Muxicas 2017

Page 1

Muxicas 2017

Nยบ 31

C.E.I.P. LAVERDE RUร Z


LIMIAR A revista Muxicas recolle este ano un curso moi especial no que desenvolvemos un proxecto anual dedicado ás lendas galegas e no que nos chegamos ó autor Carlos Casares, homenaxeado nas Letras Galegas 2017.

Foi un ano cheo de experiencias inesquecibles entre amigos e rodeados de meigas, trasgos, lobishomes e una chea de personaxes entrañables. Realizamos actividades nas que participaron cativos, mestres, familias e invitados especiais que fixeron deste, un curso no que todos desfrutamos xuntos.

2


ÍNDICE de CONTIDOS:

Conmemoracións!

3

Saídas, excursións e visitas na nosa escola! 33 Actividades especiais en infantil! 60 Actividades especiais en primaria! 64 English corner

73


3


O venres 21 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares. Levamos a cabo diversas actividades: lectura e traballo nas aulas sobre o trasgo comecastañas, chamado Sorisco por Álvaro Cunqueiro; decoración do pin do Trasgo Comecastañas; contacontos na biblioteca do centro sobre o trasgo comecastañas.

4


Samain: festa celta O Samaín é unha celebración de orixe celta. A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta, remata o verán e entra o inverno. Segundo a lenda, esta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento. Este curso tivemos unha actividade animación da asociación LUGDUNUM na que nos achegamos ó noso pasado, tradicións, crenzas e lendas dos nosos antepasados celtas castrexos.

5


Samain Entre as actividades que se levaron a cabo para esta conmemoración tivemos o achegamento ás lendas galegas do lobishome, as mouras e mouros, meigas, trasgos... Contamos as lendas, investigamos e tivemos sesións de contacontos. Todos personaxes emblemáticos de Galicia e que pasaron a decorar os nosos murais, tarxetas conmemorativas, portas e aulas. Todas estas decoracións xunto coa exposición de cabazas tradicional no noso centro, fixo tremer a todo o que entraba!

6


Entre castaĂąas, compartindo todos xuntos unha comida tradicional para nosa terra, chegou o Magosto. Os alumnos puxĂŠronse as botas comendo este froito que chega cada Outono. Foi un gran dĂ­a para todos!

7


OUTONO A estación de Outono impregnou os corredores e as aulas do CEIP Laverde Ruíz. Todos colaboraron na confección de murais e actividades moi orixinais!

8


NADAl

En primaria celebraron un festival xenial repleto de cancións, bailes e representacións.

Ademáis, os cativos de primaria participaron no Certame de Poesía do Concello de Outeiro de Rei.

9


NADAl en primaria

10


NADAl en infantil O Nadal este ano en infantil foi moi especial. En celebrámolo con talleres de Nadal: maquillaxe, manualidades, baile… Rematamos exhibindo todo o que se fixo nos talleres nunha actuación especial, na que bailamos ante os pais a canción “Na casa da miña avoa”.

11


Día da Paz “Todos pola Paz” foi o lema do Día da Paz que quedou fixado nos corredores da nosa escola. Unha chea de bonecos decorados polos nenos. Ademais fixéronse diversa manualidades conmemorativas, houbo actividades de contacontos, xogos...

12


día do amor e a amizade

O

O día 14 de febreiro celebramos o Día do Amor e a Amizade. Pasámolo moi ben realizando manualidades, con actividades de contacontos, escritura de historias e outras actividades relacionadas coa educación emocional e a amizade.

13


INVERNO O Inverno chegou e os nenos do cole decoraron os corredores e as aulas. Todos colaboraron na confecciรณn de murais xeniais!

14


Entroido!

Como cada ano, comezamos coa conmemoración do Entroido cos mandados do Meco. Durante toda a semana obedecemos as súas ordes vestindo de rosa, azul, pixamas e calzando diferente cada pé. Non o puidemos pasar mellor.

Seguindo co proxecto anual que nos ocupa este ano, o Entroido converteuse na materialización das Lendas Galegas que se están a traballar na nosa escola. Cada nivel escolleu unha lenda para disfrazarse e logo todos desfilamos ó ritmo da música. Os nenos e nenas de 4º de infantil escolleron as meigas e curuxas, os de 5º de infantil elixiron os mouros e mouras, e 6º de infantil inclinouse polos trasgos. O primeiro curso de primaria elixiu a lenda da Maruxaina, disfrazándose de sereas e mariñeiros. Segundo decantouse pola lenda da lavandeira. Os alumnos de terceiro escolleron o Apalpador. Os alumnos de cuarto elixiron a lenda da Santa Compaña e os de quinto os Diaños. Por último os nenos de sexto foron de lobishomes. 15


Entroido en infantil!

