O Barbanza 18

Page 1

O Barbanza Número 18

obarbanza

@obarbanzagal

@o_barbanza

Entroido na casa

608 240 160

A nosa web: obarbanza.gal

Febreiro 21

Concellos, entidades e veciñanza converten a festa nun acontecemento seguro

Algo máis ca un lavado de cara

3/7

Sobe en intensidade o clamor solidario

4/5

Nova ración de cultura galega

15

Os nosos gobernos locais apostan firme pola mellora de infraestruturas

Barbanza é un fervedoiro de iniciativas para recuperarnos da COVID

 Confinadas e confinados: así imos pasar este Entroido tan atípico, unhas festas de “andar pola casa” e no que se trata de manter vivo o espírito e a ilusión nunha das datas máis significativas do calendario da comarca e de todo o país. Trasladar a celebración e o seu significado aos rapaces e os nenos é sen dúbida a idea dos concellos que grazas á Rede tentarán mantelo vivo convidando á xente a disfrazarse. Obradoiros de conciliación, certames de máscaras, Entroido online, concursos de fotografía, propostas polas redes sociais... e sen esquecer as actividades que xa desde hai días teñen

lugar en moitos colexios da comarca. De todo iso e moito mais falamos nas páxinas da nosa edición mensual de O Barbanza. O que si, nesta ocasión os ausentes serán o enterro da sardiña, os choqueiros, e a queima do Filipe, pero seguro que o seu espírito estará presente en nós á espera de que, se todo vai ben, empece a mellorar a situación de pandemia e a vida volva rexurdir. Seguimos en contacto a diario a través do noso diario dixital “obarbanza.gal” e as nosas redes sociais que mes a mes seguen a medrar e na que xa somos máis de 36.000 usuarios únicos. Moitas grazas polo apoio.

Política Lingüística comparte con nós as súas novidades



O Barbanza RIBEIRA

3

Febreiro 21

  ACTUALIDADE  

Posta a punto integral en Ribeira O Concello mellora o barrio de Bandourrío e acondiciona dependencias como a Casa da Cultura de Carreira e a Oficina de Turismo

O

Concello de Ribeira, a O Concello de Ribeira vén de poñer o foco no acondicionamento e na optimización da mobilidade no histórico barrio de Bandourrío e, tamén, na mellora de infraestruturas municipais como o edificio da UMAD, a Casa da Cultura de Carreira ou a Oficina de Turismo emprazada no porto. Respecto dos traballos a desenvolver en Bandourrío, habilitouse, entre outras actuacións, o sentido único na travesía de Manzanares, coa colocación, o 9 de febreiro, da sinalización axeitada por parte dos operarios da brigada municipal de obras. Con este cambio, informou o Concello, “dáse resposta a unha demanda da veciñanza, que solicitaba pasar do dobre carril a un único para afianzar a seguridade no tráfico da contorna”. Así mesmo, e recollendo tamén as suxestións dos veciños do barrio, o Concello instalou novas papeleiras na rúa Manzanares, un viario que vai ser obxecto en datas vindeiras da segunda fase da renovación da pavimentación, substituíndo as lousas de pedra de granito por unha máis resistente capa de formigón pulido. A actuación (que dá continuidade a realizada o ano pasado no tramo entre a praza de Compostela e a praza de Pontevedra) será executada unha vez máis pola brigada de obras e comprenderá uns 80 metros lineais, así como unha superficie de 400 metros cadrados da praza de Pontevedra.

Arriba: obras na Casa Cultura de Carreira Abaixo: obras na Oficina de Turismo

Cultura convoca no Facebook un Concurso de Máscaras de Entroido

S

e o Entroido foi quen de chegar a nós despois de séculos e máis séculos de historia (e de anos de prohibición), é moi probábel que cunha situación como a que estamos a vivir a festividade só requira cambiar un algo de formato e punto de vista. Poñerse, en definitiva, no lado da protección, a responsabi-

lidade e, tamén, da creatividade. Así o entenderon no Concello de Ribeira, que, a través da Concellería de Cultura que dirixe María Sampedro, vén de convocar un Concurso de Máscaras de Entroido que se vai desenvolver nas redes sociais, principalmente no Facebook. O certame é un convite ás rapazas e aos rapaces para que dese-

EDITA: GRUPO CÓDIGO CERO COMUNICACIÓN S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.: 981 530 268 - 608 240 160

DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal

Imaxe páxina 1 Freepik.com

REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena Sandra Rivadulla

O Barbanza

Ademais, a veciña rúa Perú será obxecto de labores de mantemento. A maiores, o Goberno ribeirense renovará e ampliará en datas vindeiras o parque infantil de Pedra Pateira. A maiores destas actuacións en Bandourrío, deuse a coñecer o impulso recibido pola renovación do edificio da UAD (concretamente o acondicionamento e a mellora da envolvente exterior, proxecto que foi adxudicado provisionalmente a Obras y Viales de Galicia e que vén cun investimento de 361.420 euros, IVE incluído, subvencionado en virtude do convenio subscrito polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello) e pola posta a punto da Casa da Cultura de Carreira (que foi obxecto de traballos como o pintado de paredes, o acondicionamento das xanelas, o illamento das dependencias contra as humidades ou diversas melloras en materia de accesibilidade e seguridade). Polo que se refire á Oficina de Turismo do porto, púxose o foco en optimizar tanto o tellado como a fachada. Os traballos consistiron “nunha limpeza meticulosa da cuberta e na reparación da fachada”. Ademais, nunha fase posterior vaise realizar unha auditoría enerxética do edificio co fin de optimizar o consumo enerxético, maximizar a eficiencia na instalación e reducir as emisións provocadas polo consumo de enerxía. Por certo que tamén está en estudo a remodelación da oficina situada en Xarás, a carón da saída da AP-9.

WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com

ñen cadansúas máscaras ou caretas, as inmortalicen nunha fotografía e suban logo a imaxe resultante ao seu Facebook etiquetándoa a EntérateCulturaFestasXuventude e incluíndo o hashtag #EntroidoRibeira2021. As persoas participantes entrarán nun sorteo de seis vales de compra en xoguetes por importe de 50 euros. O concurso está destinado a nenas e nenos de entre 3 e 13 anos. Quen precise máis datos sobre a iniciativa, amais de consultar as bases, pode facelo na web www.ribeira.gal.

A área de Cultura de Ribeira puxo en marcha este concurso co fin de “poñer en valor de xeito virtual o Entroido neste contexto de pandemia sanitaria”, e facelo “animando á cidadanía a participar dende as súas casas a través do deseño de máscaras, caretas, antifaces tradicionais de carnaval para a poboación infantil e xuvenil de xeito que entre todos os participantes que cumpran coas bases se realizará un sorteo de 6 vales de compra en xoguetes valorados en 50 € cada un”.

Pedro Pérez redaccion@obarbanza.gal

PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal

IMPRIME: TAMEIGA, S.L.

MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán

CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal

FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa Antonio Parada Abelardo Soler - Abso

A NOSA WEB www.obarbanza.gal

Número 18 (febreiro 2021) Publicación periódica. Prezo: 1,50 € Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256


4

Febreiro 21

O Barbanza

 ACTUALIDADE    A POBRA DO CARAMIÑAL

Medidas urxentes contra a crise da COVID

A Pobra pon o foco en financiar gastos sociais ao abeiro do programa POS+2021

O

pasado martes 2 de febreiro o Concello da Pobra avanzou detalles dos seus grandes proxectos vindeiros, concretamente dos que se abeiran ao Plan Único (POS+2021) da Deputación da Coruña, un programa que destina ao municipio a cantidade de 318.971’08 euros. Segundo explicou a concelleira da Facenda, Charo Varela (Nós Pobra), adicaranse 187.241’34 euros ao

financiamento de gastos correntes; 87.148’47 euros irán a investimentos financeiramente sustentábeis (aos cales hai que engadir os 42.098’01 euros proporcionados pola Administración local); e 44.581’27 euros serán para a redución da débeda con entidades financeiras. No que respecta ao Plan Complementario, indicou que se participará coa reforma e ampliación do centro sociocultural do Camiño Ancho polo valor de 297.261’39 euros.

A Pobra celebra os choqueiros cun concurso fotográfico

A

Concellaría da Cultura da Pobra aposta por permitir a continuidade do Entroido pero adaptándoo a novos formatos que respecten as medidas sanitarias adoptadas. Deste obxectivo xorde o concurso fotográfico Choqueirada na casa, que conxuga o desfrute desta tradición coa posta en valor e recuperación da figura do choqueiro. Establécense para o citado concurso cinco categorías: a infantil (ata 12 anos); a xuvenil (de 13 a 17); a adulta (a partir de 18); a familiar (grupo de persoas conviventes); e a categoría especial (imaxe antiga de choqueiros na Pobra).

Entre os requisitos figura unha foto por participante e modalidade, ademais de que a presentación sexa en formato dixital JPG a través do enderezo electrónico culturapobra@gmail.com, indicando o nome do disfrace, categoría, nome e apelidos da persoa que concursa e un número de teléfono de contacto. O prazo vai dende as 00.00 horas do día 12 de febreiro ata as 23.59 horas do día 21 de febreiro. O ditame realizarase no 26 de febreiro. Os premios consisten en vales de compra para utilizar nos establecementos locais que participan nesta iniciativa, arredor de 50.

Seguidamente a súa homóloga dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), detallou que os 113.479’60 euros do apartado específico ligado ao financiamento dos gastos sociais extraordinarios distribúense da seguinte maneira: 15.000 euros para axuda de emerxencia (un pagamento único para situacións transitorias de necesidade); 30.000 euros para a compra de alimentos, reforzando o actual servizo para a veciñanza máis vulnerábel do concello; 30 000 euros para a adquisición de medios de prevención contra a COVID-19 (principalmente destinados para as persoas traballadoras deste departamento); 12.000 euros para o alugueiro dunha vivenda de emerxencia; e 43.800 euros para un comedor sobre rodas (que consistirá en levar o xantar á casa daquela veciñanza que o precise e solicite). Pola súa parte, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), destacou os tres

proxectos adscritos a investimentos financeiramente sustentábeis. Primeiramente, focalizouse na mellora da accesibilidade ó parque infantil do Camiño Ancho por 33.006’57 euros (23.148’47 por parte da institución provincial e 9.858’10 da Administración local) para logo debullar a rehabilitación do parque infantil da praia da Lombiña, que constará dunha área con caucho e dotarase de novo mobiliario e xogos para as crianzas, o cal comporta un importe de 48.060’72 euros (32.000 da Deputación e 16.060’72 do Concello). E, finalmente, a dotación da rede de pluviais e pavimentación en Tarrío, cun orzamento de 48.179’19 euros (32.000 do ente provincial e 16.179’19 da Administración local). Canto a estas intervencións, aclarou que non requiren licitación, polo cal se axilizará a tramitación e, en consecuencia, a súa execución.


O Barbanza

5

Febreiro 21

BOIRO    ACTUALIDADE  

Medida de choque contra a crise

En Boiro amplíase até o millón de euros a partida para servizos sociais co POS+2021

O

Concello de Boiro aprobou destinar un importe de 218.033,17 euros do Plan Único Concellos da Deputación da Coruña a gastos sociais extraordinarios. Con esta achega provincial vaise aumentar a partida destinada aos servizos sociais municipais ata chegar a 1.220.159,42 euros. A proposta do Goberno local, realizada “analizando as necesidades trasladadas polos departamentos de servizos sociais e educación”, aprobouse por unanimidade por todos os membros da Corporación. Esta contribución provincial dirixirase a aumentar e mellorar os servizos en materia social que presta o Concello de Boiro, “sobre todo aqueles que se viron incrementados como consecuencia da situación sanitaria”, explicou o Goberno local. Unha parte desta achega provincial, 26.343,10 euros, empregarase para ampliar as partidas destinadas a “garantir ingresos suficientes ás persoas maiores, con diversidade funcional, en risco de exclusión social, vítimas de violencia de xénero... co obxectivo de asegurar a cobertura das necesidades básicas como son vivenda, alimentación ou gastos médicos”. Un fracción de 15.000 euros destina-

Axuda ás persoas sen fogar e adquisición de EPIs

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, participando nunha xuntanza telemática

rase a axudas para axudar ás familias a afrontar os gastos que faciliten a escolarización, a adquisición de material informático ou o acceso aos medios dixitais. Amais, reservaranse 113.689,97 euros da contribución provincial para ampliar o servizo de axuda a domicilio

en todas as súas modalidades xa que, “durante o confinamento multiplicouse a demanda do servizo de axuda no fogar”, informou o Concello, engadindo que un importe de 10.000 “vaise destinar ao reforzo dos servizos e axudas económicas para levar a cabo medidas de conciliación”.

Tamén se fixo saber o acordo para encamiñar unha cantidade de 5.000 euros ao reforzo das axudas económicas de atención a persoas sen fogar que se veñen prestando, e outros 5.000 euros para a adquisición de medios de prevención (EPIS) destinados aos profesionais dos servizos sociais con vistas ao desempeño das súas funcións e persoas usuarias dos programas que non dispoñen dos medios para adquirilos. Ademais, “co obxectivo de mellorar o servizo de atención e asistencia, así como facilitar as tramitacións urxentes de prestacións”, vanse destinar 33.000 euros ao reforzo de persoal adscrito ao departamento de servizos sociais. Igualmente, resérvase unha cantidade de 10.000 euros desta achega provincial para destinar a outras medidas que sexan imprescindíbeis e de carácter urxente que poidan xurdir para atender a persoas especialmente vulnerábeis. Con esta achega provincial, o Concello de Boiro vai destinar unha cantidade total de 1.220.159,42 euros para o financiamento de gastos sociais.

Arrinca no Pazo de Goiáns a instalación das xanelas e das portas interiores

O

Concello de Boiro informou do estado no que se atopan as obras para a recuperación do gran conxunto artístico, histórico e arquitectónico do termo municipal: o Pazo de Goiáns. Segundo fixo saber o Goberno boirense, comezaron os traballos de ebanistería para a instalación das xanelas e as portas interiores. O Concello explica que “as poucas ventás que quedaban no prazo eran de pino común e precisaban dun importante arranxo, polo que de considerou que, para darlle un aspecto definitivo, debía empregarse unha madeira de maior calidade”. Así, o material que se escolleu para a elaboración das mesmas é o coñecido como pino albar ou pino norte. Polo que se refire á técnica a empregar, é a de batente directo sobre

pedra, “tal e como se realizaban na arquitectura compostelá dos séculos pasados”, informou o Goberno boirense, engadindo que das ferraxes e demais elementos de forxa que permiten que as portas e xanelas se abran e pechen lograron recuperarse algo máis de dous terzos do total das orixinais. Polo que atinxe ás portas de acceso, que son catro en total no edificio principal, son de madeira de castaño, polo que se decidiu reparar os elementos puntuais deteriorados co paso do tempo e protexelas con lacas específicas, para que “luzan co aspecto máis orixinal posíbel”. O Concello engadiu que as obras de rehabilitación do Pazo de Goiáns “avanzan a bo ritmo” e “está previsto que estean rematadas a comezos deste verán”.

