Programa provisional Italia 2014

Page 1

O Laboratorio de Arqueoloxía da Uvigo (LAUV) e mais a Delegación de Alumnos de Historia propoñemos para este curso 13‐14 a realización do 5º Viaggio di Studi Archeologici: ITALIA 2014. A viaxe será ó norte de Italia, desde o Tirreno ata o Adriático, recorrendo as rexións de Liguria, Toscana, Umbría, Emilia‐Romagna, Véneto e Friuli. Os contidos temáticos das visitas estarán centrados na cultura ligur, etrusca, romana e bizantina. Contamos coas exitosas experiencias previas da England Archaeological Tour 2010, da Türkiye 2011 Arkeoloji Eğitim Gezisi, do 3º Archäologischen Studienreise Deutschland 2012 e da última Τέταρτη περιοδεία των αρχαιολογικών μελετών: Ελλάς 2013. Nestas viaxes teñen participado nada menos que 86 persoas, prácticamente todos alumnos, licenciados ou profesores da Facultade de Historia de Ourense. Como sempre, a filosofía que inspira estas viaxes arqueolóxicas é que sexan culturalmente atractivas pero diferentes, esto é, totalmente autoxestionadas, bastante alternativas (non sen algo de aventura) e o mais low cost posible, moi lonxe dos packs turísticos convencionais ofertados nas axencias de viaxes. DATAS  Venres 28/02/2014 – Domingo 09/03/2014 [10 días durante a semana do Entroido] CARACTERÍSTICAS  Billetes de avión low cost: Ryanair Porto‐Bérgamo‐Porto.  Desprazamento Ourense‐Porto (ida e volta) en automóbiles particulares achegados polos participantes, incluíndo gastos de gasolina, autoestrada e parking de longa duración no aeroporto.  Desprazamentos por Italia en automóbiles alugados (furgonetas de 9 prazas), gastos de gasolina, autoestrada e parking incluídos.  Aloxamento en albergues e/ou hostais en cuartos múltiples, con ou sen baño no cuarto e normalmente co pequeno almorzo incluído.  Manutención por libre (non incluída no orzamento da viaxe). O habitual é aprovisionarse adecuadamente e facer as comidas nos sitios ou polo camiño; as ceas soen ser “de sentado” nas cidades onde se pernocta.  Xestión de entradas reducidas ou gratuítas nos xacementos, monumentos e Museos a visitar. PRAZAS  Máximo de 27 prazas disponibles (= 3 furgonetas de 9 prazas).  Prioridade para alumnos, profesores, egresados e investigadores de Historia da Uvigo (grao, licenciatura, máster/doutoramento, proxectos). Tamén poderán participar alumnos/egresados procedentes doutras licenciaturas afines da Uvigo e/ou doutras universidades. PROGRAMA (provisional) 

Venres 28 de febreiro VIAXE  Saída de Ourense (12:30)  Desprazamento automóbiles particulares Ourense‐Porto (12:50‐14:30)  Avión Porto‐Bérgamo (16:30‐20:15)  Alugueiro de furgonetas no aeroporto (20:30)  Desprazamento Bérgamo‐Génova (203km;2h30m) (21:00‐23:30)  Aloxamento en Génova (Genoa Hostel).


