xullo e xuño: experiencias que nos achegaron temáticas alternativas dende ópticas diferentes (reivindicando antigos espazos de encontro como os lavadoiros ou os muíños, miúdos escenarios que son, literalmente, un refuxio contra pandemias). O programa de agosto comeza a voar dende o primeiro día, co concerto (Con cebola ou sen cebola) de A Banda da Balbina, ás 22.00 horas na praza do Centro Social, e volve unhas xornadas máis tardes, o mércores 5 de agosto, nos Muíños do Río Breiro, cunha cita de narración oral e romaría para mergullarnos (a partir das 12.00 horas) nos contos e lendas da nosa terra. O novo circo de Isla Le Triska porá o colofón á xornada do 5 na praza de Agramuíña, ás 21.00 horas en Escarabote. O venres 7 de agosto trasladarémonos ao paseo marítimo de Barraña para encontrarnos (ás 21.00) cos Desastronauts (humor ingrávido para facer voar a imaxinación), o dúo circense formado por Raquel Veganzones e Girisho Gordon, con sede principal de operacións en Santiago (achegando espectáculos de acrobacias que destacan pola mestura de “risco, innovación, humor, orixinalidade, calidade e, sobre todo, falta absoluta de vertixe”).
O programa seguirá subindo en intensidade os días seguintes co teatro de Galeteatro (Muiñada, no Coído, o sábado 8 ás 12.30 horas); co pop electrónico para a rapazada de O Capitán Garfo (Cociñando Música, o mércores 12 na praza do CS de Boiro ás 12.00 horas); coas artes escénicas divertidas de Inventi Teatro (co espectáculo A tropa do doutor Milagre, o sábado 15 en formato itinerante, entre as 12.00 e as 20.30); coa música popular (o Festival Tradicional Aroña, no Coído, os días 15 e 16 de agosto); coa narracións orais (Os contos de nenas grandes e pequenas, o mércores 19 no Lavadoiro de Bao, ás 12.00); e coa música galega, co Serán Tradicional Abeloura o sábado 22 en Cespón. Na recta final de agosto teremos citas nos
Muíños de Goiáns (o día 23, de muiñada con Nunca é Tarde), na Casa da Cultura (coa historia de Elisa e Marcela a cargo de A Panadería, o 28 de agosto ás 21.30 horas) e en San Ramón de Bealo (o día 30, coa recalada en Bealo da xira de Xilbarbeira, a partir das 21.00). Xa en setembro, o listón seguirá alto co Festival de Arte Urbana nas pistas de skate de Boiro (3, 4 e 5 de setembro), co circo de Pistacatro (o día 5, con A vida tola de Pajarito, no Centro Social de Abanqueiro, ás 21.00 horas) e novamente coa música tradicional de Xilbarbeira (cunha clase maxistral na praza do CS de Boiro, o sábado 12 ás 19.00 horas). O programa remata en setembro coa sesión de narracións de Pablísimo, no CS de Cabo ás 17.00 horas, o día 26.
O Barbanza
11
Xullo 20
ACTUALIDADE CULTURA
Concellos co galego
O Goberno pon 100.000 euros a disposición das entidades locais para impulsar a dinamizar a nosa lingua
Ampliado o prazo do concurso de curtas Senda dos Faros
O Faro do Cabo Vilán, nunha imaxe de Héctor Martínez
A
O
Goberno galego, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, publicou no seu portal (Lingua.gal) os detalles da súa convocatoria de axudas ás entidades locais da Comunidade Autónoma destinadas á promoción e uso da lingua galega. Segundo indicou a secretaría xeral que dirixe Valentín García, as entidades beneficiarias destas subvencións serán, por unha banda, “entidades locais de Galicia” e, pola outra, “agrupamentos de concellos que xuntaran forzas para un proxecto común”. Quedan excluídas destas axudas as deputacións provincias. O obxectivo específico, segundo se informa nas bases, é “convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante o mantemento ou reforzamento dos existentes para o
ano 2020, en concellos ou en agrupamentos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes”. O importe total da contía é de 100.000 euros. O prazo de presentación das solicitudes remata o 17 de agosto. Respecto do terreo a cubrir polas axudas porase o foco nos servizos lingüísticos locais (departamentos das entidades que teñen as funcións de planificar, xestionar, executar e avaliar medidas e accións co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega en todos os ámbitos de actuación da organización, tanto interna como externamente) e en apoiar o mantemento e o reforzamento destes servizos. -- Mantemento dun servizo: dotación de continuidade a un servizo lingüístico creado con anterioridade á data de publicación desta convocatoria de subvencións. -- Reforzamento dun servizo: incorporación de máis
O obxectivo
específico, é “convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante o mantemento ou reforzamento dos existentes para o ano 2020”. persoal técnico, mediante a súa contratación, a un servizo lingüístico xa existente na data de publicación desta convocatoria. Para máis información sobre esta convocatoria, están publicados todos os detalles no Portal da Lingua Galega Lingua.gal, impulsado e mantido pola devandita Secretaría Xeral.
Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación informaron de que o prazo para o envío dos vídeos do Concurso de Curtas Senda dos Faros amplíase até o 30 de setembro. O motivo non é outro que as consecuencias que tivo a COVID e a emerxencia sanitaria no desenvolvemento do certame online, que impediu que a maioría dos centros inscritos nel puidese rematar o proceso de creación dos audiovisuais para seren publicados nas redes sociais e presentalos no prazo establecido. Amais, en previsión da evolución futura da pandemia, substitúense os premios que figuran no artigo 3 das bases e implican desprazamento e concentración de grupos de alumnado e profesorado por outros nos que non se dá esta circunstancia. Os galardóns para os centros pasarán a ser os seguintes: 1.º Premio. Cheque-regalo de 1.000 € para material audiovisual ou literario en lingua galega; figura e diploma acreditativo. 2.º Premio. Cheque-regalo de 600 € para material audiovisual ou literario en lingua galega; figura e diploma acreditativo. 3.º Premio. Cheque-regalo de 400 € para material audiovisual ou literario en lingua galega; figura e diploma acreditativo. O certame de audiovisuais da Senda dos Faros é unha actividade complementaria do itinerario de interese paisaxístico do mesmo nome, un percorrido de 53 etapas que vai desde Tapia de Casariego (Asturias) até Vila Nova de Cerveira (Portugal), con diferentes treitos insulares (Ons, Cíes e Sálvora) e cunha importante vertente divulgativa. Froito da vontade de mobilizar a participación da comunidade educativa xorde o certame de curtas, unha iniciativa na que se valora non só a capacidade dos escolares de plasmar a importancia paisaxística, natural e histórica das etapas, senón tamén o elemento lingüístico: a promoción do galego.
12
Xullo 20
O Barbanza
ACTUALIDADE OS ALCALDES OPINAN
Os alcaldes opinan
Os rexedores da nosa comarca comparten con nós os seus puntos de vista sobre as eleccións autonómicas 1. Que conclusións podemos tirar destes comicios autonómicos que se veñen de celebrar?
2. Cales son as súas expectativas para este novo Goberno galego?
3. Cales cre que son as grandes materias pendentes que o novo Executivo galego debera afrontar en relación á nosa comarca e, de maneira máis específica, no concello no que vostede é alcalde? Que lle pediría vostede ao novo Goberno da Xunta?
“A lexislatura vai estar marcada por unha grave crise e temos que estar preparados para facerlle fronte” Luis Oujo
alcalde de Porto do Son
1
A pandemia afectou en tódolos sentidos, foi unha campaña electoral atípica e un día electoral cunhas medidas de prevención que tiveron que ser moi estritas porque había que actuar con responsabilidade para protexer á poboación e que podían afectar á participación. Finalmente a poboación acudiu con relativa normalidade ás urnas e creo que as conclusións son claras e rotundas como o foron os resultados electorais. Os galegos temos as cousas moi clariñas e creo que estas eleccións puxeron a cada un no seu lugar, foron unhas eleccións que fixeron xustiza.
2
Pois creo que vai ser o Goberno que Galicia precisa para superar una momentos de enorme dificultade que se aveciñan. Este lexislatura vai estar moi marcada por unha grave crise económica e social e temos que estar preparados para facerlle fronte. Non me cabe a menor dúbida de que o equipo que formará Alberto Núñez Feijóo marcará a diferencia con respecto ó que está pasando a nivel nacional e polo tanto os galegos podemos estar tranquilos nese sentido. Temos un Goberno experimentado e responsable, e partindo desa base os galegos superaremos calquera dificultade con traballo e esforzo.
