O Barbanza Número 15
obarbanza
@obarbanzagal
@o_barbanza
Visita a nosa
WEB
608 240 160
obarbanza.gal
Novembro 20
Os mil e un motivos para mercar no noso comercio
Concellos e Deputación achegan importantes axudas para revitalizar o sector Achéganse unhas datas de consumo
nas que temos convertido unhas celebracións tradicionalmente familiares, aspecto que pouco a pouco se vai perdendo e que unicamente lembramos por aquilo de “volve polo Nadal”. Pero estas datas recuperarán seguramente un pouco o seu carácter pola pandemia que desde hai oito meses cambiou a nosa vida. Dentro deses cambios temos que concienciarnos da necesidade de apoiar a uns colectivos, o comercio e a hostalería, que precisan da nosa axuda e do que viven milleiros de familias na comarca e no país. Neste capítulo temos que salientar as iniciativas municipais e da Deputación provincial dentro dos plans Reactiva que inclúen subvencións directas para as pequenas e medianas empresas e que buscan fomentar o emprego. Á marxe deste proxecto, os propios municipios están a desenvolver axudas propias para complementar as necesidades de empresas, autónomos e cidadáns. Un esforzo necesario que require do noso apoio, e para iso temos que facer de novo unha chamada para que consumamos nos nosos establecementos máis próximos, o necesitan e manteranse os traballos dos nosos conveciños. Axudemos o comercio, compra na comarca!
Os bares e os restaurantes opinan
Tomamos o pulso das perspectivas do sector en Barbanza ante a COVID
CONGALSA contra a crise 8
A empresa bota unha man na transformación tecnolóxica da hostalería
9
Patrimonio en obras
Os máis recentes exemplos de rehabilitación nas nosas vilas
10
O Barbanza RIBEIRA
3
Novembro 20
ACTUALIDADE
Aprendizaxe e empregabilidade O obradoiro Tahume VI contará cun financiamento da Xunta de máis de 355.000 euross
A
Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia vai financiar o Obradoiro de Emprego Tahume VI, que se realizará conxuntamente entre os Concellos de Porto do Son e Ribeira e no que se impartirán durante 9 meses as especialidades de Traballos de carpintería e moble e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. A subvención conta con 346.946,00€ para os devanditos obxectivos de formación e empregabilidade e 9.000€ para incentivos á contratación. A sexta convocatoria do obradoiro recibiu un importante impulso a comezos de ano, coa formalización do convenio de colaboración asinado polos ditos Concellos, unha rúbrica que veu acompañada da solicitude dunha axuda para dar a máxima amplitude e repercusión á iniciativa conxunta de formación e empregabilidade, axuda confirmada finalmente. “Trátase”, sinalaron daquela os rexedores, Manuel Ruiz (Ribeira) e Luis Oujo (Porto do Son), “dunha opor-
tunidade de aprendizaxe, facilitar a empregabilidade e redundar no beneficio dos municipios”. A formación do obradoiro estenderase ao longo de nove meses e contará con vinte participantes, dez por municipio. En Ribeira, os traballos da mo-
600.000 euros en axudas anti-crise para autónomos e microempresas
O
Concello de Ribeira convocou axudas por preto de 600.000 euros para combater e mitigar as graves consecuencias que está a carrexar a crise sanitaria no tecido económico local. As axudas, que veñen cun importe total de 595.528,68 euros, están dirixidas ás persoas traballadoras autónomas (con ou sen traballadores ao seu cargo) e microempresas que estivesen afectadas pola
EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160
O Barbanza
pandemia do COVID-19. As subvencións abéiranse ao programa PEL-Reactiva da Deputación. Trátase de axudas compatíbeis con calquera outra concedida por entidades públicas ou persoais, ata un máximo de 40.000 euros. Hai de prazo ata as 14 horas do día 25 de novembro de 2020 para solicitalas. As bases desta nova convocatoria poden ser consultadas na páxina web municipal, www.ribeira.gal.
DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena Sandra Rivadulla
dalidade forestal concentraranse principalmente en Couso e o monte de San Alberte, a través da repoboación con especies autóctonas; mentres que a especialidade da carpintería desenvolverá o proxecto de recuperación de pasarelas nos areais ou a elaboración de pasa-
máns para a praia da Corna. No caso de Porto do Son, a carpintería permitirá repasar moitas das pasarelas que se distribúen ao longo dos seus quilómetros de litoral, así como a construción de mobiliario urbano como por exemplo bancos ou macetas, entre outros.
Equipamentos informáticos para 72 familias
O
Plan Innova-Formación, encamiñado a familias do municipio de Ribeira con nenos e nenas en idade escolar de cara a fornecer de equipos informáticos en establecementos do comercio local vén de anunciar que serán un total de 72 familias as que se verán beneficiadas desta axuda. Dez tendas de venda de ordenadores do comercio local son as que se acaban de adherir ao dito plan. Máis polo miúdo, dicir que destas 72 familias, 68 adscribíronse á primeira
das liñas de subvención existentes (familias en xeral), mentres que as outras 4 foron para a liña específica de familias afectadas pola COVID (persoas en paro ou sometidas a ERTEs). Subliñar que o importe total das axudas que se van aboar é de 11.650 euros. Os importes concedidos son os máximos previstos segundo a capacidade económica da unidade familiar e da condición de familia numerosa.
Pedro Pérez redaccion@obarbanza.gal
PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal
IMPRIME: TAMEIGA, S.L.
MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán
CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal
FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa Antonio Parada Abso
A NOSA WEB www.obarbanza.gal
Número 15 (novembro 2020) Publicación periódica. Tirada: 7.000 exemplares Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256
4
Novembro 20
O Barbanza
ACTUALIDADE A POBRA DO CARAMIÑAL
Recursos para a recuperación O Concello da Pobra ten aberto o prazo de presentación de solicitudes ás axudas de PEL-Reactiva
O
Concello da Pobra do Caramiñal manterá aberto até o 25 de novembro o prazo de presentación de solicitudes ao PEL-Reactiva, impulsado pola Deputación da Coruña. Así o deron a coñecer membros do Goberno municipal, concretamente, o alcalde Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), a concelleira da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra); a edil das Relacións Institucionais, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); e a homóloga do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG). A edil Charo Varela explicou que se trata dunha medida focalizada no eido económico-laboral e que, no caso concreto da Pobra, a contía asignada pola institución provincial é de 126.129’63 euros e o Concello debía achegar un mínimo de 31.532’41 euros adicionais procedentes dos seus recursos propios mais, tal e como expuxo, decidiuse que a achega municipal fose de 373.870’37 euros -con cargo ao remanente do 2019-, que se sumarán aos proporcionados pola Deputación, redundando en ao redor de 500.000 euros, co propósito de “chegar ao maior número de empresas posíbeis”. Neste senso, fixo fincapé en que “cremos que é unha aposta importante” coa que se agarda “paliar parte de toda esta crise”, insistindo en que se estudará unha posíbel liña de axudas, a maiores, para aquelas que non resultaron beneficiarias, a pesar de sufrir as consecuencias da crise. Pola súa parte, a concelleira Patricia Lojo valorou “moi positivamente” estas axudas e indicou que a Deputación da Coruña, presidida por Valentín González Formoso, fixo “un gran esforzo” ao aprobar o PEL-Reactiva, ao cal se adheriu a Administración local, “axudándonos aos Concellos a facer fronte a esta crise sanitaria que leva consigo unha gran consecuencia na nosa economía. Engadiu que a contía da institución provincial “axudaranos a darlle un empuxón importante á economía da Pobra” e as bases facilitan as tramitacións, ademais de incidir na relevancia da achega municipal. Rematou manifestando que “deben primar boas relacións, boa comunicación e sacar adiante
medidas e axudas para que todos poidamos ir un pouco mellor”. Na súa intervención, a edil Amparo Cerecedo sinalou que se trata dun día importante ao tratarse “dunhas medidas, dunhas axudas, moi demandadas polo sector económico debido á situación que estamos a vivir”. Respecto dos procedementos de tramitación para as entidades beneficiarias lembrou que se trata dunha metodoloxía “moi sinxela” e que se realizará de maneira telemática mediante a sede electrónica do Concello, dentro do apartado de Tramites destacados, onde figuran os anexos e a documentación que resulta preciso presentar. En consecuencia, póñense a dispor dous técnicos da área do Desenvolvemento Local. Así, convidou a todas as persoas autónomas, hostaleiros, comerciantes e empresas a que tramiten as axudas e “chamen para calquera dúbida”. Para rematar, o rexedor expresou que, dentro dos tres grupos de empresas que optan a ser beneficiarias, estableceranse criterios. En relación á contía asignada, dixo que se avaliará a posibilidade de “sacar unha segunda liña se consideramos que é xusto e necesario para que chegue a axuda”.
Os procedementos de
tramitación realizaranse de maneira telemática mediante a sede electrónica do Concello, dentro do apartado de Tramites destacados, onde figuran os anexos e a documentación A contía vai dende
os 1.500 euros por unha empresa que non teña ningunha persoa empregada ata 3.000 euros para aquelas cuxo cadro de persoal componse de entre 6 e 9.
Como posíbeis beneficiarias destas axudas figuran, por orde preferente, tres tipos de empresas: no grupo 1 enmárcanse aquelas que pecharon durante o confinamento de forma obrigatoria seguindo o Real decreto 463/2020; ao grupo 2 adscríbense aquelas cuxa facturación no segundo trimestre fiscal do 2020 se vise reducida, polo menos, nun 75%; e no grupo 3 atópanse as sometidas a ERTE. A contía vai dende os 1.500 euros por unha empresa que non teña ningunha persoa empregada ata 3.000 euros para aquelas cuxo cadro de persoal componse de entre 6 e 9. Ademais, o período subvencionábel abranguerá dende o 1 de marzo ata o 31 de decembro de 2020. As ditas subvencións xustifícanse coa compra de material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza; arrendamentos e canons; reparación e conservación; primas e seguros; e subministracións. Entre os requisitos figuran ter o domicilio fiscal na Pobra, estar ao corrente de tódalas obrigas tributarias -tanto estatais como da Comunidade Autónoma-, non ter ningunha débeda co Concello e cumprir con tódalas obrigas establecidas nas bases.
O Barbanza
5
Novembro 20
BOIRO ACTUALIDADE
Boiro Reactiva-T O Concello activa un plan para mitigar as consecuencias da COVID-19 no tecido económico e social
O
gastos de compra de material, arrendamento, gastos de reparación ou conservación, primas de seguros, subministros... Boiro Reactiva-T achegará tamén un impulso laboral e de emprendemento. Con este fin, o Concello está a acondicionar mais servizos a disposición da cidadanía para o emprego e a creación de empresas. Un exemplo disto é a recente creación dun espazo de coworking no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira. O Concello de Boiro está a desenvolver un programa de cursos AFD (Acción Formativa para Desempregados) e tamén un Plan Integral de Emprego Boiro Emprega que busca a inserción laboral.
Concello de Boiro puxo en marcha unha iniciativa directamente encamiñada a impulsar a recuperación produtiva trala grave crise derivada da pandemia de COVID-19. Estamos a falar do plan Boiro Reactiva-T, que inclúe subvencións directas para as pequenas e medianas empresas (convocadas mediante o plan PEL-Reactiva de Deputación da Coruña), investimento público e proxectos para fomentar o emprego no municipio. Boiro Reactiva-T tamén se achega como un plan municipal de apoio e asesoramento.
O plan Boiro Reactiva-T
inclúe subvencións directas para as pequenas e medianas empresas, investimento público e proxectos para fomentar o emprego no municipio. Co fin de aproximar distancias coa veciñanza, vaise poñer en marcha unha oficina municipal de reactivación económica e social, para “ofrecer á cidadanía información e axuda específica”, explicou o Concello, engadindo que unha parte fundamental da reactivación económica e social “é a formación para o emprego”. Boiro Reactiva-T, nunha vertente máis específica, mobilizará investimentos directos en obra pública (reactivando licitacións) logo da parálise ocasionada polo Estado de Alarma, complementando este vieiro con investimentos na mellora das instalacións municipais. Asemade, dende a Concellería de Comercio, levaranse a cabo medidas económicas e fiscais como a condenación de impostos derivados da ocupación de vía pública e a modificación da ordenanza de terrazas para facela máis flexíbel e adaptala ás necesidades do sector. Isto estase a complementar coa humanización das rúas e o fomento das actividades culturais para favorecer o comercio e o consumo local. Mediante o PEL Reactiva da Deputación Provincial da Coruña, vanse destinar máis de 334.000 euros en axudas directas a persoas traballadoras, con ou sen traballadores/as ao seu cargo, e microempresas para axudar nos
CONCELLO DE BOIRO Subvencións directas destinadas a persoas traballadoras autónomas, con ou sen traballadores/as ao seu cargo.
