Frases latinas (1)

Page 1


MOTU PROPRIO Significado:  Por propia iniciativa, que se fai voluntaria ou espontaneamente. o Úsase sen preposición. Exemplos do seu uso:  Ariana foise a Guatemala, motu proprio, para ser médica.  César, motu proprio, abandonou a escola para ser cantante.


MODUS VIVENDI Significado:  Actividade mediante a cal unha persoa se gaña a vida. Exemplos do seu uso:  As festas son o modus vivendi das orquestras.  O modus vivendi dos ladróns é roubar.


IN DUBIO PRO REO Significado:  En casos xurídicos nos que hai dúbida, a xustiza aconsella poñerse a favor do culpable. Exemplos do seu uso:  A profesora decidiu aprobar ao alumno in dubio pro reo.  Os avogados non tiñan probas concluíntes e decidiron non culpar aos acusados: in dubio pro reo.


ACCESIT Significado:  Recompensa que se lle outorga pola súa participación a quen non gaña o premio. Exemplos do seu uso:  No concurso das “Peperetadas” houbo dous accésits.  Iván gañou o accesit no concurso de relatos curtos.


A PRIORI Significado:  Cousa que se fai ou se di sen ter coñecemento dos feitos. Exemplos do seu uso:  Moita xente fala a priori.  A priori a solución que plantexaron non dá problemas.


A POSTERIORI Significado:  Utilízase para expresar algo baseándose en feitos observados. Exemplos do seu uso:  A posteriori, María foi a única que respondeu ben á cuestión.  Rocío, a posteriori, ten o doutorado en filoloxía inglesa.


DURA LEX SED LEX Significado:  Indica que todos deben cumprir as normas e se non o fan terán consecuencias. Exemplos do seu uso:  Expulsárono do centro uns días, dura lex sed lex.


SNOB Significado:  “Sine nobilitate”, sen orixes nobres, referíase á xente que intentaba aparentar alto rango sen telo. Exemplos do seu uso:  Non entendo por que a xente quere ser snob.  Na Idade Media, moitos homes eran snobs.


EX AEQUO Significado:  Por igual (refírese á situación na que dúas persoas comparten un premio). Exemplos do seu uso:  David e Alberto recibiron o primeiro premio ex aequo.


SPA Significado:  (“Salutem per aquam”) Establecemento sanitario e recreativo onde se ofrece ás persoas tratamentos ou terapias de relaxación, descanso e gozo coa auga como elemento central. Exemplos do seu uso:  Claudia e María foron ao spa de Lush.  Regaláronnos unha fin de semana no spa da Toxa.


SUPERAVIT Significado:  Abundancia dunha cousa calquera.  Na Administración pública, exceso dos ingresos sobre os gastos.  3ª persoa do Pretérito Perfecto Simple do verbo superare (superar). Exemplos do seu uso:  Hai un superavit de dianteiros no equipo.  O superavit é o ideal para aforrar.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.