O Barbanza - número 3

Page 1

O Barbanza Edición Arousa Norte

www.obarbanza.gal

Ribeira  A Pobra  Boiro  Rianxo

Número 3

Agosto 19

A COMARCA EN FESTA

O espectáculo pirotécnico das Festa de Verán de Ribeira será un dos momentos de máis interese

  Agosto é o mes predilecto das parroquias e concellos para a celebración dos seus festexos. Basta con cavilar na cantidade,

calidade e variedade de propostas que se dan cita no calendario. O motivo radica en que moitas persoas, tanto veciñanza coma turistas, escollen estas datas para coller vacacións coincidindo co momento culminante da época estival.

No primeiro andar deste edificio estase a acondicionar a Casa da Modidade

Recursos para a xuventude creativa A Casa da Mocidade da Pobra, máis preto

Impulso innovador 5

Boiro prepara un centro de coworking sobre mar e turismo

Rianxo aínda máis literario 6

A casa-museo de Dieste ultima os seus detalles

7


Plan de dinamizaciรณn da lingua galega na mocidade 2019-2022

Participa www.lingua.gal


3

O Barbanza Edición Arousa Norte

O Barbanza Edición Arousa Norte

EDITA: Grupo Código Cero Comunicación S.L. Rúa das Hedras nº 4, 1º G 15895 Ames (Milladoiro) Tel.-fax: 981 530 268 - 608 240 160 www.codigocero.com DIRECTOR: Joferpa director@obarbanza.gal WEBMASTER: Marcus Fernández webmaster@codigocero.com REDACCIÓN: Fernando Sarasketa Sonia Pena Ana Rial Maneiro redaccionribeira@obarbanza.gal redaccionapobra@obarbanza.gal redaccionboiro@obarbanza.gal redaccionrianxo@obarbanza.gal MAQUETACIÓN E DESEÑO: Óscar Louzán FOTOGRAFÍA: Beatriz Martínez del Campo y Ricoy Joferpa PUBLICIDADE: publicidade@obarbanza.gal CORREO DO LECTOR: lectores@obarbanza.gal A NOSA WEB www.obarbanza.gal REDES SOCIAIS: facebook.com/obarbanza www.instagram.com/o_barbanza/ IMPRIME: PUBLICACIONES TAMEIGA, S.L. Número 3 (agosto 2019) Publicación periódica. Tirada: 7.000 exemplares Depósito Legal: C 668-2019 I.S.S.N.: 2659-8256

Agosto 19

Neste número

E

sta revista quere ser este verán un manual de utilidade para non extraviarnos na extensa e en ocasións complexa xeografía do lecer barbanzán. Cómpre lembralo para telo ben en conta: os nosos concellos son unha fonte inesgotábel de posibilidades turísticas e culturais, e no tempo que comprende entre xuño e agosto, simplemente o proceso se intensifica. Quen queira poñer un pouco de orde nos seus conceptos, terá nestas 16 páxinas do terceiro número de O Barbanza, un resumo sintetizado do que ben podería ser o gran programa de festas da comarca para agosto de 2019 (O Carme dos Pincheiros da Pobra, San Ramón de Bealo, a Festa do Mexillón de Rianxo, as Festas de Ribeira, etc), e coa vantaxe de ofrecelo todo dunha maneira íntegra e unificada e de acompañalo de información actual sobre os nosos concellos. Por exemplo, falamos nestas páxinas de grandes proxectos destinados a mellorar os servizos que recibe a cidadanía (como as obras da comisaría de Ribeira, que se van iniciar este mesmo ano, antes do seu remate, se todo o proceso se desenvolve segundo o previsto) ou de iniciativas que porán en xogo novos xeitos de traballar e crear emprego no tecido económico local (como por exemplo o centro de coworking de Boiro, impulsado pola Deputación da Coruña e mailo Concello, e centrado, segundo puidemos saber, nos sectores económicos que máis despuntan en Barbanza e dos que tanto Boiro como os demais concellos son auténticos referentes: o sector do mar, da hostalería e do turismo).

Outro dos grandes proxectos dos que falamos neste número é a construción da Casa da Mocidade da Pobra, que estaría a disposición da cidadanía este mesmo outono no primeiro andar do antigo restaurante O Lagar, acubillando servizos e espazos especificamente deseñados para que a xente nova do concello poida ampliar os seus coñecementos e habilidades nas temáticas que máis está a demandar o mercado laboral. A vertente máis adicada á actividade construtiva dos nosos municipios complétase nesta revista con información sobre a recta final da remodelación da casa de Rafael Dieste en Rianxo, que está xa preto de abrir as súas portas e converterse en casa-museo sobre a vida e obra do autor de Dos arquivos do trasno e, por extensión, sobre un pasado cultural esplendoroso que, en boa maneira, continúa dinamizando e enriquecendo o noso presente. O terceiro número de O Barbanza complétase cunha viaxe (e nunca mellor dito) ao corazón da nosa riqueza medioambiental: unha crónica a pé de campo do noso achegamento á riqueza cultural, natural e paisaxística da illa de Sálvora.. O equipo de “O Barbanza”

SE CHE GUSTA O Barbanza Edición Arousa Norte

non te perdas obarbanza.gal Síguenos en:


4

Agosto 19

O Barbanza Edición Arousa Norte

 ACTUALIDADE

A

 RIBEIRA

construción da nova comisaría de Ribeira comezará, se todo vai segundo o previsto, antes de que conclúa o ano cun prazo de execución posterior de dezaoito meses, tal e como avanzou a Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios e da Seguridade do Estado (SIEP), dependente dos ministerios de Facenda e Interior. Esta obra foi aprobada nunha sesión do Consello de Ministros celebrada a finais de xaneiro e saíra a licitación por un importe de catro millóns de euros. Dita actuación atópase enmarcada no Plan de Infraestruturas para a Seguridade do Estado 2019-2025, o cal prevé unha inversión de 600 millóns de euros nos próximos sete anos para reformar e construír comisarías de Policía Nacional e cuarteis da Garda Civil no conxunto do territorio nacional. Do total destinaranse 275 millóns de euros a comisarías coma a de Ribeira, outros 275 a cuarteis e 50 millóns adicionais a obras noutras instalacións dependentes da Secretaría de Estado de Seguridade. A construción do novo edificio de Ribeira está pendente desde o ano 2009, cando a Dirección Xeral de Policía solicitou a licencia de obra ao Concello, pero a crise económica obrigou a retrasar a actuación. Debido á necesidade dunha nova sede policial, esta cuestión incluso foi abordada nun par de ocasións en pleno a principios do 2019. Finalmente, en xuño anunciouse o seu impulso de cara a súa materialización. Na actualidade, o proxecto xa está licitado e ten un custe de tres millóns de euros. Ademais, o prazo para a presentación de ofertas finalizou a comezos de xullo. A zona escolleita para esta nova instalación é a de Fontán, onde se atopan os terreos sobre os que se erixirá esta infraestrutura e que foron cedidos polo Concello. Trátase dunha parcela que conta con 2.074 metros cadrados. O edificio disporá dun soto -onde estará unha galería de tiro-, unha planta baixa e unha primeira planta. Deste xeito, o inmoble contará con tódolos servizos necesarios para o desenvolvemento da actividade policial. Así mesmo, a nova comisaría contará cunha oficina da Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM), redundando nunha mellor atención ás vítimas de violencia machista. De