3
Pois como alcalde confío en que a Xunta seguirá comportándose con noso concello e coa nosa comarca como ata o de agora e para nós supón unha seguridade de cara a poder cumprir cos nosos veciños en temas nos que a Comunidade Autónoma ten competencias dentro do noso municipio. Acabamos de comezar a obra que suporá un antes e un despois para Porto do Son que é a fachada marítima, pero temos moitas materias pendentes coa Xunta de Galicia: o saneamento de Queiruga e San Pedro, a rotonda de Xuño, o Centro de Saúde, o Colexio de Portosín e o Parque Empresarial. Confío en facer de todos eses proxectos unha realidade.
“A nosa gran reclamación para o novo Goberno da Xunta é o Centro de Día” Adolfo Muíños
alcalde de Rianxo
1
Desde o punto de vista do meu partido o grandísimo resultado que multiplicou os apoios do BNG e de Ana Pontón. Sinala o camiño a seguir. Con traballo e humildade creo hai un futuro por diante cheo de ilusión cando hai catro anos nos daban por desaparecidos. E estamos moi satisfeitos en clave local de chegar ao 34,7% de apoios e gañar en varias mesas do municipio amosando a fortaleza do BNG en Rianxo e na nosa comarca. En segundo lugar compre recoñecer a vitoria de Feijóo cun triunfo inapelábel e felicitalos por ela. Correspóndelles a el administrar esa confianza dada. Que sexa polo ben de toda a cidadanía.
2
Agardo un novo modelo de financiamento local que contemple maior apoio aos concellos, incrementando as partidas que agora se dedican a subvencións e pasen a ser axudas obxectivas e directas,
na liña dos plans únicos das Deputacións. Por outro lado tamén asumindo custes que levan anos reclamándose desde o municipalismo como os educativos, limpeza, mantemento, persoal... que incluso chaman impropios dos concellos e que desde hai moitos anos negocian FEGAMP e Xunta para que os asuma esta última. Ou dos centros de saúde. E máis neste momento de pandemia onde son necesarios recursos para os concellos como administración máis próxima á xente e deberíamos poder acceder aso fondos que o estado destina ás autonomías e os que a Unión Europea vai destinar o Estado Español. Son por tanto expectativas beneficiosas para calquera concello do signo que sexa.
3
A reclamación do Centro de Día.
Fixemos un grande esforzo sós para adquirir o Pazo de Rianxiño e agardo que
como en todos os concellos da comarca se comprometa este equipamento dentro do servizo público. Tamén agardo novas sobre a mellora da estrada AC-305 ao paso por Taragoña e O Araño con actuacións de seguridade viaria. Ou retomar tramos e o saneamento e o abastecemento de Leiro e Isorna, que ficaron no tinteiro en 2011. Iso malia recoñecer tamén o importante investimento que se está a realizar na depuradora e colector de Rianxo. Outro punto importante é a implicación coa musealización da Casa de Rafael Dieste na que Estado, Deputación e Concello fomos financiando obras. Resta a colaboración da Xunta no proxecto. Por último creo tamén é momento de que en Rianxo se mellore a fachada marítima e as relacións co porto en seguridade, accesos, servizos.
O Barbanza
13
Xullo 20
OS ALCALDES OPINAN ACTUALIDADE
“As expectativas co novo equipo da Xunta seguen a ser excelentes” Manuel Ruíz
alcalde de Ribeira
1
Os galegos déronlle a Alberto Núñez Feijóo uns resultados históricos, 42 deputados, porque souberon valorar a súa capacidade de xestión nun momento en que se necesita máis ca nunca á fronte do goberno unha persoa con experiencia, serenidade e claridade de ideas para poder sacarnos desta crise sen precedentes. Galicia non estaba disposta a aturar experimentos bipartitos ou tripartitos e así quedou constatado. O gran apoio recibido implica unha gran responsabilidade e es-
tou certo de que o noso presidente saberá responder.
2
As expectativas seguen a ser excelentes. Confiamos en que unha ribeirense que xa demostrou a súa valía na última lexislatura, Fabiola García, ocupe de novo un posto de responsabilidade na Xunta de Galicia. E estamos seguros de que dende todos os seus ámbitos o goberno entrante será sensible e receptivo ás nosas demandas e necesidades.
