Muxicas 2018

Page 1

Muxicas 2018

Nยบ 32

C.E.I.P. LAVERDE RUร Z


LIMIAR A revista Muxicas recolle este ano un curso moi especial no que desenvolvemos un proxecto anual dedicado á arte e tradicións galegas e a autora María Victoria Moreno Márquez, homenaxeada nas Letras Galegas ó longo do 2017-2018 no CEIP Laverde Ruíz de Outeiro de Rei. Foi un ano cheo de experiencias inesquecibles entre amigos e rodeados pola Espiña Berenguela, celtas, o Apalpador, peliqueiros, pantallas, volantes, boteiros... Realizamos actividades nas que participaron cativos, mestres, familias e invitados especiais que fixeron deste, un curso no que todos desfrutamos xuntos.

2


Índice de contidos: Conmemoracións!

3

Saídas e visitas na nosa escola! 30

Paseando polas aulas!

44

English corner

47


3


O martes 24 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares. Levamos a cabo diversas actividades: lectura e traballo nas aulas sobre “Aventuras e Desventuras dunha Espiña de Toxo chamada Berenguela”; decoración do pin da Espiña de Toxo Berenguela; contacontos teatralizado na biblioteca do centro desta obra de Manuel María,; e visita á biblioteca Nodal en Lugo.

4


Samain: festa celta O Samaín é unha celebración de orixe celta. A noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta, remata o verán e entra o inverno. Segundo a lenda, esta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento. Este curso achegámonos ó noso pasado, tradicións, crenzas e lendas dos nosos antepasados celtas castrexos. Caracterizarnos de celtas foi unha das actividades máis divertidas. Celebramos o primeiro Concurso de Relatos de Medo en 5º e 6º de primaria.

5


Samain Entre as actividades que se levaron a cabo para esta conmemoraciรณn decidimos ter como tema para a decoraciรณn os monstruos. Todos creรกronse montruos terribles para decorar os nosos murais, tarxetas conmemorativas, portas e aulas. Todas estas decoraciรณns xunto coa exposiciรณn de cabazas tradicional no noso centro, fixo tremer a todo o que entraba!

6


Entre castaĂąas, compartindo todos xuntos unha comida tradicional para nosa terra, chegou o Magosto.

Os alumnos puxĂŠronse as botas comendo este froito que chega cada Outono. Foi un gran dĂ­a para todos!

7


OUTONO A estación de Outono impregnou os corredores e as aulas do CEIP Laverde Ruíz. Todos colaboraron na confección de murais e actividades moi orixinais!

8


NADAl

O Nadal chegou repleto de actividades e preparativos para o festival de primaria e os obradoiros e infantil.

AdemĂĄis, os cativos de primaria participaron no Certame de PoesĂ­a do Concello de Outeiro de Rei.

9


NADAl en infantil Os obradoiros de Nadal en infantil voltaron tan divertidos como o pasado curso tomando como tema a canción de Mama Cabra “O Apalador”: maquillaxe de barbas, creación de boinas, contacontos, baile, adornos de Nadal… Rematamos exhibindo todo o que se fixo nos talleres nunha actuación especial, na que bailamos ante os pais a canción e completamos un mural do Apalpador. Ademais desfrutamos de festa nas aulas e da visita do Apalpador!!!.

10


NADAl en primaria En primaria celebrouse como cada ano un magnífico festival de Nadal. Os dous primeiros abriron coas panxoliñas “We wish you a merry christmas” e “Volver a casa por Nadal”. Os nenos de 2º representaron “O pan de Nadal” , “As cores do Nadal” e “O Nadal no fondo do mar”. Os alumnos de 3º interpretaron as panxoliñas “Xa me tardan estes magos”, “Nadal” e “Santa claus is coming to town”. En 4º de primaria cantaron as panxoliñas de “Navidades no inhumanas” e “Os tres reis magos”. En 5º interpretaron a canción “Hecho con tus sueños”. E por último, os alumnos de 6º interpretaron a canción “Happy”.

