A loita polos dereitos das mulleres

Page 1

A loita polos dereitos das mulleres.

Agora, tรณcanos loitar a nรณs!


Agora, tĂłcanos loitar a nĂłs!

Ao longo da historia os papeis que desempeĂąaron homes e mulleres sempre estiveron moi definidos.


Agora, tócanos loitar a nós!

Como é fisicamente distinta do varón e está dotada para a maternidade, á muller foille asignada esta como a súa función principal e, por iso, foi considerada en teoría e na práctica como inferior ao home, cando non da súa propiedade.


Agora, tócanos loitar a nós!

Mentres o sistema de produción de riqueza dependeu exclusivamente da forza física humana, a desigualdade de dereitos das mulleres fronte aos dos homes non se cuestionou.


Agora, tócanos loitar a nós!

Tal situación de desigualdade foi asumida polas mulleres en virtude duns valores ideolóxicos que a cultura patriarcal xerou para que cada muller se sentise satisfeita co seu único dobre rol de esposa dun varón e nai das súas criaturas.


Agora, tócanos loitar a nós!

A partir da Revolución Industrial a forza humana deixa de ter importancia e a finais do século XIX, nas sociedades máis industrializadas naceu a loita das mulleres para alcanzar os seus dereitos civís e políticos, que comezarían a ser recoñecidos nas primeiras décadas do século XX.


Agora, tócanos loitar a nós!

No século XIX a loita das primeiras feministas centrouse en: – Acceder plenamente ao mundo da educación en igualdade cos homes. – Acadar a igualdade profesional sen exclusións. – Obter o dereito ao voto.


Agora, tócanos loitar a nós!

Desde aquela ata agora, e gracias ao avance da ciencia que tamén posibilitou o control da natalidade, as mulleres comezaron a poder desenvolver outras funcións, diferentes á da maternidade e a do coidado da familia e do fogar, en todos os campos da actividade humana.


Agora, tócanos loitar a nós!

A loita das mulleres por conseguir a súa equiparación cos homes convertiuse así nun proceso continuo e progresivo que pretende ser irreversible.


Agora, tócanos loitar a nós!

En 1910 en Dinamarca declarouse o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora en memoria de 129 empregadas da fábrica de confección de camisas Triangle Waist Co. de Nova York ás que se deixou morrer en 1908 nun incendio provocado polos seus xefes, en represalia pola folga coa que se denunciaba a discriminacións que sufrían as mulleres con respecto aos homes.


Agora, tócanos loitar a nós!

A loita sufraxista pola obtención do dereito ao voto das mulleres foi acadando resultados pouco a pouco. Por exemplo: • Nos EE.UU. logrouse en 1920. • No Reino Unido logrouse en 1928. • En España logrouse en 1931. • En Suiza non se logrou ata 1971. • En Arabia Saudí aínda se logrou en 2015.


Agora, tócanos loitar a nós!

En 1948 a ONU proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, pero por desgracia este mesmo organismo constatou que non se lle aplicaban ás mulleres igual que aos homes e tivo que proclamar en 1967 a Declaración sobre Eliminación da Discriminación da Muller.


Agora, tócanos loitar a nós!

A ONU recomenda adoptar medidas para abolir leis, costumes e prácticas que discriminen as mulleres, e tamén apunta que cómpre educar a rapazas e rapaces para acabar cos prexuízos baseados na idea da inferioridade feminina.


Agora, tócanos loitar a nós!

Tamén na segunda metade do século XX cobrou pulo o movemento feminista, que loita pola equiparación de mulleres e homes en todos os ámbitos da vida.


Agora, tócanos loitar a nós!

O feminismo promove: • Unha análise profunda das causas da opresión histórica da muller. • Unha filosofía que loita pola liberdade e pola promoción dos dereitos das mulleres. • Un movemento social que critica a desigualdade social entre mulleres e homes. • Unha crítica á escala de valores que domina tradicionalmente as nosas sociedades, sempre desde unha visión masculina do mundo: discriminación económica, competencia laboral, sufrimentos das mulleres nas guerras... • Unha proposta dunha nova escala de valores que favorezan o establecemento dunha nova estrutura económica, social e cultural máis humana e igualitaria.


Agora, tócanos loitar a nós! Na actualidade, o feminismo segue a ser unha suma de movementos de grande importancia social, que centra os seus esforzos en acadar a igualdade real de homes e mulleres en todo o planeta. Pero esa non é misión exclusiva do feminismo. Tod@s estamos concernid@s.


Agora, tócanos loitar a nós!

No século XXI poderíase afirmar que nos países occidentais se alcanzou a equiparación entre mulleres e homes no campo dos dereitos civís; sen embargo, a súa translación á vida cotiá dista bastante, e ás veces moitísimo, de ser real.