  As obras de rehabilitación

do Pazo de Goiáns avanzan a bo ritmo e está previsto que estean rematadas a comezos deste verán

Por outra parte, a Comisión de Avaliación e Planificación do futuro do Pazo de Goiáns traballa para determinar os posíbeis usos da edificación e da súa contorna, atendendo a criterios arquitectónicos, medioambientais, culturais, históricos... unha vez rematen as obras de rehabilitación.


6

Febreiro 21

O Barbanza

 ACTUALIDADE    RIANXO

Rianxo a paso de xigante

Co Plan Único 2021 darase un novo impulso ao saneamento no concello e aos servizos sociais

E

n Rianxo aprobouse finalmente este mes de febreiro o Plan Único 2021 da Deputación da Coruña. Fíxose, entre outras iniciativas, co empurrón definitivo para o abastecemento de Corques (Taragoña), o cambio da cuberta do Pavillón Polideportivo (cuxos paneis sufriron novos deterioros este inverno co pasado tren de temporais), coa creación do Centro de Información á Muller e, tamén, co fortalecemento da área de Servizos Sociais (unha iniciativa de vital importancia para o Concello, co fin de saír ao paso das graves consecuencias económicas que está a desencadear a crise sanitaria en múltiples sectores).

A proposta do grupo de Goberno (BNG-PSOE) contou coa aprobación dos grupos municipais do Partido Popular e Cidadáns, e a única abstención de Rianxo en Común. Segundo fixo saber o grupo de Goberno, un dos puntos fundamentais do Plan Único da Deputación ten relación directa co abastecemento e co saneamento integral do concello, aos que se lles dará un novo e importante impulso. Neste senso, para achegar a auga do Ulla ao Araño promóvese unha actuación a modo de fase inicial que desde o depósito de Taragoña abastecerá Corques e baixará á estrada xeral AC-305. Esta actuación contará cun orzamento de 103.962,06

euros. Trátase, explicou o Concello, da actuación previa imprescindíbel para acometer en vindeiros plans únicos (os POS da Deputación) uns 200 metros a Outeiro e poder abastecer así A Casilla, primeira das zonas do Araño que recibiría traída pública. “De aí irase logo á Pousada e á recta do Araño”, engadiu o grupo de Goberno. Outra das actuacións clave será o cambio definitivo da cuberta do Pavillón Polideportivo. Terá un orzamento de 136.402,83 €. Con este proxecto “búscase eliminar filtracións existentes dentro dun impulso xeral que se pretende dar ao polideportivo principal do Concello polo que pasan milleiros de persoas no ano”.

A ARE lanza un concurso para conmemorar o Entroido

O

Entroido da nosa comarca segue vivo, malia a situación pola que estamos a pasar, demostrando a súa total capacidade para adaptarse aos formatos seguros de interacción e comunicación. A ARE (a Asociación Rianxeira de Empresarios) seguiu esta liña e puxo en marcha unha iniciativa para que a veciñanza poida celebrar as festas, plenamente, dende os seus fogares. Trátase dun concurso a través do cal buscarase o mellor disfrace e o prato típico

  A ARE puxo en

marcha un concurso a través do cal buscarase o mellor disfrace e o prato típico máis apetitoso destas datas máis apetitoso destas datas. As persoas que queiran participar só terán que subir unha

imaxe da devandita temática nas redes sociais Facebook ou Instagram, etiquetar a ARE na foto e poñer o cancelo (hashtag) #CovidEntroidoNaCasa. O disfrace e o prato con máis likes gañarán 1 vale de compra de 25€ cada un, para empregar no servizo a domicilio dos restaurantes presentes na plataforma de comercio electrónico Mercarianxo. O prazo de participación será do 10 ao 17 de febreiro. O día 18 de febreiro anunciaranse as dúas persoas gañadoras.

Asemade, dotarase de redes de saneamento de abastecemento de auga ao lugar de Quintáns, na parroquia de Isorna. Disporase dun orzamento de 243.527,03 €. Segundo explicou o Concello, trátase “dun proxecto que foi paralizado no seu momento dentro das actuacións da saneamento integral da ría da Xunta” e “que foi rescatado para o seu financiamento ao abeiro do Plan Único da Deputación”. O Goberno rianxeiro lembra que “Quintáns é o núcleo máis grande do Concello que fica sen saneamento, unha situación que se corrixiría con esta iniciativa”. Respecto da creación do Centro de Información á Muller e o reforzo da Área de Servizos Sociais, mobilizarase unha contía de 144.008.82 €. Inclúese, ao abeiro desta iniciativa, o reforzo do persoal técnico e/ou administrativo, adscrito aos servizos sociais, co obxecto de “apoiar ao equipo actual, e facilitar a tramitación urxente das prestacións”. O persoal reforzarase coa incorporación dunha traballadora ou traballador. Polo que atinxe ao CIM, contará coa presenza de dúas persoas: unha psicóloga ou psicólogo e unha traballador ou traballador social. As tres prazas novas levan un investimento de 72.021,06 €. Ademais disto reforzase o gasto corrente de axuda a domicilio con 71.987,76 euros. Tamén se destina a mellorar a xestión ordinaria a cantidade de 228.661,93 € para pagos pendentes a provedores e 100.965,23 € de financiamento de gasto corrente. A contía de 56.574,89 € reservarase para rebaixar a débeda financeira cos bancos.


O Barbanza

7

Febreiro 21

PORTO DO SON    ACTUALIDADE  

Recuperar o mar

A fachada marítima de Porto do Son devolverá á veciñanza a comunicación directa coa ría

A

fachada marítima da vila de Porto do Son está sendo renovada e presentará novos cambios grazas ao proxecto promovido por Portos de Galicia, que conta cun presuposto de 4,8 millóns de euros. Canarga e Abeconsa son as empresas encargadas de dotar ao espazo dunha contorna máis humanizada, máis peonil, máis segura, máis accesíbel e máis próxima ao mar para veciños e visitantes. O idea da mellora da accesibilidade naceu do acordo asinado no seu día entre o Concello e COGAMI, entidade de persoas con diversidades presidida polo sonense Anxo Queiruga, que será o encargado de verificar os traballos e as infraestruturas que darán solución aos atrancos da contorna do porto. Así, as obras obrigarán (entre outras cousas) a retirar o hórreo, que será trasladado ao xardín do porto, e o cruceiro, que recuperará o lugar no que está situado até o de agora. “O desarme de ambas estruturas deberá facerse pedra a pedra, de xeito totalmente controlado”, explicou os días pasados a tenente alcalde, María Maneiro, quen ademais anunciou que

E

materialización dunha calzada de plataforma única ao longo de toda a avenida de Galicia   Amais, intervirase o

firme de boa parte das rúas que teñen saída ao peirao, que contarán con pavimento de pedra até o mar

Vellos barcos pesqueiros en Porto do Son 1933

un arqueólogo supervisará os traballos mencionados. As obras inclúen a materialización dunha calzada de plataforma única ao longo de toda a avenida de Galicia, de máis de medio quilómetro de lonxitu-

