Matriosca

Page 1

MATRIOSKA Dimiter Inkiow /Roser Rius



Na vella Rusia vivía un fabricante de bonecas. Facíaas de madeira.Pintábaas de cores e púñalles grandes ollos e caras con sorrisos. Un pouco pícaras. Un pouco gordas. Un pouco alegres. Todos os domingos o fabricante ía a igrexa. Despois ía ao bosque para buscar madeira. Queríaa vella e forte;das raíces de árbores centenarias. Un día frío de inverno o mestre atopou un anaco de madeira estupendo.Pesado,seco e moi vello. "Oh! -pensou-,de aquí tallarei a miña mellor boneca. " Abrazou a madeira coma se fose un bebé e colocouna sobre o trineo. Daquela madeira o mestre tallou unha boneca realmente fermosa. Era tan fermosa que non quixo vendela. Púxoa enriba da mesiña de noite xunto a cama e todas as mañás o mestre preguntáballe:

-Ben querida boneca Matrioska, como che vai?


Puxéralle Matrioska porque parecíase a “madrecita”. Así pasou moito tempo. Todas as mañás o mestre preguntáballe: -Ben querida boneca Matrioska, como che vai? E a boneca sorría en silencio. Pero unha mañá a boneca contestou: -Non moi ben -dixo-. Gustaríame ter un bebé! O mestre quedouse coa boca aberta. Contemplou a boneca pero esta non dixo nada máis. -“Onte bebín demasiado vodka”pensou. E correu a cociña a facerse un café.En todo o día non se atreveu a dicir nada máis. De cando en vez,votaba unha mirada a boneca e preguntábase: -“De verdade pode falar?” Pero tiña medo de preguntarlle. Ao día seguinte o mestre esquecera xa todo.Cando se levantou preguntoulle outra vez: -Ben querida boneca Matrioska, como che vai? -Mal- contestou a boneca. Estou moi soa! Xa cho dixen onte: quero ter un bebé. O mestre sentouse ,moi dereito,na súa cama.Aspirou fondo.Non tiña ningunha dúbida. A boneca de madeira podía falar.


Para estar aínda máis seguro petiscouse o nariz dúas veces. Non estaba soñando.Estaba moi esperto. Fixo de tripas corazón e preguntou: -Que dixeches? -Quero ter un bebé -a boneca repetiu o seu desexo e suspirou profundamente-.Estou tan soa! Que debía facer o mestre? Nunca tallara un bebé para unha boneca. -Ben -dixo,tras pensalo un pouquiño. Intentareino. -Grazas! -dixo a boneca. -De nada- contestou o mestre. -Gustaríame unha nena. -Terás unha nena. O mestre foi ao almacén. Alí encontrou un anaco da mesma madeira da que tallara a Matrioska. Levouno ao seu taller e comezou a traballar. Pola tarde a pequena boneca estaba acabada. Era igual que Matrioska. Como se fosen nai e filla. O mestre ensinou a boneca a Matrioska e preguntoulle: -Que?, gustouche o teu bebé? Ti chámaste Matrioska; á túa filla poñereille Trioska. Quiteille ao teu nome a primeira sílaba,porque a túa filla é máis pequena que ti. -Oh!-alegrouse Matrioska-.Atópoa preciosa -

e deulle un bico.


-Estás xa contenta? -Si,mestre.Pero a miña filla ten que estar na miña barriga . -Como? - A miña filla ten que estar na miña barriga. -Pe…pe…pero non pode ser- tartamudeou o mestre. -Por que non? É a miña filla. -Ben -dixo o mestre-. Pero doerache. -Non importa -contestou a boneca-.Sempre doe un pouco ser mamá de verdade. O mestre non sabía que facer. Finalmente colleu a serra e cortou a Matrioska en dous anacos. Baleirouna totalmente .Logo, meteu a Trioska e volveu enroscar a Matrioska..

-Como te sentes agora?-preguntou o mestre. -Oh, son moi feliz!-dixo Matrioska-.Teño a miña filla na barriga -e riu con gusto. A mañá seguinte o mestre volveu preguntar: -Ben querida boneca Matrioska, como che vai? -Ai!-contestou Matrioska-.Eu son moi feliz. Pero a miña nena moveuse durante toda a noite. Quizais necesite algo. -Imos ver -dixo o mestre.