Agora, tócanos loitar a nós!

A incorporación masiva da muller ao mundo laboral provocou que o modelo tradicional existente desde os albores da historia, no que o varón era o único subministrador de recursos económicos e cabeza de familia, entrase en crise. Pero existe unha brecha salarial que castiga ás mulleres.


Agora, tócanos loitar a nós!

Ademais esta conquista conlevou o problema da dobre carga: moitas mulleres deben realizar un traballo remunerado fóra da casa, pero han seguir desempeñando un traballo non remunerado dentro do fogar que non sempre é compartido polos demais membros da familia.


Agora, tócanos loitar a nós!

Así pois, compróbase que os valores da cultura patriarcal persisten aínda na sociedade e son percibidos de xeito nítido en moitísimas situacións, ou tan so sutilmente ás veces.


Agora, tócanos loitar a nós!

En demasiadas ocasións, os medios de comunicación, os produtos culturais (cine, cancións, literatura…), a publicidade, as redes sociai s e, por desgracia, tamén as institucións (que deben velar pola igualdade) contribúen a manter e mesmo reforzar valores e actitudes sexistas que dificultan e frean a equiparación real de homes e mulleres.


Agora, tรณcanos loitar a nรณs!

E na medida na que os medios de comunicaciรณn reflicten a realidade social actual, dan fe dos moitos logros acadados ata o de agora na conquista da igualdade entre homes e mulleres.


Agora, tócanos loitar a nós! -Siempre tuve una relación muy estrecha con él, y lo mismo estaba con mi padre en la fábrica que en el bar, y siempre tuve la esperanza de que él fuese consciente de lo que yo podía aportar. Me decía: ‘Se foses un home...’ Es jugar con las cartas marcadas, así que a los 33 tomé la decisión. No tenía más que unos ahorros, insuficientes, pero hice mi proyecto de viabilidad, fui a los bancos y sobre todo a llamar a la puerta de empresas que me ayudaron a financiarme. Y así nació Mejillones Nidal, hace 17 años. Rosa Santórum, empresaria vilanovesa do mexilón.

Non sobran as empresarias e menos as que crean a súa propia empresa.


Agora, tócanos loitar a nós!

O máis frecuente non é que se cite a un home polo seu vencello marital coa súa esposa, pero neste caso ela é unha ministra do Goberno de España. Por certo, non hai tantas ministras coma ministros.


Agora, tócanos loitar a nós!

A actual primeira ministra alemana, Angela Merkel, é unha das personalidades máis importantes de Europa. Ela desempeña un cargo que tradicionalmente recae nun home e de feito aínda se nomea en masculino. A persoa que a vai suceder como secretaria xeral do seu partido tamén é muller. Bravas alemanas!


Agora, tócanos loitar a nós!

Pero eses mesmos medios de comunicación tamén dan conta do moitísimo que aínda nos resta por lograr na conquista real da igualdade entre homes e mulleres.


Agora, tócanos loitar a nós! Hai que recoñecer a sensibilidade do servicio de autobuses de Vigo para facilitar que as pasaxeiras non se vexan expostas a violadores, acosadores, atracadores… que as consideran potenciais vítimas propicias por seren mulleres precisamente. Pero resulta lamentable que as mulleres non sexan libres para moverse nunha cidade.


Agora, tócanos loitar a nós!

Neste caso case non se precisan comentarios: a patinadora aparece cosificada ao ser practicamente identificada coa súa “teta”. O seu éxito deportivo parece ser moi secundario e, desafortunadamente, queda eclipsado pola “teta”, claro. E nin siquera houbo o bo gusto de usar outro sinónimo menos vulgar como “peito” ou “seno”.


Agora, t贸canos loitar a n贸s!

Neste exemplo, nin siquera hai que ler o texto, basta coa ilustraci贸n para ver que non hai presencia feminina nesas reuni贸ns, nin por parte da Xunta nin pola parte sindical.


Agora, tócanos loitar a nós!

Pois sí, agora tócanos a nós! Para loitar pola equiparación real de homes e mulleres hai que empezar por analizar cal é a situación actual da que partimos e tomar conciencia.


Agora, tócanos loitar a nós!

Con motivo do 8 de marzo, imos aproveitar a prensa como campo de estudio para confeccionar un enorme mural colectivo na primeira planta do instituto. Nel vaise plasmar a visualización dos moitos logros xa acadados, por unha banda, e mailo moitísimo que aínda nos queda por facer, pola outra.


Agora, tócanos loitar a nós!

A loita pola equiparación dos dereitos das mulleres cos dos homes é tarefa de tod@s.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.