Saneamento e melloras en rúas e infraestruturas n Porto do Son vanse acometer, a través das achegas da Deputación por medio do POS+2021 (Plan de Obras e Servizos), importantes proxectos que melloren as infraestruturas e os servizos do concello e, tamén, que contribúan a acelerar a recuperación unha vez que remate a situación crítica actual. Son un completo feixe de actuacións concretas a desenvolver en todos os recantos do termo municipal, por exemplo en Mantoño (Portosín), Esparrelle (Caamaño) ou Cans (Nebra), onde se destinarán ao saneamento 75.292 euros, 193.328 euros e 119.213 euros, respectivamente. Tamén haberá traballos de pavimentado e pluviais en Camaño (93.000 euros) e iniciativas de humanización na contorna da igrexa de Baro-

  As obras inclúen a

ña (152.059 euros) e na rúa Santa Irene, na vila do Son, cunha contía de 165.147 euros. Amais, acondicionarase a praia do Cruceiro, acometerase o inicio da rehabilitación do Outeiro Alto, ampliarase e optimizarase o parque infantil de Xuño, mellorarase a praza de Xerardo Díaz e incrementarase a rede de saneamento en Eiravedra e Beneso. Previamente o Concello fixo saber que os 162.801 euros dispoñíbeis para gastos sociais e extraordinarios da COVID (Plan Único da Deputación) destinaríanse a iniciativas como reforzar o persoal adscrito aos servizos sociais, axudar ás familias na escolarización dos seus fillos e na adquisición de material informático, e, tamén, prestar servizo de atención a domicilio na modalidade de dependencia.

de, até o inicio do espigón. Este novo trazado supón un afastamento do tráfico con respecto das vivendas da fachada marítima. Amais, intervirase o firme de boa parte das rúas que teñen saída ao

peirao, que contarán con pavimento de pedra até o mar, cruzándose perpendicularmente coa avenida de Galicia con treitos para peóns. “Isto permitirá un maior aproveitamento e desfrute dos veciños na franxa litoral”, sinalou recentemente o Concello. A renovación da fachada marítima, que comezou co inicio do outono coa construción que dará acubillo ás novas sedes do Club de Xubilados e o Club Náutico, teñen un prazo de execución de dezaoito meses. As obras colleron un importante impulso trala pausa motivada pola festividade do Nadal, polo que dende o Concello estiman que a nova fachada marítima de Porto do Son estea rematada para a tempada estival.

Festexando o Entroido nas redes

E

n Porto do Son a festa do Entroido segue viva este mes de febreiro, aínda que loxicamente cun formato alternativo que manteña a creatividade e o espírito festeiro ao tempo que se garante a seguridade das e dos veciños. Baixo a etiqueta #EntroidoOnline, o Concello organiza o concurso nas redes no que cada quen terá que preparar o seu disfrace e mostralo para participar a través de dúas categorías: individual e familiar. Haberá dúas maneiras de implicarse: enviando catro fotografías ou un vídeo (de non máis de dez segundos) á conta de correo osondoentroido@gmail.com. Achegaranse seis premios de diñeiro en metálico (tres por cada unha das dúas categorías establecidas: individual e familiar). O prazo fica aberto até o 16 de febreiro, e ao día seguinte daranse a coñecer as e os gañadores.


8

Febreiro 21

O Barbanza

 ENTROIDO

Chega o Entroido máis confinado de todos os Entroidos Calquera época é boa, mesmo un inverno de pandemia coma este que estamos a vivir, para lembrar os costumes e a gastronomía destas festas no Barbanza

a verdade é que poder facer o traxe na casa é un punto que marca a orixinalidade e un dos momentos que máis desfruto do Entroido”. Sen embargo, Lucía sinala que “este ano vai ser diferente”. No seu caso particular manterá de seguro as tradicións, pero non se disfrazará. De todas as festas, o Entroido é a máis divertida, pois desata todas as fantasías e convida a mudar os papeis. En moitos casos, os homes disfrázanse de mulleres e as mulleres de homes. Ademais, os nenos ven no Entroido a oportunidade perfecta para pintarse as caras e sentirse como os maiores. Desta maneira, a festa revoluciona a vida das persoas máis tranquilas e isto tamén se traslada aos fogóns. A gastronomía é outra das sinais de identidade do Entroido barbanzán. A comida tradicional desta festa galega xira en torno aos atractivos do porco. Tras a matanza, novembro, e un par de meses de curación, as chacinas alcanzan o seu punto óptimo. O Entroi-

  Na comarca de Barbanza,

P

ara moitos, o Entroido é unha data de celebración, de deixar a vergoña a parte e pensar unicamente en divertirse. Un momento moi especial no ano para xuntarse cos amigos e a familia, para pasalo ben e rir. En Barbanza, en condicións normais (non como as que estamos a vivir, marcadas pola pandemia e a responsabilidade compartida de pór freo á COVID-19 respectando as restricións) esta festa celebrouse historicamente por todo o alto, con grandes citas gastronómicas e concursos. De feito, unha das ocasións más especiais do Entroido é o momento

os veciños concordan en que o prato principal do Entroido é o lacón con grelos e de sobremesa destacan as filloas, as orellas, os melindres e as chulas de facer os disfraces, esas vestimentas tan especiais e luminosas que se mostran nas rúas e parques. Pero que pasará este ano? Poderase realizar a festa de Entroido habitual? Lucía Eiras, veciña de Lousame, explica como adoita ser o Entroido na súa localidade: “Na miña familia polo xeral non acostumamos xuntarnos todos disfrazados como fan outros, pero cada un desfruta dos concursos dos seus concellos e ao final sempre poñemos en común os nosos disfraces. Miña irmán máis eu disfrazámonos sempre, sen excepción. Facemos os traxes na casa coa axuda da miña nai. Polo xeral, ambas nos disfrazamos do mesmo cos nosos respectivos grupos de amigas, e

do é o momento de poñer na mesa o lacón, o chourizo, a cacheira, o botelo, así como os grelos, as patacas e os garavanzos. No obstante, non se pode esquecer a sobremesa. As filloas son o prato estrela desta época festiva, xa sexan doces, salgadas ou estean recheas de sangue. Tamén as orellas e a bica son dous elementos esencias. Ademais nesta ocasión non pode faltar a copa de licor café e de herbas para acompañar os pratos. Na comarca de Barbanza, os veciños concordan en que o prato principal do Entroido é o lacón con grelos e de sobremesa destacan as filloas, as orellas, os melindres e as chulas. Algúns adoitan mercar os pratos nos restaurantes e pastelerías da zona. Pero o máis común é realizar estes alimentos na casa, xa que cada quen ten a súa receita particular. Rodrigo, que vive en Corrubedo, comenta que “cando el era mozo, disfrazábase de choqueiro e ía polas portas pedindo filloas e roscas”. Ademais, Rodrigo é dono dun bar da zona e recalca que “este ano será diferente pola COVID–19, pero ata o momento sempre se mantivo a tradición”. Por exemplo, el sempre colaborada cun grupo de veciños que se encargaban de ir polos locais cantando e facendo rir á xente. En definitiva, o Entroido galego resultará diferente debido á pandemia e as restricións establecidas. O país está atravesando un mal momento e o Goberno xeral xa decidiu suspender esta festividade en todo o territorio nacional. Con todo, non se debe perder a ilusión. Os veciños de Barbanza farán o posible por seguir mantendo as costumes e recibirán o Entroido coa mesma ilusión ca sempre, aínda que sexa dende casa.