16


Entroido en primaria!

17


Semana da prensa O

A Semana da Prensa foi unha oportunidade para traballar con xornais de forma directa nas aulas, achegándonos ás partes dun xornal, á forma e características. Destas investigacións xurdiron “mini-xornais escolares” froito do traballo dos nosos reporteiros.

18


A Semana da Prensa foi unha oportunidade para traballar con xornais de forma directa nas aulas, achegándonos ás partes dun xornal, á forma e características. Destas investigacións xurdiron “mini-xornais escolares” froito do traballo dos nosos reporteiros.

19


Escola da prensa O alumnado de 5º de Primaria foi premiado como mellor traballo na I Escola de Prensa organizada polo diario El Progreso dentro da etapa de Educación Primaria. Os rapaces fixeron un traballo excepcional durante todo o ano, deseñando, seleccionando e redactando os contidos para facer un diario de 32 páxinas, exactamente igual que un real. O xurado considerou que o seu traballo era de moi alta calidade e gran detalle, xunto co do CEIP Monseivane de Vilalba, polo que o premio é compartido entrámbalas escolas. No plano individual, Antía Baamonde, Andrea Mayo, Pedro Fernández e Noa López foron premiados como mellor artigo de opinión, nun texto no que discutían sobre a idoneidade de implantar o uniforme escolar no centro. 20


DÍA DA MULLER

O 8 de marzo conmemoramos o Día da Muller. Con este fin traballamos a figura de mulleres que foron un exemplo e que abriron camiño, como Maruja Mallo, Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Gloria fuertes...

Traballamos con proxeccións ppt e de vídeo, léronse contos e traballáronse textos e documentos alusivos. Todo co fin de abrir unha ventá á loita pola igualdade e que aínda segue na actualidade.

21


DÍA DA ÁRBORE E A AUGA Os nenos e nenas de 3º de primaria conmemoraron o Día da Árbore e da Auga plantando un fermoso ameneiro no patio da nosa escola. Ademais recorreron as aulas presentándonos a “O Amigueiro”, que é o nome que lle puxeron, e falándonos das súas características.

22


Achegámonos ó conto “Eva, o trasno e o ameneiro”, unha fermosa historia que levamos para as casas.

Traballamos as funcións básicas dos seres vivos, a necesidade dun consumo responsable de auga e da protección medio ambiental. Nas aulas aproveitando os proxectos que se estaban a traballar nese momento tamén se aproveitou para plantar diversas sementes e ver a súa evolución. 23


O

PRIMAVERA

24


Día do libro

Os nenos e nenas de infantil conmemoraron o Día do Libro compoñendo un libro de poemas de Gloria Fuertes por ser o centenario da súa morte.

Os alumnos de 1º de primaria elaboraron marcapáxinas moi orixinais!!! Pero non foros os únicos en traballar con marcapáxinas, xa que todo o alumnado do centro decorou en homenaxe a Carlos Casares, autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas 2017, marcapáxinas desta temática.

25


Os nenos e nenas de primaria tamĂŠn conmemoraron o DĂ­a do Libro compoĂąendo un libro recopilatorio de lendas de forma cooperativa por aulas.

26


Letras Galegas Este ano 2017 as Letras Galegas homenaxean a Carlos Casares. Por esta razón achegámonos a algunhas das súas obras, como "A galiña azul" e "Lolo anda en bicicleta". Tivemos unha exposición adicada a Carlos Casares e as Lendas Galegas que se estiveron a traballar no noso centro ó longo deste curso. En infantil decoramos un fermoso mural de Carlos Casares entre todos e en primaria un dunha das lendas traballadas. Ademais desfrutamos da actuación dos alumnos das clases de pandereta.

27


Charla Lendas Galegas

Seguindo co proxecto de Lendas Galegas que estamos a traballar tivemos a sorte de desfrutar dunha charla con de Orlando Viveiro Veiga para achegarnos รกs lendas do concello de Outeiro de Rei.

28


Con vistas a dita visita de Orlando Viveiro Veiga os nenos e nenas de primaria traballaron moi duro nun mapa do concello en relaciĂłn ĂĄs lendas das que nos falarĂ­an.

29


Charla con Daniel David Vázquez Álvarez

Tivemos a sorte de que Daniel David Vázquez Álvarez nos visitara para falarnos da súa obra. Os alumnos de 5º e 6º de primaria enriquecéronse coas súas letras e traballaron co seu libro “A illa do silencio”.

30


día da familia O día 15 de maio celebramos o Día da Familia e quixemos preparar un recordo para levar á casa.

