Auga e literatura

Page 1


O muíño, Os soños na gaiola

O muíño roula, roula. O muíño é roulador: Volve as augas do regato En murmurio cantador! … (Manuel María)

Xustificación Eu relaciono a foto co poema porque sinto que a auga ten un gran valor, aínda que a moita xente lle pareza algo simple que só serve para beber, coma se isto non fora xa, suficientemente importante...!

Almudena Villanueva Castro. 6º de Primaria


Coma un río

Coma un río quixera eu ser: cantar con estrelas no lombo cara ó mar, deixando unha chorima en cada pedra, e unha bágoa de Deus en cada herba. … (Díaz Castro)

Xustificación A min gustoume este poema para a fotografía porque cando fala de “ unha bágoa de Deus…” paréceme moi bonito e creo que a gota de auga que percorre a folla expresa a ledicia desta ao sentir a caricia daquela. Antía López Rodríguez. 6º de Primaria


O mar

Ti nunca viches o mar Cos seus berros bruadores, Coas súas escumas de prata, Cos barcos e os pescadores. … (Os soños na gaiola. Manuel María) Xustificación: O poema “O mar” do libro “Os Soños na Gaiola” , recordoume a esta foto porque as grandes olas e a escuma cor prata, que se mencionan no poema vense na foto e paréceme moi fermoso. Brais Caetano Vázquez. 6º de Primaria


Biografía do Miño E o río deulle á terra xenerosa a súa forza de deus omnipotente Manuel María

A Biografía do Miño é un poema que fai sentir a importancia dos ríos ao lle dar forza á terra para que brote a vida.

Christian Pombo Méndez 5º


FARRAPOS DE NUBE Raiolas Unha raiola na chuvia, o arco da vella.

Unha raiola na terra, unha rosa amarela

Xoán Neira e Ánxeles Ferrer

A luz, a raiola, está dándolle vida ao estanque que esconde unha tartaruga que ten unha flor (a rosa amarela) no seu caparazón. Claudia Cerviño Gómez-Casero 5º


INVERNO Chove, chove, na casa do probe e no meu corazón tamén chove. Celso Emilio Ferreiro

Aínda que non poidamos saír a xogar cando chove e nos poñamos tristes... imaxinar un mundo sen auga aínda é máis triste. A auga completa unha fermosa obra de arte: A TERRA!

Eugenio Saavedra Guerra 5º


Regato do Cepelo Maila o teu nome sonoro, eres regato e non río: ¡o teu caudal tan esguío nunca encherá un encoro! Manuel María

Se deixamos que a auga se perda non haberá nunca auga bastante para encher os encoros.

Iago Iglesias Grijó 5º


A NATUREZA Escoita o latexo do corazón da Terra, reloxo perfecto que o home altera. De Farrapos de nube Xoán Neira e Ánxeles Ferrer

A Terra sofre cada vez que abrimos a billa sen necesidade, temos que aprender a respectar o don que nos deu.

Íker de Jesús Orosa 5º


Adiós ríos, adiós fontes Adiós regatos pequenos Adiós vista dos meus ollos Rosalía de Castro

Deixar correr todos os días a auga, ver como a malgastamos , facer que as billas sexan como fontes que corren día e noite fai que pense en “adiós ríos, adiós fontes, adiós….”

Iria Villanueva Castro 5º



A orillas del Sar

Fonte de Lourás

Dicen que no hablan las plantas, ni las fuentes, ni los pájaros, ni el onda con sus rumores, ni con su brillo los astros, lo dicen, pero no es cierto, pues siempre cuando yo paso de mí murmuran y exclaman: Ahí va la loca soñando … (Rosalía de Castro) Xustificación: Eu creo a Rosalía de Castro cando di que as fontes falan por ese son tan bonito que se escoita ao caer a auga. Irune Pérez Vila. 6º de Primaria


“La fuente”

Joven, te ofrezco el don de esta copa de plata para que un día puedas calmar la sed ardiente, la sed que con su fuego más que la muerte mata. Mas debes abrevarte tan sólo en una fuente, … (Rubén Darío) Xustificación: Elixín este poema para a miña foto porque di que a auga é esencial para a nosa vida e que en nós está elixir o camiño que nos permitirá vivir en paz. Juan Castillo Abel. 6º de Primaria


“ U NHA FERVENZA QUE SUSPIRA POLO MAR ” do libro: “Quen dá a quenda?” de Héctor Cajaraville.

Fervenzas do río Toxa

Xustificación: Cando, na nosa clase de 6º, liamos o libro de Héctor Cajaraville, “Quen dá a quenda?”, no capítulo : “Unha fervenza que suspira polo mar”, acordeime das fervenzas do Toxa, que tan preto están da miña casa. Son tan fermosas! E alí agochadas no bosque do interior de Galicia, seguro que lles gustaría ver o noso fermoso mar… Lucas Varela Cornado. 6º de Primaria


O RÍO Desde as fontes da montaña ata a gran chaira do mar baixa o río cantareiro corre corre sen parar. Xoán Neira Ánxeles Ferrer De Farrapos de nube

Escollín o poema porque mostra a beleza do río e do seu cantar. Se non coidamos os ríos podemos perder este cantar.

