CONTIDOS MÍNIMOS 2º ESO Contidos mínimos Concepto de tecnoloxía. Características funcionais e estéticas dos obxectos tecnolóxicos. Fases do proceso tecnolóxico. Instrumentos e materiais básicos de debuxo técnico e deseño gráfico. Trazado de rectas paralelas, perpendiculares e ángulos coa axuda do escuadro e cartabón. Trazado de figuras xeométricas planas sinxelas. Formas de representación gráfica de obxectos: bosquexo, esbozo e proxección diédrica (planta, alzado e perfil). o Aplicación a distintas pezas e obxectos: parafuso, porca, lapis... Convencións de representación gráfica. Normalización: acoutamento. Concepto de perspectiva: perspectiva cabaleira. o Aplicación a pezas sinxelas. Representación a escala: escalas de ampliación e redución. o Realización de debuxos a escala e cálculo das medidas reais dun obxecto debuxado a escala. Uso do calibre: realización de medidas en distintos obxectos. Materiais naturais e transformados: clasificación. Propiedades características da madeira. Obtención. Derivados da madeira: aglomerado, contrachapado, fibra, papel. Principais ferramentas para o traballo coa madeira. Técnicas básicas do traballo con madeira. Repercusións ambientais da explotación da madeira. Materiais metálicos: clasificación. Materiais férricos: propiedades e aplicacións. Materiais non férricos: propiedades e aplicacións. Técnicas básicas de traballo de metais no taller: ferramentas e uso seguro das mesmas. Técnicas industriais do traballo con metais. Obtención de metais: a altas temperaturas e en cela electroquímica. Impacto ambiental. As estruturas e os seus tipos. Elementos das estruturas. Esforzos que soporta unha estrutura. Proceso de deseño dunha estrutura resistente, tendo en conta a necesidade que hai que cubrir. Perfís e triangulación de estruturas básicas. O procesador de textos. Formato dos caracteres: tamaño, cor, fonte, estilo.