Deuses e heroes c r

Page 1

Raúl López Díaz Cristian Morandeira Gómez


 Diana, filla de Xúpiter e Latona, era a deusa da caza,

relacionada cos animais e coas terras salvaxes. Máis tarde suplantou a Luna e convertiuse na deusa da Lúa. Tras optar voluntariamente pola virxinidade perpetua foi armada cun arco e enviada ós bosques cun grupo de ninfas, que deberían facer un voto de castidade.


 Diana castigaba a calquera ninfa que incumplise o seu

voto, por iso cando Calisto quedou embarazada de Xúpiter a deusa convirteuna en osa. Tempo despois Aras, fillo de Calisto, nunha xornada de caza estivo a piques de matar a súa nai ata que Diana intercedeu e enviounos ao ceo convertíndoos na Osa Maior e na Osa Menor.


 Baco, deus da vendimia e do viño, era fillo de Xúpiter e

dunha filla do Rei de Tebas. É o inspirador da locura ritual e o éxtase.


 Cando Baco chegou a Tracia o rei Liturgio ordeou

encerrar ás súas seguidoras. En vinganza o deus botou unha maldición sobre Tracia pola cal mentres que Liturgio seguise con vida as terras permanecerían ermas. Despois volveuno tolo ata o punto de asasinar ó seu propio fillo. Tras matalo, Baco levanta o castigo imposto á estirpe dos tracios.


ď‚— Venus, filla de XĂşpiter, era deusa do amor, da beleza e

da fertilidade. Esta ten un papel crucial nos mitos e nos festexos relixosos.


 Aínda que estaba namorada de Marte casou con

Vulcano (deus do lume). O seu marido non era moi agraciado, por iso cando se lle presentou a oportunidade tivo un idilio con Marte. Cando Vulcano se enterou tendeulles unha trampa, nun dos seus encontros escondeuse atrapándoos cunha rede, deste xeito presentounos ante os deuses provocando a vergoña e a fuxida de Venus.


 Perseo era fillo de Zeus e de Dánae, que fora

encarcelada polo seu pai debido a unha profecía que dicía que morería a mans do seu neto. Malia todo Zeus seduciuna e desa relación naceu Perseo. Cando o pai se enterou ordeu tiralos ao mar do que saen sans e salvos grazas a Zeus.


 O heroe sempre protexera a súa nai polo que cando o

rei Polidectes se interesou por ela plantoulle cara. O rei ameazouno con sacrificar a Dánae se o rapaz non lle entregaba a cabeza de Medusa. Atenea envía entón a Perseo xunto as Graias; este rouba o seu único ollo para chantaxealas e coñecer o paradoiro das Gorgonas. Como axuda dos deuses Perseo recibe unha espada (de Hefesto), unhas sandalias aladas (de Hermes), un escudo (de Atenea), un casco (de Hades) e un saco para a cabeza da malvada (das ninfas). Unha vez alí atopa as Gorgonas durmidas, aproveita para segarlle a cabeza a Medusa e fuxir inmediatamente.


 O heroe da mitoloxía grega Belerofonte era fillo de

Eurímides e de Glauco (Rei de Corinto). O seu nome orixinal era Leofontes pero este cambiouno por Belerofonte logo de asasinar a un tirano chamado Belero. Algunhas das fazañas a destacar deste personaxe son matar a Quimera e domar o cabalo alado Pegaso.


 A Quimera era unha fera que destruía os campos e

mataba o gando, Belerofonte antes de partir foi aconsellado por un adiviño para que domase o cabalo alado Pegaso, cando o atopou, a deusa Atenea doulle o heroe unha brida de ouro coa que domalo. Unha vez feito, armouse e partiu na busca da Quimera. Comezou a lanzarlle frechas e acabou clavándolle a punta da lanza nas fouces, o seu alento derretiu a punta e o metal fundido queimou a fera por dentro acabando coa súa vida.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.