Grupo I: negocios afectados polo peche Grupo II: cuxa factuación no segundo trimestre de 2020 se vise reducida Grupo III: afectados/as por un ERTE
Compra de material, gastos de arrendamento, reparación e/ou conservación, primas seguros, subministros...
A través da Sede Electrónica do Concello de Boiro. A partir do día seguinte ao da publicacion das bases no BOP e ata as 14:00 horas do 25 de novembro.
MAIS INFORMACIÓN
6
Novembro 20
O Barbanza
ACTUALIDADE PORTO DO SON
Obxectivo: unha vila humanizada e integradora A fachada marítima do Son será un espazo cen por cen accesíbel
A
fachada marítima de Porto do Son, en cuxa materialización está a traballar actualmente o Concello, será unha contorna máis humanizada, máis peonil, máis segura, máis accesíbel e máis próxima ao mar para veciños e visitantes: para todos os veciños e
visitantes sen excepción nin exclusións. Segundo puidemos saber, o Concello vai contar coa colaboración da confederación galega COGAMI, entidade de persoas con diversidades funcionais presidida polo sonense Anxo Queiruga, para verificar que os traballos e as infraestruturas resultantes despexan definitivamente
Axudas para situacións de necesidade social
O
Concello de Porto do Son aprobou a convocatoria e as bases das axudas para a inclusión social e a cobertura de situacións de necesidade social
para o ano 2020. Estes apoios van destinados a cubrir os seguintes supostos: alimentación básica e hixiene persoal e doméstica, vestiario básico, atención dos gastos
de atrancos a contorna do porto. A decisión acordouse o pasado venres 30 de outubro nunha xuntanza que contou coa presenza alcalde Luis Oujo, a tenente de alcalde, María Maneiro e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga. Segundo fixo saber o rexedor, era precisa a concorrencia no proxecto dunha
entidade como COGAMI con tan longa experiencia en materia de accesibilidade e inclusión, toda vez que a nova fachada ao mar de Porto do Son contará cun borde portuario de plataforma única e prioridade peonil que, por forza, debe ser un espazo ceibe de obstáculos e axeitadamente acondicionado. As obras, que comezaron recentemente co inicio do outono, teñen un prazo de execución de dezaoito meses e inclúe a materialización dunha calzada de plataforma única ao longo de toda a avenida de Galicia, de máis de medio quilómetro de lonxitude, até o inicio do espigón. Este novo trazado supón un afastamento do tráfico con respecto das vivendas da fachada marítima. Amais, intervirase o firme de boa parte das rúas que teñen saída ao malecón, que contarán con pavimento de pedra até o mar, cruzándose perpendicularmente coa avenida de Galicia con treitos para peóns. A abundancia de elementos humanizados e a necesidade de establecer as mellores conexións posíbeis motivou o interese do Concello por contar coa supervisión de COGAMI. O proxecto vén cun orzamento de preto de 5 millóns de euros. Abrangue unha superficie de case 26.000 metros cadrados e inclúe a habilitación de miradoiros, zonas con árbores e prazas de estacionamento, entre outros moitos elementos.
Máis de 140.000 euros para botar unha man ao tecido produtivo
derivados da vivenda habitual, gastos de aloxamento nun lugar alternativo e temporal, gastos farmacéuticos e de saúde, custes de desprazamento ou axudas escolares, entre outras situacións de necesidade que se especifican nas bases, dispoñíbeis xa para a súa consulta en formato PDF, a través de www.portodoson. gal. O prazo para a presentación de solicitudes ficará aberto durante todo o ano.
A
s persoas autónomas e as microempresas do concello de Porto do Son poderán beneficiarse das axudas do programa PEL-Reactiva acabadas de convocar pola Deputación da Coruña. No caso do Son, estamos a falar de máis de 140.000 euros de contía total para contribuír á recuperación do tecido produtivo
local no contexto da crise sanitaria e as súas graves consecuencias para o tecido empresarial. Da devandita contía,
case 30.000 vén da man do Concello. O prazo para solicitar as axudas remata o 25 de novembro ás 14.00 horas.
O Barbanza
7
Novembro 20
RIANXO ACTUALIDADE
Contra a adversidade da pandemia O Concello de Rianxo e a Deputación achegarán 161.791 euros para axudar á reactivación produtiva
O
Concello de Rianxo formalizou a súa adhesión ao programa PEL Reactiva, impulsado pola Deputación Provincial da Coruña para fortalecer e impulsar a actividade económica e o emprego nos municipios de menos de 50.000 habitantes, poñendo o foco en mitigar as consecuencias da crise sanitaria e económica nas microempresas e nas persoas autónomas. O programa vén en Rianxo cun orzamento de 161.791 €, dividido do seguinte xeito: 129.433,49 € achegados pola entidade provincial e 32.358,37 € fornecidos polo Concello. O Goberno local explica que as persoas destinatarias finais das axudas son as traballadoras autónomas con ou sen traballadores/ as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación: Grupo I: Que se viran afectadas polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo. Grupo II: Que non se viran afectadas polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixidos para a acreditar a redución os ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade. Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo. As contías serán fixas, e poden ir desde os 1.500 ata os 3.000 €.
Os gastos subvencionábeis serán a adquisición de material (elementos antisépticos ou desinfectantes, produtos hixiénicos e de limpeza), arrendamentos e canons (arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións), reparacións e conservacións, primas de seguros e subministracións (auga, gas, combustíbeis, electricidade).
