O charlatán de Covas 2015

Page 1

CURSO 2014-2015

CEIP PLURILINGÜE DE COVAS

VIVEIRO

Neste número atoparás A biografía de Figueira Valverde por 6º O barco pirata de 4 anos En 3 anos fixeron a merenda O pictograma de 2º Os nenos e nenas de 3º entrevistaron a Kim Os refráns de 5 anos 4º e o vermes de seda Relixión Actividades contadas por 1º Novas da biblioteca Pasatempos feitos pola clase de 5º ANPA

“O galego que non fala a lingua da súa terra, nin sabe o que ten de seu, nin é merecente dela.”


O Charlatán de Covas

Curso 2014-2015

INDICE

PÁXINA -FIXEMOS A NOSA MERENDA................................... -O NOSO BARCO PIRATA ............................................ -REFRANEIRO DOS MESES DO ANO ...................... -TRABALLANDO NO CHAN ......................................... -PAXARIÑOS DA MONTAÑA ..................................... -KIMBERLY, A NOSA AUXILIAR DE CONVERSA.. -NOVAS DA BIBLIOTECA ............................................ -RELIXIÓN ....................................................................... -ACTIVIDADES DE 1º ................................................... -XOSÉ FERNANDO FIGUEIRA VALVERDE ............. -VISITA DA ESCOLA GALEGA DE CONSUMO ...... -VISITA DE ADEGA ....................................................... -VERMES DE SEDA ......................................................... -PASATEMPOS ................................................................ -ACTIVIDADES DA ANPA ............................................

2 4 6 10 11 12 14 18 20 25 27 28 29 31 34

Debuxo portada: Emma Santamariña Debuxo contraportada: Luis Takeshi Rosanes

-

1

-


O Charlatรกn de Covas

Curso 2014-2015

Fixemos a nosa merenda!

+

-

2

-


O Charlatรกn de Covas

Curso 2014-2015

- 3 -


4 anos

O Charlatรกn de Covas

- 4

-

Curso 2014-2015


O Charlatรกn de Covas

Curso 2014-2015

- 5

-


O Charlatรกn de Covas

5 ANOS

-

6 -

Curso 2014-2015


O Charlatรกn de Covas

Curso 2014-2015

- 7

-


O Charlatรกn de Covas

Curso 2014-2015

-

8

-


O Charlatรกn de Covas

Curso 2014-2015

- 9

-


cur

2ยบ primaria

O Charlatรกn de Covas

- 10 -

Curso 2014-2015


- 11 -


ENTREVISTA A...

O Charlatán de Covas

Curso 2014-2015

Somos os nenos e nenas de 3º curso de Educación Primaria. Estamos con Kimberly, a Auxiliar de Conversa que está no noso colexio e queremos facerlle algunhas preguntas sobre a súa experiencia en Galicia, no noso pobo e no colexio.

Martín- Onde naciches? Kim- Nacín en Los Angeles en California, un estado dos Estados Unidos. Emma- Cantos anos tes? Kim- Teño vintetrés anos. Yesica-Por que viñeches a Viveiro? Kim- Para traballar de Auxiliar de inglés no CEIP Plurilingüe de Covas. Carme- Que é o que máis che gusta de Viveiro? Kim- A paisaxe, as praias e o verde que é todo. Mael- Que estudiaches nos Estados Unidos? Kim- Estudiei Literatura española e lationoamericana. Eunice- Que lugares de Galicia visitaches e cal che gustou máis? Kim- Fun a Santiago, A Coruña, Lalín, Ribadeo e Fisterra. O sitio que máis me gustou foi a praia das Catedrais. Adrián- Tes algunha afición? Que che gusta facer cando non traballas? Kim- Gústame cociñar. Tamén me gusta pasear e sobre todo viaxar. Xoel- Que farás cando te vaias de Viveiro? Kim- Regresarei á miña casa en Los Angeles. Pablo-Que botas en falla dos Estados Unidos? Kim- O clima porque alí vai mellor tempo e máis sol. Israel- Que é o que máis che gusta de Galicia? Kim- A paisaxe e a comida. Iria- Visitaches algún sitio fóra de Galicia? Kim- Si, fun a Madrid, Sevilla e Barcelona.

