Os cruceiros da nosa contorna

Page 1

O CRUCEIRO DE SAN ROQUE No monte de A Tomada , xunto a ermida de San Roque, o día 16 de agosto , celébrase a romería anual en honor ao Santo, á que acuden numerosas persoas, que realizan unha comida campestre e disfrutan toda a xornada coa maravillosa visión da illa de Cortegada aos seus pés e a ría de Arousa como fondo. Un pouco máis abaixo desta ermida, nunha encrucixada do camiño que vai da igrexa Parroquial a esta capela existe un cruceiro do que falan Xoán Ramón Marín Marínez e Clodio González Pérez, e copio case literalmente as súas palabras: a Virxe está orientada cara ao Leste e o Cristo cara ao Oeste. A base está asentada sobre unha pena lisa natural e está constituída por tres escalóns, sobre os que vai o pedestal, cúbico, coas arestas superiores moi rebaixadas. Nun destes chafláns hai esculpida unha cruz latina. O fuse de sección octogonal, e desde o comezo, é totalmente liso até o capitel, co que forma unha única peza, ambos dous separados polo colariño, tamén octogonal. O capitel é moi sinxelo e de pouco tamaño, non contando con máis motivos ornamentais que unhas espirais na parte superior de cada lado, e entre cada dúas forman unha voluta angular. A unión de ambas co conxunto está reforzada por unha abrazadeira de ferro. A parte superior e de gran beleza: a Cruz, de sección cadrada, ten arestas matadas e un motivo ornamental nun extremo dos brazos. O pano de pureza do Cristo carece de lazo. Alén está a Virxe baixo a advocación da Piedade de Cristo morto no colo pero, neste caso, coa cabeza cara ao seu lado esquerdo, que é realmente raro. O conxunto mide 4,94m. (Xoán Ramón Marín Martínez e Clodio González Pérez “ Cruces e Cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa”). No que se refire á historia e tradicións, pensan que é de mediados do século XVII, gardando certas semellanzas estilísticas cos cruceiros de Fonte Carme e Soutelo, o primeiro deles labrado en 1659. Nos chanzos pódense ler letras, que testemuñan o costume de enterrar ao seu carón os fetos e mailos nenos mortos sen bautizar.

Este traballo fixérono: Diana Ojea e Laura Aguilar. 1º ESO C


O CRUCEIRO DOS ANXOS A ermida da Nosa Señora dos Anxos conta tamén cun cruceiro no seu campo da festa, do cal nos falan, igualmente, Xoán Ramón Marín Martínez e Clodio González Pérez: o basamento é único entre os deste Concello, de planta octogonal, con tres graduces coas pedras unidas por grapas de ferro. O pedestal, cuadrangular con ángulos rebaixados, é unha peza de gran beleza, que representa un monte moi pedregoso, que vén ser o Calvario, con catro caaveiras nas esquinas e varios ósos e lagartos; da cima arrinca o fuste, unha fermosa peza que lembra as columnas acanaladas das portas da Igrexa Parroquial do Carril e, en particular, da fachada renancentista, obra dos comezos do século XVII. O primeiro treito é de sección cuadrangular, coas caras refundidas formando rectángulos, e no medio do frontal, unha cabeza de anxo coas as, logo pasa a ser cilíndrico acanalado, de estilo xónico. O capitel, labradado na mesma pedra que o fuste, é pouco voluminoso, con vaso cilíndrico na parte superior con catro lados, adornado con follas de acanto que rematan a modo de volutas pouco pronunciadas. O grupo escultórico superior foi substituído, non se sabe cando, por unha cruz totalmente lisa, de sección cuadrangular coas arestas rebaixadas, excepto no comezo e nos extremos dos brazos. Na fronte do traveseiro que dá ao leste di: A SOIDADE. O conxunto mide 5,32m. No referente á historia e tradicións, aínda que nunha das caras do primeiro tramo do fuste parece que hai unhas letras, agora totalmente ilexibles. Semellante a el polo que se refiere ao fuste en particular– é o do Piñeiro de Arriba ( Sobrán), pero tampouco está datado. Outro que garda certo parecido é o de Cemeira, neste caso na parroquia de Setecoros (Valga), do ano 1670. Tendo en conta que este dos Anxos é unha obra moito máis acabada, podendo ser dalgún dos escultores que interviñeron na portada renacentista da igrexa do Carril, pénsase que data de mediados do século XVII. Polo que atinxe á capela dos Anxos, que queda en fronte é de 1588. Igual que noutros cruceiros da zona e, en particular, cando estaban apartados das aldeas, ao redor enterraban aos fetos e aos nenos que morrían sen ser bautizados, como testemuñan as letras gravadas nos chanzos, que corresponden ás iniciais do nome e do primeiro apelido dos defuntos: MO, H, R, CR, ZZ… Isto deixou de facerse ben entrado o século XX. Ao redor deste cruceiro, dá volta a procesión o día da Festividade da Virxe dos Anxos a principios de agosto.

Este traballo fixérono: Diana Ojea e Laura Aguilar. 1º ESO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.