11


Día da Paz O día da Paz en infantil estivo protagonizado por contacontos de amizade e amor e paz. Os nenos e nenas fixeron manualidades conmemorativas deste día relacionadas cos contos. Ademais, entre todos elaboraron unha reprodución dun dos cadros de Ávaro Caruncho.

12


Día da Paz O día da Paz en primaria estivo protagonizado por contacontos de amizade e amor e paz. Os nenos e nenas fixeron manualidades conmemorativas deste día relacionadas cos contos. Ademais, entre todos elaboraron unha reprodución dun dos cadros de Álvaro Caruncho.

13


día do amor e a amizade

O día 14 de febreiro celebramos o Día do Amor e a Amizade. Pasámolo moi ben realizando manualidades, con actividades de contacontos, escritura de mensaxes e outras actividades relacionadas coa educación emocional e a amizade.

14


INVERNO O Inverno chegou e os nenos do cole decoraron os corredores e as aulas. Quedaron uns murais xeniais!

15


Entroido! Como cada ano, comezamos coa conmemoración do Entroido cos mandados do Meco. Durante toda a semana obedecemos as súas ordes. Non o puidemos pasar mellor. Seguindo co proxecto anual que nos ocupa este ano, o Entroido converteuse na materialización dos disfraces tradicionais galegos que se están a traballar na nosa escola.

16


Entroido!

Os nenos e nenas de infantil escolleron os Xenerais. O primeiro curso de primaria elixiu os Volantes. Segundo decantouse polas Madamas e Galรกns. Os alumnos de terceiro escolleron os Peliqueiros. Os alumnos de cuarto elixiron os Labardeiros e os de quinto as Pantallas.

17


Semana da prensa A Semana da Prensa foi unha oportunidade para traballar con xornais de forma directa nas aulas, achegándonos ás partes dun xornal, á forma e características. Destas investigacións xurdiron “mini-xornais escolares” e manualidades froito do traballo dos nosos reporteiros.

18


Día da muller O 8 de marzo conmemoramos o Día da Muller. Con este fin traballamos a figura de mulleres que foron un exemplo e que abriron camiño, como Maruja Mallo, Rosalía de Castro, Gloria fuertes... Traballamos con proxeccións ppt e de vídeo, léronse contos, traballáronse textos, elaboraron manualidades e murais. Todo co fin de abrir unha ventá á loita pola igualdade e que aínda segue na actualidade.

19


DĂ­a da muller

20


Día da árbore e a auga Os nenos e nenas de 3º de primaria conmemoraron o Día da Árbore e da Auga plantando un fermoso salgueiro no patio da nosa escola. Ademais recorreron as aulas presentándoo e falándonos das súas características.

21


Día do libro Conmemoramos o Día do Libro co visionado dun filme de “O Principiño” que este ano fixo 75 anos da súa publicación. Todo alumnado do centro decorou marcapáxinas en homenaxe a María Victoria Moreno, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018. E desfrutouse dunha sesión de contacontos.

22


Día do libro

Entre todo o alumnado do centro elaborouse un libro cooperativo moi imaxinativo baseado en imaxes do conto “O Principiño”.

23


día da familia

O día 15 de maio celebramos o Día da Familia e quixemos preparar un recordo para levar á casa.

24


Letras Galegas Este ano 2018 as Letras Galegas homenaxean a María Victoria Moreno. Que coñecemos un pouco máis de preto grazas o vídeo didáctico realizado polos alumnos de primaria coa coordinadora de biblioteca Sara María Adrán.

Tamén desfrutamos da actuación dos alumnos das clases de pandereta, e da actuación dun mago.

25


Letras Galegas Con motivo do Proxecto Anual de Centro adicado á Arte e Tradicións Galegas, tivemos unha actividade de xogos tradicionais coordinados polos mestres especialistas de Educación Física Paula Lapido e Ricardo Moreno. Tiveron xogos como as chapas, o pano, zancos, raiola...