8
Novembro 20
O Barbanza
HOSTALERÍA
A situación crítica dos hostaleiros de Barbanza
Falamos da perspectivas ante a COVID cos responsábeis de varios establecementos dos nosos concellos
A
s restricións por mor da COVID están a causar graves problemas nos restaurantes de Barbanza. Os donos dos establecementos viven un momento de moita incerteza e non se imaxinan o que deparará Nadal. Os empresarios do sector pensan que esta situación é insostíbel e abren os seus negocios con temor a un peche gobernamental. Así o afirma Juan Martín Davila, director do restaurante Xoanes, en Boiro: “Isto é coma se tes un barco e podes saír ao mar, pero sen pescar”. Davila explica que traballan menos do 50% do que traballaban en febreiro e que tivo que adiantar o servizo de ceas debido as restricións. “Teño que pechar o meu local ás 22.30”, sinala. Do mesmo xeito, unha responsábel do restaurante Náutico da Ribeira que preferiu quedar en anonimato, manifesta que “a xente ten uns horarios preestablecidos e non lle da tempo a saír”.
A redución do consumo
O toque de queda é o que leva aos veciños da comarca a non frecuentar a saída á rúa. Como consecuencia directa, o consumo nos restaurantes está sufrindo unha
baixada exponencial. Suprímense, en moitas ocasións, os servizos de cea, e comezase a apostar pola comida para levar: “O consumo non é o mesmo e as ventas tampouco. Ademais, antes o que viña de cear, tomaba unha copa ou un cóctel, agora non”, recalca Concha Martínez, a responsábel do restaurante O Costillar, en Rianxo. Esta opinión súmase a outras como a de Iván, dono da cafetería Flip, en Ribeira: “A xente é a que hai. Estamos moi limitados coa capacidade e non podemos abarcar máis. De feito, o outro día xogou o Madrid ás 21.00 horas e estábamos cheos. Viñan familias e queríanse sentar, pero como xa non hai barra onde esperar, marchábanse”. Iván non contempla a posibilidade de pechar. Sen embargo é dos que pensan que no caso de ter que facelo, non podería subsistir dando soamente comidas a domicilio.
Unha chea de dúbidas cara Nadal
A estas alturas aínda non se sabe nada do Nadal. Segundo as medidas establecidas pola Xunta de Galicia, a hostalería en Barbanza ten limitado o seu aforo ao 50 % no interior dos locais e ao 75% nas terrazas. A
O toque de queda é o
que leva aos veciños da comarca a non frecuentar a saída á rúa. Como consecuencia directa, o consumo nos restaurantes está sufrindo unha baixada exponencial. situación non é doada para ninguén e menos para os hostaleiros da comarca. No Restaurante Xanxo, en A Pobra, están intentando rehabilitar un comedor privado para Nadal: “O obxectivo é reunir a máis comensais se, ao final, se pode”, declara Xanxo, o dono do establecemento. Mentres, Carlos Ayaso, o director do Restaurante Baiuca, en Goda (Ribeira), aposta por unha oferta innovadora cara Nadal: “A nosa idea é elaborar uns lotes formados por 2 mariscos, 2 peixes, 1 carne, máis 1 viño. Un paquete para dúas persoas, cun prezo que dependa dos produtos que se escollan”. Pola contra, outros restaurantes da zona consideran a opción de non facer ceas de Nadal. As malas
previsións para esta época festiva anticipan incluso máis peches de bares e restaurantes en xaneiro.
Iniciativas hostaleiras innovadoras
A moitas familias da comarca a crise do coronavirus pilloulles por sorpresa. Así, os hostaleiros de Barbanza intentan botarlles unha man coa implantación de novas iniciativas nos locais. Por exemplo, na cafetería Puzzle, en Boiro, regalan por dúas consumicións quentes (café, té ou infusión), unha barra de pan, un litro de leite, un quilo de arroz, un quilo de pasta ou un quilo de legumes. Elena Soler, unha das traballadoras deste establecemento, fala de que “estanse potenciando moito as redes sociais, xa que cada día sóbense promocións novas.” A empregada recorda tamén que “dende hoxe, coa compra de 4 Red Bull, os clientes pódense levar 1 pizza barbacoa gratis”. Iniciativas como esta fanse para que os veciños da comarca saian da casa e consuman. Pois ben, aos hostaleiros preocúpalles o futuro dos seus establecementos pero, a maiores, a saúde dos seus compañeiros e habitantes da zona. Con todo, os donos dos restaurantes seguen a estar preocupados por se teñen que pechar. Moitos deles, pensan que de ser así, pedirían un préstamo ICO e o utilizarían para salvar o negocio. Sen embargo, outros son dos que opinan que, nese caso, a mellor opción sería pechar e esperar. Porén, o futuro das súas familias depende deles e dos consumidores. As medidas ditadas polo Goberno español relacionadas coa hostalería, provocan a saída de moitos profesionais á rúa como símbolo de protesta. Na comarca de Barbanza, os hostaleiros xa demostraron que xuntos poden lograr moitas cousas e que a unión existe, pero seguen agregando que as terrazas coa metade da súa capacidade non son a solución, xa que en Galicia non se ten garantido o bo tempo, nin sequera en verán. Malia todo, agora haberá que esperar ao Nadal e a comezo de ano para saír de dúbidas. A pregunta que tanto se fan os hostaleiros da comarca non é outra que esta: “Mellorará esta situación? Haberá que botar o peche ou sobreviviremos á pandemia?”
O Barbanza
9
Novembro 20
EMPRESA
Apoio (necesario) á hostalería CONGALSA achega aos establecementos un servizo gratuíto de dixitalización de cartas e códigos QR
A
empresa pobrense CONGASA, referente galego e estatal en produtos de alimentación conxelados e ultraconxelados, vén de pór a disposición do sector hostaleiro co que colabora un servizo de balde para a dixitalización de cartas. O servizo, que se materializa a través da marca Ibercook Food Service, tamén achega aos hostaleiros a posibilidade de xerar códigos QR para as súas cartas, co fin de facilitar ao máximo a comunicación cos clientes dos establecementos e garantir, ao mesmo tempo, a seguridade sanitaria. CONGALSA destaca a sinxeleza do servizo e tamén o feito de que sexa gratuíto. Trátase como dixemos dunha iniciativa da marca especializada Ibercook Food Service, da compañía con sede na Pobra do Caramiñal, que responde ao desexo de “ofrecer solucións adaptadas á nova situación que vive o sector, tratando de subministrar valor aos negocios de hostalaría”. Deste xeito, engade a empresa, “bares, restaurantes e calquera formato de negocio poderán crear e editar os seus menús sempre que o necesiten e totalmente de balde”. CONGALSA salienta que en tres sinxelos pasos, o usuario estará en disposición de deseñar unha carta personalizada co seu logotipo e os seus datos de contacto, os pratos, as bebidas e outros produtos que compoñan o seu menú,
e mesmo engadir información sobre alérxenos e prezos. Unha vez confeccionado o menú, o servizo web xerará os códigos QR que permitirán ao hostaleiro compartir de forma segura a súa oferta.