As obras da nova comisaría ribeirense iniciaranse a finais deste ano

Actual comisaría

  O proxecto xa está

licitado e ten un custe de tres millóns de euros. Ademais, o prazo para a presentación de ofertas finalizou a comezos de xullo.

  A nova comisaría

contará cunha oficina da Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM), redundando nunha mellor atención ás vítimas de violencia machista.

feito, a mediados de xullo tivo lugar unha xuntanza na que se acordou impulsar a creación da Mesa Local de Coordinación Policial en materia de Violencia de Xénero, un órgano no que participan as forzas de seguridade para o seguimento das vítimas de violencia de xénero e dos seus agresores, avanzando así un paso máis nesta temática porque se considera que a colaboración é clave para garantir a seguridade dos veciños, especialmente cando se aborda un asunto coma é a protección e salvagarda das mulleres que sofren maltrato. Co propósito de ir avanzando neste eido, ao longo deste ano desenvolvéronse varios encontros entre a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo; o alcalde ribeirense, Manuel Ruiz; o xefe rexional de operacións da Policía Nacional, José Luis Balseiro Vigo; e o comisario de Ribeira, Adolfo García Pinacho. A actual sede policial atópase na avenida Miguel Rodríguez Bautista, ao lado do CEIP O Grupo, nun edificio que foi cedido pola Xunta de Galicia na década de 1980 e sometido a reformas co obxectivo de habilitalo para acoller os servizos que presta á cidadanía aínda a día de hoxe.


O Barbanza Edición Arousa Norte

5

Agosto 19

A POBRA DO CARAMIÑAL

A Casa da Mocidade pobrense abrirá as súas portas este outono

A

Pobra do Caramiñal contará este outono coa Casa da Mocidade completamente rematada. Para lograr este obxectivo, estase habilitando a primeira planta do antigo restaurante O Lagar, edificio alugado polo Concello para uso sociocultural e cuxa planta baixa alberga o espazo de coworking dispoñible desde o verán de 2017 cunha capacidade para acoller a dez emprendedores. Desta maneira, o inmoble de 265’40 metros cadrados dividirase en catro áreas principais. A multiusos de 108’80 metros cadrados estará dedicada ao ocio, actos culturais e calquera evento que poda deseñar e pensar a propia xuventude e, incluso, que poidan propoñer desde os distintos departamentos do Concello. Na sala de traballo de 24’55 metros cadrados, que funciona tamén como aula de informática libre con wifi, os usuarios poderán estudar, reunirse, levar os seus propios ordenadores ou facer uso duns cantos que lles prestará o Concello. Na zona de FabLab, de 45’30 metros cadrados, situaranse unha serie de ferramentas e maquinaria relacionada coa fabricación e elaboración de materiais por parte dos usuarios. Así, unha parte será máis tecnolóxica con impresoras 3D e equipos máis modernos; e a outra contará con material típico dun taller. Na cuarta sala, a cal tamén estaba pensada para o FabLab e de 28’25 metros cadrados, localizaranse algunhas máquinas que resulten molestas acusticamente ou produzan gases, polo que se manterá máis illada, servindo tamén de almacén do propio FabLab ou mobiliario da multiusos cando se precise que estea despexada. Así mesmo contará con aseos de 23’40 metros cadrados, co propósito de facer un deles accesible. Tamén está pendente dotar ao edificio dun ascensor que abrirá directamente ao corredor de entrada de 35’10 metros cadrados da Casa da Mocidade. A intención do Concello é acabar adquirindo a totalidade do antigo restaurante, co cal disporían a maiores dunha cociña e dun despacho. Os traballos de tabicado e instalación eléctrica xa están finalizados, polo lo que só queda a dotación de mobiliario e equipamento. A Concellería de Mocidade, delegada no edil José Andrés Lojo Fernández, será a encargada de administrar este recinto. O custe total da actuación ascende a 110.580’83 euros, dos cales a Asociación de Desenvolvemento Local Deloa subvenciona o 68’3%, correspondéndose con 75.526 euros.

A Casa da Mocidade estase a acondicionar no primeiro andar do antigo Restaurante O Lagar


6

Agosto 19

O Barbanza Edición Arousa Norte

 ACTUALIDADE

 BOIRO

O Edificio das Colonias de Boiro acubillará aulas e despachos para as entidades deportivas locais

E Boiro contará cun espazo de coworking especializado no sector do mar, a hostalería e o turismo

