Contos de seres mitolรณxicos 5ยบA
A moura do Lameiriña Conta a lenda que todas as tardes un neno chamado Antón ía para a súa casa pola beira do río Lameiriña. Un atardecer, Antón, mirou unha sombra no fondo do río. Era unha moza moi fermosa, cos cabelos loiros, a pel clara e cun vestido dourado. Outra moza peiteáballe o cabelo cun peite de prata. Antón mirou e mirou ao fondo abraiado e a moza saíu a saudalo. Este mostrouse moi sorprendido e un pouco asustado. A moza díxolle: - Son a moura do río Lameiriña e busco un bo marido. Antón contestoulle: - Eu son pobre, non teño cartos. Non serei un bo partido! Entón a moura replicoulle: -Dareiche un saquiño do que sacarás diñeiro e nunca se acabará. Cando te fagas rico volve de novo a buscarme. Antón encolleuse de ombros e aceptou, prometendo voltar; cousa que nunca fixo! Pasaron moitos anos e un día, o rico Antón, xa vello e con netos, pasou polo río onde a moura fermosa de cabelos loiros aínda o estaba a esperar. Mentras Antón recordaba a promesa non cumprida, a moura saíu do río enfadada, agarrouno pola chaqueta e afundiuno no río con ela para sempre.
A moura do río Un día un rapaz chamado Diego,ía camiñando polo monte co seu pai.O pai,nun momento,díxolle que escoitara un ruído estraño e foi mirar o que era. Como tardaba en regresar,Diego,decidíu ir a buscalo.O único que atopou foi o río.Asustado foi correndo a casa a preguntarlle a súa nai se regresara o seu pai,pero ela contestoulle que non. Diego escoitou ao can ladrar con moita ansia, así que colleuno e foi con el,que o conduxo ata onde desaparecera o seu pai.Alí atopou unha moura co cabelo vermello e un traxe fermosísimo de follas que estaba peiteando cun peite de ouro.Preguntoulle polo seu pai,pero ela respondeu que lle diría onde estaba se superaba unha proba:ela convertiríase nunha serpe e el tiña que ser quen de meterlle unha rosa da boca.Diego venceu o seu medo e superou a proba. A moura enfeitizara ao seu pai convertíndono nun peite.Cumplida a proba a moura devolveuno a súa forma e xuntos pai e fillo regresaron a casa xunto un tesouro que a moura le regalou.
A xacia do río Esta é a historia xamais contada dunha fermosísima xacia que desgraciadamente, non ten un final feliz. Non fai moito tempo ocurríu algo moi difícil de esquecer, algo inaudito. Pasou na vila de Marín , preto do río Lameiriña: Érase un home chamado Lucas, duns corenta anos, aproximadamente, que todos os días se erguía cedo para ir traballar as leiras. O día 31 de outubro era para el un día máis. Non imaxinaba lle sucedería. Ía de camino cando decidíu cruzar o río para ver se os castiñeiros xa tiñan os ourizos maduros. Foi entón cando escoitou unha estraña melodía. Lucas intentaba averiguar de onde procedía acercándose máis e máis a auga, onde descubríu unha fermosa muller, pero que non tiña pernas, no seu lugar tiña unha preciosa cola de peixe. Era unha xacia! Lucas sorprendido, non sabía que facer, pero aquela melodía hipnotizouno. O home foiuse adentrando cada vez máis e máis na auga. Non podía pensar nin retroceder, era o final da súa vida… Lucas nunca apareceu, so a súa boina, mollada, a beira do río. Esta triste historia non se olvidará nunca. Tende coidado rapaces, o día do Samaín, porque aquela xacia aínda pode estar por ahí ¡!!
O misterio do colexio Nun pobo de Lugo había varios grupos de aldeas que compartían un colexio preto do río Sil. No colexio traballaban seis mestras e un conserxe. Este eramaior,fraco,cun ollo torto,nariz puntiaguda e case sen dentes;ademais non era moi amable,por iso os nenos e nenas lle tiñan moito medo. Durante o curso empezaron a desaparecer nenos. Todos estaban moi preocupados e sospeitaban do conserxe,xa que non se mostraba conmovido polos feitos. Unha mañán,dúas nenas chamadas Marta e Esperanza,dirixíanse a clase de música e escoitaron a unha mestra falando unha lingua moi extraña. Foron con coidado ,a ver que sucedía e descubriron que a mestra non tiña a súa forma normal,Tiña patas de cabra!Entón decatáronse de que era unha lumia,seres malvados que chupan a sangue dos nenos e nenas! Correron a avisar a directora pero foi demasiado tarde. Sentiron os gritos do conserxe avisando de que unha mestra se tirara ao río. En verdade,tratábase dunha lumia! Nunca mais se volveu a saber nada dela nin dos nenos desaparecidos. Suponse que a Lumia apoderouse do espírito da mestra e poseena. Coidado nenos e nenas coas lumias que se agochan preto dos ríos!!!
O río das serpas Érase unha vez unha familia a que lle encantaba o senderismo. Unha tarde de outono o pai e máis os tres fillos saíron a camiñar. Cando xa levaban varias horas andando decidiron parar a descansar preto dun río. Un dos nenos decatouse de que as augas ... estaban moi axitadas. Acercouse e decidíu mergullarse para ver se eran peixes. Cando se adentrou descubríu un mundo de terror. Miles de serpas, seres que son metade mulleres,metade serpes, nadaban ao seu redor con xestos arrepiantes. Chegou un momento en que o neno estaba mareado. De súpeto, sintíu que algo o agarraba e tiraba del, era o seu pai que o salvara. Ao saír non contou nada do que vira, dixo que estaba sofocado e decidira darse un baño. Vinte anos máis tarde, xa convertido nun home, decidíu volver a ese lugar para comprobar se fora algo realo un produto da súa imaxinación, pero, de súpeto, algo se moveu na auga, agarrouno e... nunca máis se supo del!!!
O secreto do río Lameiriña No ano 1905, na noite do Samaín, un rapaz chamado Xaime atopouse cun ser misterioso que na súa vida conseguíu olvidar. Aquel ano, na noite do Samaín, Xaime ía cos seus amigos polas casas pedindo doces, pero o que máis lles chamou a antención foi que ninguén estaba nas casas e, de súpeto, os seus amigos desapareceron. Xaime seguíu camiñando, e seguíu, e seguíu...ata que se atopou co río Lameiriña. Nel divisou unhas siluetas estraña, cando se acercou críu que era un grupo de mulleres, pero en realidade eran unhas lavandeiras da noite que tiñan os cabelos brancos, ollos avermellados e aterradores. Vestidas con roupas negras, panos, colares e pulseiras. Algunha cubría os seus cabelos con chapeus amplos e grandes. As lavandeiras, con moita amabilidade, pedíronlle axuda para escurrir a roupa. Xaime aceptou, pero quedou moi abraiado cando viu a roupa manchada de sangue. Xaime empezou a escurrir a roupa , fixo para o mesmo lado que as lavandeiras entón, o ceo nubrouse de verde e Xaime non podía escapar de alí,estaba poseído polo feitizo das lavandeiras! E agora el está alí esperando as almas mortais, como as vosas, para maldecilas; entón aconséllovos que este Samaín Non pesedes por ahí. Que teñades un terrorífico Samaín!!