Memoria 2011

Page 1

MEMORIA: EMPREGO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS NO DESENVOLVEMENTO DO CURRÍCULO IES Concepción Arenal de Ferrol (A Coruña)

2010


EMPREGO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS NO DESENVOLVEMENTO DO CURRÍCULO IES Concepción Arenal de Ferrol (A Coruña)

INTRODUCIÓN Despois de un segundo ano traballando en grupos de traballo e das reflexións e o análise por parte dos integrantes do mesmo, elaborouse esta memoria para presentar os resultados que polo de agora atopamos en canto a emprego das competencias básicas do alumnado no desenvolvemento do currículo das materias do profesorado integrante no proxecto. O traballo realizado. Como consecuencia da entrada en vigor da LOE e do Decreto 133/2007, de 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, xurde a necesidade de introducir as competencias básicas no desenvolvemento do currículo. Durante o curso 2007/08 introducíronse as competencias básicas nas programación dos distintos departamentos e durante o curso 2008/09 –no desenvolvemento do PEC- elaboráronse os criterios de promoción e titulación na ESO e as fichas –utilizadas nas sesións de avaliación- para o seguimento do logro das competencias básicas por parte do alumnado.

Páxina 1


Todo o curso pasado comezamos a andaina do grupo de traballo para o Plan de Autoavaliación e mellora da calidade na educación co gallo de traballar e afondar no tema das competencias básicas. Neste primeiro ano lográronse moitos obxectivos marcados aínda que algún deles quedaría pendente para o curso seguinte. O grao de implicación do profesorado foi alto e a súa satisfacción expresada no proceso de autoavaliación da actividade foi moi satisfactoria pois obtivo unha puntuación de 7,38 sobre un total de 10, animounos a continuar este curso co mesmo sistema de traballo. Neste curso 2010-2011 continuamos o traballo xa iniciado no curso anterior, con moitos máis coñecementos e algún outro obxectivo máis dos iniciais. Tamén tiñamos o deber de comprobar se en verdade os obxectivos estábanse a cumprir. As xornadas de traballo repartíronse o longo do curso, realizado en intensas sesións de traballo e debate, exposición posta en común e discusión sobre todos os obxectivos incluídos no proxecto. O grao de consecución dos obxectivos foi elevado, un 77.8 %, de nove obxectivos iniciais, temos sete cumpridos e dous en proceso de execución. O traballo realizado foi moi satisfactorio tal e coma o indica o sistema de autoavaliación utilizado a hora de rematar o proxecto e facer unha análise de utilidade, unha nota media de 8,33 puntos sobre un total de 10. Aínda que algúns dos obxectivos estean en proceso de execución, entendemos que este proceso require tamén unha forma de traballar dos departamentos que non é inmediata. Páxina 2


Neste ano para mellorar o grao de comunicación entre os participantes e facer públicos os traballos, debates e conclusións de cada unha das sesións do grupo de traballo quixemos publicar un blog en liña: http://cabasicas.blogspot.com O traballo en grupo e unha das cousas mais valoradas polo grupo de profesores, e fundamentalmente o noso interese neste curso era poder obter un modelo de indicadores para utilizar nas sesións de avaliación final de 4º ESO, para poder demostrar que o alumnado alcanzou as competencias básicas e poder desta forma obter o titulo da ESO. A meirande parte das reunións estiveron enfocadas na consecución deste obxectivo, aínda que tamén estivemos a traballar na realización de tarefas baseadas na observación das competencias básicas do alumnado.

Páxina 3


Revisión dos obxectivos propostos. Por todo isto os nosos obxectivos expostos para este bienio 2009-2011, neste proxecto de plan de autoavaliación e mellora do IES Concepción Arenal, foron os seguintes:

Elaborar as programacións dos departamentos segundo as pautas acordadas en reunión da Comisión de Coordinación Pedagóxica de setembro de 2008.

En proceso

Comprobar o funcionamento do sistema de presentación de programacións e memorias para que estas sexan entregadas tanto en tempo como en forma de maneira sistemática polos departamentos.

Cumprido

Mellorar o grado de coñecemento teórico sobre competencias que permita realizar a integración e desenvolvemento do currículo coa inclusión no mesmo das competencias básicas.

Cumprido

Ordenar os distintos elementos (obxectivos, contidos,..etc.) que conforman cada unha das competencias nos deseños curriculares.

Cumprido

Definir e seleccionar as tarefas adecuadas para que o alumnado aprenda os elementos que conforman a competencia.

