Proxecto de Bulebule para o curso 2011-2012
Aquí estamos de novo coa ilusión dun curso por diante. Seguiremos xuntos coas boas lecturas que nos fan ir medrando. Lecturas que nos axudan a coñecernos mellor, a ser máis solidarios, coñecer e respectar o noso planeta, coidar da natureza… En definitiva, ler fainos mellores. Querémosvos facer partícipes dun novo proxecto que imos desenvolver este curso baixo o epígrafe “Medrando en valores”. Educar en valores supón educar nas normas de conducta e actitudes segundo as cales despois nos comportamos. Os valores son fundamentais, por iso a responsabilidade que temos nesa educación é compartida, mestres e familia. Educar en valores→ Dimensións a) Cognitiva b) De sentimento c) De vontade Estes tres apartados implican á nosa razón, aos nosos sentimentos e ás nosas accións. Trataremos de relacionar o que ocorre no noso entorno cunha mirada máis universal, que nos vincule co conxunto da humanidade e así aprender e comprender criticamente o mundo no que vivimos, actuar con criterio e procurar o ben de cada un e da comunidade da que formamos parte. Estes valores, traballados e temporalizados nos tres trimestres, están vinculados tamén á celebración de determinadas datas significativas. Estruturamos o desenrolo do proxecto en torno ás palabras que representan valores. Clasificamos ditas palabras para poder traballalas trimestralmente con máis facilidade.
Primeiro trimestre O mundo será máis feliz e agarimoso se nós tamén o somos.
Velaí unas
palabriñas para irvos axudando nesta tarefa. Os valores a traballar neste trimestre van falar de Nós. As palabras seleccionadas para este trimestre son: autocontrol, saúde, confianza, bondade, paciencia, respecto, lealdade, alimentación, responsabilidade, alegría, amizade, esforzó, creatividade. As conmemoracións relacionadas son: Outubro 17- Día Internacional para a eliminación da Pobreza.
Novembro 20- Día Mundial da Infancia. 25- Día Mundial da non violencia contra as Mulleres. Decembro 3- Día Internacional dos Discapacitados. 6- Día da Constitución Española. 10- Día Internacional dos Dereitos Humanos.
Segundo trimestre Os valores para este trimestre xiran en torno a Medrar no mundo. As palabras seleccionadas son: paz, diversidade, traballo en equipo, xustiza, liberdade, solidariedade, integración. As conmemoracións máis salientables son: xaneiro 30.- Día Mundial da Paz. Febreiro 21- Día Internacional da Lingua Materna. Marzo 27- Día Mundial do Teatro.
Terceiro trimestre Para finalizar trataremos de Medrar en conciencia ecolóxica. Palabras seleccionadas: ecoloxismo, reciclaxe, urbanidade, responsabilidade, positividade, respecto pola natureza, compromiso, consumo responsable, sostenibilidade. Conmemoracións que nos poden interesar: Abril 23- Día Internacional do Libro. Maio 17- Día das Letras Galegas. 21-
Día Mundial da Diversidade Cultura..
Xuño 5- Día Mundial do Medio Ambiente.
Cada ciclo escollerá aquelas palabras que lle resulten máis atractivas para traballar cos alumnos. Abondará con poucas palabras (3 ou 4) para participar. Podedes tamén colaborar aportándonos outras palabras que tamén vos parezan importantes.
En pouco tempo a biblioteca repartirá un listado de libros e coleccións por trimestres que se relacionen co proxecto. Tamén aquí admitimos con moito agrado a vosa valiosa cooperación. Procurarase que se traballe a resolución de conflitos que se solucionarán con esa palabra. Se non hai conflito pódeno imaxinar eles e ver como se solucionaría. Tamén pensamos que as páxinas do calendario que se vai elaborar no colexio deberan inspirarse nas palabras a traballar. Esperamos que o tema vos resulte motivador e agardamos a vosa colaboración no desenrolo do proxecto, profes e familias, para a súa consecución a través do cal sementaremos entre todos o xerme da tolerancia. Grazas pola vosa implicación.
Un bico:
Bulebule.