A PREHISTORIA
A Prehistoria é a Idade da Historia que vai dende a aparición do ser humano sobre a terra hai uns dous millóns de anos ata a aparición da escricutura entre o 3.000 -3.500 a.C. Divídese en tres etapas: • Os seres humanos eran nómades • Cazaban ,pescaban e recollían froitos e herbas para sobrevivir. PALEOLÍTICO • Vivían en tribos. • Fabricaban ferramentas de pedra e óso. • Pintaban animais nas covas. • Facían pequenas esculturas • Os seres humanos convertéronse en gandeiros e en agricultores. • Construíron as primeiras aldeas • Fabricaban ferramentas con pedra puída NEOLÍTICO • Inventaron a cerámica e os tecidos. • Pintaban as covas con escenas de danza, caza e recolección. • Os seres humanos comezaron a fabricar obxectos de metal. • Algunhas aldeas convertéronse en IDADE DOS cidades. METAIS • A invención da vela, a roda e o arado facilitaron a vida cotiá. • Construíron monuentos megalíticos.
A PREHISTORIA EN ESPAÑA
Os restos paleolíticos máis antigos de España atopáronse en Atapuerta (Burgos) e en covas do litoral cantábrico, como Altamira (Cantabria)
Estas covas conteñen pinturas e gravados rupestres , realizados sobre as paredes e os teitos, que representaban animais do contorno, con bisontes, cabalos, touros ou mamuts. Tamén se atoparon covas con pinturas en Asturias e no País Vasco
Os restos neolíticos en España acháronse preto do Mediterráneo, con pinturas de figuras humanas e monumentos megalíticos, como menhires e dolmens.
MENHIR
DOLMEN
POBOADO DE LOS MILLARES (ALMERÍA)
PINTURAS RUPESTRES DE EL COGUL(Lleida)
A PREHISTORIA EN GALICIA
En Galicia a escritura non se coñeceu ata que a trouxeron os romanos no século I a. C. Por iso a nosa Prehistoria foi máis longa ca noutras zonas e ten catro etapas:
PALEOLÍTICO
NEOLÍTICO
ETAPA DE BRONCE PERÍODO CASTREXO
PALEOLÍTICO
⇒ Grupos nómades que vivían na costa e nas ribeiras dos ríos. ⇒ Alimentábanse da caza,da pesca e dos froitos silvestres. ⇒ Vestíanse con peles. ⇒ Usaban o lume. ⇒ Fabricaban obxectos de pedra
Nas Gándaras de Budiño , no Porriño, apareceron 700 pezas de pedra utilizadas nesta época.
NEOLÍTICO
⇒ Descubriron a agricultura e deixaron de ser nómades ⇒ Aumentou a poboación e construíronse os primeiros poboados. ⇒ Vestían roupas de la e de liño ⇒ Descubriron a cerámica ⇒ Enterraban aos seus mortos en enormes monumentos de pedra chamados dolmens ou mámoas.
DOLMEN DE AXEITOS (RIBEIRA, CORUÑA)
ETAPA DE BRONCE
⇒ Descubriron o bronce, co que fabricaron adornos, ferramentas e armas mellores cás de pedra, óso ou madeira. ⇒ Apareceron figuras xeométricas de de animais gravadas en rochas: os petroglifos ⇒ Aparecen as primeiras divisións no traballo o Agricultura o Artesanía o Comercio...
PETROGLIFO DE MOGOR( MARÍN, PONTEVEDRA)
PERÍODO CASTREXO
⇒ Cara o ano 600 a.C. comezaron a construírse poboados de pedra fortificados, chamados castros que se erguían en lugares de doada defensa: na costa ou no alto dun monte ⇒ Os habitantes dos castros eran os CELTAS, que conquistaron Galicia arredor do ano 700 a.C ,procedentes do centro de Europa ⇒ Dedicábanse á agricultura, á gandería e á pesca ⇒ Fabricaban obxectos de ferro.
CASTRO DE TROÑA (PONTEAREAS,PONTEVEDRA)