A INDUMENTARIA MASCULINA E FEMININA
Marta Ramos Martínez - 4º E.S.O. “B” Verónica Martínez Miraz - 4º E.S.O. “B”
1. O TRAXE ROMANO O traxe na Antiga Roma constaba de dous tipos de pezas, como no mundo grego, chamadas: ➢Indutus, as interiores. ➢Amictus, as exteriores.
INDUTUS
AMICTUS
1.- O TRAXE ROMANO Ao comezo dos tempos só levaban: • Unha túnica exterior. • Outra interior chamada subúcula.
• Un cinto (cíngulum) pechado cun broche ou fíbula. • A toga era de lá, pechada por baixo e aberta por arriba ata a cintura. Botábase ao ombreiro esquerdo.
2.- A INDUMENTARIA MASCULINA
2.1.- A TOGA Era branca sobre todo nos aspirantes ás maxistraturas. • TOGA PRAETEXTA: tiña unha tira púrpura, levábana os nenos e os maxistrados nas cerimonias. • TOGA PALMATA: toga púrpura, bordada con ouro que a levaban os conquistadores. • TOGA PURPÚREA: levábana os emperadores e era de cor púrpura.
TOGA PRAETEXTA
TOGA PALMATA
TOGA PURPÚREA
2.2.CALZADO Calcei: botas brancas. • Calcei patricii: calzadas por senadores de maior rango. Eran de coiro vermello. • Calcei senatorii: calzadas polos senadores de menor rango. Eran de coiro negro. • Soleae: parecidas ás sandalias da actualidade. • Socci: calzado que cubría completamente os pés. Utilizábanas cando estaban na casa.
CALCEI PATRICII
CALCEI SENATORII
2.3.- PEITEADO Tiñan o pelo curto. O barbeiro poñíalles rizos, recortáballes a barba e incluso tinguían o pelo e depilaban as pernas. • Pileus: gorra cónica de feltro que levaban os libertos. • Cuculus: capucha moi grande que poñían para viaxar os homes.
3.- A INDUMENTARIA FEMININA
3.1.- TÚNICA As túnicas eran dúas pezas de lá cosidas, cun furado para a cabeza e dous para os brazos, atada cun cinto. Normalmente, chegaba ata os talóns.
3.2.- A STOLA A stola poñíase por riba da túnica, non se utilizaba ata despois de casarse. Era un vestido largo, tiña mangas e estaba adornada con tiras. Podía ser de lá, seda, algodón… Cinguíase coas tiras que a adornaban ou con cintos.
3.3.- A PALLA E ROUPA INTERIOR • A palla era un manto que cubría os ombreiros e chegaba a cintura. En público, para protexerse do sol, poñíano sobre a cabeza. • En canto a roupa interior: ❑Fascia pectoralis ou mamillare: era unha banda de tea fina que se poñía arredor do tórax para suxeitar os peitos.
❑Strophium: confeccionábanse con suaves tiras de coiro que cubrían o busto, suxeitándoo e reafirmándoo. As mulleres ricas facían uso, nas celebracións, de tecidos de rede feitos con ouro ou prata que realzaban o busto.
MAMILLARE OU FASCIA PECTORALIS
PALLA
3.4.- PEITEADO • Durante a República facían a raia e recollían o cabelo cun moño. Podían levar trenzas • No Imperio cambiou a forma de peitearse pero seguiu conservándose o moño, pero deixábase, ademais, un guecho na fronte.
• Na época Flavia, poñíase unha enorme estrutura de rizos suxeitos con pinzas e diadema. Tamén utilizaban pelo postizo, perrucas e tinguiduras. Para facer estes peiteados contaban coa axuda da ornatrix. Era unha serventa experta nos coidados do cabelo; moitas veces eran maltratadas pola dona, cando o peiteado final non era do seu gusto.
3.5.- ZAPATOS E XOIAS • CALZADO: • Calzaban o sandalium que era unha sandalia baixa. • Na casa poñía os socci, un calzado que completamente os pés.
cubría
• XOIAS: • Levaron moitas xoias imitando as mulleres etruscas. Tamén levaban diademas, pendentes, colgantes, pulseiras…