DEUSES E HEROES
ATENEA
DEUSA DA GUERRA Atenea é unha deusa grega.
A súa equivalente na mitoloxía romana é Minerva.
NACEMENTO Atenea é filla de Zeus, pai dos deuses, e de Metis, titánide que personificaba a prudencia ou, no mal sentido, a perfidia. Esta estaba a piques de dar a luz cando Zeus decidiu comela. Fíxoo por consello de Urano e de Gea, que lle revelaron que se Metis daba a luz unha filla, a continuación tería un fillo que lle arrebataría a Zeus o imperio do ceo. Tras iso, Zeus comezou a ter unha dor moi forte de cabeza e ordenoulle a Hefesto, deus do lume, que lle partise a cabeza cun machado. Da súa cabeza saíu Atenea, completamente armada, que botou un berro de guerra que resoou no ceo e na terra. Posteriormente, convertiríase na deusa da guerra. O lugar onde naceu sitúase á beira do lago Trítonis, en Libia.
PLUTÓN
DEUS DO INFRAMUNDO Plutón é un deus romano.
O seu equivalente na mitoloxía grega é Hades.
A ORIXE DAS ESTACIÓNS Plutón era fillo de Saturno, deus da agricultura e de Ops, deusa da fertilidade. Diferenciábase de Hades xa que non era só o dono do inframundo senón que tamén rexía sobre as riquezas que proporciona a terra. A lenda di que Plutón, namorado de Proserpina, raptouna coa intención de casarse con ela. Ceres, a nai de Proserpina, acudiu a Saturno para que a súa filla lle fose devolta e ante tal desgracia, esqueceuse de coidar as terras e colleitas provocando así, grandes fames entre os mortais. Saturno ordenoulle ó seu fillo que liberase a Proserpina pero este envelenáraa con sementes para impedir que regresase á terra. Finalmente, acordaron que Plutón podería estar coa súa namorada durante seis meses do ano (outono e inverno), mentras que o resto dos días pasaríaos con súa nai, dando orixe así ás estacións do ano.
ACTUALIDADE Hoxe en día moitos de nós asociamos o nome Plutón co que antes era considerado un planeta. Chamóuselle así en honra ao deus romano do inframundo. Aquel nome lembraba a que este novo planeta estaba moi afastado de nós e nun lugar tan escuro e frío como o inframundo. Curiosamente, poucos meses despois daquilo Mickey Mouse fíxose amigo do can Pluto (Plutón en inglés). E en 1941 un novo elemento químico recibiu o nome de plutonio, antes de saltar polo aire coa primeira bomba atómica.
CARONTE
FUNCIÓN DE CARONTE Segúndo a mitoloxía grega, Caronte, fillo de Érebo e Nix, é o barqueiro dos inframundos. A súa misión é pasar as almas a través dos pantanos do Aqueronte (ou da lagoa Estigia segúndo Virxilio). As almas, en pago, deben darlle unha moeda. De aí o costume de introducir unha na boca do cadáver no momento de enterralo. Aqueles que non podían pagar tiñan que vagar cen anos polo Aqueronte, ata que Caronte accedía a portearlos sen cobrar. Cando Heracles descendeu aos Infernos, obrigou a Caronte a pasalo na súa barca, e como este se negou, o heroe deulle unha malleira polo que o outro non tivo máis remedio que obedecer. Por outra banda, Caronte foi castigado logo por permitir que un mortal entrase no reino dos mortos; por iso estivo un ano encadeado.
ACTUALIDADE Caronte é o satélite máis grande de Plutón, situado moi próximo a el e cunha apariencia moi similar; por iso lles chaman “o planeta doble”.
CÉRBERO
DEBILIDADES DO CAN CÉRBERO Cérbero era un can con tres cabezas e unha serpe de rabo, cuxa labor era gardar as portas do inframundo, para que ningún humano entrase sen permiso e ao mesmo tempo, para que ningunha alma conseguise saír dos infernos. Na compañía de Caronte, foi o pesadelo para todos aqueles valentes heroes que se atreveron a cruzar aquelas portas sen o permiso de Hades/Plutón. Ten dous puntos débiles; o mel e a música. Só foi vencido en dúas ocasións. Unha delas foi Orfeo que o encantou coa música da súa lira, deixándoo sumido nun doce soño. A segunda foi Hércules, que conseguiu vencelo coa súa gran forza.
ACTUALIDADE A lenda sobre este animal gardían deixou léxico que aínda hoxe se utiliza. ●
●
Cancerbero: Porteiro ou gardián estrito, incorruptible ou de bruscos modais. Cancerbero: En fútbol e outros deportes de pelota, xogador que se coloca na portería e ten a misión de deter todos os lanzamentos efectuados polo equipo contrario.
