AS TRES SANTAS

Page 1

AS TRES SANTAS Alumna que recolleu a historia: Laura Rivas, de 1º ESO B Narradora: a avoa de Laura. Protagonistas: as “Tres Santas” Lugar onde aconteceran os feitos: en Escobeiro.


Contoume a miña avoa que nun lugar de Escobeiro hai tres santas xuntiñas, unha após outra, e que as puxeron así porque alí foi o lugar onde tres rapazas perderon a vida ao seren atropeladas por un coche.

Elas, ao morreren así de maneira tan inesperada, deixaron atrás moitas cousas sen resolver, moitas cousas que desexaban realizar na vida.


Por iso, ficaron as tres moi doídas e agora toda persoa que por alí pase, á frente delas, ten que lles deixar unha esmola, un ramo de flores ou calquera outra ofrenda, pois, de non ser así, seica ás doce da noite estas tres almas en pena cortanlle os dous dedos da man.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.