O Barbanza

ENTROIDO

En 2021, trocamos as caretas polas máscaras O impacto da terceira vaga da pandemia obriga aos Concellos do Barbanza a reconverter as tradicionais celebracións destas datas

O

Entroido non cabe dúbida de que é unha tradición moi presente en Galicia, e a pesares, de que o ano pasado foi a última festa que se celebrou antes da COVID-19, este ano a realidade é moi diferente. As restricións sanitarias, por mor da pandemia, impiden que os concellos da zona rendan homenaxe aos espíritos libres baixo os formatos de celebración tradicionais. Iso si, quédanos a Rede para facer dela unha homenaxe ao Entroido e ao que representa.

Fagamos un algo de memoria Na zona do Barbanza, a figura do choqueiro é unha das máis recoñecidas e recorrentes á hora de celebrar estas datas. Dende o humor, a sátira e a creatividade, renden tributo á liberdade do espírito, xa que o choqueiro é un veciño que tolea temporalmente, que rexouba cos que non van disfrazados, que vai por libre e ao que se lle permite facer cousas que noutro intre do ano e noutras circunstancias, non se lle permitiría. Outra das celebracións máis tradicionais da zona é a sepultura, a queima e a homenaxe que se lle rende ao persoeiro, que segundo o concello ten diferentes nomes. O Felipe (Santa Uxía), o Óso (Boiro), o Toribiño (Rianxo), a Sardiña (Noia), son só algúns dos nomes que poden adquirir estas figuras. Deste xeito, os persoeiros son os protagonistas dunha procesión na que a xente os leva a ombreiros ata a súa queima, converténdose así nos heroes que pasan folla até que se volva a abrir o libro do Entroido, o ano vindeiro. Mais este ano non vai ser posíbel, polo menos non presencialmente. Os Concellos decidiron renunciar ás celebracións máis tradicionais co fin de garantir a saúde nestes tempos difíciles que nos tocan. Así, este ano, o festival de murgas típico de Ribeira, o Enterro do Óso de Abanqueiro ou o Rally París-Dakar de Noia, non se celebrarán neste Entroido 2021. Sen embargo, si hai outros concellos nos que se manterán certas tradicións grazas á Rede. Os concursos a través da web serán os que máis peso teñan nesta novo formato de Entroido. Así, en Porto do Son, elixirase ó rei e á raíña do Entroido mediante un concurso de disfraces, vía telemática, en Rianxo realizaranse concurso virtuais sobre a gastronomía e receitas destas datas e na Pobra lanzarase un concurso de disfraces para manter o espírito choqueiro que terá diferentes premios que suman un total de 2.000 euros. Doutra banda, en Lousame realizarase unha homenaxe a don Carnal a través da Rede se é posíbel.

9

Febreiro 21

Foto: Abelardo Soler

CONCELLERÍA DE CULTURA

CERTAME FOTOGRÁFICO DE ENTROIDO Envíanos unha fotografía do teu disfrace que amose un momento tradicional ou artístico relacionado con costumes propias do entroido, lugares de interese cultural, escenas coñecidas... As máis orixinais terán premio! As fotos deben enviarse ao enderezo electrónico comunicacion@boiro.gal entre o 12 e o 22 de febreiro *Haberá un sorteo entre todas as persoas participantes

BASES E MÁIS INFORMACIÓN: WWW.BOIRO.GAL


10

Febreiro 21

O Barbanza

 ENTREVISTA Ignacio Lens

volve sorprendernos con Universos

Ante a adversidade, creación. Este lema ten especial significado nestes tempos de pandemia e cobra aínda máis forza no traballo literario do ribeirense Ignacio Lens Sarasquete, quen plantou cara a unha longa serie de “anos duros” co descubrimento, tardío pero benvido, da poesía. Froito desta paixón xurdiu Versos Diversos e agora está a piques de ver a luz Universos. Falamos con Nacho para que nos adiante cousas do libro e nos recorde ate que punto a alma de cada quen pode atopar acougo e tranquilidade no acto de crear, mesmo no medio dun ano tan convulso como o que vimos de deixar atrás.

“A escritura será sempre unha maneira de evadirnos dos problemas”

-N

acho xa non es un debutante nisto da literatura, e hai xa máis de tres anos, se non recordamos mal, que te vimos lanzándote á edición co libro de poemas e reflexións Versos Diversos. Ou sexa, que debutaches en 2017 no ámbito da publicación, pero o formigo da escritura é seguro que che veña de antes. Cando comezaches a escribir e por que motivo? - Comencei a escribir xa hai uns dez anos nun blog que aínda existe e de vez en cando público algo nel. Claro que agora público poesía (creo que xa non sei escribir de outro xeito).

- É o impulso artístico e creativo que levamos dentro (a poesía, a literatura, a música, a fotografía) un antídoto contra os embates que recibimos da realidade? - Claro, é e será sempre unha forma de evadirse dos problemas, entre outras moitas cousas. Estes anos foron bastante duros pra min e escribindo foi onde me atopei mais cómodo. É un xeito de esquecer o que nos produce inquietude ou nos fai sufrir e ocupar o día.

- Como foi a acollida de Versos Diversos? Quedaches satisfeito da túa irrupción no ámbito das letras? - A acollida de Versos diversos foi moi boa e superou as miñas expectativas. Claro que tamén tivo moito que ver o facer unha presentación como se fixo. - Hai uns días adiantáchesnos que estás preparando un novo libro. Cóntanos algo del, do titulo e de a que responde, da súa orixe e do que nos ofreces nas súas páxinas... - Si, xa teño o segundo libro, co título Universos. Debido a carga de traballo da imprenta, non puido estar antes de 2021 como era a miña intención, para telo dispoñible para as festas do Nadal. Eu levarei algúns exemplares a un par de librerías de Ribeira e Santiago. Pero tamén pódese mercar por Internet nos seguintes enderezos: • https://libros.cc/Universos.htm • https://libros.cc/librerias.php • En Amazon https://n9.cl/u0y4s E en canto a facer presentación, co asunto da pandemia e tal como están as cousas, é un pouco arriscado. Así que decidín sacalo e despois, cando as cousas se calmen, xa verei.

artistas máis ou menos consagrados dos que todas e todos temos un recordo especial), pero tamén da xente máis anónima, de lectoras e lectores que te puideron regalar o libro axeitado no intre axeitado, ou que te puxeron a canción indicada no momento indicado, ou persoas que te inspiraron e te animaron a seguir esta senda.... - Bueno o libro adícollo sobre todo á miña familia e aos meus amigos, e a todos eses autores de cabeceira: Galeano, Benedetti, Lorca o Neruda, que ao longo do tempo fun lendo. Con todo, direiche que nunca se me pasou pola cabeza que acabaría escribindo poesía, aínda que sexa “poesía canalla” como a min gústame chamala.

