bibliotecas extrañas

Page 1


É difícil de explicar, pero todos sabemos que as bibliotecas teñen eses ambientes misteriosos, case sagrados como lle ocorre ás igrexas e as catedrais. Sempre mostran no seu interior andeis cheos de libros e un silencio sepulcral, só interrompido polo ruído das páxinas ao ser pasadas...

Sexas ou non un aficionado á lectura as imaxes que verás a continuación vante impresionar!!


CALES SON AS BIBLIOTECAS MÁIS SORPRENDENTES DO MUNDO!!!


Museo de libros ilustrados para nenos de Iwaki,

.

Xapón

Este museo, tamén coñecido como a Biblioteca Libro de Imaxes, foi deseñado polo afamado arquitecto xaponés Tadao Ando no ano 2005; o museo foi creado nun principio para un público infantil; pero gracias ao seu aspecto único, este edificio acabou atraendo a atención dos nenos e adultos de todo o mundo polo seu deseño e polos libros que alberga. A ambientación ten un decorado minimalista, en gran parte consiste nas propias portadas dos libros que son as que dominan o espazo. Na súa construción só se empregaron tres materiais: formigón, vidro e madeira.


Biblioteca da Abadía de Wiblingen, Alemaña Esta biblioteca de finais do século XI está considerada como unha das máis fermosas de Europa. É un verdadeiro exemplo do estilo Rococó que tanto triunfou algúns séculos atrás. A biblioteca é unha explosión de formas, cores, dourados e esculturas de madeira que parecen de mármore.


Biblioteca Clementina, Praga

.

Trátase dunha das máis, ou quizais da máis, fermosa biblioteca que existe no mundo. Abriuse en 1722 como parte dunha Universidade Xesuíta. É todo un exemplo de arquitectura barroca, o seu interior está profusamente decorado, non só con mobles, baldas e outros accesorios, senón tamén con frescos que enchen os seus teitos. A Biblioteca Clementina alberga nos seus fondos uns 20.000 volúmenes, moitos deles exemplares únicos. Tamén posúe unha colección de suntuosos globos terráqueos e astronómicos que decoran o corredor central e de reloxos astronómicos, moitos deles construídos polo mestre Jan Klein.


Biblioteca de Liyuan Podes imaxinar unha biblioteca perdida no bosque? A dúas horas de Pekín, China, podes atopar unha das bibliotecas máis enigmáticas do mundo, seguramente o lugar perfecto para ler!! A estrutura do edificio é un esqueleto con vigas de madeira recheas de polas autóctonas. O interior do edificio, de tan só 175 metros cadrados, está distribuído en varios niveis mediante plataformas e superficies de madeira, que integran asentos e andeis á vez que favorecen e o acceso ás distintas alturas.


Biblioteca Nacional de Minsk, Bielorrusia .

Aínda que, polo seu deseño vangardista en forma de diamante con 22 plantas, parece unha estación espacial, esta biblioteca é o centro cultural máis importante de Bielorrusia ademais de ser a terceira biblioteca do mundo que contén máis libros escritos en ruso. O concepto de modernidade aparece incluso nas súas instalacións, xa que posúe un curioso e eficaz sistema automatizado de última xeración para colocar os libros moi innovador.


Arma de Instrución masiva-Axentina O artista arxentino Raúl Lemesoff recorre cada día ls rúas de Bos Aires nun tanque que non dispara proxectís senón libros. Trátase dun proxecto chamado Arma de Instrucción Masiva (ADIM) que trata de levar a cultura aos barrios máis desfavorecidos das cidades arxentinas, as chamadas “vilas miseria”. O tanque é un antigo Ford Falcon 1979 tuneado cunha torreta xiratoria e un espazo suficiente para almacenar uns 900 libros utilizados para darlle unha boa dose de educación a todo aquel que o desexe.


Biblioteca urbana de Saint-Étienne, Francia É una biblioteca ao aire libre deseñada por Didier Muller; consiste en colgar das árbores caixas transparentes con libros no seu interior, desta maneira, calquera persoa que queira coller un libro, simplemente ten que tirar dunha corda e deixar un libro a cambio do que leva. O seu principal obxectivo é o de animar á lectura nunha contorna natural concienciando ao mesmo tempo sobre a importancia da reciclaxe do papel.


blioteca de Soneva Kiri, Tailandia. Esta é unha biblioteca realmente atípica ubicada no complexo turístico de Soneva Kiri, na illa de Koh Koodin (Tailandia) . Utilizando só materiais naturais coma o bambú, o edificio está conformado por un labirinto de corredores que conectan diferentes áreas educativas. Menudo lío de corredores!


