PUBLICIDADE
NIKE
HISTORIA
Carolyn Davidson, deseñadora do logo basouse nas ás da deusa grega "Niké" (filla de Zeus e de Temis) para deseñar o logo desta marca de material deportivo tan coñecida. Niké era a deusa da vitoria e presidía as competicións atléticas e militares.
ACTUALIDADE
Desde os Xogos Olímpicos de Ámsterdam de 1928 ata os nosos días, na parte anversa das medallas olímpicas aparece a figura de Niké cunha coroa de loureiro. Iso impulsou a un empresario para nomear así á súa empresa de material deportivo (Nike).
DECATHLON
HISTORIA
Decathlon é unha empresa francesa que hoxe coñecemos todos como unha tenda de material deportivo. O seu nome provén da palabra decatlón, unha proba de atletismo cuxa finalidade é pasar 10 disciplinas deportivas durante dous días por un mesmo atleta. Etimoloxicamente a palabra decatlón pártese da seguinte maneira: Prefixo deca-: dez Palabra latina athleta: atleta
ACTUALIDADE
Hoxe en día, Decathlon é unha das empresas máis coñecidas polo mundo pois, non só existen aquí en Galicia. Ademais é unha gran competencia fronte a outras empresas do mesmo estilo como Nike ou Adidas, pola súa relación calidade – prezo.
E U D E R M I N
HISTORIA O nome da marca provén do adverbio grego eu- que significa “ben” e do substantivo grego derma que significa “pel”. En conxunto, “que ten a capacidade para coidar a pel.”
ACTUALIDADE A empresa de cremas Eudermin leva máis de 25 anos no mercado, e a día de hoxe é unha das marcas máis prestixiosas e coñecidas. Contan cunha gran cantidade de produtos, tanto para o corpo como para mans, pés e cara.
MAGNUM
HISTORIA
Provén do adxectivo latino magnus, -a, -um, que significa “grande, aquel que ten nobreza, moral, forza e potencia física”. Neste caso, o adxectivo exalta o tamaño do xeado, e tamén a súa calidade.
ACTUALIDADE En 1989 os xeados Magnum saíron ao mercado, conseguindo os postos máis altos entre os máis vendidos. Actualmente dispoñen dunha gran variedade de xeados: os clásicos, os double, e os de edición especial, todos en tamaño grande. En edicións máis pequenas están os famosos Magnum mini, os after dinner, os sandwich e o de caramelo con noces.
LAURA MÍGUEZ SÁNCHEZ. ROSALÍA RICO OTERO. 4º ESO – B