Día de rosalía 2017

Page 1



Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar. Cando de lonxe vos oio, penso que por min chamades e das entrañas me doio. Dóiome de dór ferida, que antes tiña vida enteira e hoxe teño media vida. Só media me deixaron os que de aló me trouxeron, os que de aló me roubaron. Non me roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores. Que os amores xa fuxiron, as soidades viñeron... De pena me consumiron. Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades.

CEIP RAMÓN DE VALENZUELA


EN LA ALTURA LOS CUERVOS GRAZNABAN En la altura los cuervos graznaban, Los deudos gemían en torno del muerto, Y las ondas airadas mezclaban Sus bramidos al triste concierto. Algo había de irónico y rudo En los ecos de tal sinfonía, Algo negro, fantástico y mudo Que del alma las cuerdas hería. Bien pronto cesaron los fúnebres cantos; Esparcióse la turba curiosa; Acabaron gemidos y llantos Y dejaron al muerto en su fosa. Tan sólo a lo lejos, rasgando la bruma, Del negro estandarte las orlas flotaron, Como flota en el aire la pluma Que al ave nocturna los vientos robaron

Rosalía de Castro En las orillas del Sar CEIP Ramón de Valenzuela




MIÑA SANTA MARGARIDA Miña Santa Margarida, ¿con quén te hei de comparare? Coma ti non vin ningunha nin na terra nin no mare. Coma ti, Santa bendidta, tan garrida e tan presiosa, nin brilóu ningunha estrela, nin se abréu ningunha rosa. Nin luceiro, nin diamante, nin luniña trasparente, luz vertéu máis cariñosa que o teu rostro relucente. Nin as froles do xilmendro, nin a rosa purpurina, nin as neves da montaña, nin fulgor da mañanciña; nin alegre sol dourado, nin corrente de augua pura, miña Santa Margarida, che asemella en hermosura. ¿Con quén te hei de comparare, miña Santa Margarida, si ti foche ánxel de amore polos anxes escollida? Sólo a Virxe é máis hermosa que eres ti, bendita Santa, i o teu rostro pelegrino ó temido demo espanta. De ti vivo namorada, en ti penso con fervore,


que eu ben sei que che contenta este puro e santo amore. ¡Quén poidera...! ¡Quén poidera xunta ti vivir segura, manantial que mel derrama, pura fonte de ternura! Onda ti, lonxe do mundo, tan feliz me acobexara que en jamáis ó pracer vano este meu mirar tornara. Que no monte onda ti moras tan bon aire se respira, que o que máis do mundo foxe sólo alí por Dios suspira. Miña Santa Margarida, miña Margarida santa, tendes a casa no monete, donde o paxariño canta.

CANTARES GALLEGOS. ROSALIA DE CASTRO CEIP RAMÓN DE VALENZUELA


Miña santiña Miña Santiña, miña Santasa, miña cariña de calabasa. Hei de emprestarvos os meus pendentes, hei de emprestarvos o meu collar; hei de emprestarcho, cara bonita, si me deprendes a puntear.

-Costureiriña comprimenteira, sacha no campo, malla na eira, lava no río, vai apañar toxinos secos antre o pinar. Así a meniña traballadora os punteados deprende ora.

-Miña Santiña, mal me quixere quen me aconsella que tal fixere. Mans de señora, mans fidalgueiras teñen todiñas as costureiras; boca de reina, corpo de dama, cómprelle a seda, foxen da lama.

Cantares Gallegos CEIP Ramón de Valenzuela


Negra sombra Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras. Rosalía de Castro Follas Novas, 1880 CEIP Ramón de Valenzuela



Poesia RosalÍa de Castro

Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar. Cando de lonxe vos oio, penso que por min chamades e das entrañas me doio. Dóiome de dór ferida, que antes tiña vida enteira e hoxe teño media vida. Só media me deixaron os que de aló me trouxeron, os que de aló me roubaron. Non me roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores. Que os amores xa fuxiron, as soidades viñeron... De pena me consumiron. Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. CANTARES GALLEGOS ROSALÍA DE CASTRO CEIP RAMON DE VALENZUELA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.