Que será iso da autoestima?
É a imaxe que cada un temos de nós mesmos a nosa aparencia, os nosos coñecementos… Querernos a nós mesmos aceptando os nosos logros e as nosas limitacións. A nosa autovaloración depende das nosas vivencias, da nosa historia persoal, pero sobre todo da valoración que de nós fagan as persoas que son importantes na nosa vida. O modo en que nos nos valoremos determina algo tan importante como a capacidade de rendemento ou a competencia social. Unha baixa autoestima pode traducirse nun baixo rendemento escolar ou en escasas habilidades sociais.