O

que contará con 5 oficinas, sala de recepción, proxecto Emprende-LAB Barservizo de reprografía e sala para xestión e banza, pioneiro no seu sector, presentación de proxectos, así como aseos pretende fomentar a creación e zonas comúns. O inmoble contará ademais e aceleración de novas emprecon xardíns e zona de aparcamento exterior, sas relacionadas con sectores insonorización, calefacción central de alta estratéxicos para a comarca coma é o caso eficiencia enerxética, iluminación con led do conserveiro e de transformación de produde baixo consumo, conexión de telefonía tos do mar, o hostaleiro e o turístico. Esta ace fibra óptica en tódolos espazos, ademais tuación suporá un investimento en torno aos de accesibilidade total para persoas con 100.000 euros, dos que o 76%, 75.000 euros, mobilidade reducida. Así mesmo, incluiraserán achegados directamente pola Deputase asistencia técnica ción a través dos fondos da para a dinamización liña de apoio a emprendeempresarial (Emprendores do Plan de Emprego dePoint), sostemento Local (PEL-Emprende). dos gastos correntes da O alcalde de Boiro, José instalación e actividades Ramón Romero, indicou formativas que incluirán que se atopan traballando workshops, programas neste eido, pero que terán de mellora de xesque pedir unha ampliación tión empresarial e de de prazo que xa viña conJosé Ramón mentoring, titorización e templado no proxecto, así Romero aceleración de proxeccomo que "a nosa intención ALCALDE DE BOIRO tos emprendedores. é que no mes de outubro/ Boiro pasa así a novembro estean en marformar parte, xunto con cha os primeiros pasos que   A nosa intención Oleiros, Carballo, Brión temos que dar." é que no mes de e Ames, do grupo de O espazo localizarase no outubro/novembro concellos que conforcentro de formación e viman o embrión da Rede veiro de empresas situado estean en marcha os Provincial de Centros no polígono industrial de primeiros pasos que de Traballo ColaboraEspiñeira, con 283 metros tivo. cadrados de superficie útil, temos que dar.

ntre os elementos arquitectónicos públicos de meirande potencial do concello de Boiro atópase sen dúbida o Edificio das Colonias, emprazado en pleno paseo de Barraña, un destacado inmóbel (pola súa fachada histórica orientada ao mar, polas súas dimensións, pola súa privilexiada localización lindeira ao areal e a súa extensa área de lecer) que nos últimos anos non contou con todo o nivel de actividade que merecera, tal e como teñen posto de manifesto as asociacións e os partidos políticos locais, que teñen criticado o seu uso limitado a almacén de equipamento municipal. O edificio, promovido e construído en 1957 pola Caja de Ahorros y Monte Piedad de Santiago (primeiro foi sede de colonias infantís e logo un albergue que estivo operativo até a década dos oitenta), non conta a día de hoxe cun acondicionamento axeitado, tanto no relativo á construción en si mesma como no que atinxe á súa contorna. O actual Concello de Boiro, comandado polo novo alcalde José Ramón Romero García, Martiño, quere darlle unha viraxe á devandita situación de desleixo e abandono. Segundo nos recordou Martiño nunha entrevista recente, o programa da súa agrupación (o PSOE local) recolle un capítulo específico para a posta en valor do edificio, unha liña de traballo que tamén abrangue o acondicionamento de “todos os inmóbeis que temos en desuso para que as diferentes entidades do concello poidan tirar proveito deles”. No caso do Edificio das Colonias, o uso que está previsto é “como espazo para as entidades e clubs deportivos, un lugar no que poidan gardar o material que precisen e tamén un sitio que poidan empregar como oficina”, sinalou o rexedor acerca da vindeira rehabilitación da construción, que incluirá aulas e despachos para garantir e impulsar a actividade de entidades como o Club de Piragüismo local.


O Barbanza Edición Arousa Norte

7

Agosto 19

RIANXO

A rúa máis literaria do mundo

A

vila literaria que Rianxo quere ser, unha vila que fale por si soa (mentres se camiña, se visita e se respira) d@s grandes escritor@s que alí naceron, ten un chan máis firme no que asentarse. A falta dun futuro claro para a casa de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que segue ensumida no abandono á espera de que prospere o seu propio proxecto de posta en valor, outro dos grandes símbolos residencias das nosas letras, a casa de Rafael Dieste, está a piques de abrir ao público para o desfrute da cidadanía e dos visitantes. Farao no seu emprazamento orixinal da rúa de Abaixo, a escasos metros da do gran poeta Manuel Antonio (que xa é un referencial museo dende hai uns cantos anos) e a de Castelao. Así o fixo saber estes días o Concello de Rianxo, que anunciou o máis que posíbel remate das obras de acondicionamento antes de que finalice o verán. Como lembraremos, a casa de Dieste está a ser obxecto dunha reforma interior ao abeiro dun convenio asinado entre o Concello e a Deputación da Coruña. O obxectivo: crear unha casa-museo sobre a vida e o importante legado artístico do autor de A fiestra baldeira e Dos arquivos do trasno. Respecto dos adiamentos sufridos no proceso de posta en valor, foron debidos á aparición dunhas pías de pedra (unhas pías de peixe de época moderna, pero con importante valor etnográfico e cultural) e á adaptación do proxecto a estes achados. O alcalde Adolfo Muíños lembrou nunha entrevista recente que “as obras avanzan a bo ritmo, e que a previsión é que os traballos da última fase do proxecto estean rematados a finais deste mes de xullo”, precisamente. O proxecto remóntase a hai dous anos, co convenio formalizado entre as dúas entidades devanditas para “avanzar no deseño da vila literaria rianxeira”, unha iniciativa que terá o seu eixe fundamental na rúa de Abaixo, que é onde se emprazan os tres devanditos e ilustres inmóbeis.

Concello e Deputación rematarán as obras da Casa-Museo de Rafael Dieste antes de final do verán.

O convenio para dar forma á nova casa-museo que está a piques de abrir as súas portas foi asinado na propia residencia de Dieste pola daquela vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. Segundo fixeron saber, o orzamento foi de 236.820,82 euros, dos que 189.456,66, o 80 %, proviñan de fondos da Deputación.

  O obxectivo desta

reforma é crear unha casa-museo sobre a vida e o importante legado artístico do autor de A fiestra baldeira e Dos arquivos do trasno.

“Con este proxecto, queremos impulsar a condición de Rianxo como vila literaria, tamén como motor de dinamización turística e económica, á maneira doutras casas de referencia no país como a de Rosalía de Castro en Padrón que son espazos moi visitados, non só pola propia veciñanza que lle dará uso, senón tamén por estudantes e persoas que queren render homenaxe aos tres autores que viviron nesta rúa”, sinalou daquela Sanmartín Rei. Pola súa banda, o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, enxalzou a importancia literaria e cultura da rúa de Abaixo, “un referente para a visita turística e cultural non só para Rianxo senón para todo o país e para o mundo, en especial nos países e nas amplas relacións en que a familia Dieste deixou pegada”. As obras que están a piques de rematar céntranse en subministrar os elementos que formarán parte do futuro museo, como o mobiliario orixinal, o piano do escritor, as coleccións de partituras e as primeiras edicións das obras do autor rianxeiro. A idea básica é devolver ao fogar o valor de punto de encontro que tivo en vida do escritor e da súa muller, Carmen Muñoz, “cando era centro dunha irradiación cultural na que se sentía a música ao vivo e se prestaban libros antes de que esta vivenda padecera tamén a longa noite de pedra”, explicaron Adolfo Muíños e Goretti Sanmartín. Amais das intervencións no mobiliario e na habitabilidade (incluíndo a reconstrución dos espazos orixinais do fogar) e do acondicionamento dunha sala de actos e de exposicións, as obras abrangueron traballos de cimentación, saneamento e pluviais, consolidación a estrutura, albanelería, carpintería interior, instalación eléctrica e protección contraincendios, instalación de fontanería e calefacción, revestimentos e ascensor. A casa de Rafael Dieste é un inmóbel do século XVIII emprazado no centro histórico de Rianxo e leva deshabitado desde a morte do escritor, hai un cuarto de século. Foi adquirida polo Concello en 2007 e no ano 2012 foi obxecto dunha restauración no tellado e máis no exterior.