3
Pídolle nin máis nin menos que nos sigan tratando como ata agora. En clave comarcal hai pendentes importantes cuestións, unha delas a ampliación do Hospital da Barbanza. E a nivel municipal esperamos ver materializadas actuacións tan significativas como a desafectación da fachada marítima da cidade, a execución da variante, a posta en marcha do Punto de Encontro Familiar ou os traballos de humanización de Palmeira de acordo co proxecto da Fundación RIA.
“Un primeiro paso fundamental do novo Executivo autonómico sería rematar o saneamento integral das rías” José Ramón Romero
alcalde de Boiro
1
2
Os comicios non tiveron para nós os resultados esperados. Foron unha campaña electoral e máis unha xornada de comicios moi atípicas onde só aqueles partidos políticos con líderes xa coñecidos pola opinión pública foron quen de medrar, sometidos pola situación de non poder presentar o seu proxecto a aqueles que se estreaban na cita electoral autonómica deste mes de xullo.
A nosa relación coa Xunta de Galicia é de total respecto institucional, cada unha no seu ámbito. O que esperamos é que o novo Goberno autonómico trate ben ás e aos boirenses, igual que a calquera outro concello da nosa terra, sen importar a cor política dos seus representantes. Hai que ter en conta que se trata do goberno de todos os galegos e galegas.
3
O saneamento integral das rías é algo que non esta rematado, e que,
na miña opinión, constitúe un primeiro paso fundamental. Xa no ámbito máis local, o concello de Boiro precisa dunha residencia da terceira idade que, dada a localización do municipio, pode ser perfectamente comarcal. Os terreos tenos a Xunta de Galicia á sua disposición para cando queira afrontar o proxecto polo que esperan todos os veciños e veciñas de Boiro.
“Como alcalde só desexo un trato xusto con respecto aos concellos, e non sempre o tivemos” Xosé Lois Piñeiro
alcalde da Pobra do Caramiñal
1
Non podemos esperar cambio algún na política autonómica. O espazo político máis relacionado con Nós Pobra quedou sen representación parlamentaria, confirmando algo xa sabido: as liortas internas e as desavinzas son moi penalizadas polo electorado. Existe un espazo político a nivel de Galicia para o que a nosa asemblea representa a nivel da Pobra? Eu penso que si, a nosa forma de entender a política é moi diferente dos partidos tradicionais. Esa demanda non deixou de existir na sociedade, só que o proxecto creado causou unha profunda decepción. Algo que tamén quedou claro é que resulta moi complicado evitar unha maioría do PP sen outra alternativa máis. A nós tócanos valorar se queda algo por facer.
2
Como alcalde só desexo un trato xusto con respecto aos concellos, e non sem-
pre o tivemos. A distribución de axudas aos municipios ten que ser equitativa e baixo criterios fixos e coñecidos. Polo demais, nas grandes liñas de actuación as nosas diferenzas son moi grandes con respecto ás do PP. A súa concepción de como debe funcionar a nosa sociedade é radicalmente oposta. Dentro diso, desexo que naquilo onde as diferenzas ideolóxicas non son tan importantes, acerten e consigan un mellor benestar para a cidadanía e acaden o desenvolvemento do noso país de maneira equilibrada e baixo criterios de sustentabilidade. Preocúpanos moito as medidas de contención da crise xerada pola COVID-19, ata o de agora a Xunta non estivo á altura do que o Goberno do Estado está á ofrecer. Aínda poden facelo.
3
A mellora das comunicacións mediante o transporte público será fundamental,
é necesario vertebrar a comarca e facilitar a mobilidade cidadá. Resulta indecente que aínda non exista un transporte directo da Pobra ao Hospital. Pediríalle tamén apoio decidido aos nosos sectores produtivos, de maneira especial á Confraría e á súa demanda de rexenerar os bancos marisqueiros restablecendo as correntes interrompidas hai anos polo peirao comercial. Portos de Galicia ten que ser unha ferramenta máis ao servizo da nosa sociedade e non unha fonte de conflitos para os concellos. Precisaremos o apoio da Xunta para incrementar o solo industrial, e tamén para a creación dun bulevar na estrada AC-305 ao seu paso polo centro urbano. En catro anos todo o investimento en ampliar a rede de saneamento procedeu de fondos propios ou da Deputación. É hora de que se lembren de nós.
