DEUSES Marta Ramos Martínez Verónica Martínez Miraz
4º ESO B
MARTE Marte foi unha antiga divindade itálica da vexetación e do agrario, que protexía os rabaños de ovellas dos ataques do lobo. Na época clásica foi o deus da guerra e está considerado o pai de Rómulo e Remo. Un día, Rea Silvia ía camiñando e encontrouse con un lobo e para escapar del, refuxiouse nunha cova onde foi posuída polo deus. Aos nove meses, deu a luz uns xemelgos. Antes de ser matada tras incumprir o seu voto de virxindade, púxoos nunha cesta no río Tíber, despois, unha loba encontrounos e aleitounos.
Xa na adolescencia, Remo foi encontrado roubando nas terras de Numítor, o cal se decatou de que eran os seus netos. Como recompensa por matar a Amulio, o seu avó permitiulles fundar unha cidade onde eles quixesen. O territorio elixido foi a actual Roma e para saber quen sería o rei, consultaron o voo das aves; Remo viu seis voitres e Rómulo doce, polo cal este último foi o vencedor. Remo cruzou os límites territoriais e o seu irmán cravoulle unha espada. O símbolo de Roma converteuse na loba aleitando os xemelgos.
Antes de comezar unha batalla, invocábase a Marte e se resultaba favorable, ofrecíaselle unha parte do botín. En caso de derrota, intentábase contentalo con sacrificios.
A Marte represéntase como un guerreiro con coraza, casco, lanza, espada e armado con escudo. Estábanlle consagrados animais como o lobo ou o voitre.
VULCANO o Vulcano é o deus do lume, do metal, e da fecundidade. Vive nos volcáns e provoca erupcións. O seu atributo é o martelo. o Naceu enfermo e a súa nai abandonouno, non recoñecéndoo como fillo seu nin como deus e tirouno dende o alto de Olimpo. Caeu o mar onde as deusas mariñas educárono e alí fixo a súa primeira forxa, na cal fixo o cinto de Venus, o carro de Apolo e o tridente de Neptuno.
o Xuno fixo que volvese ao Olimpo e casase con Venus. o Despois dun enfrontamento con XĂşpiter, foi expulsado do Olimpo e, ao caer, rompeu as pernas, quedando coxo para sempre.
NEPTUNO o Neptuno era o deus do mar, dos tremores de terra e da navegación. Cando o seu pai morreu, o mundo repartiuse entre os seus irmáns Xúpiter e Plutón. El recibiu as augas doces e salgadas. o Os seus atributos son o tridente, o cabalo, o touro e o delfín. o Neptuno recorría o seu reino sobre un carro tirado por cabalos feitos de algas e de escuma, ou delfíns. Neptuno era medio humano, medio peixe.