Recopilaci贸n poemas galegos
1潞 ciclo
"O ARCO DA VELLA"
O arco da vella no ceo subido co seu colorín co seu colorido.
O arco da vella é un arco triunfal con sete guerreiros
O arco da vella con sete colores que teñen, no ceo, beleza de flores.
O arco da vella de luz feito é. ¡Resulta un milagre que siga de pé!
O arco da vella no ceo chantado co seu colorín, co seu colorado.
que a ninguén fan mal.
MANUEL MARÍA
A A A A
lúa está durmida. noite está a chamala. lúa está roncando. noite está enfadada.
Cobren sabas de prata o seu leito salgado. Hoxe xa non esperta; segue cos ollos pechados. Dorme a lúa no mar. Sombras voan no ceo. Pensa a noite, tristeira: “O inverno xa está preto” Antonio García Teijeiro
CHOVE NOS VERSOS Cando chove nos outeiros baixan rĂos algareiros. Cando chove nos penedos aparecen certos medos. Cando chove nos solpores nacen mornos os amores.
Cando chove chove chove as gaivotas non se moven. Cando chove chove chove ata os peixes din que chove. Antonio GarcĂa Teijeiro
Cando chove no cantil dorme maio con abril.
Un rato díxolle á lúa: -nunca reparas en min; por iso vivo na rúa metido nun calcetín. Ela fitouno abraiada. déronlle ganas de rir. daquela apagou a lámpada e dispúxose a durmir. Polo desprezo da lúa, o ratiño alporizado, berroulle con moita forza: - xa non estou namorado! Antonio García Teijeiro
DONA CARME
Dona Carme ti単a un lobo debaixo da s炭a cama. O lobo ouveaba, a cadela ladraba, a gata mia単aba, o rato chiaba, o galo cantaba, a ovella beaba, o boi bruaba, o porco ro単aba, o burro orneaba e Dona Carme, por fin, espertaba.
GUSTAVO E OS SEUS ANIMAIS
Gustavo tiña un gato que se chamaba Maragato. Tamén tiña una galiña que se chamaba Marcelina. Tamén tiña un galo que se chamaba Santiago. Tamén tiña un pingüín que se chamaba Miguelín. Tamén tiña una anguía que se chamaba Lucía. Con toda esta compañía Gustavo non se aburría.
O año pitaño vai no paraño. A cabuxa luxa marchou onda a bruxa. O gato cegato fuxiu ao burato. O coello vello anda no cortello. O galo ralo rubiuse no valo, e a galiña tiña está na cociña. Anda, neniña, déixaos estar, e imos brincar cas cunchas do mar. Xosé M. Álvarez Blázquez
O piollo e a pulga
O piollo e a pulga casarse querían e tan ricos que eran que pan non che tiñan. Saíu a FORMIGA do seu formigueiro: -Eu son panadeira, mandarme buscar. -Ai , gracias a Deus, panciño xa temos, fáltanos carniña, ¿onde a atoparemos? E saíu o LOBO detrás dun valado: -Eu son carniceiro, mandarme recado. -Ai , gracias a Deus, carniña xa temos, fáltannos manteis, ¿onde atoparemos? E saíu a ARAÑA do súa arañeira: -Eu son tecedeira, mandarme buscar. -Ai ,gracias a Deus, manteis xa temos, fáltanos gaiteiro, ¿onde o atoparemos? Saíu o RAPOSO detrás do palleiro: -Se prenden o can eu serei gaiteiro. -Ai , gracias a Deus, gaiteiro xa temos, fáltanos danzante, ¿onde a atoparemos?
E saíu o SAPO moi arrogante: -Sígase esa voda, que eu serei danzante. -Ai, gracias a Deus, danzante xa temos, fáltanos madriña, ¿onde a atoparemos? E saíu a RA dunha fonte fría: -Sígase esa voda, que eu serei madriña. -Ai , gracias a Deus, madriña xa temos, fáltanos padriño, ¿onde o atoparemos? E saíu o RATO detrás do muíño: -Se prenden o gato eu serei padriño. No medio da voda con tanto ruído espertou o GATO e comeu o padriño.
OS DÍAS DA SEMANA
O luns no colexio non me queixo. O martes fago un debuxo dun bruxo. O mércores teño inglés si, si, yes, yes. O xoves fago deporte porque quero estar ben forte. O venres gozo moito pois sempre leo un conto. O sábado a descansar non teño que madrugar. O domingo en familia a semana xa termina.
O un mailo cero
Xogando, xogando na rúa unha vez o un mailo cero fixeron un dez. O un de primeiro e o cero detrás marcharon tocando o chascarrraschás.
