Hércules lm

Page 1

HÉRCULES

LUCÍA VIGO E MARCELO PEÑA,4ºB.


HÉRCULES • Hércules, coñecido así na mitoloxía romana, é fillo de Xúpiter e de Alcmena, unha mortal: era, pois, un heroe. • Na mitoloxía grega coñecíase como Heracles.


OS DOCE TRABALLOS • Nun momento de tolemia que Xuno lle provocou, este mata á súa muller, aos seus fillos e aos seus dous sobriños coas súas propias mans. Ao espertar e ver os terribles feitos que levara a cabo, sentiu unha gran dor e illouse da sociedade.


OS DOCE TRABALLOS • Despois de fuxir da sociedade, foi encontrado polo seu irmán, que o convenceu de que fora ao Oráculo dos Delfos. Hércules foi e a sibila díxolle que, para purgar os seus erros, tiña que levar a cabo dez traballos dispostos por Euristeo (este quitáralle o dereito á coroa e era a quen máis odiaba)


OS DOCE TRABALLOS • Hércules realizou os dez traballos con éxito, pero Xuno convenceu a Euristeo para que lle dera dous por non válidos: o segundo, que lle axudou o seu sobriño e o quinto, xa que o realizou para Augías. Polo cal, Hércules tivo que realizar dous traballos máis, sumando así os doce.


OS DOCE TRABALLOS 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12.

Matar ao León de Nemea e despoxarlle a pel. Matar a Hidra de Lerna. Capturar á Cerva de Cerinea. Capturar ao Xabarín de Erimanto. Limpar os cortellos de Augías nun só día. Matar aos Paxaros do Estínfalo. Capturar ao Touro de Creta. Roubar as eguas de Diomedes. Roubar o cinturón de Hipólita. Roubar o gando de Gerión. Roubar as mazás do xardín das Hespérides Capturar a Cerbero e sacalo dos infernos.


MATAR AO LEÓN • O león de Nemea era un desapiadado monstruo que vivía en Nemea. O seu verdadeiro punto forte era que tiña unha pel tan grosa que resultaba impenetrable as armas. Hércules viaxou á cidade e partiu en busca da fera. Disparoulle frechas, atacoulle cunha espada de bronce e un garrote de olivo pero todo resultou inútil. Entón, planeou un golpe estratéxico: foi á coba do animal, que tiña dúas entradas e tapou unha delas. O león entrou pola outra, acorralouno e estrangulouno. Hércules levoulle o corpo a Euristeo, pero este asustouse tanto que cada vez que cumplira cada un dos traballos, debería ensiñarllo dende fóra da cidade. Finalmente, intentou despoxarlle a pel ao animal, pero como era tan grosa, non o dou feito. Atenea, disfrazada de bruxa, decidiu axudalo: díxolle que o mellor era que utilizara as súas propias mans. Despois, a pel foi utilizada por Hércules como escudo para cada un dos seus traballos


LIMPAR OS CORTELLOS DE AUGÍAS • Augías logrou posuír o maior rabaño de todo o país. Os seus cortellos eran coñecidos porque nunca foran limpados. Euristeo encargoulle este traballo a Hércules, porque era tal a cantidade de excrementos que resultaba imposible limpalos nun só día. Así, caería humillado. Pero este, cumpleu o traballo nun só día: o que fixo foi abrir un canle que atravesaba os cortellos e por onde pasaban dous ríos.


CAPTURAR AO TOURO DE CRETA O touro de Creta causaba estragos nesta cidade. Este era o touro que Poseidón fixo saír do mar cando o rei Minos lle prometeu facerlle un sacrificio ao deus. Minos, encontrouno tan esplendoroso que o incorporou aos seus rabaños, en vez de sacrificalo. O deus enfadouse e fixo que a raíña Pasífae se enamorase do animal e concibira ao Minotauro, que fixo tolear ao touro. Hércules consigueu dominar ó animal e presentouno ante Euristeo, que este ao ver o fermoso animal ofreceullo en sacrificio a Era, pero rexeitouno xa que era moi bravo. Entón liberaron ao animal, pero este causou grandes estragos por alí por onde pasou.


CAPTURAR A CERBERO • Cerbero era o can que gardaba a porta da entrada aos infernos, vixiaba que ningún morto saise e ningún vivo entrase. Hércules viaxou a Eleusis para aprender a como entrar e saír vivo do inframundo. Atenea e Hermes axudaronlle e grazas a eles, Caronte levouno na súa barca. Mentras estaba no inframundo liberou a Teseo. Unhas versións contan que Hércules pídelle permiso a Hades para levar ao can, pero este imponlle unha condición: que non lle faga dano. Outras, contan que Hércules lle disparou frechas a Hades, entón loita contra o can e arrastrao fora. Tamén din que tratou con amabiblidade ao can e este accedeu ir fóra.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.