anillo con huella dactilar

Page 1

Anel con pegada

maysil garantia


Deseño e fabricación do anel Jose Mª Mayer Textos Maria Silva Pérez Ano de realización 2013 Lugar de fabricación Galicia.

www.maysil.com

Páxina 2


Indice 1. prólogo 2. garantía de peza única 3. Coñecenos: -maysil -artesanía única -coñece máis

4. datos técnicos do proxecto: -descripción -a prata -esmeraldas

5. outros datos: -a ouribería -outros datos a ter en conta

www.maysil.com

Páxina 3


www.maysil.com

Pรกxina 4


1.-pr贸logo

www.maysil.com

P谩xina 5


A artesanía é a obra dos sinxelos artistas, que imprimen un pouco do seu espírito en cada golpe de cincel ou en cada limadura ou en cada forma do obxeto que está creando. Arte e artesanía, son dous puntos dun mesmo vértice.

www.maysil.com

Páxina 6


2. garantía de peza única

www.maysil.com

Páxina 7


Anei con pegada Esta xoia foi fabricada en exclusiva para :

Amador Loureiro Blanco É unha peza única e irrepetible, e así o garantiza maysil. Tamén garantizamos que os materiais que utilizamos son de primeira calidade.

M A Y S I L www.maysil.com

Páxina 8


3.- coñecenos

www.maysil.com

Páxina 9


Maysil

Maysil é un obradoiro de xoiaría situado en A Estrada que se iniciou no ano 1999, pero que conta coa experiencia de moitos máis anos dedicándose a esta actividade por parte dos seus socios fundadores e artesáns. O lugar de traballo é un moderno espazo con todas as comodidades ergonómicas, maquinaria de todo tipo, oficina onde se realiza o deseño dalgún dos produtos que requiren da ferramenta informática para seren levados a cabo como os “prototipados” que tamén forman parte da súa carteira de oferta. Tamén dispón dun espazo dedicado á tenda, que neste momento está activo coma “Show-room”. Neste obradoiro poderemos atopar unha www.maysil.com

Páxina 10


ampla gama de liñas de produtos de xoiaría, por unha banda pezas irrepetibles, por outra coleccións e tamén algunha serie, creacións de deseño propio ou ben por encarga tal e como elixa o cliente. Trabállase tan só con metais nobres, en prata e ouro tanto amarelo como branco e con pedra natural –tamén tallan acibeche-, bixutería principalmente orientada á muller (aneis, brincos, pulseiras, brazaletes, colares,...) aínda que tamén pezas para home como xemelgos, pasadores de garabata. Trabállase tan só con metais nobres, en prata e ouro tanto amarelo como branco e con pedra natural. Outra liña de negocio está formada polo de regalo de empresa, regalo de voda, de “pedida” e ao agasallo institucional sempre por encarga; dedícase tamén á fundición que é a produción de pezas xeralmente en grandes cantidades que eles funden de antemán para seren vendidas a outros obradoiros e ser rematadas e repasadas por aqueles e vendidas a menor custo se o obradoiro cliente elixe esta forma ou ben traballadas na súa www.maysil.com

Páxina 11


totalidade ademais de fundidas se así o preferisen; temos tamén como elemento da súa oferta “o prototipado”, basicamente consiste en que un cliente realiza a encarga dunha peza, habitualmente tamén para grandes series (un exemplo é a confección de grandes tiradas de pins), cun deseño tanto elixido polo propio cliente ou a incluír no paquete do pedido, co cal a través de técnicas gráficas e informáticas se desenvolve e leva a cabo a confección; e por último unha liña moi especial que é a “peza de autor”, únicas e exclusivas. As técnicas que se empregan neste obradoiro son unha mestura entre os amplos coñecementos da xoiaría clásica dos que dispoñen os artesáns e a xoiaría moderna adaptando unha á outra creando pezas vangardistas con técnicas tradicionais, tratando sempre de ofrecer unha obra que perdure a través do paso do tempo e das modas.