8

Agosto 19

O Barbanza

 OCIO

Edición Arousa Norte

 RIBEIRA

Rosario Flores, Maldita Nerea e Milladoiro como pratos fortes das Festas de Verán de Ribeira

O

municipio ribeirense continúa de troula, pois despois da Dorna é a quenda das Festas de Verán de Ribeira, as cales se celebran do 31 de xullo ao 4 de agosto. Luis Iglesia foi o elixido para dar o pregón inaugural, pois é un coñecido actor que participou en numerosas series coma Matalobos ou Pazo de Familia, e habitual nos distintos espectáculos da Mostra de Teatro de Ribeira. As celebracións contan cunha extensa programación que inclúe actuacións musicais, actividades para os cativos, deportes e exposicións, entre outros, converténdose así nunhas festas variadas e dirixidas a tódolos públicos. No transcurso destes festexos, a actuación de Rosario Flores, Maldita Nerea e Milladoiro convértense nos pratos fortes. Tamén destacan, entre outros, o espectáculo de danza da compañía de Fran Sieira titulado Entre Soños, o concerto tributo a El último de la fila a cargo de Los Aviones Plateados e ‘Riveiralandia’ para os máis pequenos. Os emprazamentos da cidade vibran ao son de grupos e orquestras que se encargan de poñerlle son á vida diúrna e nocturna. Algúns dos que asumen responsabilidade de tal magnitude son Kubo, Tango, Banda de Música Eduardo Pondal, Televisión, Platinum, Banda de Cee, La Estación, Kien Lo Diría, Banda de Música de Boiro, Graffiti e a Mostra de Música e Danza Tradicional de Ribeira. Tradición e modernidade unidas da man para animar o ambiente.

Como xa se mencionou anteriormente, o deporte ocupa un lugar importante ao longo destas xornadas. Por iso, dispútanse as finais do Campionato de Tenis das Festas do Verán para a categoría masculina absoluta no Complexo Deportivo da Fieiteira; o Campionato de Xadrez organizado polo Club de Xadrez do Círculo Mercantil na Casa da Xuventude e destinado ás categorías sub-8, sub-10, sub-12, sub-14 e absoluta; o Trofeo de Fútbol Festas do Verán entre o C.D. Boiro e o Atlético de Riveira no Campo Municipal da Fieiteira; e a exhibición de kenpo e karate na praza do Concello a cargo do Club Kenpo Ribeira Outro dos momentos máis agardados é a procesión da Virxe do Carme, que por segunda vez principiará na nova lonxa cunha Misa solemne o sábado 3, ás 18.30 horas, cantada pola Coral do Círculo Mercantil de Ribeira. No acto estarán presentes os membros do Club de Remo Náutico de Ribeira e a Policía Infantil. Como novidade deste ano, a imaxe de San Pedro, patrón dos mariñeiros, sairá á rúa e acompañará á Virxe do Carme despois de máis de 60 anos sen facelo. Ambas figuras embarcarán no Boteira Primero, buque que encallou no pasado maio no litoral de Aguiño e que despois de superar este incidente se ofreceu para encargarse do traslado.

  Luis Iglesia foi o

elixido para dar o pregón inaugural, é un coñecido actor que participou en numerosas series coma Matalobos ou Pazo de Familia.   A Procesión da

Virxe do Carme, que por segunda vez principiará na nova lonxa cunha Misa solemne o sábado 3, ás 18.30 horas.   Os emprazamentos

da cidade vibrarán ao son de grupos e orquestras que se encargarán de poñerlle son á vida diúrna e nocturna.   O espectáculo

pirotécnico está programado para o domingo 4, ás 00.00 horas.


O Barbanza

9

Edición Arousa Norte

Agosto 19

RIBEIRA

Aguiño exalta o percebe na súa vixésimo segunda edición

N Ademais, cada unha das xornadas están ofrendadas a un colectivo en concreto. Desta maneira, o mércores 31 é o ‘Día dedicado á mocidade’; o xoves 1, ‘Día dedicado á emigración’; o venres 2, ‘Día dedicado á poboación infantil’; o sábado 3, ‘Día do Carme dedicado á xente do mar’; e o domingo 4, ‘Día dedicado ao tecido social’. Cómpre lembrar que o luns 5 é o ‘Día do neno/a’, polo que tódalas atraccións de feira teñen prezos populares. O espectáculo pirotécnico programado para o domingo 4, ás 00.00 horas, o cal se realiza desde unha plataforma marítima por cuestións de seguridade, vestirá con vistosas cores o nocturno ceo ribeirense, poñendo o broche de ouro ás celebracións.