Biblioteca de Muyinga, en Burundi

Esta biblioteca da cidade de Muyinga, en Burundi, formou parte dunha futura escola inclusiva para nenos xordos; está fabricada a partir de bloques de ladrillo fabricados localmente e con man de obra participativa. A biblioteca está organizada ao longo dun espazo lonxitudinal cuberto. Este “porche-vestíbulo” é un espazo que ten moitos elementos comúns coa cultura Burundi e a ao mesmo tempo vez serve de refuxio contra a chuvia e o sol. Este lugar está cheo de vida; reunións, conversacións…é un espazo social, feito para relacionarse cos demais. Na parte superior hai unha hamaca enorme feita de cuerda de sisal a modo de entrepiso, na que os nenos poden durmir ao lado dos libros.


Biblioteca na praia de Albena, Bulgaria. As bibliotecas fronte á praia son un complemento inxeñoso para as costas de todo el mundo. Estas bibliotecas “pop-up” son una tendencia crecente nas praias de todo o mundo. En Albena, no Mar Negro de Bulgaria, hai una biblioteca de praia que contén máis de 6.000 libros para que os veraneantes gocen coa lectura mentras toman o sol.


Biblioburro, Colombia. Todos os fins de semana, Luis Soriano, un profesor da Gloria, carga aos seus burros “Alfa” e “Beto” con decenas de libros para poderlle levar a lectura a aqueles nenos que non poden gozar dela. O biblioburro tivo moito éxito e grazas aos donativos que Soriano foi recibindo logrou abrir unha biblioteca permanente na súa cidade Natal da Gloria.


Biblioteca Trinity College, Dublín. É a biblioteca máis antiga de Irlanda, almacena nos seus andeis ata 200.000 volumes bastante antigos e valiosos. Os infinitos andeis repletos de libros inundan o ambiente co seu cheiro a madeira antiga mentres decenas de bustos de mármore vixían a sala ao longo de 85 metros. Nunha vitrina exponse a arpa máis antiga que se conserva de Irlanda, realizada en carballo e salgueiro con cordas de bronce. O Libro de Kells, a xoia da biblioteca, contén un texto en latín dos catro evanxeos escritos cunha caligrafía mui ornamentada, realizada con coloridos pigmentos. Un lugar sen dúbida abafador que respira e transmite o paso da historia en cada anaco.


Biblioteca Geisel, San Diego. A forma estraña desta Biblioteca parece digna dun telón de fondo dunha película de ciencia ficción. O edificio ocupa un nexo fascinante entre o brutalismo e o futurismo que o seu arquitecto, William L. Pereira, buscou intrepidamente ao longo da súa carreira. Cos seus fortes pilares de formigón e os seus envolventes vidrosos dos recintos, a biblioteca ocupa un estado marabillosamente ambiguo entre masividade e levitación, como se os pisos superiores acabaran de colocarse sobre a súa base e se puideran levantar de novo en calquera momento. A tensión entre estas dúas condicións danlle á biblioteca un aspecto doutro mundo e ofrece unha sorprendente declaración sobre o poder xenerativo e imaxinativo do arquitecto.


Biblioteca pública McAllen, Texas.

Está considerada como a biblioteca máis fermosa do Estado de Texas, É a biblioteca máis grande dun só piso na nación, mide 11.500 metros cadrados. Cada mes recibe ao redor de 60.000 visitantes e ofrece moitas amenidades para traballar, ler o estudar comodamente.


Biblioteca Acqua Alta, Venecia. Na cidade de Venezia atópase unha librería que fixo dun problema importante o maior dos seus atractivos. Trátase da Librería Acqua Alta, que se anega cando sobe o nivel da auga e trasfórmse nunha librería flotante. Os libros están apilados sobre todo tipo de plataformas flotantes ou impermeables: bañeiras, botes, góndolas. Claro que o que predomina no lugar non é a orde precisamente. Para topar o libro que desexamos teremos que valernos da memoria infalible do dono , que será o que atope o libro no sitio do que el é o único que o recorda.


Tripitaka coreana de Haeinsa, Corea del Sur

. A Tripitaka Coreana é a colección máis completa de textos budistas, grabada en 80.000 bloques de madeira entre os anos 1237 e 1249. Está situada no Haeinsa, un templo budista construído no ano 802 en Gyeongsang, Corea del Sur, onde se levantaron os edificios de Janggyeong Panjeon no século XV para albergar estos bloques de madeira. Tanto o templo coma os libros son Patrimonio da Humanidade


National Library Singapore)

É a primeira biblioteca verde do mundo para nenos.A peza central da Sección Infantil é a Casa das Árbores : unha árbore verde máxica para que os nenos se marabillen. Desde a entrada do bosque encantado atopamos os andeis cheos de libros temáticos verdes. Esta biblioteca foi deseñada para atraer ós nenos a ler, explorar, descubrir e aprender sobre o ambiente de xeito divertido, interactivo e agradable. Serve como un centro de recursos para facilitar a alfabetización ambiental para os nenos e desafialos para coidar o medio ambiente.


Royal Grammar School, Guildford.

É unha das últimas bibliotecas que protexen os seus vellos tomos con grandes cadeas de metal. Este lugar ten que ser espeluznante pola noite!!! Imaxinade escoitar todas estas cadeas chocando entre elas no medio da escuridade.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.