14
Xullo 20
O Barbanza
TURISMOS CAMIÑO SEGURO
Camiño Seguro... e Dixitalizado A Xunta impulsa un programa para adaptar a peregrinación á situación sanitaria
N
un ano tan complexo como o que estamos a vivir, un dos grandes desafíos económicos, culturais, turísticos e sociais foi o de conseguir que o Camiño de Santiago ofrecese as máximas garantías de seguridade para todos aqueles que elixan camiñar e chegar a Compostela a través dos seus dez itinerarios en Galicia. E é neste aspecto, na seguridade na peregrinación onde se estivo a traballar de maneira especial nos últimos meses para axudar ao sector a adaptarse á nova situación, nun proceso que desde a Xunta de Galicia está a acompañarse con distintas medidas. No marco do Plan de Reactivación do sector cultural e turístico aprobado en abril e creado entre a Xunta e o sector para ofrecer solucións que xeren liquidez no tecido empresarial e incentiven a actividade turística, cun orzamento de 58 millóns de euros, inclúese o programa Camiño Seguro. Trátase dunha iniciativa coa que se promove unha peregrinación adaptada á actual situación sanitaria a través dun protocolo integral nos itinerarios xacobeos. Inclúe medidas como limitacións de aforamento de entre o 50 e o 75% nos albergues,
elaboración de guías e manuais de apoio, formación para máis de 300 albergueiros, axudas para a adaptación dos establecementos ás medidas hixiénico-sanitarias, un servizo de asesoramento aos negocios ou un novo sistema de reservas online. Neste contexto, o 1 de xullo iniciouse da man da Xunta a reapertura dos albergues públicos de maneira gradual e adaptada ás medidas contra a COVID-19. Ao fío deste proceso, forneceuse aos establecementos da ruta dos recursos que lles axudasen a dotar de seguridade aos peregrinos a través de cartelaría informativa con recomendacións e materiais de protección como xeles ou solucións desinfectantes, papeleiras de pedal, luvas ou bolsas, entre outros dispositivos.
Alberguesxacobeo.gal
é unha plataforma en liña para reservar praza nos albergues públicos do Camiño de Santiago e para achegar acceso a un buscador con todos os establecementos da rede pública.
Castro de Viladonga, Castro de Rei
Preguntas e respostas sobre Camiño Seguro - Que debo facer se presento sintomatoloxía compatíbel coa COVID-19? - O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) ten habilitado un número de teléfono, o 881 002 021, para as persoas que acudan a Galicia procedentes doutros lugares e presentes esta sintomatoloxía. A través del, poderán recibir instrucións precisas de maneira telefónica. - Que medidas de seguridade incorporan os albergues da rede pública? - Contan con cartelaría coas principais normas e recomendacións contra a COVID-19 así como materiais de protección como xeles e solucións desinfectantes, papeleiras de pedal, luvas ou bolsas. Ademais, están inutilizadas as prazas que non serán ocupadas e dispoñen de sinalización indicativa para garantir as distancias nas zonas de uso compartido, restrinxíndose o uso de servizos comúns. - Debo empregar máscara de protección? - A lexislación vixente indica que é obrigatorio o uso de máscara en todos os espazos pechados de uso público ou que se atopen abertos e se poida coincidir no mesmo espazo con outras persoas. Sempre, fóra de que se poida ficar sentado e os titulares do albergue adopten medidas que garantan en todo momento o mantemento da distancia de seguridade interpersoal entre as persoas. Por iso, nun albergue é obrigatorio o uso da máscara excepto no suposto indicado. Ademais, asimílase esta situación de estar sentado a estar tombado en cama. No entanto, na habitación de uso compartido deberase utilizar a máscara agás no intre de estar deitado ou sentado na cama.