www.maysil.com

Páxina 12


Artesanía única

Neste obradoiro podemos atopar unha infinita gama de produtos, así os propios artesáns non teñen pechada a gama pois tratan continuamente de innovar e de crear pezas diferentes cheas de harmonía. A cualidade máis destacada da obra destes artesáns é a calidade. Cando se deciden a elaborar un produto ben sexa como colección ou por encarga, non pensan nin nas modas nin no prezo, traballan con total liberdade para lograr unha peza que sexa autenticamente “perfecta”, así, considéranse perfeccionistas, a calidade é o que buscan en todo momento, pero non só a calidade en canto a acabados, senón que tamén a calidade do deseño, gústalles pensar que esa xoia perdurará ao longo do tempo e que non pasará de moda, de aí que os seus deseños son unha mestura de

www.maysil.com

Páxina 13


modernismo e xoiaría clásica, unha xoia que sexa para sempre, que guste onte e mañá. Tamén é doado apreciar que o uso de pedra natural é unha característica dos produtos que podemos atopar neste obradoiro. Só pedra natural, de todas as cores, pois así lles gusta crear, incluso teñen participado en concursos onde a pedra é a protagonista e que tamén a creación de “Xoias de autor” é unha constante con moito valor para eles, pezas onde cada un deles pon a súa creatividade libre e en estado puro, sabendo que esa peza é única, e que está traballada con todo o esmero depositado nela para destacar.

www.maysil.com

Páxina 14


Coñece máis María Silva e José Mayer son os artesáns ao cargo do obradoiro, cunha formación técnica e unha experiencia moi extensa na actividade xoieira. Ámbolos dous con estudos cursados na santiaguesa Escola de Artes Mestre Mateo, contan tamén cunha serie de cursos como Fabricación, engaste e deseño, de Gemología Comercial no Centro de Estudios e Investigaciones Gemológicas, Curso de gravado e engaste, de Orfebrería, de Deseño de xoiaría por ordenador, entre outros. Con respecto á súa experiencia é fácil comprobar que se atopa avalada por moitos anos de traballo no sector, así José leva unha impresionante cifra de 15 anos e María 8 anos –ela posúe a Carta de Artesán desde o 1999- como xoieiros, tempo que resulta impresionante se temos en conta que son dous artesáns novos, polo que se podería dicir que levan traballando no sector practicamente “toda a súa vida”. A nosa artesá tamén foi socia do movemento cultural “EVA” –evolutive art of jewelswww.maysil.com

Páxina 15


Á súa vez tamén foron gañadores de varios concursos, no caso de María obtendo o 1º Premio do concurso “Diseño de joyería” e partícipe no concurso de Deseño “De Beers”, e no de José obtendo o Premio ao deseño máis novedoso no IV Concurso Nacional de diseño de joyas “Joyas de Autor” e acadando o segundo e terceiro lugar en concursos como o I Concurso nacional de azabache e no III Certámen de artesanía “Antón Fraguas” coa obra Tempo de Labranzas, respectivamente, como premios máis destacados entre outros. Esta parella de artesáns leva moitos anos complementándose nos seu traballo, os estilos e modos de traballar son lixeiramente distintos o que lles confire unha riqueza de creatividade ao incorporar nunha obra o mellor de cada un deles. Este reparto de “gustos” apórtalles un equilibro envexable e unha harmonía ao obradoiro, Hai unha numerosa lista de feiras e exposicións onde nos podemos atopar a estes dous profesionais da xoiaría, así, temos que exposicións de xoiaría www.maysil.com

Páxina 16


como a Galería Sargadelos, Escola de Artes Mestre Mateo, Metal Art Gallery, Museo do acibeche, Casa da Xuventude de Vigo “Art’istal”, Centros Comarcais de A Estrada e do Deza, Casa da Cultura de Vigo, Iberjoya e moitas máis e tamén asistencia e participación en feiras como Intergift, Milán e incluso participación na Pasarela Cibeles baixo o lema “Segunda Piel” entre os moitos méritos e actividades coas que contan os artesáns. Tamén nos podemos atopar con que os dous artesáns deste obradoiro teñen moitas inquedanzas e aptitudes para levar a cabo outro tipo de actividades culturais, realizaron numerosas publicacións en prensa, en xornais como El punto de las Artes, Contraste, El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, revistas tales como Gold&Time, outras publicacións como o Catálogo do Certame de artesanía Antón Fraguas, Catálogo de movimiento cultural EVA, e no libro “El azabache piedra mágica, joya, emblema jacobeo”.

www.maysil.com

Páxina 17


4. datos técnicos do proxecto:

www.maysil.com

Páxina 18


Anei con pegada Este proxecto consta dun anei en prata de 925 mm e con esmeraldas é unha peza única. Na parte superior hai unha pegada de Amador e no aro leva una inscripción duns versos do poema de Celso Emilio "Eu en ti", "Sempre, dende a neve dos

tempos, eu, na túa ialma."

