A TRES BANDAS é un proxecto de Mariano Casas & Teresa Comoxo, de comic en liña para aprender a entender a narrativa visual, e a debuxar banda deseñada. Feito mediante unha licenza remunerada da Consellería de Educación de Galicia en outono de 2015.
É moi adecuado para alumnos de segunda etapa de Educación Primaria, e tamén para Secundaria e mesmo para Bacharelato. Inclúe una sección PRF (preguntas e respostas frecuentes) que explica, tanto a alumnos como a profesores, como pode ser utilizado na clase.
A través de 19 historias sobre temas monográficos, Ramón e máis Matías nos contarán dende dentro dunha B.D., o funcionamento desta linguaxe da banda deseñada.
O webcómic está dispoñible tamén en castelán e inglés, no repositorio de materiais educativos da Xunta de Galicia.