A iniciativa pretende “ofrecer
solucións adaptadas á nova situación que vive o sector, tratando de subministrar valor aos negocios de hostalaría”.
Deseño responsive Grazas a un deseño responsive, accesíbel desde calquera dispositivo móbil, o xerador de cartas dixitais de Ibercook Food Service facilita o acceso aos hostaleiros e mellora a experiencia dos clientes, “todo iso sen custo e sen necesidade de descargarse ningún tipo de aplicación móbil”, explica CONGALSA. Con esta medida, a empresa alimentaria da Pobra busca reforzar o seu compromiso co dito sector dando continuidade á iniciativa #NosVemosEnLosBares iniciada durante o confinamento.
10
Novembro 20
O Barbanza
PATRIMONIO
Presumimos de patrimonio (e coidámolo)
Os nosos concellos poñen o foco na posta en valor dos ses tesouros históricos
En marcha a terceira intervención arqueolóxica no Castro da Cidá de Ribeira
O
Concello de Ribeira informou do inicio dunha nova intervención arqueolóxica no Castro da Cidá consistente na escavación e posta en valor da muralla do recinto superior. “Trátase da terceira actuación que se vai efectuar sobre este milenario asentamento fortificado emprazado no cumio do monte da Cidá e que tantos interesantes descubrimentos está propiciando”, fixo saber o Concello, salientado o feito de que os novos traballos poñen o foco nun terraplén rematado en parapeto que circunda a plataforma superior ou croa do castro e que está situado na contorna máis próxima ás cabanas. Trátase dun espazo de aproximadamente 304 metros cadrados, cunha lonxitude
aproximada de 53 metros e entre 5 e 6 metros de anchura. Ademais da escavación propiamente dita, a actuación inclúe a restauración e consolidación desta área (ao longo desta semana estase a rozar a zona de actuación) así como a divulgación e posta en valor da intervención. Os traballos teñen unha duración de dous meses e están sendo desenvolvidos pola empresa Terra Arqueos, S.L. Comportan un investimento de 177.386 euros, IVE incluído, co-financiados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, segundo a resolución sobre a concesión dunha subvención ao abeiro da medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020 que xestiona a asociación Deloa.
As primeiras escavacións desenvolvidas en Castro da Cidá tiveron lugar entre abril e outubro de 2014 ao abeiro do primeiro proxecto Ribeira Atlántica, que estivo cofinanciado con fondos europeos FEDER. Estes labores, explica o Concello, “partiron dun descoñecemento case total do que había soterrado e foron quen de sacar á luz restos dun castro en moi bo estado detectando 15 cabanas vinculadas á Idade de Ferro e unha caseta-vixía adscrita ao século XVIII”. En datas similares do 2015 levouse a cabo unha segunda fase, desta vez sufragada con fondos LEADER xestionados por Deloa e puxo de manifesto outras sete cabanas de granito das que se consolidaron cinco, amén de pequenos muros segmentados e a presenza de indicios da murallaparapeto obxecto da presente intervención.
O futuro do Pazo de Goiáns terá unha comisión de expertos
O
Concello de Boiro creou un equipo de traballo multidisciplinar de expertos para analizar os aspectos técnicos, económicos, sociais, culturais e ambientais do Pazo de Goiáns e a súa contorna, a día de hoxe en fase de rehabilitación por parte do Goberno local. A Comisión de Avaliación e Planificación do Futuro Pazo de Goiáns estará formada por persoas representativas de diversos ámbitos, como son o xurídico, o arquitectónico, o medioambiental, o cultural e histórico, asociacionismo, turístico, económico e empresarial. O obxectivo principal desta comisión é “decidir os futuros usos do inmóbel unha vez rematen as obras
de restauración, tendo en conta as especificacións que recolle o convenio asinado entre o Concello de Boiro e o Ministerio de Cultura para a súa adquisición e tamén as propostas da veciñanza”, tal e como afirmou o alcalde, José Ramón Romero, engadindo que a histórica construción estase poñendo en valor para “uso e desfrute de todos os cidadáns de Boiro”, polo que “queremos coñecer tamén a súa opinión”. Segundo fixo saber, “as instalacións son de todas as veciñas e veciños, polo que o mellor é que elas e eles fagan tamén as súas propostas”. O comité estará formado por persoal técnico municipal e por persoas expertas de diferentes áreas. Tendo en conta as valoracións realizadas
tanto polo arquitecto municipal como polo arqueólogo municipal, estase a confeccionar a listaxe de persoas representantes de cada ámbito na comisión, co obxectivo de convocalos a todos e dar os primeiros pasos en canto a futuros usos e aproveitar
todas as posibilidades que ofrece. “O Pazo de Goiáns e toda a súa finca teñen un potencial grandísimo a nivel cultural, arquitectónico, medioambiental, histórico, turístico... e queremos sacarlle o máximo partido”, recoñece o alcalde.
O Barbanza
11
Novembro 20
PATRIMONIO
Ribeira merca a Casa Gran Sol para acoller a futura Biblioteca Municipal
A
xunta de Goberno local de Ribeira aprobou a compra do inmóbel coñecido como ‘Casa Gran Sol’ co obxectivo de rehabilitalo e transformalo na futura Biblioteca Pública Municipal de Ribeira. Situada na rúa de Galicia moi preto do mercado municipal, trátase dunha construción de carácter tradicional de muros de mampostería e forzados de madeira, cuberta a dúas augas e tella cerámica sobre entramado estrutural de madeira. Cunha antigüidade superior aos oitenta anos, o edificio sostén “un interese arquitectónico considerábel, sobre todo a súa fachada principal”, argumentou o Concello, engadindo que para financiar a adquisición, o
Concello procedeu no pasado novembro de 2019 á sinatura dun convenio co Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia para o acceso ao Fondo de colaboración para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. A rúbrica do acordo supuxo a disposición a favor do Concello de 244.943,68 euros (o importe da compra acabada de aprobar) a repoñer nun prazo de oito anos a razón de 30.617,96 euros anuais. A intención é rehabilitar o inmóbel conservando a fachada principal e reformando os andares baixo e primeiro co obxectivo de acadar unha nova distribución interior que, sobre unha super-
A Torre de Bermúdez comezou o outono con madeiras renovadas
O
Concello da Pobra do Caramiñal desenvolveu unha serie de actuacións de mantemento e arranxo na Torre de Bermúdez, sede do Museo Valle-Inclán, co fin de poñela a punto de cara á tempada de outono e inverno. En concreto os traballos actuais céntranse na rehabilitación e recuperación dos elementos de carpintaría. O Goberno local informou de que a Torre de Bermúdez, Monumento Histórico-Artístico Nacional e Ben de Interese Cultural (BIC), precisaba de traballos de mantemento nos madeirames exteriores (portas e xanelas), así como no mobiliario funcional empregado para a atención ao público (consignas e móbeis de oficina). Tamén se efectuou a realización de peañas para esculturas que alberga o Museo.