que o desexen poden reservar cama desde as 13.00 horas do día anterior até as 13.00 horas do día da pernoctación. A partir desa hora, se o albergue dispón de prazas libres, estarán a disposición dos peregrinos que cheguen, facendo así compatíbel a reserva previa co espírito da hospitalidade xacobea. - Entregaranme roupa de cama ao chegar ao albergue? - Si. Trátase de roupa dun só uso. Unha vez entregada debemos encargarnos de colocala. Desta maneira, garántese que ninguén, nin sequera os traballadores do albergue, tocan a roupa de cama de cada usuario. Tamén deberemos encargarnos de retirala antes de deixar o albergue nos espazos establecidos con este fin. Os peregrinos faranse cargo das botas, mochilas e outros elementos de uso persoal. En caso necesario facilitaranse bolsas para gardar as pertenzas. - Que medida de seguridade adóptanse nos dormitorios? - Tras cada día de uso, farase a limpeza e a desinfección do cuarto e de mobiliario. No caso de dormitorios de uso compartido, as camas disporanse respectando a distancia de seguridade. - Pódese facer uso da cociña e do comedor? - As cociñas dos albergues públicos en Galicia dispoñen só de neveira e microondas, pero neste momento estes servizos permanecen clausurados. No entanto, en caso de necesidade atenderanse peticións individualizadas por parte dos hostaleiros, tales como o mantemento dun medicamento na neveira.
- Cal é a capacidade de aloxamento dos albergues? - Os albergues privados poden habilitar até o 75% da súa capacidade, mentres que os públicos manteñen unha capacidade máxima do 50% co obxectivo de favorecer a reapertura dos primeiros.
- Con que medidas de seguridade contan os aseos? - Ademais dunha limpeza e desinfección frecuente, dispoñen de dispensadores de xel e papel de secado. Ademais, prohíbese o uso de toallas ou calquera outro elemento de uso compartido. Tampouco haberá alfombras nas duchas. Débese empregar un calzado axeitado para zonas de baño.
- Podo reservar praza online nos albergues da rede pública? - Pódense efectuar reservas a través de https://alberguesxacobeo.gal, o que non impedirá a posibilidade de solicitar praza presencial ao chegarmos ao albergue. Os peregrinos
- Podo facer uso do ascensor? - Nos albergues que dispoñan de ascensor debe realizarse un uso individualizado, agás se se trata de unidades familiares. En calquera caso, recoméndase aos usuarios o uso de escaleiras.
O Barbanza
15
Xullo 20
CAMIÑO SEGURO TURISMOS De xeito complementario, o Goberno galego presentou alberguesxacobeo.gal, unha plataforma en liña para reservar praza nos albergues públicos do Camiño de Santiago e para achegar acceso a un buscador con todos os establecementos da rede pública mediante o cal os usuarios poden efectuar a súa reserva e no que tamén é posíbel localizar os albergues en función da ruta na que estean situados. O sistema facilita as reservas desde o día anterior até as 13.00 horas do día da pernoctación, o que se complementa coa posibilidade de obter praza ao chegar ao establecemento cando este dispoña de capacidade. Ademais, a plataforma permite aos viaxeiros realizar reservas para grupos de até cinco persoas (non é necesario rexistrarse, aínda que está aberta esta opción para axilizar o proceso).
Transformación do sector turístico
Peregrinos en Fisterra
Ademais de no Camiño de Santiago, a Xunta tamén está a traballar para garantir a seguridade de Galicia como destino. No marco do Plan de Reactivación do sector cultural e turístico leva a cabo o programa
Albergue de Ribadiso, Arzúa
Galicia destino seguro, que pretende que os viaxeiros que nos elixan atopen “unha Galicia segura e que permita ofrecer confianza para os propios galegos e traballadores do sector”. Galicia destino seguro é tamén o nome do programa do Goberno autonómico que, cun investimento de 6 millóns, ofrece axudas para que os negocios turísticos adopten medidas de seguridade hixiénico-sanitarias. Destínanse case 2 millóns de euros para deseñar novos produtos e experiencias, adaptar formatos, dar formación e dinamizar o sector. En cuestión de accións concretas,
vaise impulsar a dixitalización, por exemplo, do turismo rural, cunha nova plataforma de comercialización para facilitar as reservas online. Ademais, incentivaranse as longas estadías neste tipo de establecementos agasallando experiencias turísticas complementarias en xeodestinos ou cidades galegas. Tamén se fortalecerá este ano o papel do turismo enogastronómico, en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños de Galicia, así como o turismo MICE, incluíndo a creación dun estudio virtual que permitirá a realización de congresos de maneira mixta entre presencial e dixital.
Toda a actulidade da comarca nas túas mans
obarbanza.gal
Visita a nosa web
Síguenos en:
O Barbanza