www.maysil.com

Páxina 19


A Prata

O seu símbolo químico é AG , que deriva do nome romano de Argentum.En estado nativo aparece en aglomerados, escamas ou filamentos entrelazados.O seu peso específico é de 10,470 pura ,e de 10,312 de lei. A composición da prata de lei é de 925 partes de prata pura por 75 partes de cobre .O punto de fusión e de 952 ºC cando e pura ,e de 890 ºC cando é de lei. www.maysil.com

Páxina 20


A prata pura é de unha cor branca .E non se oxida ,emprégase raramente, por ser excesivamente branda .Mezclada con cobre dá enton unha aleación moi útil, o cal resulta un metal ideal para ser traballado e adquire un mellor colorido que en estado puro. A prata de lei , devidamente manipulada ten tódalas boas cualidades de calquer outro metal non ferreo, posuindo un alto grao de resistencia, maleabilidade e ductilidade.O seu colorido é moitísimo mais fermoso que calquera outro metal branco e tan atrainte que casi parece un sacrilesio empregalaen obxecto de forma basta.

www.maysil.com

Páxina 21


A esmeralda

O nome esmeralda proven do nome grego “smaragdos” pero seguramente o seu nome é persa. Significa pedra verde. A esmeralda xunto ca augamarina e o berilo ,pertencen o grupo do berilo . Conseiderase a mais nobre dentro do seu grupo.O seu cor ,e tan incomparable que denominase verde esmeralda. A súa cor é moi resistente á luz e ó calor non se modifica ata os 700 ºC. Os xacimentos mais importantes atopanse en Colombia.pero tamen hai en Brasil , Sudafrica , en los Urales,etc

www.maysil.com

Páxina 22


5. -outros datos

www.maysil.com

Pรกxina 23


A ouribería Chámase ouribería ao traballo artístico realizado sobre adornos ou utensilios de metais preciosos . Os metais que constituen os obxetos de ouribería propiamente ditos son eminentemente a prata e o ouro , ou a mezcla de ambos que na antigüidade chamábase electrón ou electrum. Con ditos metais fabricábanse xa dende idades remotas utensilios moi variados coma pezas de adorno, moedas, seguindo o estilo, a ornamentación e os gustos propios da época e da nación que os elabora , como pode observarse percorrendo as principais civilizacions. . www.maysil.com

Páxina 24


Outros datos a ter en conta A tradición atribue o descubrimento do tratamento dos minerais a unha muller exipcia, que habría descuberto a metalurxia do cobre ao caerselle a malaquita ( mena de cobre) que usaba para pintalos seus parpados no ano 6000 a.c. Ou o mito de “Jason” e de “Hercules”, que invadiron Arcadia onde sufriron a reación das aves estinfalias do santuario da deusa Artemisa estinfalia, que se defenderon con plumas “como frechas de aceiro”, mito que enmascara o feito de que eran artesanas metalúrgicas, as cuales usaban armas metálicas.

www.maysil.com

Páxina 25


Fala elocuentemente en favor da hipótesis de que a metalurxia atopábase en épocas remotas en mans femininas, o mesmo nome que se lle daba a os metais en diferentes rexions: son epónimos de diosas ou heroinas. Así, na Grecia o cobre chamábase chalcis,chalkós , epónimo de la reina Calcis/Chalkis. En Chipre denominase ao cobre : venus, epónimo da deusa Venus, á prata : argira epónimo da deusa Argira. Denominabanse polos turanios caldeos ao cobre: ea, epónimo de deusa Ea. O nome del cerio deriva do nome da deusa Ceres, o cloro da deusa Cloris, o fosforo da deusa Fosforita, o galio da deusa Galia, o helio de Helia, o iridio da deusa Iris,o rodio de Rhodia, selenio de Selena, talio de Thallos, uranio de Urania, vanadio de vanadis,....

www.maysil.com

Páxina 26


Fotos

www.maysil.com

Pรกxina 27


Bocetos a lรกpiz

www.maysil.com

Pรกxina 28


Primeiros bocetos no ordenador

www.maysil.com

Pรกxina 29


Eiqui vemos como son os pasos para facer unha pegada dixitalizada. Primeiro a pegada orixinal ampliaxe e vólvese a dibuxar para finalmente vectorizala para pode-la adaptar o tamaño dexesado.

www.maysil.com

Páxina 30


DeseĂąo da parte superior ca pegada e coas pedras.

www.maysil.com

PĂĄxina 31


Estudio do aro, unha vez que xa estรก definida a parte superior.

www.maysil.com

Pรกxina 32


www.maysil.com

Pรกxina 33


Resultado final

www.maysil.com

Pรกxina 34


www.maysil.com

Pรกxina 35


www.maysil.com

Pรกxina 36


Fin

www.maysil.com

Pรกxina 37


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.