MEMORIA: EMPREGO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS NO DESENVOLVEMENTO DO CURRÍCULO IES Concepción Arenal de Ferrol (A Coruña)
2010
EMPREGO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS NO DESENVOLVEMENTO DO CURRÍCULO IES Concepción Arenal de Ferrol (A Coruña)
INTRODUCIÓN Despois das xornadas de reflexións e análise por parte dos integrantes do grupo de traballo, elaborouse esta memoria para presentar os resultados que polo de agora atopamos en canto a emprego das competencias básicas do alumnado no desenvolvemento do curriculo das asignaturas do profesorado integrante no proxecto. O traballo realizado. Como consecuencia da entrada en vigor da LOE e do Decreto 133/2007, de 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, surde a necesidade de introducir as competencias básicas no desenvolvemento do currículo. Durante o curso 2007/08 introducíronse as competencias básicas nas programación dos distintos departamentos e durante o curso 2008/09 –no desenvolvemento do PEC- elaboráronse os criterios de promoción e titulación na ESO e as fichas –utilizadas nas sesións de avaliación- para o seguimento do logro das competencias básicas por parte do alumnado. Despois das reflexións levadas a cabo durante o curso 2008/09 na Comisión de Coordinación Pedagóxica, principalmente, e no Claustro de Profesores, púxose de manifesto a necesidade de responder a unha serie
Páxina 1
de preguntas relacionadas coa introdución das competencias básicas no currículo. Estas preguntas son as seguintes:
A inquedanza que surde no centro é a de dar resposta a estas preguntas para poder mellorar e profundizar na incorporaración das competencias básicas ós deseños curriculares de ESO e desta maneira contribuir a mellora do currículo do centro. Para dar resposta as preguntas suscitadas nos plantexmos un esquema de actuación que tivo os seguintes pasos: 1. Elaboración das programacións dos departamentos segundo acordo da Comisión de Coordinación Pedagóxica en reunión de setembro de 2008. 2. Información e formación teórica do profesorado sobre competencias. 3. Analise dos deseños curriculares para concretar que elemento das áreas (obxectivos, contidos e criterios de avaliación)
Páxina 2
contribúen á consecución de cada unha das competencias básicas. 4. Formular e seleccionar aquelas tarefas que permitan a adquisición das competencias en cada unha das áreas do currículo. 5. Elaborar os criterios de avaliación adecuados para cada nivel educativo no que se encontre o alumnado para a través das tarefas realizadas, utilizando diferentes fontes de información (traballos do alumnado, exames, observacións na aula, entrevistas, etc.) poder avaliar o grado de consecución das competencias. 6. Valorar as consecuencias que pode ter a incorporación das competencias no proxecto educativo do centro. Estas consecuencias poderían ser de dous tipos: Consecuencias no currículo: modificación sustancial das tarefas actuais e unha maior integración entre o currículo formal, informal e non formal. Consecuencias organizativas: unha maior flexibilidade nos agrupamentos, facilitando o desenvolvemento de proxectos e itinerarios personalizados, unha maior apertura do centro ao entorno e, especialmente, a colaboración coas familias e as organizacións locais e a apertura as posibilidades que ofrecen os entornos virtuais de aprendizaxe. 7. Analise das consecuencias que pode ter na práctica docente a incorporación das competencias.
Páxina 3
No curso 2009 2010 co gallo de participar nos Plans de Autoavaliación da Calidade da Educación cun traballo sobre: “O emprego das competencias básicas
no
desenvolvemento
do
currículo”
tiñamos
claro
que
traballaríamos sobre os obxectivos específicos relativos as competencias básicas. Durante este curso os integrantes do grupo temos traballado para poder dar as respostas axeitadas as preguntas anteriormente formuladas. As xornadas de traballo repartíronse o longo do curso, realizado en 15 sesións de 3,5 horas de debate, exposición posta en común e discusión sobre todos os obxectivos incluídos no proxecto. O grao de consecución dos obxectivos foi elevado, un 62,5 %, de 8 obxectivos iniciais, temos 5 cumpridos e 3 en proceso de execución. O traballo realizado foi moi satisfactorio tal e coma o indica o sistema de autoavalición utilizado a hora de rematar o proxecto e facer unha análise de utilidade, unha nota media de 7,38 puntos sobre un total de 10. Aínda que algúns dos obxectivos estean en proceso de execución, entendemos que este proceso require tamén unha forma de traballar dos departamentos que non é inmediata. Revisión dos obxectivos propostos. Por todo isto os nosos obxectivos expostos para este curso 2009-2010, neste proxecto de plan de autoavaliación e mellora do IES Concepción Arenal, foron os seguintes:
Elaborar as programacións dos departamentos segundo as pautas acordadas en reunión da Comisión de Coordinación Pedagóxica de setembro de 2008.
En proceso
Páxina 4
Comprobar o funcionamento do sistema de presentación de programacións e memorias para que estas sexan entregadas tanto en tempo como en forma de maneira sistemática polos departamentos.
En proceso
Mellorar o grado de coñecemento teórico sobre competencias que permita realizar a integración e desenvolvemento do currículo coa inclusión no mesmo das competencias básicas.