a parroquia ribeirense de Aguiño celébrase unha das citas gastronómicas imprescindibles do calendario do verán. Trátase da Festa do Percebe, a cal vai pola súa vixésimo segunda edición. Este ano ten lugar o domingo, 4 de agosto, coincidindo coas Festas de Verán de Ribeira, por mor das mareas e para garantir a cantidade de percebes que se precisan, así como a súa calidade. A parroquia aguiñense destaca pola súa tradición pesqueira, polo que a maior parte da súa poboación vive, de maneira directa ou indirecta, da captura e comercialización dos produtos do mar, entre os que destaca o percebe e que carrexa unha importante repercusión para a economía local. A costa desta localidade é idónea para a proliferación deste marisco xa que hai zonas escarpadas onde as augas do océano Atlántico baten con dureza. Este festexo naceu na década de 1990 co obxectivo de despuntar e poñer en valor este crustáceo, así como visibilizar o arriscado traballo dos percebeiros que teñen que afrontar numerosas dificultades coma, por exemplo, a bravura do mar e as esvaradías rochas. Incluso poñen en risco a súa propia integridade física e non é a primeira vez que as augas se cobran a vida dalgún destes traballadores. Desde a Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño sinalan que tamén pretenden dar o coñecer o seu produto principal en facturación e extracción para que se traduza nun aumento da demanda. Deste xeito, son numerosas as persoas que se achegan a esta zona desde diferentes puntos do territorio para desfrutar deste produto nunha das citas ineludibles da axenda gastronómica de Galicia. Por todo isto, non resulta estraño que cada vez concorran máis persoas, contribuíndo ao éxito deste evento e a que a fama e calidade do percebe traspase fronteiras. Para esta edición, a idea da Confraría consiste en repartir ao redor dunha tonelada de marisco, repetindo así a cantidade distribuída o ano pasado. O evento arrancará, ás 12.00 horas, coa regata de traíñas

  A Festa do Percebe

ten lugar o domingo 4 de agosto, coincidindo coas Festas de Verán de Ribeira, por mor das mareas.   Ás 12.45 horas terá

lugar a apertura da exaltación do crustáceo nunha carpa de 840 metros cadrados. II Bandeira Festa do Percebe de Aguiño no porto desta localidade. Pouco despois, ás 12.30 horas, procederase á entrega de galardóns aos percebeiros de honra. Ás 12.45 horas terá lugar a apertura da exaltación do crustáceo nunha carpa de 840 metros cadrados cheo de mesas para a súa degustación ata esgotar existencias. Cada ración constará duns 350 gramos de percebe, cachelo e pan en prato de cerámica de Buño a un prezo de 15 euros. Tamén se poderá tomar empanada variada do lugar a 3 euros. Ademais, haberá refrescos varios e viños albariño e ribeiro a prezos populares. A música da xornada correrá a cargo dun grupo de gaiteiros encargados de amenizalo festexo.


10

Agosto 19

O Barbanza

 OCIO

Edición Arousa Norte

  A POBRA DO CARAMIÑAL

Axenda para o mes de agosto  Ribeira • • • • • • • • • • •

Fiestra da Cultura do 6 de xullo ao 13 de setembro. Festas de Ribeira do 31 de xullo ao 4 de agosto. Procesión Marítima da Virxe do Carme en Ribeira o 3. Festa do Percebe de Aguiño o 4. ‘Baile de Jala’ da Festa da Dorna o 9. Festas de Palmeira do 9 ao 11. Feira Viamare e Degustación de Produtos do Mar en Ribeira do 9 ao 11. Festas da Ameixida o 10. Festas de Olveira o 15. Feira Artesanal e Mariñeira (ARTEMAR) en Ribeira do 15 ao 18. Festa do Polbo de Palmeira o 24 e 25.

O Carme dos Pincheiros mestura tradición e innovación

 A Pobra do Caramiñal

• Viaxes en veleiro pola ría de Arousa os sábados e domingos ata o 25. • Ciclo Sons da Vila o 1, 4, 7, 8, 9, 13, 21, 22, 28 e 29. • Animación de rúa o 1, 8 e 22. • Comercio na rúa do 2 ao 4. • Encontro de Habaneras o 3. • Viaxe ás illas Cíes o 4. • A Pobra baila o 4. • Cine na Rúa o 6 e 13. • Día do deporte na rúa o 14. • Chegada da Regata Mar de Maeloc Rías Baixas o 15. • Festas do Carme dos Pincheiros desde a tarde do 16 ao 19. • Festival de bandas o 24. • XVIII Circuíto de Volei-praia o 24 e 25. • XI Carreira popular Concello da Pobra do Caramiñal. 4° Circuíto de carreiras populares Arousa Norte o 25. • Festival Entre Bateas o 30 e 31.

 Boiro • • • • • • • • • • • • • • • • •

V Serán en Ordenario o 2. XII Malla da Abrañeira o 3. Festas da Virxe de Exipto en Abanqueiro do 2 ao 4. Romaría da Virxe de Exipto en Abanqueiro, a Festa do Sacramento e a Procesión e Alfombras Florais en Macenda o 4. Festa do Divino Salvador en Comoxo o 6. Ruta Cabaleiro das Cunchas/Povoa de Varzin-Cabo de Cruz o 6 e 7. Feira Castrexa do 9 ao 11. XXXI Festival folclórico cultural en Escarabote o 10. Romaría Popular en Neixón o 11. X Festa do Mexillón de Escarabote o 15. Festas da Nosa Señora dos Anxos en Cespón do 15 ao 18. Regata Radio Control Náutico Boiro o 17. II Romaría das Peñas do Barbanza o 24. VII Regata Galatea-Portonovo-Cabo de Cruz o 24 e 25. XXIX Bandeira Concello de Boiro de Traíñas o 25. Festas de San Ramón de Bealo do 30 de agosto ao 3 de setembro. Romaría de San Ramón de Bealo/Festa de interese turístico de Galicia o 31.

 Rianxo • • • • • •

Festas do Divino Salvador en Taragoña o 4. Romaría dos Milagres en Araño o 4. Festa do Mexillón o 3 e 4. Santo Cristovo o 7. Festas de Asados do 10 ao 12. Festas de Isorna o 17 e 18.

A

Pobra do Caramiñal festexará o Carme dos Pincheiros desde a tarde do 16 ao 19 de agosto, coincidindo co terceiro domingo do mes, día no que ten lugar a procesión. Pero xa se ofertará un pequeno adianto o sábado 10 cunha sardiñada. A historia deste festexo remóntase aos ‘pincheiros’ que eran mariños que se dedicaban á arte de pesca do pincho, a cal se empezou a utilizar na ría de Arousa no século XVIII. En agosto remataba a campaña, de tal xeito que se trasladou a este mes a festividade na honra da Virxe do Carme co obxectivo de que a xente do mar puidese desfrutar dela. Na actualidade é unha das festas máis concorridas da comarca e caracterízase, entre outras cousas, polas comparsas de xigantes e cabezudos que alegran coa súa música e bailes os emprazamentos da vila, así como a celebración dos San Xuerguíns, no cal participa a mocidade e que culmina coa festa da auga o sábado 17, ás 16.30 horas. Tamén destaca a cantidade de agrupacións de música tradicional e os concertos de bandas de toda Galicia que forman parte deste evento. E, como non podía ser doutro xeito, as imprescindibles orquestras. De feito, este ano actuarán, entre outros, o Grupo de Gaitas Trécola, a charanga Os Santiaguiños, Golpe Radikal, a Banda de Música de Caamaño, a Banda de Música de Ribadumia, o Grupo de Gaitas Xiada, a orquestra Malibú Show e a orquestra Alabama. En total, ao redor da trintena de agrupacións. O domingo 18, ás 18.30 horas, terá lugar a Misa solemne na honra da Virxe do Carme, cantada pola capela de música Lauda Sion. Ao remate, sairá en procesión a imaxe da figura relixiosa, portada por membros da Confraría do Santo Cristo, acompañada dos distintos

