Concurso de relatos curtos: “A viaxe de Birlo” Acordádevos que vos dixen que estivera de viaxe polo mundo enteiro buscando novos libros para a nosa biblioteca? Pois ben, estando no Brasil, e escoitando ás súas xentes entroume morriña, debeu ser cousa da lingua, parécese tanto á galega…, así que decidín voltar á miña casiña no Sequelo. Pero non creades que a viaxe de volta foi doada, case me perdo e ata pasei medo, por pouco non chego…
Que creedes que pasou? Que perigos imaxinades que atopei? Como fixen para traer todos os libros? Como pensades que vin desde Brasil ata aquí?
Animádevos a participar cos vosos relatos. O que máis se aproxime á realidade será o gañador.