Cumprido

Elaborar os criterios de avaliación para avaliar o logro das competencias, prestando especial atención as tarefas seleccionadas.

En proceso

Analizar as consecuencias que a incorporación das competencias nos proxectos educativos ten para o desenvolvemento do currículo e para a organización do centro.

cumprido

Páxina 4


Analizar as consecuencias que a incorporaciรณn das competencias ten para a prรกctica docente.

cumprido

Xerar o informe final de curso atendendo a consecuciรณn de competencias bรกsicas baseado en indicadores segundo as pautas acordadas no plan de mellora do curso 2009-2011.

cumprido

Pรกxina 5


Accións que se van desenvolver – calendario (2010-2011) Para o desenvolvemento dos obxectivos do proxecto tentamos axustarnos a máis posible as accións programadas no proxecto do plan:

As accións formativas levaranse a cabo no primeiro trimestre do curso, no que o profesorado será informado, e formado, de forma presencial, mediante a participación de expertos no tema (20 horas aprox.).

Realizouse o longo do curso por necesidades do relator.

Tamén se efectuarán, nas sesións programadas a tal fin, intercambio de ideas, experiencias e recursos sobre o emprego das competencias básicas no desenvolvemento do currículo entre os membros da comunidade educativa.

Cumprido

Nas sesións das avaliacións efectuaranse, en cadernillos, elaborados para tal fin o grado de adquisición das competencias básicas por parte do alumnado.

Cumprido.

O longo do curso os distintos departamentos efectuarán as acción oportunas para poder levar a cabo a dinámica de implantación e verificación do seguimento do plan para o emprego das competencias básicas no desenvolvemento do currículo.

Cumprido nos departamentos participantes no grupo de traballo

Nos meses de abril e maio realizaranse xuntanzas de análise de resultados do elementos controlados para establecer a eficacia e control de todos os sistemas redactados.

Realizarase na avaliación de xuño.

Aínda que houbo algúns cambios de temporalidade por problemas non asumibles por nos, senón polas datas de celebracións dos relatorios, por culpa do complicado calendario da relatora elixida, todas as acción foron iniciadas.

Páxina 6


Criterios de avaliación O sistema de avaliación do plan de autoavaliación e mellora, unha vez realizados os primeiros pasos de redacción, comunicación e formación do profesorado para a aplicación da nova sistemática do plan para o emprego das competencias básicas no desenvolvemento do currículo, realizouse polo de agora mediante enquisas de verificación do grao de logro e satisfacción do profesorado implicado no traballo neste curso. Resultados das enquisas  Número de enquisas totais 12.  Nota máxima de cada resposta: 5 puntos  Nota mínima de cada resposta: 0 puntos Datos das enquisas: Pregunta 0. Utilidade práctica no teu traballo 1. Horario Calendario

5

5

4

4

4

5

4

5

4

3

4

4

4,25

5

5

4

4

5

4

4

5

4

5

4

4

4,417

2. Duración

5

5

4

4

5

4

4

5

3

4

4

4

4,25

3. Distribución de contidos

5

5

5

3

5

4

4

5

2

4

4

4

4,167

4. Relatorios

5

5

5

4

5

4

4

5

5

5

4

4

4,583

TOTAL

5

5

4,4

3,8

4,8

4,2

4

5

3,6

4,2

4

4

4,333

Páxina 7


Cousas que estiveron ben:  A interacción  As reunións formativas e as reunións do grupo de traballo  As ponencias dos relatores, a posta en común cos compañeiros e o resultado obtido que ten un compoñente practico enriquecedor.  A obtención dun documento cos indicadores da avaliación de competencias e as reunións do grupo  A posta en acción da información sobre as competencias, aspecto novidosos que e necesario coñecer para a labor docente diaria nas aulas.  Traballo grupal e a formación en xeral  Mucha información sobre un tema que no tenia claro Cousas que mellorar:

Páxina 8


 Todo pódese perfeccionar pero en esencia estou satisfeito  A implicación do profesorado do claustro que non está a participar no grupo de traballo  A comunicación de logros ao resto do profesorado  Dedicamos moito tempo aos indicadores, deberíamos traballar como preparar tarefas  Aínda que o aspecto practico da formación, habería que ser un pouco mais ampla para levar a practica na aula todo o teórico que aprendemos.  Dar ferramentas para a aplicación  Distribuír más bien los relatorios al principio y las tareas al final Outras observacións:  Continuar traballando no tema Autoavaliación do traballo: A acción formativa pode considerarse eficaz?

8

10

9

8

8

9

8

8

7

8

9

8

8.3

Páxina 9


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.