Programa provisional Grecia 2013

Page 1


Despois das experiencias previas do England Archaeological Tour 2010, da Türkiye 2011 Arkeoloji Eğitim Gezisi e mais do 3º Archäologischen Studienreise Deutschland 2012, o LAUV e mais a Delegación de Alumnos de Historia propoñemos a realización neste curso dunha nova viaxe de estudos arqueolóxicos: a Τέταρτη περιοδεία των αρχαιολογικών μελετών: Ελλάς 2013. Como sempre, a filosofía que inspira estas viaxes culturais é que sexan diferentes, esto é, totalmente autoxestionadas, bastante alternativas e o mais low cost posible, moi lonxe dos packs turísticos convencionais ofertados nas axencias de viaxes.

DATAS  Venres 08/02/2013 – Domingo 17/02/2012 [9 días durante a semana do Entroido] CARACTERÍSTICAS  Billetes de avión low cost: Lufthansa Madrid-Atenas-Madrid (por Frankfurt).  Desprazamento Ourense-Madrid (ida e volta) en automóbiles particulares achegados polos participantes, incluíndo gastos de gasolina, autoestrada e parking de longa duración en Barajas.  Desprazamentos por Grecia en automóbiles alugados (clase económica de 5 prazas e/ou furgonetas de 9 prazas), gastos de gasolina, autoestrada e parking incluídos.  Aloxamento en albergues e/ou hostais en cuartos múltiples, con ou sen baño no cuarto e normalmente co pequeno almorzo incluído.  Manutención por libre (non incluída no orzamento da viaxe). O habitual é aprovisionarse adecuadamente e facer as comidas nos sitios ou polo camiño; as ceas soen ser “de sentado” nas cidades onde se pernocta.  Xestión de entradas reducidas ou gratuítas nos xacementos, monumentos e Museos a visitar. PRAZAS  Máximo de 27 prazas disponibles (= 3 furgonetas de 9 prazas).  Prioridade para alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, máster/doutoramento, proxectos). Tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras licenciaturas afines da Uvigo e/ou doutras universidades.

PROGRAMA (provisional) 

Venres 8 de febreiro VIAXE • Saída de Ouense (00:00) • Desprazamento automóbiles particulares Ourense-Madrid (00:00-06:30) • Avión Madrid-Atenas (08:20-17:00) • Desprazamento aeroporto-Atenas en transporte público (metro ou autobús) • Aloxamento en Atenas

Sábado 9 de febreiro ATENAS • Visitas Atenas cidade (Acrópole e novo Museo, Museo Arqueolóxico Nacional, Ágora grega e romana, Biblioteca Adriano, Teatro Dionisio, Cerámico, Museo Bizantino, etc) • Desprazamentos en Atenas (se fosen necesarios) en transporte público • Aloxamento en Atenas


Domingo 10 de febreiro ATENAS • Visitas Atenas cidade (Acrópole e novo Museo, Museo Arqueolóxico Nacional, Ágora grega e romana, Biblioteca Adriano, Teatro Dioniso, Cerámico, Museo Bizantino, etc.) • Desprazamentos en Atenas (se fosen necesarios) en transporte público • Aloxamento en Atenas

Luns 11 de febreiro PELOPONESO • Alugueiro de automóviles (08:00) e desprazamento ata a Argólida (Peloponeso oriental) • Visitas ós xacementos/museos de Epidauro, Tirinto, Micenas e Corinto • Desprazamento de volta e aloxamento en Atenas

Martes 12 de febreiro GRECIA CENTRAL/MACEDONIA • Desprazamento ata Delfos (Grecia central) • Visita ó xacemento/museo de Delfos (santuario helénico) • Desprazamento ata Monte Olimpo (Macedonia) • Visita ó xacemento/museo de Dion (cidade grecorromana) • Desprazamento e aloxamento en Tesalónica

Mércores 13 de febreiro TESALÓNICA • Visitas Tesalónica cidade (Murallas, Arco Galerio, igrexas bizantinas, Museo Arqueolóxico, etc.) • Aloxamento en Tesalónica


Xoves 14 de febreiro MACEDONIA • Desprazamentos pola rexión de Macedonia • Visita ós xacementos/museos de Vergina (necrópole real macedonia), Pella (capital macedonia) e Olinto (cidade grega) • Desprazamento e aloxamento en Tesalónica

Venres 15 de febreiro TESALIA • Desprazamento ata Kalambaka (norte de Tesalia) • Visita ós mosteiros rupestres medievais de Meteoras • Desprazamento ata Grecia central ou Ática • Aloxamento en Lamia, Chalkida ou Atenas

Sábado 16 de febreiro ÁTICA • Desprazamentos pola rexión de Ática • Visita ós xacementos de Pentélico (canteiras mármore), Laurion (minas de prata) e Sunio (templo Poseidón) • Entrega de automóbiles e noite no aeroporto

Domingo 17 de febreiro VIAXE • Avión Atenas-Madrid (06:30-15:35) • Desprazamento automóbiles particulares Madrid-Ourense (16:00-22:30) • Chegada a Ourense (22:30)

ORZAMENTO (provisional) o o o o o o o

Automóbiles particulares Ourense-Madrid-Ourense (gasoil+autoestrada+parking) 032 €/persoa Avión Madrid-Atenas-Madrid (e-dreams con Lufthansa) 163 €/persoa Automóbiles Grecia 6 días, luns a sábado (alugueiro+gasoil+autoestrada+parking) 064 €/persoa Metro aeroporto-Atenas (08-02-2013) 008 €/persoa Albergues Grecia 8 noites (ca. 18€/persoa/noite) 144 €/persoa Entradas Xacementos/Museos 024 €/persoa Varios e imprevistos 020 €/persoa -------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------TOTAL 455 €/persoa

PREINSCRICIÓN, ADMISIÓN E PAGAMENTO  Tódolos interesados/as deberán preinscribirse telemáticamente ó traverso do blogue http://viaxesarqueou.blogspot.com.es, cubrindo e enviando os datos solicitados na ficha de inscrición. O prazo para facelo remata o domingo 28 de outubro de 2012. Neste blogue se informará puntualmente de tódalas novedades e asuntos relevantes que afecten á viaxe.  Aos preinscritos se lles comunicará persoalmente, por mail, a admisión definitiva na viaxe (ou se fican en lista de espera) e o sistema e prazos de pagamento. Previsiblemente, o primeiro prazo (necesario para comprar os billetes de avión) será de ca. 200 € na primeira quincena de novembro. Os prazos seguintes se comunicarán oportunamente, correspondéndose exclusivamente cos gastos dos que haxa que adiantar o diñeiro (reservas de aloxamento, alugueiro de automóbiles, etc.). Aquela parte do orzamento que non precise ser adiantada poderá ser pagada ata inicios de febreiro de 2013. ***************************************


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.