banderíns e da Banda Militar da Brilat, da Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla e dos xigantes e cabezudos da Confraría do Carme dos Pincheiros, coa colaboración da escola de danza Asociación de Amas de Casa da Pobra. No peirao realizarase a ofrenda das coroas de flores por membros da Asociación de Amas de Casa e da Confraría de Pescadores. Finalmente, lanzarase a tradicional traca de fogos. Na xornada do luns 19, ás 18.30 horas, oficiarase a Misa solemne por tódolos confrades falecidos, cantada por Lauda Sion. A continuación, desfilarán os xigantes e cabezudos da Confraría do Carme dos Pincheiros pola estrada principal ata a praza Segundo Durán, acompañados dos grupos de gaitas Trécola, Rumbía, Barlovento, Xiada, A.F. Chorimas, A.F.C. O Pedrón e da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra. Así mesmo, os máis pequenos da casa divertiranse cos numerosos xogos e tamén haberá festa de escuma. A queima dos fogos de artificio e o combate naval poñerán o broche de ouro a catro días de festa.


O Barbanza Edición Arousa Norte

11

Agosto 19

BOIRO  RIANXO

San Ramón de Bealo, avogoso da fertilidade e dos partos

A

parroquia boirense de Bealo celebra cada 31 de agosto a Romaría de San Ramón de Bealo, declarada Festa de interese turístico de Galicia, para renderlle culto a San Ramón, patrón das parturientes. Trátase dun dos festexos máis antigos do territorio galego, vinculado a ritos pagáns, que se celebra ininterrompidamente desde o século XVIII. Proba disto son os gravados serpentiformes, símbolo da fertilidade, en varias rochas a escasos metros da ermida. Deste xeito, fusiónanse a tradición católica e os antigos cultos.

A pesar de estar protagonizada polas mulleres recentemente paridas, moitas delas acoden a pedirlle un fillo a esta figura relixiosa ou a que o seu embarazo e parto transcorran con normalidade. Esta festa congrega cada ano a miles de persoas e moitos dos asistentes aproveitan para acampar no Campo dos Outeiriños na noite do día 30, quedando alí ata ben entrada a noitiña do 31 despois dunha xornada de comida, viños, actividades e orquestras. Incluso existe unha sobremesa característica coñecida como ‘sanramóns’ elaborada a base

Foto cedida pola comisión e de San Ramón de Bealo

de froitos secos e chocolate. Ao longo do propio día da festividade ofícianse misas e lévase ao santo en procesión. Ademais, este ano as festas prolongaranse ata o 3 de setembro.

O mexillón converterase no produto estrela en Rianxo

R

ianxo acollerá unha das citas gastronómicas con máis arraigo na comarca: a décima edición da Festa do Mexillón o 3 e 4 de agosto. Tódalas persoas que se acheguen á carpa instalada no porto poderán degustar de sete receitas diferentes que teñen como protagonista ao molusco estrela da ría de Arousa. Os asistentes tamén desfrutarán de numerosas actividades ao longo da fin de semana. Na tarde do sábado 3, ás 19.30 horas, os pasarrúas con charanga percorrerán as rúas animando á veciñanza e visitantes para, ás 20.00 horas, dar comezo á cata das sete receitas de mexillón, ademais de que os cativos disporán de inchables gratuítos onde xogar. Xa na noite, ás 22.45 horas, o grupo musical Os Sobraos de Bergondo asumirá o rol de poñer a todo o mundo a bailar.

  Tódalas persoas

que se acheguen á carpa instalada no porto poderán degustar de sete receitas diferentes que teñen como protagonista ao molusco estrela da ría de Arousa.

Os máis preguiceiros espertarán o domingo 4, ás 10.30 horas, co ritmo dos pasarrúas con charanga e, ás 11.30 horas, terá lugar o Xantar Mariñeiro, así como a recepción de autoridades, ás 13.00 horas. Como poden ler, ledicia e esmorga para tódalas idades. Non hai escusa para que visitantes e residentes non acudan a celebrar este festexo, enchendo os emprazamentos de baile, cantares e risa.

  Trátase dun dos festexos

máis antigos do territorio galego, vinculado a ritos pagáns, que se celebra ininterrompidamente desde o século XVIII.


12

Agosto 19

O Barbanza

 CULTURA

Edición Arousa Norte

  SÁLVORA

Sálvora,

paraíso na ría de

Arousa

  Na bocana da ría de Arousa atópase o

arquipélago de Sálvora, pertencente ao municipio de Ribeira. Xunto con Cíes, Ons e Cortegada forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas desde o 2002.

A

súa superficie dispón de 2.557 hectáreas, das cales 248 son terrestres e 2.309 marítimas, cunha orografía máis suave en comparación aos outros arquipélagos, sendo o Alto de Gralleiros o punto máis elevado con 73 metros sobre o nivel do mar. Cun clima húmido, domina a vexetación baixa de toxo, fentos e outras herbáceas. A flora de acantilado presenta un aspecto redondeado polos ventos e mestúrase nalgunhas zonas coa de dunas. En canto á fauna destaca a presenza do tritón ibérico, dunha subespecie do lagarto ocelado, de preto dun centenar de parellas reprodutoras de gaivota sombría constituíndose unha imporante colonia a nivel peninsular, coellos, morcegos e outros mamíferos coma o cabalo e o cervo introducidos polo home con fins cinexéticos ou gandeiros. O panorama que se contempla nada máis baixar do transporte marítimo no peirao é a escena conformada polo areal, o almacén de finais do século XVIII dotado de dúas torres que lle confiren un aspecto señorial funcionando actualmente como

museo, a antiga taberna reconvertida en capela, un cruceiro e o monumento da serea Mariña que saúda ao visitante sentada nas rochas que sobresaen sobre o mar. Traxedias, mitos ou amores imposibles son só algúns dos relatos que envolven esta illa. Pura temática mariña que cativa co mesmo ímpeto co que as ondas rompen contra a costa.

