BIBLIOTECA IES DO CASTRO
25 DE NOVEMBRO
CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
NIN UNHA MÁIS
LIBRES
IGUAIS VIVAS
A miña princesa
Vergoña Arrastraba unha vergoña insoportable. Unha vergoña que a oprimía no peito e non a deixaba respirar; que maquillaba a diario e da que non sabía desprenderse; que se apoderara dela consumíndoaa pouco po a pouco. Unha vergoña que escondía, que calaba e asumía como propia.
A miña iña princesa, chamábasme. Miña. De ninguén máis. Facíame sentir afortunada. Incluso cheguei a contestarche contestar un "toda túa" cando nos abrazabamos e falabamos en murmurios ao caer a noite. Era túa. Saía cando ti querías, con quen ti querías e onde ti t querías. Os celos facíante irrecoñecible. "Faino porque non tee quere perder". per Se mo repetía moitas veces cobraba sentido. Críao.
Aquela mañá levantouse levantou e saíu á rúa. Que alguén me saque desta vergoña! - gritou. E a rúa respondeu: "Agora a túa vergoña é nosa. Déixanolo"
Tardei en darme conta da realidade. Non souben fuxir. "Igual non te quere, pero ti a el si". ". Non sabía que non se pode querer a alguén sen antes quererte a ti mesmo. Que sendo súa deixara de ser miña. mi A súa princesa. O Seu todo. E a miña vida?
Cinza, za, A miña Princesa
Gómez Gallego,Vergoña
Segredo Ser unha heroína Pola miñafilla!
Non me atrevía a contarlles ás miñas amigas que el , o meu príncipe de conto, convertérase nun ogro, que me pegaba noite si noite tamén. Vía as súas caras riseiras, os seus nenos encantadores, as súas vidas de película, calaba. Pero o día que cheguei tarde ao colexio a levar ao meu pequeno e fomos como sempre a tomar o café, a miña man tremente tirouno na faldra de Susana, síntoo, síntoo, síntoo, Susana levantou a man e eu puxen o brazo sobre a miña cara para me protexer do golpe. Todas sorriron tan tranquilas, non cariño, iso pásanos na casa.
Andoriña
O espello devólvelle unha imaxe monstruosa de si mesma. Si, é unha mala nai, unha gorda noxenta, un farrapo de muller. El está aí fóra esperando para seguir envelenándoa de culpa. Ela é a culpable de todo. Merece os insultos, as aldraxes, as labazadas. De verdade meréceos? Como un inesperado sol asomando entre unha tea de araña de nubes negras, lémbrase adolescente risoña, mozafrondosamente vital, muller independente, noiva namorada, nai abnegada de tenrura. Non, ela non é o ser defectuoso, é el. Xa no haberá máis mazaduras no seu rostro, os do espello son os últimos. Rematou, chamará á policía e deixará atrás ao seu torturador. Por ela, pola súa filla.
Deusa, Ser unha heroína
Tal vez ti non te deras conta diso, pero somos como os antónimos que compartiamos o mesmo dicionario, ese mundo intelixible e sensible de Platón que nunca chegará a establecer contacto. Somos como a lúa e o sol que comparten o mesmo ceo sen chegar a reencontrarse nunca. E non obstante, as máis fráxiles andoriñas, coñecen o camiño de volta. Hoxe si, síntome libre. Conseguín demostrarme a min mesma que amar non é sinónimo de ser unha andoriña pechada na túa gaiola. Mírome, sorrío e deixo a porta aberta.
Dos versos ás balas,Andoriñas
Todo pode comezar mañá Son cousas que nunca se soñan, que nunca se esperan, pero que chegan, pasan,ás veces quedan. Non veñen nas historias que che explicaron. En calquera lugar e momento, un compañeiro de traballo, a túa parella, o teu pai, alguén con quen te cruzas, o teu xefe… Que pasa con esa saia? Que pasa con esa blusa? Que pasa coa cor de…? Ou co peiteado que che fixeron? Onde está o problema? Que fixeches? Se sorrís, se falas, se miras, se... Por que tes que te sentir observada constantemente? Un comentario, unha ollada, un sorriso acusador. Hai mil e unha maneira de facercho saber, de che facer saber que todo pode comezar mañá. Ribera, Todo pode comezarmañá
O Bucle Por un momento un ápice de esperanza cruza a túa mente, debáteste entre o medo e a ilusión. O valor faise presente e pensas en saír dese inferno que nunca pediches, en volver a ser ti. De súpeto soa o móbil, é el. "Cariño perdóame, síntoo moito, nunca quixen facerche dano, xuro que xamais volverá suceder. Sabes que TE QUERO"
Non, non, non O director da revista Fémina escribiu que había que respectar o NON á violencia sexual, o NON á violencia verbal e o NON á violencia manual, é dicir, que non se debe acceder ao sexo cunha muller sen o seu consentimento; que non se debe agredir a unha muller con palabras ofensivas ou insultantes; e que nonse deben impoñer mans ferintes contra o corpo feminino. Estes tres mandamentos redúcense a un só: Amarás a muller con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con todo o teu ser..
E unha vez máis, volves ao principio dese bucle sen final no que se converteua túa vida, ese bucle de dor e amor enfermizo. E de novo perdoas cousas que xamais deberían ser perdoadas, sen saber que quizais a próxima vez sexa demasiado tarde, sen saber que iso... Iso non é amor.
Días máis tarde o director da revista foi xulgado e condenado a prisión permanente non revisable por un tribunal machista.
Rosalá, Non, non,non.
Katherin, O bucle
VERMELLO BROMO
Dende que papá marchou, mamá xa non pinta os beizos con mercurocromo. Agustín Martínez Valderrama. Blog Previsiones meteorológicas de
TERROR NOCTURNO Cambiou a cerradura da porta. Conseguiu unha orde xudicial de afastamento. Pero todas as noites entra nos seus soños.
Lola Sanabria
MONSTRO
Estaba tan preocupada polos monstros que imaxinaba baixo a súa cama, que non se decatou cando o príncipe co que durmía se converteu nun.
David Guerra. Blog Relatos en línea
Quero abrir a boca Quero abrir a boca, necesito oír verdades Pero alguén o prohibe, non acata liberdades Queima forza queima orgullo Na súa fogueira das vaidades. Se unha ten opinión e cre que a súa voz se conta Porque o feito de ser muller non lle outorga ese pracer Non é algo do pasado, hoxe existe esta loucura Hai mulleres no mundo que non teñen voz nin voto Son pantasmas ambulantes, que co seu rostro roto Van tapadas e submisas esperando que a súa cura Sexa poder estar soas acabar coa súa tortura. A peor das condenas é non ter decisións Ser escrava dos teus actos e unha muda dando voces Coa vosa valentía e a nosa solidariedade Berraremos forte e claro liberdade e igualdade
P. Abadía, Quero abrir a boca
TODOS OS RELATOS PERTENCEN AO BLOG DA CONCELLARÍA DE SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE DO CONCELLO DE SAN JAVIER. ESPAZO ABERTO PARA A PARTICIPACIÓN E DIFUSIÓN DE RELATOS CONTRAA VIOLENCIA DE XÉNERO http://sanjaviercontralaviolenciadegenero.blogspot.com/