A familia romana

Page 1

A FAMILIA ROMANA

Rosalía Rico e Laura Míguez, 4ºB.


ESTRUTURA FAMILIAR ●

A familia romana estaba formada por pais e fillos pero tamén por persoas cunha relación de dependencia co “pater familias” (escravos, libertos, clientes...).


PATER FAMILIAS ●

O pai era coñecido como “pater familias” e tiña moito poder dentro desta, podía mesmo matar a calquera membro.

Agora, este poder coñecido como “patria potestas” compárteno o pai e a nai, aínda que xa non se permite causar dano.


ESCRAVOS ●

Os escravos eran persoas privadas de liberdade, explotadas como forza de traballo, que se podían comprar e vender. Chamábaselles “puer”.


•Vías para a escravitude: - Por nacemento: o fillo dunha escrava pasaba a ser o escravo do dono da nai e recibía o nome de “vernae”. - Por dereito de conquista: os romanos capturaban os escravos na guerra e despois subastábanos.


- Por insolvencia: un deudor podía ser reducido a escravo e co diñeiro da venda cubríase a débeda. - Por exposición ou venda: era habitual en Roma abandoar os fillos recén nacidos non acollidos na familia. Estes podían ser recollidos para crialos e vendelos como escravos.


â—?

Mercados: - Eran comprados e vendidos polos “mangones�, mercaderes especializados.

- Eran expostos sobre unha plataforma que facilitaba o seu exame para os posibles compradores.


â—?

FunciĂłn: - Estaban destinados ao servicio dos membros da familia.


LIBERTOS ●

Eran escravos fieis e traballadores que podían ser liberados polo seu amo. Para celebralo poñían un gorro frixio. A pesar de ser libres, tiñan dereitos civís pero non políticos.


CLIENTES

Eran cidadáns libres que tiñan unha relación de apoio con outros “pater familias” (patronos). Os clientes apoiaban electoral e militarmente aos patronos. Tiñan a obriga de saudalos, e a cambio podía contar coa axuda deste nas dificultades económicas.


FILLOS ●

O pai, no exercicio da patria potestas tiña moito poder sobre os fillos, e podía aceptalos ou non dentro da familia. No caso de que non o fosen, eran abandoados nun vertedeiro. As causas que o levaban a facer isto podían ser defectos físicos, dúbidas acerca da paternidade, e era máis fácil que ocorrese cunha nena.


“Ius vitae necisque”: dereito a ordenar a morte de calquera dos fillos.

“Ius vendendi”: dereito a vender aos fillos como escravos.


ESPOSA ●

Había dous tipos de matrimonio que condicionaban a situación da muller: -“Cum manu”: o pai renunciaba á “patria potestas” sobre ela para que a asumise o marido. - ”Sine manu”: o marido dáballe certa independencia á muller, e máis cando esta aportaba unha gran cantidade de diñeiro ao matrimonio.


PARENTESCO ●

Natural: “cognatio”, parentesco entre homes e mulleres que descenden dunha mesma persoa por consanguinidade. De dereito civil: “agnatio”, parentesco entre os homes que descenden dunha mesma persoa, e herdaban os seus bens e posesións.


COSTUMES DA FAMILIA ●

O patriarca encargábase de repartirlles as tarefas aos escravos e de atender ó seu administrador que lle traía as contas do negocio. As mulleres pasaban o día fiando ou axudando ao marido na contabilidade do fogar.


OUTROS COSTUMES ●

No caso de que un fillo cometese un delito, o pai tamén era culpable.

Era un feito cotiá ver escravos acompañando tanto a homes como a mulleres.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.