- É moi complicado publicar unha obra literaria, a día de hoxe, dende a independencia e a liberdade creativa nas que sabemos que traballas? - Si, é moi complexo, sobre todo para os que non somos coñecidos ou non temos un recorrido no asunto. Basicamente temos que autoeditar da man dunha editorial que che corrixe o texto, fai a maquetación e pon o libro nas librerías, previo pago de moitos cartos. Pero, paga a pena! - A quen te gustaría adicar esta nova obra que nos presentas? Falamos por unha banda das túas principais influencias creativas directas (eses autores, músicos e

  Universos é un libro de

“poesía canalla” cuns cantos ingredientes de nostalxia, humor e de facer balance de experiencias vividas

- Meténdonos en faena, fálame en detalle das cousas que podemos atopar en Universos... - É un libro de “poesía canalla” cuns cantos ingredientes de nostalxia, humor e de facer balance de experiencias vividas. Na introdución dise que é “un repaso á vida e aos mellores momentos; que se intercalan con reflexións sobre as cousas cotiás, o amor, a sensualidade e a escritura”. Unha das cousas que quixen facer foi conectar cos lectores e lectoras, a fin de contas escribir debe parecerse moito a abrir ante os demais un camiño directo cara a túa alma. A editora de Vadeletras, María Antuña, destacou que a experiencia de ter lido o libro valeulle entre outras cousas, mira ti por onde, para sentir como alguén describía un momento especial da súa vida. Este era un dos meus obxectivos.


O Barbanza

11

Febreiro 21

EMPRENDEMENTO

A asociación comarcal pon en marcha unha plataforma que pon en contacto aos propietarios e aos demandantes de vivendas 

A asociación agro-ecolóxica da nosa comarca Sachos á Rúa comezou o ano 2021 tentando dar resposta a dúas problemáticas que afectan ao mundo rural e ao ámbito urbano. Por unha banda, o despoboamento das nosas aldeas e o esmorecemento dos seus modos de vida tradicionais, proceso agravado pola imposibilidade de facer un efecto chamada eficaz a persoas que desexen asentarse no campo. Por outra banda, a urxencia que motiva a unha parte da nosa xente nova, acrecentada polas consecuencias críticas xeradas pola pandemia, de buscar novos xeitos de vida e desenvolvemento produtivo. Para afrontar estes desafíos Sachos á Rúa deu forma á plataforma Agro Novo. Trátase, din, de axudar ás mozas e mozos que precisan casa na nosa comarca para desenvolver o seu proxecto de vida no rural. En concreto, a finalidade de Agro Novo é “ser a canle de comunicación entre as persoas que precisan unha vivenda para vivir no rural e as propietarias que desexen alugar inmóbeis a prezos accesíbeis”.

Sachos á Rúa: “Queremos axudar a quen aposte polo emprendemento no rural como modo de vida” - Credes que a crise sanitaria e económica que estamos a vivir pode propiciar o éxito da iniciativa? - É certo que a situación actual de crise tanto económica como sanitaria pode ser un factor que propicie a volta ao rural, pero mais ben o que vemos no noso redor é xente nova motivada por unha ética de vida entorno ao respecto polo medio ambiente que avoga pola colectividade en detrimento do individualismo destes tempos, e que apostan polo emprendemento no rural como modo de vida. Tamén esperamos que esta iniciativa sexa un efecto chamada para todas aquelas persoas que aínda non deron o salto e que levan tempo argallando como facer. Pois ben, dende Sachos a Rúa, a través desta nova plataforma, animamos a mocidade a emprender no rural e a seguir tecendo nesta comunidade da que formamos parte.

-C

omo vai funcionar a plataforma? Será unha plataforma tecnolóxica a xeito de rede social? - Sobre o funcionamento da plataforma, a nosa intención é empregar o Facebook e o Instagram da asociación de Sachos a Rúa como canle de difusión, ademais do boca a boca, para aquelas persoas que non conten cas redes sociais na súa vida... As feiras que facemos no Rueiro de Ribeira os primeiros, terceiros e quintos sábados de cada mes seguro que tamén son un moi bo punto de encontro. Tamén poñemos a disposición o correo electrónico da asociación e dous teléfonos de contacto, onde esperamos recibir achegas tanto de xente nova con ganas de emprender no rural e co interese de establecerse na aldea, como tamén de propietarias/os de vivendas en desuso que estean dispostas/os a alugar a baixo custe por un longo período. A nosa función como plataforma será basicamente pór en contacto as dúas partes in-

teresadas, e no caso da xente nova, ofrecer tamén outros recursos dos que dispoñemos na asociación, formación, teórico-práctica en agricultura ecolóxica, posibilidade de participar no mercado dos sábados, axuda na procura de terras para cultivar, etc. - Cal será o ámbito xeográfico de actuación da plataforma? - O ámbito xeográfico de actuación vai ser polo momento a zona do Barbanza xa que é onde Sachos a Rúa leva tecendo dende fai anos unha rede de apoio mutuo que conecta a persoas que desenvolvemos dunha maneira ou outra actividades no rural. - Que nivel de participación ten de saída? - A creación da plataforma veu dada polas achegas que recibimos de mozos e mozas que precisan casa pola zona para desenvolver o seu proxecto de vida no rural, e que dalgún xeito xa participan na asociación ou teñen intención de participar unha vez encontren un lugar próximo onde establecerse.

O foco, na xente nova

C

omo dixemos, a asociación pon o foco, especialmente, na xente nova: “Até nós chegan, cada vez con máis asiduidade, demandas de persoas, especialmente novas, para establecerse no rural e poder realizar os seus soños traballando no campo dunha maneira sustentábel. Dende o noso colectivo podémoslles ofrecer terreos, formación e outras ferramentas para poder comezar, pero en moitos casos, precisan de atopar unha vivenda próxima á rede da que formamos parte, na zona do Barbanza”, explican, engadindo que este foi o xermolo “dunha idea que consistiu en crear unha

plataforma de contacto que establecese unha canle de comunicación entre as persoas que precisan unha vivenda no rural e as persoas propietarias que queiran alugar a un prezo asequíbel as súas propiedades, co compromiso dos primeiros a realizar os precisos traballos de coidados e mantemento da vivenda e do espazo exterior”. A asociación ponse a disposición de todas aquelas persoas que queiran tirar proveito da iniciativa, e faino a través das seguintes canles: o enderezo electrónico sachosarúa@gmail.com e máis os teléfonos 686 097 190 / 663 56 28 18.


12

Febreiro 21

O Barbanza

 NOVAS DA COMARCA

Ribeira dixitaliza con tabletas a Oficina de Atención Cidadá

O

Concello de Ribeira deu novos pasos no seu Plan Municipal de Dixitalización grazas á implementación de tabletas entre o persoal da Oficina de Atención Cidadá (OAC), situada no andar baixo da Casa Consistorial. Esta iniciativa permite ao Concello continuar avanzando na erradicación do papel na tramitación de expedientes administrativos, un dos obxectivos da lexislatura. As consultas dos veciño/as realizadas na OAC, a partir de agora, faranse mediante un escaneo no momento da documentación correspondente, e firmarán dixitalmente na pantalla da tableta, para de seguido recibir un xustificante de rexistro de entrada ao seu enderezo electrónico. Deste xeito os cidadáns non terán que deixar a documentación correspondente no consistorio.

A Deputación destina 866.000 euros ao Barbanza ao abeiro de PELConcellos

A

A concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro Rego, anunciou que no mes de febreiro está prevista a licitación dunha nova sede electrónica do Concello con notábeis melloras sobre a actual. A nova licitación tamén incluirá unha aplicación móbil coa que os cidadáns poderán xestionar súas citas dixitalmente.

