Escola de pantasmas

Page 1

ESCOLA DE PANTASMAS EN MAPIRIMPIN Din que en tempos remotos a nosa vila chamábase Mapirimpín. Os seus habitantes os “mapirimpienses”, adicábanse fundamentalmente a actividades de pesca e agricultura. Os arquivos históricos refiren a existencia dunha secreta e famosa escola de pantasmas. Toda pantasma que quixese ser alguén na carreira pantasmal acudía alí, a uns cursos intensivos de “Pantasmagoría aplicada”, o equivalente a os actuais “masters”. Consultados

detidamente

os

arquivos

atopáronse

curiosos

expedientes académicos d@s pantasmalumn@s, entre os que destaca o da fantasma Tornam Bruse Strumber. Tornam chegou á escola con fama de ser un bo alumno, pero un pouco torpón e inxenuo. Rematados os tres anos que duraban os cursos, só lle quedaba a fase práctica, que consistía en facer tres pantasmadas na vila. Cousa moi difícil, pois os sufridos mapirimpienses estaban moi acostumados a ser as vítimas das probas das pantasmas; xa que desde tempos lonxanos convivían con estranos sucesos para os que non atopaban explicación. Para a primeira pantasma-proba, Tornam achegouse ao lavadeiro do Busto; alí dúas mulleres lavaban a roupa, mentres se entretían falando das súas cousas: -

Maruxa,

hoxe

non

Menuda morea de roupa!

acabamos

máis.


- Tes razón Carme, na miña casa cada día son máis porcos. Escoitando esto, Tornam preparouse para a súa primeira pantasmada; pero Maruxa atarefada na súa morea de roupa, agarrou a saba de Tornam dicindo: “Xa pensaba que tiña todas as sabas lavadas e aínda me quedou aquí unha”. Tornam, despois de ben lavado e aclarado, quedou a secar prendido por catro pinzas no cordel da roupa, sen poder marchar para a escola ata que estivo ben seco; coa correspondente reprimenda por chegar tarde. En vista de que a primeira pantasmada lle saíra mal, decidiu que uns pescadores, que acababan de chegar coas súas lanchas ao porto pesqueiro, serían obxectos da segunda pantasma-proba. - Boa pesca tivemos hoxe – dixo Manuel. -

Sí, tivemos moita sorte - dixo Xosé – sacaremos uns bos cartiños.

-

Manuel advertiu: “Acórdate de separar eses polbos para nós, que ben os merecemos”.

“Esta é a miña”, pensou Tornam, e, no intre en que ía aparecer, Xosé tirou os polbos de mala maneira, con tanta puntería, que foron dar no que eles pensaban que era unha saba. “Vaía” - dixo Manuel – A quen se lle ocurriría deixar unha saba aquí? Para non ser descuberto Tornam tivo que esperar a que lle sacaran aqueles

noxentos

polbos

de

enriba. Novamente chegou a escola tarde , sucio e apestando a peixe. Esta vez, o director da escola non se limitou a unha reprimenda, senon que lle baixou a nota.


Tornam pensou: “A xente desta vila é imposible, non hai forma de asustala. Así que para a súa terceira pantasma-proba elexiu unha zona próxima á lonxa, onde os redeiros adoitaban tecer e reparar as redes. Alí atopábase un grupiño de dez homes traballando. “Desta sí que vai”, pensou Tornam, “dunha soa vez podo pantasmear a toda esta xente”. Un redeiro dixo. “Vai sendo hora de rematar a xornada, será mellor que me axudedes a recoller estas redes que xa están listas”. Catro homes levantaronse, mentres que os outros continuaron coa súa tarefa. No intre en que os catro homes empezaban a dobrar a rede, saiu Tornam, axitando a súa saba e facendo extranos sons: “Uuuuuuuhhhhhhh, uuuuhhhhhh, uuuuuhhhhh…” Esta vez sí que levaron un bo susto; pero os redeiros (xente ruda e traballadora), pasado o primeiro susto, en vez de fuxir utilizaron as súas redes para enredar a Tornam, que quedou pillado na rede coma un peixiño. Esto foi o fin da escola de pantasmas, pois Tornam ao ser descuberto tivo que dicir toda a verdade. O director da escola tivo que disculparse ante os mapirimpienses por todos os trastornos ocasionados ao longo de tantos anos e a escola tivo que ser trasladada a… As instalacións donáronse á vila, que as utilizou como centro cultural para nenos e adultos… e hai quen di que hoxe en día é o lugar que ocupa o afamado Ateneo Santa Cecilia.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.