HEROES Verónica Martínez Miraz Marta Ramos Martínez
4º ESO “B”
EDIPO Cando os reis de Tebas, Layo e Yocasta, se ían casar, o oráculo de Delfos advertiulles que o seu fillo ía asasinar a seu pai e casaríase con súa nai. Cando naceu, o seu pai mandou matar ó seu fillo para que así non se cumprise o que o oráculo lles dixo. O encargado de matalo, perforoulle os pés e colgouno dunha árbore. Sen embargo, un pastor que pasaba por alí, escoitou os lamentos do neno e salvouno. Entregouno a unha parella, criárono e puxéronlle de nome Edipo “o dos pés inchados”. Un día rumbo a Fócida, enfrontouse a un pasaxeiro dun carruaxe ao que matou accidentalmente; tratábase do seu pai, aínda que Edipo non o sabía. Desta maneira cumpre unha das predicións do oráculo.
O segundo encontro foi coa esfinxe. Creonte, o novo rei de Tebas e irmán de Yocasta, ofrecía a man da súa irmá a quen conseguira descifrar o enigma da esfinxe. Cando Edipo se encontrou con ela esta preguntoulle: “Cal é o animal que pola mañá anda sobre catro pés, dous ao mediodía e tres pola tarde?”. El respondeu: O home, xa que na infancia anda sobre as mans e os pés, na época adulta sobre as pernas e na vellez apoiábase no bastón. A esfinxe suicidouse golpeándose contra unha pedra e como recompensa, Edipo conseguiu a man de Yocasta. Pero esta felicidade viuse truncada pola epidemia da peste. Ante este problema acudiu ao oráculo, este aseguroulle que só se acabaría cando se descubrise ao asasino de Layo. EDIPO E A ESFINXE
Edipo descubriu que fora el o asasino e que se casara coa súa nai. Yocasta suicidouse e Edipo decidiu sacarse os ollos cunha espada.
Hai dúas versións sobre o final:
• As palabras de Antígona conseguiron salvarlle a vida. • Edipo morreu no santuario pero antes, Apolo prometeulle que o lugar sería consagrado a el.
TESEO Era fillo do rei Exeo, a súa xuventude pasouna no sur de Grecia pero na adolescencia foise a Atenas, matando os bandidos que se encontraba polo camiño. Cando chegou á cidade ateniense, ofreceuse como membro da ofrenda ao rei Minos, que consistía en entregar sete homes e mulleres cada 9 anos ao Minotauro, que era metade home, metade touro, e se alimentaba de carne humana.
Ariadna, filla do rei Minos, namorouse del evitando así que fora sacrificado. Ela proporcionoulle un ovillo de fío a Teseo co que se podería orientar no labirinto. Cando se encontrou co Minotauro matouno a puñetazos e rescatou aos demais mozos atenienses. Cando volveu a Atenas, esqueceuse de poñer una vela branca en sinal de vitoria polo que o seu pai pensou que fora sacrificado. Exeo tirouse ao mar e, de aí ven o nome do mar.