A abella traballadora vai voando horas e horas. Leva pole nas súas patiñas, entre lilas e campaíñas.
As formigas van desfilando e a terra vaise mollando. Pero non lles importa a auga porque elas teñen paraugas
ESTES SON BICHIÑOS CON ALGO ESPECIAL; TODOS PEQUENIÑOS, NON QUEREN FALAR.
Ai veciña, ti que me contas? Da terra saen miñocas! Elas bailan un rico son e ata forman un corazón.
É moi sería e moi formal, esta moza tan ideal; Adornada,sempre á súa hora, a libélula soñadora.
ESTES SON BICHIÑOS CON ALGO ESPECIAL; TODOS PEQUENIÑOS, NON QUEREN FALAR.
Non fai falla ser detective, a súa pista moi ben se segue; Co filliño paseando ó sol, o meu amigo o caracol.
Vexo algo no horizonte, tres saltóns van polo monte; Eles miran unha xoaniña que saúda moi xeitosiña.
ESTES SON BICHIÑOS CON ALGO ESPECIAL; TODOS PEQUENIÑOS, NON QUEREN FALAR.
Aquí chega o escaravello; sempre anda cos seus trebellos. Forma bólas moi redondiñas, sexan grandes ou pequeniñas.
A eiruga enchendo o ventre, come ata que lle rebente; E non para de rirse cando conta de cero a vinte.
ESTES SON BICHIÑOS CON ALGO ESPECIAL; TODOS PEQUENIÑOS, NON QUEREN FALAR.
ESTES SON BICHIÑOS CON ALGO ESPECIAL; TODOS PEQUENIÑOS, NON QUEREN FALAR. A abella traballadora vai voando horas e horas. Leva pole nas súas patiñas, entre lilas e campaíñas. As formigas van desfilando e a terra vaise mollando. Pero non lles importa a auga porque elas teñen paraugas Ai veciña, ti que me contas? Da terra saen miñocas! Elas bailan un rico son e ata forman un corazón. É moi sería e moi formal, esta moza tan ideal; Adornada,sempre á súa hora, a libélula soñadora Non fai falla ser detective, a súa pista moi ben se segue; Co filliño paseando ó sol, o meu amigo o caracol. Vexo algo no horizonte, tres saltóns van polo monte; Eles miran unha xoaniña que saúda moi xeitosiña.
Aquí chega o escaravello; sempre anda cos seus trebellos. Forma bólas moi redondiñas, sexan grandes ou pequeniñas A eiruga enchendo o ventre, come ata que lle rebente; E non para de rirse cando conta de cero a vinte.
MARÍA E A POESÍA A nosa amiga María saíu buscar unha flor atopou unha leituga e por baixo un caracol O caracol “ a miraba” pensando que ela, era o sol . Alongábanselle os ollos e cantaba o reiseñor:
O caracol saíu correndo, mais case non se movía e María preguntoulle se vira algunha poesía. poesía O caracol dixo que non, que diso non vira nada que só saíra mirar se o sol xa se levantara
Caracol caracoliño... non é o sol o que refulxe E cantaba o reiseñor: pio, pio, pio, pio. pio é a nosa amiga María, Caracol entra na casa garda os teus ollos e fuxe que fóra vai moito frio María seguiu buscando... e atopou rosas, caraveis,pensamentos. Descubriu que cada flor Sería o seu gran segredo, agochaba un sentimento a ninguén llo amosaría as flores gardaban dentro, o misterio da poesía. E cantaba o reiseñor: caracol caracoliño ten coidado con esa flor, que atoparás no camiño
TODOS OS ANIMAIS Ó CAIXÓN
TODOS OS ANIMAIS Ó CAIXÓN
TODOS OS ANIMAIS Ó CAIXÓN