8 de Marzo

Page 1

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


A LOITA POLA IGUALDADE • A historia do movemento de liberación da muller, ten un longo percorrido como movilización colectiva nos diversos paises do mundo occidental. Movemento polifacético e pluralista que puxo en pé as mulleres por motivos sociais,culturais,relixiosos e mesmo políticos.


As primeiras manifestacións históricas xorden a finais do século XIX e nas primeiras décadas do século XX. Unha nova ola de revindicacións aparece nos anos 60 co chamado Movemento de Liberación da Muller. Nos primeiros tempos as revindicacións identifícanse máis co sufraxismo e as movilizaciones a favor do voto, pero eran algo máis: o aceso á educación, ao mundo da cultura,da relixión, do traballo remunerado e a un status social recoñecido.


ORIXES • O pensamento feminista remóntase xa a Idade Media e Moderna • Obras: • A Querella das mulleres • La ciudad de las Damas . Christine de Pison (1400) • De la Igualdad de sexos . Poulán de La Barne(1673) • Discurso de la educación física y moral de las mujeres . Josefa Amor(1769)


ORIXES • Na Época Contemporánea estes intentos individualista de revindicación da Idade Media e Moderna convértense nun movemento colectivo. • Na Revolución Francesa apoiada no lema revolucionario ” Liberdade , Igualdade Fratenidade” as mulleres organízanse pola defensa dos deus dereitos( clubes republicanos de mulleres) • 1791 Olimpia de Gouges activista revolucionaria publicou a Declaración dos Dereitos da Muller e da cidadá.


FEMINISMO NORTEAMÉRICANO •

• •

No ano 1848 reuníuse por primeira vez nun pobo americano , Seneca Falls , un grupo de mulleres e máis algúns homes para tratar sobre a situación da muller. A iniciativa de celebrar a reunión partíu dun grupo de mulleres abolicionistas. Desta reunión saíu a Declaración de Seneca Falls , difundida o mesmo ano que o Manifesto Comunista de Marx.


FEMINISMO E OBRERISMO •

Ás revindicacións das mulleres únense tamén a principios do século XX as revindicacións das mulleres traballadoras. Trala Primeira Guerra Mundial acentuáronse as loitas sufraxistas das mulleres, que provocaron multitudinarias manifestacións e propaganda en favor da reforma da constitución para conseguir o voto feminino.


ACTUACIÓNS FEMINISTAS EN GRAN BRETAÑA .O caso británico foi moi semellante ao americano .Vindicación dos Dereitos das Mulleres(1792) publicado por Mary Wollstonecraft , é o texto fundamental das revindicacións das mulleres británicas .A suxeción da muller (1869) de John Stuart Mill plantexou a necesidade de recoñecer a igualdade da muller. : Na segunda metade do século XIX as organizacións feministas incluiron nas súas reivindicacións a loita pola regulación da prostitución e a trata de brancas


SéculoXX Durante o século XX continúan as revindicacións das activistas inglesas en busca do sufraxio feminino No ano 1918 as británicas conseguen o voto restrictivo. Unha década máis tarde 1928 conseguen o sufraxio universal feminino nas mesmas condicións cos homes.


A LOITA POLOS DEREITOS DA MULLER EN ESPAÑA O despegue do pensamento feminista en España foi lento. Causas: Escaso arraigo das ideas liberais, tardío acceso a educación das mulleres. A loita non foi tanto sufraxista senón máis ben un intento por acadar dereitos civís como o acceso a educación, a cultura e o traballo remunerado.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.