Deputación da Coruña duplicou o investimento do programa PEL-Concellos, de 3 a 5 millóns de euros, co obxectivo de “crear preto de 900 empregos nos municipios coruñeses”, unha cifra que tamén redobraría a acadada na edición anterior do programa. Centraríase nos concellos de menos de 20.000 habitantes, que recibirán entre 38.000 e 104.000 euros para a contratación de persoal. Porase o foco nos colectivos máis afectados polo desemprego e a crise actual: maiores de 45 anos, mulleres, parados de longa duración ou persoas en risco de exclusión social. No caso de Barbanza, o investimento será de 866.000 euros. Por concellos, a distribución dos fondos da Deputación ficaría deste xeito: Boiro 104.000,00 €; Carnota

CONCURSO DE MÁSCARAS DE ENTROIDO #ENTROIDORIBEIRA2021

Do 13 ao 21 de febreiro, deseña a túa máscara, antifaz ou careta de Entroido e saca unha foto con ela posta. Sube a imaxe ao teu Facebook etiquetando a EntérateCulturaFestasXuventude e incluíndo o hastag #EntroidoRibeira2021. Os participantes entrarán nun sorteo de 6 vales de compra en xoguetes por importe de 50€. Destinatarios: Nenas e nenos de 3 a 13 anos.

+ info e bases en www.ribeira.gal

Valentín González, presidente da Deputación da Coruña

68.000,00; Lousame 62.000,00; Mazaricos 62.000,00; Muros 92.000,00; Noia 104.000,00; Outes 74.000,00; A Pobra do Caramiñal 104.000,00; Porto do Son 92.000,00; e Rianxo 104.000,00.


O Barbanza

13

Febreiro 21

NOVAS DA COMARCA  

Adolfo Muiños preside BarbanzaArousa no ano 2021

O

10 de febreiro celebrouse o pleno da Mancomunidade de Municipios Barbanza-Arousa no Auditorio de Rianxo. No acto procedeuse formalmente ao cambio da presidencia e ao traspaso de poderes, como primeiro punto da orde do día. Segundo se fixo saber, este ano 2021 será a quenda como presidente de Adolfo Muiños, alcalde de Rianxo, que recolle a testemuña de Manuel Ruiz, alcalde de Ribeira.

Durante a sesión plenaria, ambos os rexedores salientaron a boa sintonía e colaboración que existe entre os catro concellos da Mancomunidade para levar a cabo a estratexia do destino turístico. Esta estratexia seguirá a liña que xa viña traballando, baseada na Ría de Arousa e a Serra do Barbanza como eixos diferenciadores e co Camiño de Santiago por terra e por mar, o turismo náutico e o turismo de natureza como produtos principais. Para este ano abórdase a sinalización e a difusión entre os mercados potenciais. Os roteiros de sendeirismo, que tamén se están poñendo en valor, permitirán ao visitante coñecer a Serra do Barbanza e tamén o mar, porque todas elas ofrecen panorámicas á Ría de Arousa. Continuarase tamén impulsando a colaboración público-privada e o traballo co sector a través da Comisión de Turismo e Comercio e a plataforma de venda cruzada.

JEALSA inaugura unha nova planta frigorífica cen por cen sustentábel

A

conserveira JEALSA comezou o ano con novidades importantes en materia de sustentabilidade e innovación: a posta en marcha dunha nova planta frigorífica con capacidade para almacenar 13.000 toneladas de peixe. Está emprazada no Polígono de Espiñeira, en Boiro, e forma para do plan de investimentos que a empresa ten previsto realizar para a mellora innovadora dos seus procesos. En última instancia, o obxectivo é seguir reducindo consumo enerxético e optimizar a capacidade produtiva das súas plantas (en 2020 JEALSA foi quen de acadar a neutralidade de emisións de CO2 nas dependencias de seu). A conserveira explicou que o novo inmóbel requiriu un investimento de 7.000.000 euros. En materia máis técnica, conta con catro cámaras preparadas para albergar 13.000 Tn de peixe e, tamén, coas máis avanzadas tecnoloxías de eficiencia térmica, seguridade e protección contra o lume ou escapes de amoníaco. Ao

Cristóbal Valdés, director xeral de JEALSA, na súa visita á nova planta frigorífica

fío disto, incorpora paneis HURRE de última xeración, que “ofrecen as mellores prestacións de entre todos os sistemas de paneis illantes de celas pechadas do mercado”, explicaron fontes de JEALSA. As novas instalacións abéiranse ao compromiso da compañía coa sustentabilidade, enmarcado dentro do seu programa de RSC We Sea, de aí que todos os materiais da nova construción sexan respectuosos co medio ambiente.

O Concello de Boiro apoia o comercio local cun certame en liña

O

Concello de Boiro convoca un certame fotográfico durante o Entroido, co fin de promover o comercio local. O evento realizarase a través das redes sociais e nace como unha alternativa cultural e de ocio ás festas tradicionais destas datas. Os gañadores recibirán vales de compra para mercar nos establecementos adheridos do municipio. Os premios dividiranse en dúas categorías. Unha delas é para menores de 12 anos, que inclúe un primeiro vale de 100 euros, un segundo de 75 euros e un terceiro

premio de 50 euros, ademais de 5 vales por valor de 35 euros cada un. A segunda categoría está dedicada aos maiores de 13 anos e terá varios vales. Un de 175 euros, outro de 125 e un terceiro de 100, a maiores de 5 vales por valor de 50 euros.

No concurso poden participar todos os públicos. Soamente hai que enviar a fotografía cunha pequena descrición a comunicacion@ boiro.gal. As imaxes serán publicadas no Facebook da Casa da Cultura de Boiro antes do sorteo. O prazo remata o 22 de febreiro.


14

Febreiro 21

O Barbanza

 ENTREVISTA Paula Iglesias

co-directora da curta nomeada aos Goya Sólo son Peces

A Academia de Cine deu a coñecer os días pasados as cintas nomeadas á 35 edición dos Premios Goya, galardóns que se entregarán o 6 de marzo. Entre as producións incluídas atópase Sólo son peces, co-dirixida por Paula Iglesias, natural da parroquia de Queiruga (Porto do Son). Opta ao galardón dentro da categoría de curtametraxes documentais e cóntanos a historia de tres mulleres, Teslem, Dehba e Jadija, que traballan nunha piscifactoría nos campamentos de poboación refuxiada saharauí, en pleno deserto de Alxeria, lonxe da súa terra de orixe por mor do conflito con Marrocos. O documental foi co-dirixido xunto con Ana Serna (Bilbao 1988) a través da produtora compartida Al Borde Films. Falamos con Paula para que nos fale en primeira da súa experiencia en Tinduf.

“Resulta admirable a capacidade de superación e adaptación da xente refuxiada de Tinduf”

-Q

ue vos levou a achegar os vosos obxectivos á problemática que está a vivir a poboación saharauí nos campamentos de Tinduf? - O proxecto nace dunha proposta da Asociación de Amigos e Amigas da RASD de Araba que tiña como premisa de partida a xestión da auga nos campamentos de poboación refuxiada. Estamos moi agradecidas de poder traballar con esta entidade porque nos achegaron a investigación suficiente para poder poñer a historia en contexto así como nos deron total liberdade creativa. A súa confianza foi fundamental para poder deixarnos levar e incorporar a nosa mirada máis persoal ao relato. Segundo fomos coñecendo máis a realidade dos campamentos, chamounos moito a atención o papel da muller como peza fundamental na súa organización social e estrutural. Ao toparnos con estas tres biólogas vimos claro que eran elas as protagonistas. - Considerades que podemos facer algo, as e os espectadores de a pé, para comezar a poñer remedio á situación na que viven os antigos habitantes da colonia española? - En todo momento enfocamos o noso punto de vista en poñer en cuestión a nosa propia responsabilidade cidadá á hora de remarcar a débeda histórica con este territorio. Cremos que se poden facer cousas, por pequenas que parezan: acudir a unha manifestación de apoio, compartir contido nas redes, etiquetar a institucións políticas reclamando que tomen cartas… todo suma. - Como son as condicións de vida nos campamentos de Tinduf? - O tempo detense e o momento do té convértese en algo máxico. Obvia-

As directoras Paula Iglesias e Ana Serna

mente 45 anos no deserto con grandes dificultades de acceso á auga, e con total dependencia da axuda internacional, fan estragos. Se a isto lle sumas o silencio político, a súa capacidade de superación e adaptación convértese en admirable. Volvín con moita aprendizaxe das persoas cas que compartimos esta historia e do propio equipo. Parte del viña da Escola de Formación Audiovisual Abidin Kaid Saleh dos campamentos, sen eles non tería sido posible gravar este docu. - Fálanos do documental, do que podemos atopar nel e do traballo coas mulleres que son as súas protagonistas. De onde vén o título, Sólo son peces?

