PUBLICIDADE
PUBLICIDADE INSECTICIDA ORIÓN: Este insecticida debelle o nome ó xigante mitolóxico grego Orión, que se creía capaz de eliminar a todos os seres da Terra. Este nome dalle a este insecticida unha imaxe de poder tan grande coma para acabar con calquer animal.
PUBLICIDADE AJAX (PRODUTO DE LIMPEZA): O nome deste produto provén do heroe grego Ajax, un valeroso e forte soldado participante na Guerra de Troia. Dicían del que era o home máis forte, só superado polo seu curmán Aquiles. Este produto fai referencia a súa calidade e dá a entender que é un produto eficaz.
PUBLICIDADE AUTOMÓBILES AUDI: O termo audi provén do verbo audire, que significa escoitar. Neste caso o vendedor intenta chamar a atención das persoas, debido a iso é utilizado o termo escoitar, para que o automóbil non pase desapercibido ante a xente.
PUBLICIDADE RELOXOS OMEGA: Omega é a última letra do alfabeto grego. O seu uso é moi variado úsase na relixón (a alfa e a omega-principio e final) na física ( medida de velocidade angular, frecuencia angular e a resistencia elétrica) e na bioquímica (número de carbonos nunha secuencia alifática). Esta marca pretende indicar lonxevidade nos seus produtos.