MANIFESTO DA PAZ
Hoxe celebramos o Día da Paz, pero…De que nos vale ser bós un día, se os 364 do ano volvemos a portarnos mal? Con comportamentos racistas, guerras e pelexas que non nos serven de nada, máis que para levarnos mal. Se cada unha das persoas deste mundo puxera un pouquiño da súa parte iste mundo sería moito mellor. Queremos un mundo en paz, sen abusos, onde ninguén pase fame, se respecten os dereitos fundamentais e todos os nenos poidamos xogar e ir á escola. Queremos igualdade, xustiza, liberdade, dignidade, amor, alegría, cooperación, amizade, compartir, saber perdoar…. E dicimos ben alto: -
Non á guerra. Non ao maltrato e á explotación infantil. Non aos abusos. Non á discriminación e ao racismo. Non ás violacións e á violencia de xénero. Non ao terrorismo. Non aos roubos e ás inxustizas.
-
Non ao maltrato animal. Non á contaminación. Non ás mentiras e á avaricia. Non ás armas e ao asesinato. Non á fame no mundo. Non aos prexuízos, ao odio e ao rencor. - Non aos incendios provocados. - Non á indignidade… - Non En fin, non a todo tipo de violencia contra as persoas, contra os animais ou contra o noso planeta. Temos que intentar crear un futuro mellor onde haxa amor e felicidade. E recorda: “Non hai nada que poidas facer que non poida facerse. Ninguén a quen poidas salvar que non poida salvarse. Nada que non poidas facer, pero debes aprender a facelo a tempo, é fácil”.
Para rematar Fran leunos un poema que escribiu: Hoxe no Día da Paz, as guerras pararán, xuntarémonos como irmáns, para xogar e falar. Cantaremos e bailaremos, para ca xente nos escoite, e quedaremos espertos, ata que caiga a noite. Imos levar das mans, ao amor e o agarimo, para que en vez de pegarnos, démonos biquiños. Todos xuntos, con amor, lograremos, un mundo mellor.