A intención é
rehabilitar o inmóbel conservando a fachada principal e reformando os andares baixo e primeiro co obxectivo de acadar unha nova distribución ficie construída de 750 metros cadrados, permita albergar a biblioteca propiamente dita, así como salas de estudo, sala de informática e una espazo amplo de usos múltiples que posibilite a celebración de actividades culturais e de dinamización da lectura. Unha primeira memoria valorada redactada por técnicos municipais estima o valor das obras en arredor de 750.000 euros.
Rianxo e Noia asinan convenios para as axudas autonómicas en rehabilitación
O
pasado 30 de outubro asináronse os convenios polos que a Xunta reparte os fondos das Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) entre os 17 concellos que solicitaron participar neste reparto, listaxe na que están incluídos os concellos de Rianxo (barrios de Rianxo, Rianxiño e Fincheira) e Noia (casco histórico de Noia). Repartiranse preto de 2,7 millóns de euros entre 25 áreas de rehabilitación. A Noia e ao seu conxunto histórico correspóndenlle 48.400 euros. A Rianxo 62.536 euros. Os beneficiarios finais dos fondos repartidos serán os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazados no ámbito das Áreas de Rehabilitación Integral, que recibirán axudas a fondo perdido para as actuacións de rehabilitación que realicen. Tamén se poderán beneficiar das axudas os propios concellos para a realización de actuacións no ámbito das ARI.
Ademais, a Xunta, con fondos propios, financia as oficinas de rehabilitación municipais. Os dezasete concellos aos que se reparten fondos con cargo aos obxectivos de 2020, incluídos os de Noia (324.023,50) e Rianxo (144.051,22), teñen actualmente en execución convenios asinados en anos anteriores, cunha dotación total que se aproxima aos 17,5 millóns de euros no seu conxunto.
12
Novembro 20
O Barbanza
NOVAS DA COMARCA
A Pobra contará con composteiros domésticos e comunitarios
E
O Lab Barbanza enfía en novembro en Boiro a recta final da fase de incubación
ste ano implantaranse por vez primeira no concello da Pobra do Caramiñal medio centenar de composteiros domésticos e 3 comunitarios, despois de que en 2019 a Administración local resultase beneficiaria dunha subvención de 14.020’26 euros por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Neste senso, seleccionaranse 50 vivendas para a instalación dos ditos recipientes domésticos (tomándose a parroquia do Xobre como punto de partida deste proxecto piloto) e 3 espazos públicos para os comunitarios. Entre os requisitos figuran dispor dunha área exterior (xardín, horta) cunha superficie mínima de 25 metros cadrados, e que ese terreo pertenza ao domicilio habitual.
C
o remate do verán iniciou a súa andaina o proxecto Emprende – Lab Barbanza, que desenvolve o Concello de Boiro coa colaboración da Asociación Boirense de Empresarios (ABE) e con financiamento da Deputación da Coruña, co obxectivo de fomentar (achegando formación e asesoramentos avanzados) o emprendemento innovador e colaborativo a nivel local e comarcal. En termos concretos, o programa Emprende Lab Barbanza busca “impulsar e fortalecer o ecosistema emprendedor actual da comarca con novas compañías baseadas no talento, a innovación e o rápido crecemento”. A sede de operacións formativas é o Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira, onde se atopa o Centro Coworking do Concello de Boiro. Neste intre estase a levar a cabo a fase primeira do programa, a de incubación, o que implica o desenvolvemento de obradoiros que apuntalen a capacidade de éxito dos proxectos
participantes. Sen ir máis lonxe, este 3 de novembro realizáronse as sesións do módulo 6 do formación, o relativo a recursos de financiamento para emprendedoras e emprendedores. Porén, están pendentes dous módulos a maiores nesta primeira fase: o módulo 7, con formación sobre mercadotecnia (marketing) e vendas (que se vai
A aula CeMIT de Ribeira vén cunha manchea de cursos
A
aula CeMIT de Ribeira vén de convocar para os meses que restan, e até rematar o ano, un completo feixe de cursos informáticos de balde. As actividades formativas, un total de dez e agrupadas no ciclo Outono TIC, están destinadas a persoas adultas do termo
municipal. A concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, acompañada do axente TIC Manuel Bello, debullou hai uns días o programa, que inclúe tanto accións formativas para principiantes como outras máis especializadas, tendo unha duración entre as 6 e as 20 horas.
Entre as sesións dirixidas ás persoas que se adentran por primeira vez nas novas tecnoloxías hai cinco cursos previstos: Whatsapp desde cero, Facebook desde cero, Instagram desde cero e Coñece o teu móbil, neste último caso con dúas edicións, un en outubro e outro en decembro. Ademais haberá outras ofertas sobre informática básica, retoque de imaxe (co programa libre de edición de imaxes GIMP), sede electrónica, ofimática na nube (Google Drive) e Libreoffice (Write, Calc e Impress).
realizar o día 10 de novembro) e o módulo 8, con adestramento en materia de comunicación e presentacións (pitching), previsto para o día 17 de novembro. O Concello confirmou que logo desta fase de acubillo elixiranse 10 proxectos entre os 18 que están a participar no Lab Barbanza, para a seguinte fase do programa.