10 Correndo, correndo ó pé do camiño toparon de pronto con outro ceriño. O un alegrouse, que ben ¡ai! que ben con este ceriño facémolo cen.
100 O un de primeiro e os ceros detrás marcharon tocando o chascarraschás. Choutando, choutando ó pé dun toxiño toparon aínda con outro ceriño. O un celebrouno alegre e xentil con este ceriño facémolo mil.
1.000 Xosé Rodríguez Ferre
QUE RICA COMIDA
Eu quero comer, eu quero comer, torta de mazá e un rico pastel.
Sopa de legumes ovos fritos e ensalada, froita limpa,leite fresca, carne asada.
Lambetadas todas traédemas a min, vinde sen demora poñédeas aquí.
Moitos alimentos como ves existen; saber combinalos no é cousa de chiste.
Nata e chocolate eu quero comer batido de fresa beberei tamén.
E recorda isto… meu pequeno amigo, sí, sí, a ti, a ti cho digo.
Despois desta cea metido na cama, tanta lambetada non é cousa moi sa. Hai máis alimentos que podes comer para poñerte forte crecer e crecer.
PARA ESTAR SEMPRE EN ACCIÓN COIDA A TÚA ALIMENTACIÓN.
QUE TEÑO NA MIÑA CABEZA?
Un nariz eu teño para respirar e dous ollos eu teño para poder ollar. Unha boca eu teño para almorzar, e coas dúas orellas eu podo escoitar. Un queixo eu teño para mastigar, dúas fazulas teño para poder soprar. Unha cabeza teño para poder pensar e cas súas ideas non paro de inventar.
PAZ
Pombiña branca que vas polo ceo, onde está a PAZ que tanto queremos? Está cando damos amor e cariño a mozos, anciáns e tamén aos meniños. A PAZ é querer e ter sempre amigos ser malo e pelexarse non ten sentido. Por iso sabemos que coas nosas mans temos que construír un mundo de PAZ .
Tres pombas chegaron cansas, tristeiras preto dun neno. O neno deulles un bico; as pombas non se moveron. O neno con aloumiĂąos deixounas case no ceo. Ao neno de brancas mans as pombas non esqueceron. GarcĂa Teijeiro
Heiche contar un conto de vintecinco mentiras. polo mar andan as lebres, polo monte as anguías. O carballo dá castañas, o castiñeiro cereixas, o pexegueiro da horta está cargado de ameixas.
I M O S C O N T A R M
Polo mar abaixo vai una formiga, cunha man na testa e un pé na barriga. Teño uns zapatos novos con sola de chocolate, os tacóns son de azucre Mira que disparate!
E N T I R
A S
Por detrás da montaña, O MAIO xaVEN vén o maio. por detrás da montaña chega coma un raio. Velaí vén o maio, cargado de rosas. Velaí vén o maio, ¡mirade que fermosas! Este mes de maio é o mes das flores, cando os paxariños cantan aos amores. Tódolos paxaros e os bichos do prado; todos se divirten cando vén o maio.
VENTO, VENTIÑO
Vento,ventiño que vés do Norte, sabes de todo. tes moita sorte.
Vento,ventiño que vés do Norte, voas ben alto voas ben lonxe.
Vento,ventiño que vés do Norte, nesta terriña berran moi forte. Vento,ventiño que vés do Norte, durme comigo fíxose noite. Vento,ventiño que vés do Norte, dános un bico cálido e doce.
VENTOS e VENTIÑOS
Había un ventiño que non tiña ollos. Había outro vento con cara de tolo. Había un ventiño vestido de azul. Había outro vento que viña do sur. Había un ventiño con gafas de prata. Había outro vento con gafas de nácara. Os ventos que había están a durmir. Calade, meniños a noite é feliz. Antonio García Teijeiro
PARA…
Para Sabela, un barco novo de vela. Para Manuel, folliñas de caravel. Para Tareixa marmeladiña de ameixa. Para Breixo, un anaquiño de queixo. Para Antón, as pebidas de un melón. Para Mariña, a coroa da raíña. E para Brais, todo isto e moito máis.
"O ARCO DA VELLA"
Vermello, laranxa, amarelo e verde, azul, anil e tamĂŠn violeta. Estas sete cores son do arco da vella que sae no ceo cando chove e fai sol. Maria LariĂąo
O CUCO
Canta cuco ou cala cuco: eu en ti xa non che creo desque sei que vas poñer o teu ovo en niño alleo. Desdeixado e preguiceiro, tan só pensas en folgar. Soamente dis dúas notas e xa tes que descansar! Manuel María