- O documental trata sobre tres mulleres que traballan na piscifactoría que acababan de abrir xusto no transcurso da nosa primeira viaxe aos campamentos. Tan pronto nos comezaron a falar da tilapia (o peixe que alí cultivaban) e das súas fortalezas á hora de adaptarse a un entorno tan hostil como a hamada alxerina, vimos claro o paralelismo coa propia poboación refuxiada. A tilapia tamén está desprazada do seu lugar de orixe en contra da súa vontade e é capaz de superar todo tipo de dificultades para sobrevivir. Co cartaz da muller pescando no deserto queríamos xogar co absurdo da situación de que se siga mantendo xente nunhas condicións tan extremas, e co título en realidade quería-

mos deixar claro, con certa retranca, que non só son peixes. - Que estades a argallar neste momento? Cal é o voso seguinte proxecto? - Estamos nun momento moi ilusionante e con moitos proxectos en marcha, aínda que en diferentes fases. Temos outra curta, Lanbroa (Brétema), en distribución coa axencia Freak que está pendente de estrea. É un proxecto moi persoal que pon en diálogo a superación dun proceso de cancro coa restauración de reloxos monumentais. É un relato cheo de poesía visual cunha banda sonora incrible da man de Maite Arroitajauregi, nomeada tamén agora aos premios Goya por Akelarre. Por outro lado, estamos coa preparación dunha curta persoal sobre a crise de coidados destapada durante a pandemia que conta xa co apoio do ICAA e do Goberno Vasco e tamén estamos a piques de gravar unha longametraxe documental sobre exilio e refuxio da man de CEAR-Euskadi. - Paula, imaxinamos que coa que está caendo en materia sanitaria pouco te deixarás ver pola túa parroquia (Queiruga) e o teu concello, Porto do Son. Mantés vivos os vínculos coa xente da túa terra de orixe? - Pois a verdade é que estiven hai pouco botando unhas semanas. Sempre que podo acumular algo de choio de edición, collo o ordenador e boto unha tempada. Montar Al Borde films foi coma criar unha filla, ao principio hai que estar moi pendente dela porque hai que axudala a camiñar e requíreche o 100% de atención, pero agora que xa é unha nena un pouco maior, permíteme ter un pouco máis de liberdade. O teletraballo non é nada novo para min e a verdade é que estou contenta de poder contar con esta flexibilidade laboral para poder manter a conexión non só coa terra, senón coa xente que quero. Non podo estar moito tempo lonxe , éntrame a morriña moi rápido.


O Barbanza

15

Febreiro 21

CULTURA

Jazz galego no bosque de Asados Dispoñíbel no Portal da Lingua o concerto que Abe Rábade gravou en Rianxo

O

pianista galego Abe Rábade, unha das grandes figuras do jazz estatal e internacional, protagonizou estes días unha das máis singulares actividades adheridas ao Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, impulsado pola Secretaría de Política Lingüística. Estamos a falar do concerto en liña Abe Rábade. Piano solo entre árbores, que pode verse dende xa no Portal da Lingua Galega

(www.lingua.gal). O audiovisual foi presentado o mes de xaneiro no Pazo de San Roque, en Santiago, nun acto que contou coa presenza do propio artista e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen enxalzou “a longa traxectoria de Abe Rábade na creación do jazz galego”. Tamén loou a súa aposta por unir a lingua do país que el emprega acotío cun xénero musical “nacido fóra das nosas fronteiras e que, por certo, ten

  O concerto en liña Abe

Rábade. Piano solo entre árbores, pode verse dende xa no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal)

presenza en máis proxectos do Fondo Xacobeo 2021”. O secretario xeral indicou “que non hai mellor maneira de demostrar que a nosa lingua, tan acaída para a expresión da cultura tradicional e autóctona, está aberta e é perfectamente válida tamén para incorporar todas aquelas cousas boas que nos poidan chegar de fóra”. Xunto con Valentín García participaron na presentación o pianista e com-

Premios escolares de innovación en dinamización lingüística 2020-2021

O

8 de febreiro, a través da resolución da Consellería de Cultura e Educación, convocáronse os premios escolares de innovación educativa en dinamización lingüística 20202021, uns recoñecementos nos que teñen sobresaído as comunidades escolares dos nosos concellos (por exemplo os IES de Boiro, de Rianxo e da Pobra). No Portal da Lingua Galega (lingua.gal, da Secretaría Xeral de Política Lingüística) e no Portal Educativo (edu.xunta. gal) foi pendurada toda a

información ao respecto destes galardóns dirixidos aos centros docentes de titularidade pública no actual curso académico, amais das bases reguladoras. A participación estará aberta até o vindeiro 10 de marzo. Ao abeiro desta iniciativa, seleccionaranse cinco proxectos que terán a consideración de “excelentes” e que recibirán cadansúa dotación económica de 2.000 euros. Tras a posta en marcha desta iniciativa no ano

2008 son xa numerosos os proxectos que acadaron o recoñecemento polo seu impulso á lingua galega desde o ensino, por medio de soportes variados, rexistros da oralidade ou ámbitos de incidencia social. Entre outras, acadaron difusión iniciativas como Olimpíadas Virtuais Sart Gal, do IES A Cachada (Boiro, A Coruña), Aspiramos a ser simplemente un paraíso lingüístico, do IES Félix Muriel (Rianxo, A Coruña) ou 21 Días co Galego do IES da Pobra do Caramiñal (A Coruña).

positor de jazz Abe Rábade e Rosa Salgado, representante de Miraxe, Sociedade Cooperativa Galega, que produciu o concerto. Abe Rábade interpreta no audiovisual o que cualificou Valentín García como “un repertorio único”, seleccionado e traballado durante o confinamento, que inclúe as seguintes pezas: Liberación, Desexo, Ham-Dam. Improvisation e Freixo. O concerto foi gravado ao aire libre, nun espazo arborado da parroquia rianxeira de Asados, o 4 de novembro de 2020. A interpretación das catro composicións sinaladas vai precedida dunha presentación a cargo do músico. Abe Rábade ten fortes vencellos co concello de Rianxo, xa que boa parte da súa familia está afincada dende hai anos en Abuín, na parroquia de Leiro. O audiovisual Abe Rábade. Piano solo entre árbores forma parte dos recursos dixitais do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, un repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega creado pola Xunta no marco do Plan de reactivación do sector cultural fronte aos efectos derivados da COVID-19.


C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.