Cumprido
Ordenar os distintos elementos (obxectivos, contidos,..etc.) que conforman cada unha das competencias nos deseños curriculares.
Cumprido
Definir e seleccionar as tarefas adecuadas para que o alumnado aprenda os elementos que conforman a competencia.
Cumprido
Elaborar os criterios de avaliación para avaliar o logro das competencias, prestando especial atención as tarefas seleccionadas.
En proceso
Analizar as consecuencias que a incorporación das competencias nos proxectos educativos ten para o desenvolvemento do currículo e para a organización do centro.
cumprido
Analizar as consecuencias que a incorporación das competencias ten para a práctica docente.
cumprido
Accións que se van desenvolver - calendario Para o desenvolvemento dos obxectivos do proxecto tentamos axustarnos a máis posible as accións programadas no proxecto do plan:
As accións formativas levaranse a cabo nos dous primeiros trimestres do curso, nos que o profesorado
Realizouse no mes de maio por
Páxina 5
será informado, e formado, de forma presencial, mediante a participación de expertos no tema.
necesidade da poñente.
Tamén se efectuarán, nas sesións programadas a tal fin, intercambio de ideas, experiencias e recursos sobre o emprego das competencias básicas no desenvolvemento do currículo entre os membros da comunidade educativa.
Cumprido
Durante os primeiros meses de curso setembro e outubro realizarase unha verificación do sistema de mellora da sistemática de presentación das programacións, segundo o esquema remitido polo servizo de Inspección. Nas sesións das avaliacións efectuaranse, en cadernillos, elaborados para tal fin o grado de adquisición das competencias básicas por parte do alumnado. estableceranse unha serie de gráficas de control para comprobar a eficacia da sistemática empregada. O longo do curso os distintos departamentos efectuarán as acción oportunas para poder levar a cabo a dinámica de implantación e verificación do seguimento do plan para o emprego das competencias básicas no desenvolvemento do currículo. Nos meses de abril e maio realizaranse xuntanzas de análise de resultados do elementos controlados para establecer a eficacia e control de todos os sistemas redactados.
En proceso para o ano 2010-2011
Cumprido.
En proceso para o ano 2010-2011
Cumprido.
Aínda que houbo algúns cambios de temporalidade por problemas non asumibles por nos, senón polas datas de celebracións das ponencias, por culpa do axetrado calendario da poñente elixida, todas as acción foron iniciadas. Criterios de avaliación
Páxina 6
O sistema de avaliación do plan de autoavaliación e mellora, unha vez realizados o primeiros pasos de redacción, comunicación e formación do profesorado para a aplicación da nova sistemática do plan para o emprego das competencias básicas no desenvolvemento do currículo, realizouse polo de agora mediante enquisas de verificación do grao de logro e satisfacción do profesorado implicado no traballo neste curso. Resultados das enquisas Número de enquisas totales 16. Nota máxima de cada resposta: 5 puntos Nota mínima de cada resposta: 0 puntos Datos das enquisas: Pregunta 0. Utilidade práctica no teu traballo 1. Horario Calendario
4 4 4 2
3
4
4
5 5 5
3
4
5
3
5
5
4,063
4 5 4 2
5
4
5
5 5 5
5
5
4
4
3
5
4,375
2. Duración
4 3 5 4
5
3
5
5 5 5
5
5
5
4
4
5
4,5
3. Distribución de contidos
3 3 3 3
4
3
3
5 5 5
4
3
3
3
4
5
3,688
4. Poñentes
5 5 4 4
4
5
4
5 5 5
4
5
5
4
5
5
4,625
TOTAL
4
4,2
3,8
4,2
4,2
4,4
4,4
3,6
4,2
5
4,25
4
4
3
5
5
5
Páxina 7
Cousas que estiveron ben: A implicación e interés dos compoñentes do grupo. A poñente Sr. Sara Álvarez pola claridade da súa exposición. La parte final de la relatora fue genial Las dos últimas ponencias fueron clarificadoras Poñentes e traballo en equipos. Clarificación de conceptos básicos. Exemplificación. Clarificación por parte de la ponente. En xeral todo, as poñencias son as máis clarificadoras A aprendizaxe de estratexias para traballar na aula (o máis interesante: o proxecto de tecnoloxía que se pode levar a cabo
Páxina 8
noutras materias). A poñente puxo en claro conceptos que abren un camiño para traballar: sensata e rrealista. Bo clima de traballo dos participantes Cousas que mellorar: Posiblemente a Planificación Tratar de buscar experiencias de otros centros o profesores. Traballo en equipos pequenos. Buscar horarios para coincidir. Buscar obxectivos máis concretos. Concretar las tareas a realizar po cada uno. Temporalizar mejor lo que teníamos que hacer. Máis poñencias e posta en práctica dos coñecementos adquiridos Penso que os poñentes deben vir máis o principio do curso e daríamos menos "paos de cego". A sensación nalgún momento de estar a dar "palos de ciego", e non saber por onde tirar Outras observacións: Gustaríame desenvolver máis o traballo realizado, e dicir, continuar. Autoavaliación do traballo: A acción formativa pode considerarse eficaz?
8
7
8
6
8
7
7
9
6
6
8
8
6
6
9
9
7,38
Páxina 9