Dinámica integración

Page 1

OBXECTIVOS:

DINÁMICA DE INTEGRACIÓN GRUPAL

Favorecer a integración e/ou cohesión grupal, a escoita activa, atención, as habilidades sociais e/ ou comunicativas.

PREGUNTAS NO AR

RECURSOS: Unha Caixa de cartón ou similar (peceira, urna….) Cartulinas ou papeis para facer as papeletas. Tixeiras.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Pizarra; tiza ou rotulador. ESPAZOS: A aula.

IES ENRIQUE MUDiseño de papeletas: Esta Nº Pregunta:

papeleta repártese.

Pregunta:…………………………

RUAIS CURSO 2015/16 Mª José Andrade

Esta queda

Nº Pregunta: Resposta:…………………………

papeleta co/coa alumno/a


DINÁMICA DE INTEGRACIÓN

GRUPAL

ESO CURSO 2015/16 IES ENRIQUE MURUAIS

Coñecéndonos………. Infórmase aos alumnos e alumnas en qué consiste a tarefa.Se lles entregarán unhas cartulinas ou papeletas nas que escribirán unha pregunta que lle queiran facer a un ou unha compañeira.

Na pizarra haberá dúas columnas: Nunha débense anotar os nomes dos alumnos e alumnas para ir asignando puntos cando se consegue acertar co alumno ou alumna que ten a resposta á pregunta que lle correspondeu a un determinado/a alumno/a.O alumno ou alumna preguntará en alto indicando claramente o número de resposta que busca e seleccionando ao alumno ou alumna que cré ten a resposta á súa pregunta.Este alumno ou alumna debe responder sempre pero sen dicir qué número de resposta ten.Deste xeito anótanse 2 puntos ao que acerte quén ten a resposta correspondente á súa pregunta.

Exemplos de preguntas : gustache viaxar? Adonde vas ir de vacacións? Cal é o teu deporte favorito? Cal é a túa canción favorita? Que queres estudar máis adiante? En qué che gustaría traballar? Gustache bailar?Cal é a túa película favorita?.........

Sempre hai que empezar por quen ten o número 1 e así sucesivamente, salvo que se acerte, xa que a este/a alumno/a lle corresponde continuar preguntando no caso de que haxa preguntas suspendidas é dicir alguén se equivocara e quedara a pregunta no ar.

Cada cartulina,papeleta ou ficha coa súa pregunta debe levar un número.Isto quere dicir que hai que numeralas primeiro.Repártense e formúlase por escrito unha soa pregunta.Entréganse para mezclalas e volver a repartilas aleatoriamente.Unha vez entregadas aos alumnos estes deben contestar ás preguntas que lles toquen na cartulina ou papeleta das respostas e é moi importante que poñan na mesma o número de pregunta que lle correspondeu.Os alumnos quedan coa cartulina ou papeleta da resposta mais entréganse as preguntas que se mezclan de novo e se volven a repartir.

Por este motivo xunto cos puntos tamén se debe trazar na pizarra unha segunda columna para anotar o número de cola que se fai para conseguir unha pregunta suspendida e deste modo seguir acumulando ou anotando puntos.Sempre se lle dará en 1º lugar a quen acerte e en segundo lugar ao primeiro da cola aínda que non acertara, para que poda seguir xogando.Por este motivo estas preguntas gárdanse ata que empezen os acertantes a requerilas. Si hai máis de tres reparánse entre os que están á espera e deixanse polo menos dúas para quen acerte.

Agora pode empezar o xogo. ( Esta dinámica pode facerse en Inglés: resulta unha forma amena e divertida de practicar o idioma). 27/11/2015

Se algún alumno ten a pregunta á súa propia resposta se lle conceden 2 puntos e se pon á cola na lista das preguntas suspendidas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.