31


FIN DE CURSO Para rematar o curso tivemos unhas actividades fantásticas organizadas polo centro e pola ANPA do Laverde Ruiz. Desfrutamos dunha actuación de Broadway xenial de representación do “Libro da Selva” a cargo dos nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria para os seus compañeiros. Tivemos festa nas aulas cunha chea de comidas e bebidas de celebración. Moi divertido! De volta no salón de actos gozamos dunha obra de teatro divertidísima relacionada co conto clásico de “Carrapuchiña vermella”, pero esta vez non foi tan clásico! O alumnado de primaria desfrutou de xogos deportivos no pavillón e infantil nas aulas. Foi ademais o úlltimo día nesta etapa para os alumnos de 6º de infantil que xa pasan a primaria. Rematamos despedíndonos con ganas de vacacións e con pena de deixar de vernos nun tempo.

32


33


TEATRO Os nenos e nenas de 5º de primaria acudiron ó auditorio Gustavo Freire de Lugo, para ver dúas obras de teatro organizadas pola fundación Abanca. Unha en inglés, titulado “Freaki”, e outra en lingua castelá titulada “De los cuentos a a las cuentas”.

34


SAÍDA A SOGAMA Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria visitaron as instalacións de SOGAMA para ver de preto as súas instalacións e participar no seu programa educativo vinculado coa concienciación ambiental.

MANEL FREIRE Os nenos e nenas de 5º de primaria desfrutaron da visita de Manel Freire da Escola de Prensa de El Progreso. Con el aprenderon, entre outras cousas, as partes e características dun xornal e como redactar un artigo. 35


OBRA DE TEATRO NO GUSTAVO FREIRE Os nenos e nenas de 3ยบ de primaria acudiron รณ auditorio Gustavo Freire de Lugo, para ver a obra de Pulgarcito.

36


OBRA DE TEATRO “DE FÁBULA” Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria asistiron á obra de teatro “De Fábula” no auditorio Gustavo Freire.

37


OBRA DE TEATRO “PULGARCITO” Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria asistiron á obra de teatro “Pulgarcito” no auditorio Gustavo Freire, en Lugo.

38


RESIDENCIA DE OUTEIRO DE REI Os nenos e nenas de 1ยบ de primaria acudiron รณ Centro de Maiores de Outeiro de Rei co fin de realizar unha actividade de amenizaciรณn.

39


RESIDENCIA DE OUTEIRO DE REI Os nenos e nenas de 2ยบ de primaria acudiron รณ Centro de Maiores de Outeiro de Rei co fin de realizar unha actividade musical.

40


ATUACIÓN MUSICAL: ZOELAS Os nenos e nenas de infantil desfrutaron da actuación do grupo de música tradicional galega Zoelas. Gostamos de escoitar cancións e cancións teatralizadas en ligua galega. Ademais de actuar tamén presentaron os seus instrumentos: zanfona, acordeón, frauta...

41


EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS alumnos de primaria participaron nun proxecto

Os da materia de música no que realizaron instrumentos musicais e unha exposición dos mesmos.

42


EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

43


EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

44


ATRÉVETE Os alumnos de 5º e 6º de primaria participan na actividade de Atrévete do Politécnico de Lugo.

45


XOGADE A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte puxo en marcha os Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar, co programa XOGADE. Apostando por un modelo deportivo competitivo, promocionando a saúde, a condición física e o benestar, buscando que todos os escolares teñan acceso á práctica de actividades lúdicas e deportivas, sen existir ningún tipo de discriminación. Así, participaron alumnos de 2º, 4º, 5º e 6º de primaria na modalidade de campo a través.

46


MANCOMUNIDADE Na comunidade da Terra Cha, na que se reĂşnen 5 concellos, atopamos que este ano o encargado de organizar o evento deportivo foi o concello de Outeiro de Rei. As probas de atletismo celebrĂĄronse nas pistas de Robra. No noso centro participaron alumnos de todos os cursos.

47


FUNDACIÓN TIC Os alumnos de 6º de primaria acudiron á Fundación TIC participando na creación dun telexornal.. Puideron ver as instalacións, coñeceron o proceso de montaxe e realización dun telexornal e crearon un propio.

48


CONFERENCIA: O POBO SAHARAUÍ Os alumnos de 1º e 2º de primaria acudiron á conferencia “O pobo saharauí”

49


CASA MUSEO MANUEL MARÍA Os alumnos de 1º e 2º de visitaron a Casa Museo Manuel María.

50


CASTRO DE VILADONGA Os alumnos de 1ยบ visitaron o Castro de Viladonga.

51


ROSALÍA SEMPRE VIVA Os alumnos de 2º de primaria participan no certame de poesía “Rosalía Sempre Viva” na Casa-Museo Manuel María no espazo adicado para os poemas de Manuel María e levando un premio honorífico.

52


CENTRO DE INTERPRETACIÓN TERRAS DO MIÑO Os alumnos de infantil realizaron unha visita ó Centro de interpretación do Río Miño, situado en Lugo, nas beiras do Río Rato.