Experiencias inesquecibles Esta paraxe ofrece numerosas posibilidades para o visitante. As súas augas cristalinas e fina area branca convidan a unha xornada de descanso na praia do Castelo ou praia do Almacén, especialmente para refrescarse despois de realizar as andainas da ruta do faro e da ruta da aldea. Outra das propostas é coñecer o museo instalado no interior da antiga fábrica de salgadura que foi ampliada con dúas torres outorgándolle un aire de pazo. Alí faise un breve repaso da historia da illa coa exposición de varias dornas, cunchas de diversos moluscos, material antigo que se empregaba para traballar a terra ou ilustracións de sereas, entre outros.

  Sálvora é destino StarPor outra banda, os amantes da ornitoloxía desfrutarán enormemente durante o estío, xa que é a época de cría das gaivotas, razón pola cal a paisaxe está dominada por estas aves. Iso si, hai que tentar non molestalas porque pódense alporizar. Sen dúbida, unha das experiencias máis máxicas é contemplar o solpor desde os arredores do faro, sentados nas moles graníticas, coñecidas como bolos, que se formaron coa acción da chuvia, do vento e o sal, penetrando nas rochas e erosionando as esquinas para dar lugar a curiosas formas. A posta de sol vai tornando o ceo en tonalidades rosadas e alaranxadas. Cun pouco de sorte e un horizonte o bastante despexado, incluso se pode presenciar o coñecido como raio verde, un fenómeno óptico atmosférico causado pola refracción da luz ao atravesar a atmosfera. Tamén é inmensamente recomendable a observación nocturna do firmamento con iniciación á astronomía desde a aldea, xa que Sálvora é destino Starlight declarado pola Unesco no 2016, certificación turística a nivel mundial que busca a protección dos ceos nocturnos mellor

light declarado pola Unesco no 2016, certificación turística a nivel mundial que busca a protección dos ceos nocturnos mellor preservados fronte á contaminación luminosa. preservados fronte á contaminación luminosa. As mellores condicións para desenvolver esta actividade é cando a Lúa está crecendo ou minguando, xa que non proporciona tanta luz e os ollos humanos adáptanse mellor á escuridade. Así, previas indicacións dun guía e cun planisferio, resulta doado atopar os distintos corpos celestes. Na noite do 6 de xullo, por exemplo, divisábase a Osa Maior, a Osa Menor, a estrela polar, Xúpiter, Saturno ou a constelación de Casiopea, entre outros. Ademais, é preciso recoñecer a plácida sensación de camiñar coa calma proporcionada pola noite, escoitando o son dos grilos, o rumor das ondas e o crepitar do terreo con cada pisada.


RIVEIRA

13

Agosto 19

Festas do Verán do 31 de Xullo ó 4 de Agosto

mércores 31 DÍA DEDICADO Á MOCIDADE Grupo de gaitas do país FESTIVAL RI VEIRA: MAGO XACOBE

PREGÓN dende o Balcón do Concello a cargo de

KUBO

LOS AVIONES PLATEADOS

LUIS IGLESIA

xoves 1

sábado 3

KIEN LO DIRÍA

DÍA DO CARME DEDICADO Á XENTE DO MAR Grupo de gaitas do país BANDA DE MÚSICA DE CEE Misa Solemne na Honra da Virxe do Carme TRADICIONAL PROCESIÓN MARÍTIMA Procesión Terrestre acompañada da Banda de Música Cristo de la Buena Muerte de Ferrol e a Banda de Gaitas Os Castros de Ames Espectacular actuación na Praza de España de:

TANGO

LA ROSARIO FLORES ESTACIÓN

DÍA DEDICADO Á EMIGRACIÓN Grupo de gaitas do país FESTIVAL RI VEIRA: O PALLASO PITER Actuación na Praza de España da compañía de danza de Fran Sieira co espectáculo:

domingo 4

ENTRE SOÑOS

venres 2

DÍA DEDICADO Á POBOACIÓN INFANTIL Grupo de gaitas do país BANDA DE MÚSICA EDUARDO PONDAL Espectacular actuación na Praza de España de:

DÍA DEDICADO AO TECIDO SOCIAL Grupo de gaitas do país

TELEVISIÓN

PLATINUM

BANDA DE MÚSICA DE BOIRO Espectacular actuación na Praza de España de:

Misa Solemne na Honra de San Pedro Mostra de Música e Danza Tradicional de Riveira. Na praza de Porta do Sol

MILLADOIRO “ATLÁNTICO”

GRAFFITI

ESPECTACULAR QUEIMA DE FOGOS DE ARTIFICIO No Peirao

MALDITA NEREA

Luns 5. Celebrarase o DÍA DO NENO/A coas ATRACCIÓNS DE FEIRA A PREZOS POPULARES! Máis información nos programas de man CONCELLO DE RIVEIRA Concellería de Cultura Dianas e Alboradas - Deportes - Actuacións Infantís - Títeres - Desfile de Carrozas - Exposicións…

SANYG Artes Gráficas, S. C. - Riveira


14

Agosto 19

O Barbanza Edición Arousa Norte

 ACTUALIDADE

 RIANXO

A comarca aposta polas praias sen fume Rianxo obtén un diploma de ouro por protexer todos os seus areais contra o tabaco.