Lucía Alonso Méndez 5º


PRAIA Cando Irene está na praia e camiña pola área pensa no xardín sen auga, cavila na terra seca… Neira Vilas De O xardín de Irene

Escollín este poema porque representa a necesidade da auga para a vida.

María Alonso Méndez 5º


O río

Fuxe o río, polo río caladiño, sen dar pío. Leva follas de ameneiro que esparexe no areeiro. … (Neira Vilas)

Xustificación: Este poema, “O río”, gústame moito porque o son da auga polas pedras é moi relaxante. Sentada á beira do río da foto paso intres marabillosos con fermosos pensamentos.

Natalia Enríquez Martínez. 6º de Primaria


REGATO DO CEPELO Nunca tiveche unha arela de tan humilde e sinxelo: ¡Meu regato do Cepelo, das Regas ou da Barciela!. Manuel María

Por moito que nos guste a Natureza se non coidamos a auga difícil será que leve vida.

Nicolás Iglesias Grijó 5º


Desacordo contra os contaminadores do Miño Asasinos da vida, da beleza, dos dons marabillosos para o uso e o gozo do home Manuel María

Esta foto é a miña crítica a un extractor que estanca auga e non a aproveita. O poema de Manuel María representa o que eu sinto.

Pablo Rodríguez Abelleira 5º


O RÍO Roxe o río noite e día sempre fiel ao seu cantar, a súa doce melodía enmudecerá no mar. Xoán Neira e Ánxeles Ferrer De Farrapos de nube

Escollín esta foto e este poema porque para min neles podemos escoitar o cantar do río e o seu ruxir. Este poema debe ser a nosa forza para coidar o noso planeta e poder ver os ríos correr así.

Rubén Lugo Loureiro 5º


FALAN OS RÍOS Nós, tan humildes, somos ríos pequenos que bicamos a terra con amor Ríos sen gloria que lle damos ao río Miño o noso amor sinxelo: luz e auga. Damos todo boamente como dá o paxaro ao vento a súa canción. Manuel María De O Miño canle de luz e de néboa

Escollín este poema porque non só hai que coidar dos ríos grandes xa que todos son importantes e dan vida, luz e auga aos lugares polos que pasan

Rubén Novo Otero 5º


Pasa, río, pasa, río

Pasa, río, pasa, río, co teu maino rebulir; pasa, pasa antre as froliñas color de ouro e de marfil, a quen cos teus doces labios tan doces cousas lle dis. … (Rosalía de Castro)

Xustificación: Eu elixín este poema para a miña foto porque ten unha ponte e por debaixo pásalle un pequeno río. Paréceme un precioso poema e recórdame aos momentos que paso co meu primo á beira dese río tirando pedras e pauciños.

Rubén López Durán. 6º de Primaria


Adiós ríos, adiós fontes. Cantares Gallegos

Adiós ríos, adiós fontes adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos, non sei cándo nos veremos. … Rosalía de Castro

Xustificación: A min gustoume moito este poema porque Rosalía fala da súa terra e a min recordoume a miña fonte que xa ten moitos donos, porque leva no sitio moitos anos. Quero que siga aí moitos máis, para ir a visitala e despedirme dela. Sandra Campos Fuentes . 6º de Primaria


A CHUVIA Chuvia que peta nos cristais, escorrega polas montañas ou abre os mananciais.

Xoán Neira e Ánxeles Ferrer De: Farrapos de nube

Cando chove vemos unha posibilidade de encher ríos e mananciais… a foto simboliza que a auga peta nos cristais do coche para poder viaxar rápida ao mar, aos ríos,… a todos os sitios que a precisen.

Uxía Lamela Noya 5º


VENTE RAPASA ¡Que auga tan limpa! ¡Que rica frescura! Vente a lavar, que é un primor, criatura. Rosalía de Castro De Cantares Gallegos

A catarata para min é algo fermoso. Sería marabilloso poder xogar e bañarse nesa auga tan limpa, coma di o poema… quero gozar do que teño porque sei que se non o coidamos a catarata pode desaparecer.

Xiana Souto Salgueiro 5º


“O río” do libro: “ Os soños na gaiola”

O río pasa correndo, Non se para con ninguén. O río canta para as cousas E canta para min tamén. … (Manuel María)

Xustificación: O poema, “O río”, de Manuel María recórdame aos veráns, cando vou de paseo coa miña familia e xogamos a ver quen tira pedras máis lonxe. Son fermosos recordos, igual que a foto e o poema. Xoana Arincón Martínez. 6º de Primaria


Escollín este poema e esta foto porque a fonte clara e a cascada quero que estean sempre. Que non se contaminen! Non quero convertelos nun fermoso recordo.

A NATUREZA O río transparente da fonte tan clara, o mar tan azul de escuma tan branca os seres humanos que contaminamos

Xoán Neira Ánxeles Ferrer (Farrapos de nube)

Yago Taboada Burgos 5º


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.