53


SAÍDA A BURELA Os alumnos de 5º de EI, 5º e 6º EP visitaron Burela. Alí ademais de coñecer esta poboación achegáronse ó o Barco Museo Boniteiro “Reina del Carmen” e ó Museo do Mar.

54


VISITA ร GRANXA GARABULLOS Os alumnos de 1ยบ de EP visitaron a Granxa Garabullos. Trรกtase dunha alternativa para o lecer educativo, que integra o traballo no campo como unha actividade de descanso e relax.

55


VIAXE EN TREN Os alumnos de 6ยบ de EI, con motivo do seu proxecto da volta รณ mundo, realizaron una viaxe entren dende Lugo a Sarria e volta.

56


CONCERTO DIDÁCTICO Os alumnos de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria asistiron ó Concerto Didáctico sobre maxia organizado polo Concello de Lugo no Auditorio Gustavo Freire, e no que participaba o mago David Méndez de Outeiro de Rei

57


CLUB BALONCESTO BREOGร N

Xogadores do Club Baloncesto Breogรกn visitaron o noso centro! O alumnado puido facer preguntas, aprender algo de baloncesto e levaron una chea de autรณgrafos.

58


CONCELLO DE OUTEIRO DE REI Os alumnos e 6º de primaria visitan o Concello de Outeiro de Rei e son recibidos polo alcalde José Pardo Lombao.

59


60


PROXECTO DE ARTE En infantil trabállase por proxectos dende hai varios anos e por isto se decidiu realizar cada ano un proxecto común. Este ano elexiuse desenvolver un proxecto sobre arte. Os alumnos de 4º de EI traballaron a obra de Alexander Calder, os de 5º de EI Van Gogh e en 6º de EI Miró.

61


PROXECTO DE ARTE: O NOSO MUSEO Entre as actividades realizadas neste proxecto una das que destacou foi a organización dun museo. Na exposición recollíanse reproducións artísticas dos distintos autores realizadas nas aulas e nas casas.

62


PROXECTO DE ARTE: DÍA LÚDICO Rematamos este proxecto coa organización dun día lúdico con xogos relacionados co proxecto. Todos luciron camisetas decoradas na escola polos propios nenos!

63


64


1ยบ DE PRIMARIA A

65


1ยบ DE PRIMARIA B

66


2ยบ DE PRIMARIA A

67


2ยบ DE PRIMARIA B

68


3ยบ DE PRIMARIA

69


4ยบ DE PRIMARIA

70


5º DE PRIMARIA A LENDA DE SAN FIZ DE PAZ En San Fiz de Paz, parroquia pertencente ao concello de Outerio de Rei, hai nos campos grandes penas que dan un aspecto especial é místico a esas terras. Con referencia a estas grandes e especiais penas, exsiste unha lenda que tivo lugar no alto da parroquia, concretamente no lugar de Pena de Hedra. Nese lugar, hai moitos secúlos, tantos que falamos de cando vivian os mouros en Galiza, contaban que chegará un mouro a parroquía de San Fiz que era seguidor de Mahoma. Nesa época nestas terras nunca se vira home coma el. Aquel home, conta a lenda que sufria unha condea pola cal tiña que permanecer nesas terras obrigatoriamente e em cada noite de lúa chea tiña que abalar a pedra da Abaladoira, que se atopa no alto da parroquía na Pena de Hedra. En Pena de Hedra aínda non sabemos se a pedra de abalar existiu, pero si podemos ver unha pequena capela na que se celebra a festa da Pena de Hedra no mes de setembro. Na parroquia de San Fiz de Paz existe un lugar chamado Abeladoira que non sabemos se ten relación ca lenda. Manuel María soupo desta lenda despois de ler o “Cancioneiro da Terra Cha” de Isaac Riel Carballo e escribiu un artigo sobre ela.

71


6ยบ DE PRIMARIA

72


73


English corner Wellcome to “Laverde Ruiz” English corner !!

Hello!!

Este ano os profes de inglés Carlos e Sara querémosvos dar unha mostra do que foi parte do noso traballo cos peques durante todo o curso, por suposto en imaxes. Houbo un pouquiño de todo. Quedáronnos cousas no tinteiro pero non houbo tempo. Esperaremos ao curso que vén.

Bye bye!! Enjoy your Summer holidays!!

74


During all this year ... We talked about our favourite food.

We made a video about The very very hungry Caterpillar with 4ยบde primaria students

75


We wrote about our favourite toy pets ...

On January we went to see a theatre play called “Freaky”

We had lots of fun!!!

76


Easter time Our particular “Bunny�

We studied some of the Brittish elves

Leprechaun Brownie

Fairy Kelpie 77


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.