R

ianxo recibiu os días pasados (o 22 de xullo) un importante recoñecemento ao seu compromiso medio-ambiental e ao fomento dos hábitos de vida saudábeis. Estamos a falar do diploma de ouro que entrega a Consellería de Sanidade aos Concellos da Rede Galega de Praias Sen Fume que estenden a todos os areais dos seus territorios as medidas de loita contra o tabaco. O diploma foille entregado ao alcalde, Adolfo Muíños Sánchez, da man do director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez. Na mesma xornada tamén foi recoñecido o compromiso do Concello de Vilaboa, en Pontevedra. A Rede Galega de Praias sen Fume está constituída por un total de 141 praias (29 delas son fluviais) pertencentes a 64 municipios, o que implica que os visitantes a estes espazos naturais poderán desfrutar dun ambiente de lecer ceibe de tabaco. A rede iniciou a súa

andaina no ano 2016, con 26 praias de 19 concellos, partindo dunha iniciativa do Concello de Baiona do ano 2012. Na actualidade, son xa 10 os concellos coa acreditación de ouro, é dicir, que teñen todas as súas praias dentro da rede. Este concellos son Baiona, Corcubión, Rianxo, Barreiros, A Guarda, Noia, Vilaboa, Cerdedo-Cotobade, Dumbría e Cabana de Bergantiños. Ademais, outros 13 contan coa categoría de prata, é dicir, que como mínimo teñen a metade das praias do concello dentro da rede. Praias sen Fume é unha iniciativa da Consellería de Sanidade, pioneira a nivel estatal. Ten o obxectivo de educar e sensibilizar sobre os efectos negativos do tabaco, poñendo o foco no seu consumo nas praias, onde non só é prexudicial polo fume causado, senón por rematar, boa parte das cabichas, entre as areas. Rianxo conta coas seguintes praias adheridas: Tanxil, As Cunchas, Porrón e A Torre.

Ribeira ten protexidas as praias de Río-Azor e O Touro, Pobra ten O Areal e Boiro, Barraña e Carragueiros. Respecto da incorporación de O Areal (A Pobra) á dita rede, foi formalizada nesta recta final de xullo polo propio Concello, que deu a coñecer a iniciativa en rolda de prensa. Segundo explicou o Goberno local, a súa participación activa na Rede Galega de Praias sen Fume traducirase nun convite ao colectivo de fumadores para suspender o seu hábito durante as súas estadías na praia mesma O Concello da Pobra valorou o compromiso medioambiental, ecolóxico e saudábel da iniciativa: “Trátase de que as praias estean ceibes de adultos que fumen, e con iso lles dean un bo exemplo aos nenos; con isto des-normalízase o hábito de fumar e contribúese ao coidado do medio ambiente”. Tamén se informou de que a medida, malia estar activa polo de agora en O Areal, levarase en datas vindeiras a outras praias do concello (por exemplo na Corna).

Roteiro dende o Castelo da Lúa até o centro da vila

M

alia que estaba prevista para o sábado da derradeira fin de semana de xullo, a segunda ruta do Apego de Rianxo (o itinerario que se desenvolve baixo o epígrafe O Castelo da Lúa e os grafitteiros do pasado) non se puido levar a cabo por mor do mal tempo da devandita xornada. Porén, a proposta segue diante, desta volta programada para o tres de agosto, a partir das 11.00 horas e con saída na contorna do Castelo da Lúa, con punto de encontro no lavadoiro da aldea do Pazo. E de que se trata? Pois basicamente dunha andaina colectivo-familiar de gran interese histórico, paisaxístico, literario, cultural, medioambiental, etnográfico e, tamén, deportivo. A iniciativa, organizada polo Concello de Rianxo (Servizo de Normalización Lingüística), inclúe un máis que interesante percorrido polo paseo que abeira a liña do mar dende os restos do castelo, á beira do esteiro do río Te, até o centro de Rianxo. Será, en palabras da organización, “unha ruta histórica, literaria e paisaxística para familias con crianzas de 0 a 11 anos”. Para formalizar a nosa inscrición (xa que hai prazas limitadas) teremos que enviar os nosos datos á conta normalizacion@concelloderianxo.gal ou ben chamar ao teléfono 881 988 891. Este será o plan da xornada: -- Identificar as marcas de canteiro nas pedras do Castelo da Lúa e nas edificacións históricas da vila e crear un caderno de campo para debuxar as marcas de canteiro. Guiado por J. L. do Pico Orjais. -- Contada sobre o Castelo da Lúa e os canteiros. A cargo de Tero Rodríguez. -- Exposición do traballo feito. -- Intervención musical ao final da ruta.


| Deseño: Lorenzo Méndez | Fotografía: Xoan Antón Castro |

VERÁN CULTURAL 2019

III Festival Noites de Jazz de Rianxo Do 30 de xullo ao 3 de agosto 30 MARTES XULLO 22:30 EMR Ensemble Praza Rafael Dieste

31 MÉRCORES XULLO 22:30 ADN Cuarteto Praza Rafael Dieste

01 XOVES AGOSTO 22:30 David Lojo Quartet Praza Rafael Dieste

02 VENRES AGOSTO 22:30 Menil & Friends Praza Rafael Dieste

03 SÁBADO AGOSTO 12:30 Low Bay Hot Band Rúa de Abaixo Cursos, clases mestras, ... (+ información no programa de man)

03 SÁB 22:30 h.

Música tradicional: Os sobraos

Festa do Mexillón, Zona Portuaria

Outros eventos e actividades: Festas do Carme (Rianxo). Do 12 ao 16 de xullo XX Ruta BTT. 14 de xullo

06 MAR 22:30 h.

Observación astronómica

09 VEN 21:00 h.

XV Ciclo de Bandas: Banda de Música Isabel II Praza Rafael Dieste

Deporte na Rúa. 19 de xullo Festas de Taragoña. Do 18 ao 21 de xullo Festival Antrospinos (Taragoña). 26 e 27 de xullo Bandeira de Traíñas. 28 de xullo

16 VEN 22:30 h.

IV Trial Pico Muralla. 11 de agosto

17 SÁB 21:30 h.

Andaina Santa Compaña. 17 de agosto

N. Y. Jazz, de Delio Sánchez, Auditorio de Rianxo, do 29/07 ao 17/08. No colo da esperanza, de Felipe Carnotto, no Auditorio de Rianxo do 23 de agosto ao 16 de setembro.

XVI Festival de Música e Baile Tradicional da Escola Aleivosía Praza Rafael Dieste

XI Torneo Internacional de Xadrez. 31 agosto Exposicións: Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia, do Consello da Cultura Galega, ata o 17 de xullo no auditorio de Rianxo.

Música: Manoele de Felisa en concerto Praza Rafael Dieste

Festas do Araño. Do 2 ao 4 de agosto Festa do Mexillón. Do 3 e 4 de agosto

Paseo da Ribeira

19 LUN e 20 MAR 08:00 h. a 20:00 h. 31 SÁB 22:30 h.

Autobús Creactivity La Caixa

Praza Castelao (Obradoiros de creatividade para nen@s de 6-16 anos).

XV Ciclo de Bandas: Banda da Escola de Música de Rianxo Praza Rafael Dieste



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.