Importante despregue de fibra óptica nos núcleos de Rianxo
A
s operadoras R e Telefónica fixeron balance dos seus traballos para levar telecomunicacións avanzadas ao termo municipal de Rianxo. En primeiro lugar, R incorporou á súa rede de fibra óptica aos núcleos de O Cruceiro e de A Carballeira, o que implicou preparar 132 novos fogares e negocios para recibir os servizos avanzados de teléfono, Internet de ata 500 Mbps simétricos e televisión dixital multicanle de R. Segundo informou a operadora a peche de ano estaremos a falar dun total de 900 novas residencias particulares conectadas ás súas redes de última xeración. O operador galego lembra que leva anos investindo no fornecemento de
rede en Rianxo, onde hoxe xa dispoñen da cobertura das redes de nova xeración de R un total de 1.820 fogares e empresas deste municipio da provincia da Coruña. Polo que respecta a Telefónica despregou a súa tecnoloxía de fibra de alta velocidade en 36 núcleos de poboación do rural. A empresa destacou que en virtude desta infraestruturas os clientes poderán gozar de voz con alta calidade nas chamadas, máxima velocidade de conexión a Internet en varios dispositivos (malia que se conecten de xeito simultáneo) e calidade óptima nos xogos en redes e TV de alta definición. En total, estamos a falar de preto de 1.500 inmóbeis cubertos.
O Barbanza
13
Novembro 20
NOVAS DA COMARCA
Até 620 persoas participaron na andaina solidaria de CONGALSA
C
ONGALSA vén de facer balance dos froitos acadados pola edición 2020 da súa andaina solidaria que, como tantas outras cousas este ano, veu marcada pola COVID e pola necesidade de garantir a seguridade sanitaria, polo que se celebrou en formato virtual. Segundo fixo saber a empresa con sede na Pobra do
Caramiñal, a experiencia saldouse con “gran éxito de participación”. Isabel Cañas, directora de RREE da compañía, fixo saber que na andaina inscribíronse finalmente 620 persoas e que, grazas a esta importante presenza de camiñantes-voluntarios, recadouse a cifra solidaria de 2.026 euros. A esta contía engádese unha doazón extra acordada pola dirección de CONGALSA, que triplica os fondos recadados, polo que estamos a falar dun total de 9.000 euros para destinar a diferentes ONG locais ao abeiro desta orixinal iniciativa humanitariodeportiva.
Porto do Son, primeiro concello coruñés en lucir Bandeira Verde de Galicia
A
Consellería de Medio Ambiente concedeu ao Concello de Porto do Son a Bandeira Verde de Galicia, polo que se converte no primeiro concello da provincia da Coruña en ondear este distintivo, que foi entregado pola conselleira Ángeles Vázquez ao rexedor municipal, Luis Oujo, recoñecendo deste xeito “o esforzo da
Administración local coa protección da paisaxe e do medio ambiente”. Vázquez Mejuto salientou que o xurado valorou o traballo de Porto do Son en catro ámbitos de actuación: a protección da paisaxe, o cambio climático e a eficiencia enerxética, a xestión responsábel dos residuos e as accións de sensibilización e comunicación”.
Os nosos concellos súmanse á campaña De Fronte á violencia de xénero da Deputación
M
áis de cincuenta concellos da provincia da Coruña xa se sumaron á fronte común contra as agresións machistas impulsada pola Deputación: o movemento De Fronte á violencia de xénero, unha campaña que ofrece un completo programa de actividades para a concienciación social e o compromiso para erradicar o machismo. Entre os concellos que xa xuntaron forzas na iniciativa atópanse (polo de agora) os de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Lousame, Outes, Dodro e Carnota. A iniciativa, alentada pola Área de Igualdade da Deputación, xira arredor da xornada do 25 de novembro, data en que se celebra o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra
as Mulleres. A campaña nace co reto de implicar á meirande cantidade concellos e á meirande cifra de cidadás e cidadáns en contra da devandita lacra social.
O Concello de Boiro porá a punto as instalacións deportivas da Cachada
O
Concello de Boiro comeza as obras de reparación nas instalacións deportivas da Cachada. A idea é eliminar os problemas de filtración de auga e mellorar a iluminación e a imaxe do centro. O proxecto está financiado pola Deputación Provincial da Coruña e ten un custo total de 84.710,02 euros. A reparación farase cando a situación meteorolóxica sexa favorábel. En total, uns 840 metros ca-
drados de superficie serán remodelados. O máis importante, segundo fixo saber o Concello, é renovar o paso que comunica o vestíbulo coa piscina, o ximnasio e o polideportivo, xa que actualmente presenta graves deficiencias. Ademais, levarase a cabo a colocación de falsos teitos e láminas de aluminio resistentes á corrosión. Cando todo isto se encontre listo, o último paso será substituír as luces existentes por LEDs de baixo consumo.
14
Novembro 20
O Barbanza
CULTURA
Factoría de científic@s e tecnólog@s As nosas bibliotecas acollerán unha trintena de actividades para celebrar o Mes da Ciencia en Galego
O
Goberno galego presentou o programa de actividades para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas da rede pública da Xunta (Consellería de Cultura) e nas bibliotecas escolares. Será unha completa axenda de arredor de trinta actividades, co nexo común de reivindicar o frutífero punto onde se xuntan galego, ciencia e innovación. As iniciativas comezarán o día 7 e desenvolveranse até o 28 de novembro. Os secretarios xerais de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e de Política Lingüística, Valentín García, presentaron en rolda de prensa a programación de actividades.
