La mujer en roma

Page 1


Ao nacer o pai decidĂ­a quedar ou non con elas, en caso negativo eran recollidas por outras familias para ser vendidas no futuro como escravas ou meretrices, en caso positivo eran

criadas por escravas e amas de crĂ­a e educadas por mestres.


Ao chegar a pubertade celebrábase o matrimonio, había dous tipos: -ad manu: o marido controlaba totalmente a súa muller. -sine manu: a muller podía dispoñer dos seus bens e seguía pertencendo á familia de sangue. Ao día seguinte da cerimonia a muller era considerada matrona. Para que o matrimonio se celebrase a noiva tiña que aportar unha dote, no caso de posuír máis cartos non tiña por que entregalos e podía reservalos para ela mesma.


Normalmente a muller estaba tutelada polo pater familias sen embargo, esta podĂ­a chegar a ser mater familias. Os poderes dividĂ­anse en:

-manus: sobre as esposas dos descendentes. -patria potestas: sobre os descendentes. -dominica potestas: sobre os escravos.


O matrimonio podía anularse por tres razóns: -A morte dun cónxugue. -A deportación, desaparición, perda da cidadanía ou cautividade.

-Divorcio: este podía realizarse por tres motivos (mutuo acordo, impotencia ou repudiación dun dos membros)


Existían tamén outros tipos de unións (lícitas): -Concubinato: vida marital sen propósito de matrimonio. -Matrimonio sine connubio:

matrimoinio no cal un dos dous membros non tiña cidadanía romana. -Contubernio: unión entre escravos ou entre libres e escravos.


O culto feminino dependía da condición de cada unha (doncela ou casada). Algunhas mulleres consagrábanse a Vesta ( a deusa virxe). Estas non podían casar nin manter relacións de natureza íntima. Estas mulleres quedaban libres do pater familias e sometíanse ao pontifex.


Nas Bacanais as mulleres bebían viño, feito que tiñan prohibido, e mantiñan relacións sexuais con persoas do mesmo ou diferente sexo. Cos seus maridos actuaban como conselleiras e acompañantes.


As escravas eran simples obxectos ós que non se lle permitía casar, aínda que si se podían unir a outro escravo (contubernium).

Moitas veces as escravas eran obrigadas a manter relacións cos seus donos para satisfacer as súas necesidades sexuais.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.