26


convivencia Para rematar o curso tivemos unha xornada de convivencia en Santa Isabel para todo o alumnado. Houbo xogos e unha actividade de piragĂźismo.

27


convivencia

28


Fin de curso O Ăşltimo dĂ­a desfrutamosde festas nas aulas, xogos e dunha divertidĂ­sima obra de teatro dos alumnos e alumnas a actividade de teatro.

29


30


TEATRO: “RABICUNDO” Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria acudiron ó auditorio Gustavo Freire de Lugo, para ver a obra de teatral “Rabicundo”, organizada pola fundación Abanca.

31


VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA e รณ PARLAMENTO DE GALICIA. Os nenos e nenas de 5ยบ e 6ยบ de primaria visitaron a capital galega para acudir รณs Parlamento.

32


BIBLIOTECA NODAL TEATRO “CIRCOPETA” Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria acudiron á biblioteca Nodal de Lugo e asistiron á obra teatral “Circopeta no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.

33


FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA Os nenos e nenas de 5º de infantil levaron a cabo un proxecto sobre a época dos castelos. Dentro das actividades do proxecto visitaron o Castelo do Señor de Seixas.

34


CENTRO DE INTERPRETACIÓN TERRAS DO MIÑO Os alumnos de 4º de infantil realizaron unha visita ó Centro de Interpretación Terras do Río Miño, situado en Lugo, nas beiras do Río Rato.

35


VISITA A CORUÑA Os nenos e nenas de 2º de primaria viaxaron á cidade da Coruña e visitaron o Domus, o primeiro muso interactivo adicado ó ser humano.

36


VISITA Á CASA DA TERRA Os nenos e nenas de 5º de infantil visitaron a Casa da Terra de Antas de Ulla en relación o seu proxecto de “Os indios”.

37


VISITA A ARQUEIXAL. Os nenos e nenas de 4ยบ de infantil acudiron รก granxa familiar Arquixal, localizada na parroquia de Santiago de Albรก, Comarca da Ulloa, no corazรณn da Galiza..

38


CONCERTO DIDÁCTICO NO GUSTAVO FREIRE. Os nenos e nenas de 4º e 5º de infantil, 1º, 2º,3º e 4º de primaria asistiron a un concerto didáctico no Auditorio Ggustavo Freire.

39


VIAXE EN TREN Os alumnos de 5º e 6º de EP viaxaron en tren ata Ribadeo para a súa última saída do curso 17-18.

40


FUNDACIÓN TIC Os alumnos de 6º de primaria acudiron á Fundación TIC participando na creación dun telexornal.. Puideron ver as instalacións, coñeceron o proceso de montaxe e realización dun telexornal e crearon un propio.

41


CASTRO DE VILADONGA E MEIRA Os alumnos de 3ยบ E 4ยบ de primaria visitaron Meira e o Castro de Viladonga.

42


VISITA DE LEANDRO LAMAS Os alumnos de 6ยบ de infantil desfrutaron dun obradoiro con Leandro Lamas en relaciรณn a un proxecto que desenvolveron este curso.

43


44



46


English Corner Wellcome to “Laverde Ruiz” English corner Xa pasou outro curso!! E un ano máis queremos ofrecervos a través destas páxinas un pequeno resume mediante imaxes do que foron algunhas das actividades que desenvolvimos os profes Carlos e Sara cos nenos e nenas nas clases de inglés. Coma sempre empezaremos por Halloween. Por certo papás e mamás non perdades o costume de decorar o noso cole coas vosas fantásticas obras de arte! Velaí tedes algún deses momentos e traballos..

PUMPKIN CARVING EXHIBITION

47


CRAFTS

TERRIFIC!!

SPACE !!

English classroom

Describing our favourite toy pets ...

48

English Corner


Pรกgina 49

Comunicating with people from other countries

SEARCHING FOR IDEAS

Labelling exotic animals!!

49


EASTER TIME

We decorate and color easter cards

We read Luna’s book

The Little White rabbit

… and we found Easter bunny’s eggs!!

HURRAY!!

REMEMBER!!

50


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.