AS PARCAS
A VIDA E A MORTE As Parcas eran, na mitoloxía romana, as personificacións do destino. Eran fillas de Xúpiter e Temis e na mitoloxía grega eran coñecidas como as “Moiras”. Controlaban o metafórico fío da vida de cada mortal e inmortal desde o nacemento ata a morte. Incluso os deuses temían ás Parcas: o propio Xúpiter estaba suxeito ao seu poder. Escribían o destino dos homes nas paredes dun enorme muro de bronce e ninguén podía borralo. As tres dedicábanse a fiar; logo cortaban o fío que medía a lonxitude da vida cunha tesoira e ese corte fixaba o momento da morte. Mesturaban fíos de ouro e fíos de la negra. Os fíos de ouro significaban os momentos ditosos na vida das persoas e a la negra, os períodos tristes.
ACTUALIDADE As “Parcas” deixaron ese termo no léxico literario e por iso, moitas veces para referirse á morte, faise coa palabra “parca”.
AS HARPÍAS
AS LADROAS DE COMIDA
Orixinariamente, na mitoloxía grega eran seres con apariencia de mulleres fermosas aladas, fillas de Electra e Taumante. Había 3: Aelo (que significaba “borrasca”), Ocípete (“voo rápido”) e Celeno (“a oscura e malvada”) e habitaban nas illas Estrófades. O mito di que Zeus estaba furioso con Fineo, o rei de Tracia, porque este revelara secretos dos deuses. O seu castigo fora o desterro nunha illa con manxares dos que non podía comer, xa que as Harpías roubábanlle a comida das mans. Despois, uns heroes alados lograran espantalas, pero non as mataran por orde de Iris. Co paso do tempo, as civilizacións posteriores convertíronas en seres maféficos e apestosos con corpos deformes. Colleron fama de sucios monstruos, despiadadas e violentas, que raptaban á xente e ensuciaban todo cos seus excrementos. Eneas tamén compartiu un episodio da súa vida con elas, xa que pasou pola súa illa de camiño a Italia coa súa tripulación, e tras roubarlles toda a comida, Celeno maldíxoos dicindo que acabarían famentos.
ACTUALIDADE •
O termo harpyia procedente do latín mantívose ata o día de hoxe e séguese utiliando co sinificado de “persoa mala, perversa e codiciosa con moita maña que consegue todo o que quere”. Utilízase especialmente para referirse ás mulleres.
Na pintura, as harpías foron retratadas por Rubens na obra La persecución de las Harpías.
H É C A T E
A DIVINDADE TRIFORME
Hécate é unha deusa arcaica, filla de Asteria e Perses, cuxos atributos foron cambiando co tempo. Considérase unha divindade triforme: lunar, infernal e mariña. Ao principio, tiña moito poder e concedíalle favores de todo tipo aos homes. Despois, pasou a ser escura e a estar vinculada ao mundo das sombras e do terror. Os romanos crían que vagaba polas encrucilladas dos camiños cunha xauría de cans e enviáballes aos humanos aparicións, espectros e fantasmas para asustalos. Representábana en estatuas con 3 cabezas ou 3 corpos baixo as que deixaban ofrendas. Os magos e as bruxas considerábana a deusa da maxia e dos feitizos. Sacrificaban cans e años para ela tras cada lunación para que se lles aparecera cun facho con forma de animal. Por iso, unha versión común para representala é cunha lúa crecente sobre a cabeza e cun ou dous fachos. Para os mariñeiros, era o seu nume e pedíanlle sorte nas travesías. Outros a consideraban a deusa da Lúa e a filla menor de Zeus. Tiña moita autoridade no Hades e presidía as cerimonias de expiación e purificación das sombras nas que se perdoaban as malas accións das vidas anteriores.
ACTUALIDADE
Actualmente consĂŠrvanse numerosas esculturas de HĂŠcate, onde aparece representada cos elementos citados na diapositiva anterior.
OS MANES
AS ALMAS ERRANTES
Os Manes eran almas errantes separadas dos corpos. Pensaban que eran as almas dos mortos que non foran enterrados seguindo os rituais daquela época, quedando así atrapados no mundo dos vivos e sen poder descasar en paz. Vagaban e asustaban aos mortais cos que se topaban. Os Manes dos pais merecían o mesmo respeto que se lles daba ás divindades protectoras. O culto a estas almas consistía en libacións, pregarias, e consagracións aos cipreses. Colocábanselles lámpadas con lume nos sepulcros para causarlles alegría. En Grecia ocorría unha cousa parecida, xa que as persoas que non eran enterradas cunha moeda baixo a lingua non lle podía pagar a Caronte e pasar ao inframundo, polo que tamén quedaba vagando polo inframundo.
