GUÍA DE USUARIOS DA BIBLIOTECA DO CEIP PLURILINGÜE DE COVAS QUE QUERES ATOPAR?
-un libro de poesía:busca nas estantería de poesía/teatro -un comic de Asterix:busca na estantería de banda deseñada. -unha revista: busca na zona de lectura informal. -un libro para a túa idade: busca a cor identificativa do teu curso. -un dicionario:atoparalo na zona de consulta. -un DVD :tes que ir á zona de audiovisuais. -un libro sobre a vida dos dinosauros:busca na zona de consulta. -Nos expositores atoparás os libros relacionados co tema monográfico ou actividade que esteamos a traballar na biblioteca nese momento. TES O LIBRO TITULADO…? TES UN LIBRO ESCRITO POR…? -Para buscar un libro en concreto o millor é que entres na páxina do blog da biblioteca e consultes no catálogo OPAC Meiga.
PLANO DA BIBLIOTECA
UN,DOUS,TRES Á BIBLIOTECA VIMOS LER… Sobre animais Sobre outras culturas Libros de medo Libros de adiviñas Poesía Revistas…
CONSULTA O NOSO CATÁLOGO DA BIBLIOTECA NO BLOG www.covastk.blogspot.com
E TAMÉN… Ver películas Contar contos Buscar información Levar libros para a casa…
NORMAS PARA QUE TODO FUNCIONE BEN 1. Non quites un libro do seu andel e o deixes noutro distinto.Busca á profesora encargada da biblioteca para que che axude ou pono no caixón de devolucións . 2. Utiliza o LIBROCALIZADOR se queres buscar ti un libro polas estanterías. 3. A biblioteca é un lugar para ler, consultar, ver películas…e podes molestar aos demais si berras, corres… 4. Coida os libros e demais material da biblioteca porque é de todos . 5. Lembra que podes coller calquera libro que che guste pero recomendámosche que sexa axeitado á tua idade e gustos. 6. Serán as titoras ou membros do equipo da biblioteca as encargadas de facer o préstamo do material da biblioteca. 7. O prazo de préstamo é de quince días pero pode ser renovable por unha semana máis . 8. Utiliza a páxina do blog da biblioteca www.covastk.blogspot.com para atopar materiais ,tamén podes suxerir ou propor libros, CDs, música… ou actividades para facer na biblioteca. 9. Os ordenadores da biblioteca utilizaranse para buscar información relacionada coa actividade escolar (contidos educativos)
10.Que disfrutes da biblioteca e da lectura!
COMO ESTÁ ORGANIZADA A BIBLIOTECA? Os libros están divididos en dous grandes grupos: -FICCIÓN e -INFORMACIÓN. -Os libros de FICCIÓN están clasificados por cores segundo o curso. BUSCA AS ESTANTERÍAS DO TEU CURSO: -Se es de INFANTIL,busca os libros que teñen no lombo un círculo VERMELLO -Se estás en 1º ou 2º CURSO, os teus libros teñen un círculo AZUL. -Se estás en 3º ou 4º CURSO, os libros cun círculo VERDE son para ti. -Se es de 5º ou 6º CURSO, a túa cor é AMARELA.
-Os libros de CONSULTA teñen unha ESTRELA no lombo. EN INFANTIL OS LIBROS ESTÁN COLOCADOS POR COLECCIÓNS, POR CENTROS DE INTERÉS E POR ORDE ALFABÉTICA.
ADEMAIS DO CÍRCULO DE CORES, OS LIBROS TEÑEN NO LOMBO UNHA CON NÚMEROS E LETRAS: Poñemos un exemplo co libro de Xoán Babarro “A princesa do cabaliño café” 82 é o número correspondente á CDU:Literatura N-narrativa G-galego
ETIQUETA
82N-G BAB pri
3 primeiras letras do APELIDO DO AUTOR/A en maiúscula ( BABARRO ) 3 primeiras letras do título do libro en minúscula sen artigos, preposicións… (princesa do cabaliño café) círculo verde de 3º ou 4º curso -NAS ESTANTERÍAS OS LIBROS COLÓCANSE POR IDIOMA: GALEGO-CASTELÁN O libro de Xoán Babarro buscaríamolo na estantería: 3º/4º-GALEGO.
-EN CADA ANDEL OS LIBROS ESTÁN COLOCADOS POR ORDE ALFABÉTICA DO APELIDO DO AUTOR/A (o libro de Xoán Babarro estará colocado no B)