Sábado 1 de marzo GÉNOVA  Visitas Génova cidade (Museo di Archeologia Ligure)  Desprazamento Génova‐Carrara e Pisa (171km;2h)  Visitas Luni (cidade romana) e canteiras de mármore de Carrara  Aloxamento en Pisa (Wellcome Bed & Breakfast) Domingo 2 de marzo PISA‐FIRENZE  Visitas Pisa cidade (Museo Navi Romani)  Desprazamento Pisa‐Florencia (90km;1h40m)  Visitas Florencia cidade  Aloxamento en Florencia (Villa Camerata YH) Luns 3 de marzo FIRENZE‐SIENA  Visitas Florencia cidade (Museo Archeologico Nazionale)  Desprazamento Florencia‐Siena (79km;1h20m)  Visitas Siena cidade (Museo Arqueolóxico)  Aloxamento en Siena (Ostello di Siena) Martes 4 de marzo GROSSETO‐TARQUINIA  Desprazamento Siena‐Grosseto e Tarquinia (206km;3h35m)  Visita ós xacementos etruscos de Roselle e Vetulonia (Grosseto) e á necrópole etrusca de Tarquinia.  Desprazamento Tarquinia‐Perugia (169km;2h25m)  Aloxamento en Perugia (Mario Spagnoli YH) Mércores 5 de marzo PERUGIA  Visitas Perugia cidade (Museo Arqueolóxico, Necrópole de Strozzacapponi). Posibilidade de visita de xacementos próximos de camiño a Rávena (Cortona ou Rímini)  Desprazamento Perugia‐Rávena (185km;2h30m)  Aloxamento en Rávena (Dante YH)


Xoves 6 de marzo RAVENNA  Visitas Rávena cidade (Museo, igrexas bizantinas, etc.)  Desprazamento Rávena‐Trieste (289km;4h20m)  Aloxamento en Trieste (Tergeste YH) Venres 7 de marzo TRIESTE  Visitas Trieste cidade (Ruínas, Antiquarium) e xacemento romano‐bizantino de Aquileia.  Desprazamento Trieste‐Mira(Venezia) (177km;2h45m)  Aloxamento en Mira (Ostello a Colori) Sábado 8 de marzo VENEZIA  Desprazamento Mira‐Venezia (20km;30m)  Visita Venezia cidade  Desprazamento Venezia‐Vicenza (71km;1h)  Aloxamento en Vicenza (Ostello Olimpico) Domingo 9 de marzo VIAXE  Desprazamento Vicenza‐Bérgamo (176km;2h25m)  Visita de xacementos de camiño a Bérgamo: villa romana de Sirmione  Entrega de furgonetas no aeroporto (15:00)  Avión Bérgamo‐Porto (17:00‐18:55)  Desprazamento automóbiles particulares Porto‐Ourense (19:30‐23:10)  Chegada a Ourense (23:30)

ORZAMENTO (provisional) o o o o o o

Automóbiles particulares Ourense‐Porto‐Ourense (gasoil+autoestrada+parking) 018 €/persoa Avión Porto‐Bérgamo‐Porto (Ryanair)) 116 €/persoa Automóbiles Italia 10 días, venres a domingo (alugueiro+gasoil+autoestrada+parking) 093 €/persoa Albergues/Hostais 9 noites (ca. 18,5€/persoa/noite) 165 €/persoa Entradas Xacementos/Museos 025 €/persoa Varios e imprevistos 013 €/persoa ‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐ TOTAL 430 €/persoa

PREINSCRICIÓN, ADMISIÓN E PAGAMENTO  Tódolos interesados/as deberán preinscribirse telemáticamente ó traverso do blogue http://viaxesarqueou.blogspot.com.es, cubrindo e enviando os datos solicitados na ficha de inscrición. O prazo para facelo remata o luns 11 de novembro de 2013, festividade de San Martiño. Neste blogue se informará puntualmente de tódalas novedades e asuntos relevantes que afecten á viaxe. Tamén está habilitado o correo electrónico viaxesarqueou@gmail.com para calquera suxerencia, aclaración ou consulta.  A listaxe de admisión (incluíndo lista de espera se fose necesario) sairá, previsiblemente, contra o venres 15 de novembro, e será comunicada persoalmente, por mail, a tódolos preinscritos, así como o sistema e prazos de pagamento. Os admitidos deberán efectuar un primeiro pagamento de ca. 175 €, a xeito de confirmación e reserva de praza, durante a segunda quincena de novembro. Os prazos seguintes se comunicarán oportunamente (previsiblemente ún en decembro e outro en xaneiro), correspondéndose exclusivamente cos gastos dos que haxa que adiantar o diñeiro (billetes de avión, reservas de aloxamento, alugueiro de automóbiles, etc.). Aquela parte do orzamento que non precise ser adiantada poderá ser pagada ata o 21 de febreiro de 2014. * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.