Desenroscou a Matrioska, e colleu a súa filla Trioska. Mirouna por todos os lados e dixo: -Mmmm! Todo está en orde. Ten mans,pes,ollos,orellas.Ten un nariz e unha boca.Ten de todo. E moi ben feito. Non sei que lle pode faltar. -Fáltame un bebé -dixo a pequena boneca con voz fina. Ao mestre só lle faltaba aquilo. -Que dis? -Fáltame un bebé. Un bebé pequeniño. -Non! -Si! O mestre non podía crelo. -Non pode ser -dixo. E petiscouse tres veces o nariz.Só para comprobar que non durmía. -De verdade, quero ter un bebé -volveu a oír a voz de Trioska. -Pero…pero…pe…peeeeroooo…- tartamudeou o mestre-.Que vai dicir a túa nai ! -Alegrarase -contestou Trioska-.Será a avoa do meu fillo. Contaralle contos… Por favor,por favor,tállame un bebé.Un pequeniño. Por favor,por favor!


Que debería facer o mestre? Nunca ata o de agora fixera un bebé para o bebé dunha boneca. Pero a pequena Trioska insistía tanto,que ao final dixo: -Ben,si tanto o desexas! Queres un neno ou unha nena? -Unha nena. O mestre volveu ao almacén. Alí encontrou un anaco de madeira aínda máis pequeno. Era un resto da mesma madeira coa que fixera a Matrioska e a Trioska. Colleuna e empezou a traballar.Pola tarde a nova boneca estaba feita. Era igual que Matrioska e a súa filla Trioska.Víase que eran da mesma familia. -¡Chamaráste Oska! -dixo o mestre-. Case como a túa nai.Só que quitei a primeira sílaba, porque ti aínda es máis pequena. Estás xa contenta? -díxolle a Trioska. -Si, pero a nena ten que estar na miña barriga. -Non- balbuciu o mestre-.Iso si que non! -Si! -Doerache! -Non importa. E a miña filla- dixo a boneca-. Sempre doe un pouco ser mamá de verdade.


O mestre suspirou e colleu a serra.Cortou a Trioska en dous e baleirouna. Logo, meteu a Oska dentro.E volveu a enroscar a Trioska. Despois, meteu a Trioska en Matrioska e enroscouna. Logo preguntou: -Estades todas contentas? -preguntou o mestre. -Si!-contestou Matrioska. -Siii!-oíuse a voz de Trioska a través da barriga da súa nai. -¡Non! Non! Non!-soou a voz de Oska a través da barriga de Trioska-. Eu tamén quero un bebé. Por qué eu non teño ningún bebé na miña barriga? -Non pode ser!-foi o único que puido contestar mestre. -Por que non? Por que non? Eu tamén quero ter un bebé! -Peeeero…perooo… -Que pero,que pero? Eu tamén quero ter un bebé! Que debía facer o pobre fabricante de bonecas? Nunca ata o de agora tallara un bebé para o bebé do bebé dunha boneca. -A quen queira que llo conte -pensou-, non me crerá. Pero Oska insistiu tanto que non tivo mais remedio que converter o seu desexo en realidade. Entre suspiros desenroscou a todas as bonecas. Logo fixo un bebé moi, moi pequeno. Como un dedal.


Era igual que a súa nai Oska. Como a súa avoa Trioska e a súa bisavoa Matrioska. Pero tomou un pincel e pintoulle un enorme bigote. -Es o fillo de Oska. Chamaraste Ka. Es un home. Non poderás ter ningún bebé na túa barriga. Entendíchesme? -Siii! - berrou o boneco contento-.Son un home. -Exacto.Por iso levas bigote. -Exacto. -Mírate no espello,para que vexas o teu bigote e logo non vaias berrando que queres ter un bebé. O mestre colleu ao pequeno Ka e o puxo durante un anaco fronte ao espello. Logo, baleirou a barriga de Oska e meteu ao seu fillo Ka dentro. Introduzo a Oska en Trioska. E a Trioska en Matrioska. Despois,enroscou a Matrioska e riu contento. Dende entón a familia de bonecos vive feliz.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.