ACTUALIDADE Apuleyo, un dos escritores romanos máis importantes do século II, falou dos Manes no seu libro De Deo Socratis:
“El espíritu del hombre después que ha salido del cuerpo pasa a ser o se trasforma en una especie de demonio que los antiguos latinos llamaban lemures. Las almas de aquellos difuntos que habían sido buenos y tenían cuidado y vigilancia sobre la suerte de sus descendientes, se llamaban lares familiares pero las de aquellos otros inquietos, turbulentos y maléficos que espantaban los hombres con apariciones nocturnas se llamaban laruce y cuando se ignoraba la suerte que le había cabido al alma de un difunto, es decir, que no se sabía si había sido trasformada en lar o en larva, entonces la llamaban mane.”
O TÁRTARO
O MUNDO DOS MORTOS Na mitoloxía romana, o Tártaro era un lugar alonxado do sol, profundo e frío, onde se mandaba aos pecadores. Estaba provisto de murallas triples para que estes non escaparan, e era custodiado por unha hidra e por Tisífone, a Furia que representaba a vinganza. No fondo dun pozo co doble de distancia que hai entre o mundo dos vivos e o Olimpo estaban os pecadores. Na mitoloxía grega, era o lugar dos mortos e contaba con habitantes. Os prisioneiros eran vixiados por xigantes de 50 cabezas e 100 brazos. Noutras mitoloxías pasou a ser o lugar onde o castigo se adecuaba ao crime, e os que cometían algún eran condenados, como por exemplo Sísifo ou Tántalo. Radamantis, Éaco e Minos eran os xuíces dos mortos e decidían quen ía alí.
O DEUS Tártaro tamén era unha deidade primordial, ao igual que Caos, Gea e Eros. Era o fillo de Éter e Gea, e o pai de Tifón. Nos principios, cando todo estaba en orde, conviviu cos demais deuses. Non tiña un oficio nin tampouco outra alma baixo o seu dominio, polo que entrou nun soño do que non espertou. Como Tártaro era inútil, Caos ordenoulle aos outros deuses que se reproduciran as veces necesarias ata que chegara ao mundo un deus dos infernos, e tras varias décadas xurdeu Hades. Cando xurdiron os titáns, non os deron controlado, polo que converteron o corpo de Tártaro nunha prisión, para que a súa alma os vixiase.
ACTUALIDADE •
• • •
O escritor Rick Riordan , famoso pola saga Percy Jackson y los dioses del Olimpo ambientou algunhas das súas novelas no Tártaro, sinalando que se trata dun lugar no inframundo. Tamén consiste no lugar onde os espíritos dos monstros derrotados viaxan , rexéitanse e volven á Terra. Aparece personificado como un ser sensible, casado con Gea e sendo pai dos Xigantes, podendo tomar forma de humano. Tártaro é tamén un dos lugares nos que se ambienta Persona 3, e o nome do xefe final en Halo 2, ambos videoxogos. Na serie de debuxos animados My little pony, o Tártaro é o lugar onde se encerran os prisioneiros perigosos. Na serie manga Fairy Tail, o Tártaro é un dos gremios escuros.
OS CAMPOS ELÍSEOS
O PARAÍSO DAS ALMAS Os Campos Elíseos eran, na mitoloxía grega, unha sección subterránea e paradisíaca do inframundo: un lugar sagrado onde as almas inmortais de homes e mulleres virtuosos e guerreiros pasaban a eternidade. Alí non tiñan pecados, maldades, desexos, nin morte: vivían felices en campos verdes baixo o sol. Chegábase cruzando as augas do río Aqueronte. Era o lugar contrario ao Tártaro. Tamén se lles chamaba Illas Afortunadas e Illas dos Benaventurados.
ACTUALIDADE A avenida principal de París recibe o nome de Campos Elíseos, procedente da mitoloxía. Mide case dous quilómetros, e vai dende o Arco do Triunfo ata a Praza da Concordia. Ao redor do mundo hai moitos outros parques que reciben este nome. Algúns están situados en España, coma o de Lérida, o de Madrid ou o de Barcelona, xa desaparecido. En Bilbao contamos tamén cun teatro con este nome.
LAURA MÍGUEZ SÁNCHEZ. ROSALÍA RICO OTERO. 4º ESO – B