Locucións completas

Page 1

RAÍCES LATINAS •

Ex abrupto: “de improviso ou de maneira brusca”. Convén non confundir esta expresión co sustantivo exabrupto pois, o seu significado é ‘dito inesperado e inconveniente’ ou ‘saída de ton’. - Andrea excúsase afirmando que o exabrupto ía sen mala intención. - O mestre de filosofía saíu da clase ex abrupto.

In situ: “no sitio, no lugar”. Esta expresión debe interpretarse con significados específicos e particulares, según o contexto onde se aplique. - Se non o vexo non o creo; teño que velo in situ.

In memoriam: “en memoria, en recordo”. - Decidimos ter uns minutos de silencio in memoriam dos falecidos a noite pasada.

Alma mater: “madre nutricia”. Emprégase para referirse a unha persoa ou cousa que actúa como impulsora ou motora de algo - Messi é o verdadeiro alma mater do seu equipo. Tamén se emprega para referirse de maneira metafórica á universidade, considerada como unha nai, pois abastece aos seus fillos, os estudantes, co alimento dos coñecementos universais para o exercicio profesional. - Esa é a alma mater que acolle a tantos estudantes.

Ex professo: “a propósito”. - Compuxo esta canción ex professo para ti.

Lapsus: “falta ou equivocación cometida por descuido”. - Nun lapsus deixou a porta da casa aberta. Hai varios tipo de lapsus: - Lapsus cálami: Equivocación que se comete escribindo. - Lapsus línguae: Erro que se comete falando.

Postdata: “despois de nada”. Engádese ao final das cartas ou notas para referirse ao despois do escrito. - Postdata: deixo a comida na neveira, quéntaa e come.

Ab illo tempore: “dende aquel tempo”. Fai referencia a un tempo remoto. - Francia foi, ab illio tempore, un dos países máis influíntes do mundo.

Quisque: “cada un”. - Todo quisque protestó por la dificultade do exame de matemáticas.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Locucións completas by María Sánchez Manteiga - Issuu