tratemonos ben

Page 1

Todas as persoas temos DEREITO a ser ben tratadas. ISTO SIGNIFICA QUE… 1.-NINGUÉN pode pegarnos, nin darnos empurróns, nin facernos dano fisicamente. 2.-NINGUÉN pode ameazarnos, nin insultarnos. 3.-NINGUÉN pode burlarse nin rirse de nós. 4.-NINGUÉN debe difundir rumores sobre algún de nós. 5.-NINGUÉN pode excluírnos do grupo, nin impedirnos que xoguemos con outros compañeiros. QUE PODES FACER SE TE ENCONTRAS NUNHA SITUACIÓN DE MALTRATO? 1. Intenta manter a calma. Se berras ou choras podes empeorar a situación. Se ven que te molestan vano repetir para “divertirse”. 2.-Non respondas da mesma forma: pegar ou responder con insultos complica a situación. Non respondas como el ou ela espera. Utiliza a imaxinación.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.