No acto, celebrado na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, participou tamén o autor do Manifesto do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas deste ano, o profesor, investigador e divulgador Xurxo Mariño. Anxo M. Lorenzo salientou “a importancia de celebrar un ano máis este programa, por medio do cal as bibliotecas constitúen espazos seguros para promover accións adaptadas aos novos protocolos por mor da COVID-19”. Pola súa banda, Valentín García, recordou que xa durante o curso pasado “os equipos de dinamización da lingua galega, a miúdo en colaboración cos de biblioteca e cos departamentos, promoveron tamén múltiples
“A importancia de
celebrar un ano máis este programa, por medio do cal as bibliotecas constitúen espazos seguros para promover accións adaptadas aos novos protocolos por mor da COVID-19”. Anxo M. Lorenzo iniciativas para que o alumnado puidese investigar, descubrir e divulgar a ciencia non só no centro de ensino senón tamén na casa, no período de
obrigado confinamento por mor da pandemia”. O secretario xeral salientou que con estas iniciativas dos EDLG “o coñecemento científico pasou da aula ao ámbito familiar e a súa divulgación, das revistas impresas ás dixitais, das charlas ou xornadas presenciais ás virtuais e dos experimentos colectivos á vista do alumnado aos individuais gravados e difundidos a través da Rede”. O Portal da Lingua Galega (www. lingua.gal) ofrece desde xa, en aberto, as iniciativas máis recentes dos EDLG de facer e difundir ciencia en galego. A Biblioteca de Galicia, as bibliotecas públicas da Coruña Miguel González Garcés, de Lugo, de Ourense Nós, de Pontevedra Antonio Odriozola, de Santiago Ánxel Casal e de Vigo Juan Compañel serán os espazos nos que se desenvolvan as actividades, baixo estritas medidas anti-COVID. A programación inclúe “iniciativas para todos os públicos e todas as idades”, desde contacontos para pequenos de 3 a 8 anos e obradoiros creativos para nenos a partir de 6 anos ata representacións teatrais para toda a familia, pasando por obradoiros de selfies para aprender a sacar partido da cámara do teléfono móbil, máis dirixidos a un público adolescente. Así mesmo, celebraranse faladoiros de ciencia centrados sobre todo no público adulto. Durante este mes, as bibliotecas tamén porán o foco na súa bibliografía científica, en especial a dirixida a un público infantil e xuvenil.
Os Encontros para a Normalización Lingüística apostan polo formato virtual
O
Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega (CCG), co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a 22 edición dos Encontros para a Normalización Lingüística, un simposio que se vén desenvolvendo anualmente dende 1998 e que, de maneira moi participativa e baixo diferentes puntos de vista, aborda
cuestión teóricas, prácticas e estratéxicas relacionadas cos procesos e as políticas de normalización das linguas, co foco posto na extensión do uso social da lingua galega. Co título A integración lingüística como ferramenta de cohesión social, estea edición dos Encontros celebrarase este ano de xeito virtual, con mesas redondas transmitidas a través da
web do Consello da Cultura Galega e da súa canle de Youtube os días 13 de novembro (emisión gravada do simposio), e 16 e 19 do mesmo mes (debates ás horas indicadas no programa). A actividade permanecerá despois na Mediateca do Consello. A convocatoria deste ano céntrase, en palabras da organización, “na integración lingüística como un factor
indispensábel de cohesión social”. Avaliaranse recursos dispoñíbeis de integración e emprestarase unha atención especial ao sistema CELGA impulsado por
Política Lingüística, por “ser este o sistema de formación que se ofrece desde a Administración autonómica e requisito para a integración laboral dos migrantes”.
O Barbanza
15
Novembro 20
CULTURA
Libros libres
O Gala do Libro Galego retransmitirase en streaming e con Quico Cadaval como mestre de cerimonias
A
Gala do Libro Galego, a quinta, vai ser unha gala virtual. Así o confirmou este martes 10 de novembro a Asociación Galega de Editoras (AGE) dende o Auditorio de Galicia en Santiago, na presentación da que é a cita editorial máis importante do noso panorama libreiro. Será conducida polo dramaturgo e narrador oral da nosa comarca Quico Cadaval (Carreira, Ribeira, 1960) e
difundirase o vindeiro sábado 21 de novembro, ás 12.00 desde a canle de Youtube da Gala do Libro. Na presentación do evento en rolda de prensa participaron por parte das entidades da organización, Henrique Alvarellos, vicepresidente da AGE, Xosé Antón Pedreira Mirás, vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia, e Cesáreo Sánchez, presidente da AELG. Por parte das entidades colaboradoras, Mercedes Rosón, concelleira
de Acción Cultural do Concello de Santiago, foi a encargada de abrir e pechar o acto, que tamén contou coa presenza activa de Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, quen destacou o papel das administracións no seu apoio ao sector do libro: “Debemos arroupar o proceso creativo, o sistema cultural e literario galego”. Por motivos de axenda escusaron a súa ausencia as demais entidades colaboradoras na cele-
bración do evento, o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, e a entidade CEDRO. Segundo fixeron saber, a Gala do Libro Galego tiña prevista a súa celebración o 9 de maio de 2020 e a organización do evento decidiu manter as deliberacións do xurado e dar a coñecer os libros gañadores ese mesmo día e adiar a celebración oficial para o 21 de novembro. Os Premios da Gala do Libro Galego están organizados pola Asociación Galega de Editoras (AGE), a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), contan coa axuda de CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos), Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística), Concello de Santiago e é unha actividade subvencionada pola Deputación da Coruña. O xurado desta quinta edición estivo formado pola xornalista e poeta Ana Romaní, a profesora Anxos Rial, o escritor Antón Riveiro Coello, a poeta Estíbaliz Espinosa, o editor e profesor Manuel Bragado, a tradutora María Alonso Seisdedos e o crítico literario e escritor Ramón Nicolás. O xurado celebrou unha reunión telemática para debater sobre as propostas finalistas nas quince categorías e que corresponden con obra publicada durante o ano 2019.
Recordar que este recoñecemento ás catro fundacións coincide co centenario da publicación da Revista Nós, que se está a conmemorar
cun completo feixe de actividades, como a exposición Galicia, de Nós a nós que pode verse na Cidade da Cultura de Galicia.
A Fundación Castelao recibe o Premio Otero Pedrayo 2020
N
ovamente a nosa terra rende tributo ao rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e aos seus ilustres coetáneos. En concreto, o xurado dos Premios Otero Pedrayo 2020 decidiu galardoar este ano ás fundacións Losada Diéguez, Vicente Risco, Castelao e Otero Pedrayo pola súa contribución á difusión do legado dos principais persoeiros da Xeración Nós. Na xuntanza do xurado participaron de xeito telemático o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Ademais, fixéronse dúas mencións, unha ao Museo Arqueolóxi-
co Provincial de Ourense (centro museístico do Estado e de xestión autonómica), e outra ao Concello de Cambados. Segundo explicaron, o galardón vén da man da Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais, e ten o punto de partida en 1977, converténdose logo no premio cultural máis lonxevo de Galicia. Ten como obxectivo “perpetuar e honrar a memoria de Otero Pedrayo, recoñecer o labor de contribución eminente á cultura e promover os valores propios da nosa terra e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións”.