- 12

-


O Charlatán de Covas

Curso 2014-2015

Marcos- E de fóra de España? Kim- Estiven en Londres, Paris, Roma, Berlin e Amsterdam. Brenda- Cantos irmáns tes? Kim- Teño dúas irmás e un irmán que viven en Los Ángeles. Edgar-Que diferencias atopas entre o ensino de Galicia e de Estados Unidos? Kim- Sobre todo nos horarios e que os alumnos/as so teñen un profesor para todas as materias en Primaria. Non hai ensinanza de Relixión e nalgúns colexios públicos os nenos e nenas levan uniforme. Manuela- Gústache a comida galega? Cal é o teu prato favorito? Kim- Gústame moito o polbo, o centolo... e aínda que non é comida galega, a tortilla de patacas. Mirella- Eche doado falar galego? Kim-Entendo ben o galego pero faloo moi pouco. Mª Carmen- Cal é o teu traballo no colexio e que che gusta máis del? Kim- Falar en inglés cos nenos e nenas, axudarlles nas clases e ensinarlles cousas da miña terra, cultura... Alexia- Botarás en falla ao noso colexio? Kim- Si, sobre todo aos nenos e nenas, tamén ás profesoras, conserxe, coidadora...

Boa sorte, Kim!! Good bye!!

A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Covas dalle as grazas a Kim polo seu traballo e desexálle boa sorte! - 13

-


n

Novas da

biblioteca

O Charlatán de Covas Ola! Son Lolo, a mascota da biblioteca. Gústame ler contos, poesías, comics... e estar cos nenos e nenas do colexio.

Curso 2014-2015 Que pasou na biblioteca este curso?

É o nome do proxecto monográfico durante este curso. Aprenderemos que as Matemáticas están por todas partes e tamén na nosa vida diaria. O Día da Biblioteca fumos ler aos nosos compañeiros/as

Levamos as mochilas viaxeiras

En Halloween fixemos obradoiros. No Magosto xogamos cos peóns.

- 14

-


O Charlatán de Covas

Curso 2014-2015

No Nadal colaboramos no Mercado Solidario en Geriatros e os nenos e nenas de 6º bailamos e cantamos para os compañeiros/as

O Día da Paz homenaxeamos a Malala Yousafzai e bailamos todos unha danza

O Meco mandounos traer accesorios relacionados coas Matemáticas. Os vermes de seda estiveron no colexio

O Día de Rosalía escribimos poemas con formas matemáticas

A policia deunos unha charla sobre a seguridade na Internet O Día da árbore tivemos a Anxo Moure e a clase de 1º prantou un acivro

- 15 -


O Charlatán de Covas

Curso 2014-2015 Lolo fíxonos pensar cos seus enigmas

“Voluntarios de lectura” de 6º actuaron en Geriatros aos avós e avoas.

O Día Mundial do Libro asistimos a unha actuación de 6º cun Kamishibai de poemas de animais e un conto dramatizado

Os nenos e nenas de 4º representaron unha obra moi divertida “Hora de ler” Lemos aos compañeir@s de clase...

... ou aos amig@s doutras aulas.

- 16

-


O Charlatán de Covas Traballamos no noso Horto Ecolóxico

Abraham Carreiro contounos historias a través dos debuxos

Curso 2014-2015 Ilustramos un refrán coa nosa familia para participar con outros coles da Mariña na actividade “O refraneiro de Cervo a Viveiro”

As Matemáticas están en todas as partes

VII EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA

Blog da biblioteca: www.covastk.blogspot.com - 17

-


6ยบ curso Relixiรณn

O Charlatรกn de Covas

- 18

-

Curso 2014-2015


O Charlatรกn de Covas

Curso 2014-2015

- 19 -


1ยบ 1ยบ PRIMARIA

O Charlatรกn de Covas

Curso 2014-2015

Algunhas actividades levadas a cabo no colexio contadas polo curso de 1ยบ

- 20

-


O Charlatรกn de Covas

Curso 2014-2015

-

21 -


O Charlatรกn de Covas

Curso 2014-2015

- 22 -


O Charlatรกn de Covas

Curso 2014-2015

- 23 -


O Charlatรกn de Covas

Curso 2014-2015

- 24 -


O Charlatán de Covas

Curso 2014-2015

XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu en Pontevedra en 1906. Realizou estudos de Dereito e Filosofía e Letras en Santiago e en Zaragoza. En 1923 formou parte do grupo de fundadores do Seminario de Estudos Galegos dirixindo a sección de Historia e Literatura. Iniciou a súa carreira docente o curso 1928-1929 no Instituto de Pontevedra En 1936 gañou a cátedra de Lingua e Literatura Española do Instituto Jaume Balmes de Barcelona, exerceu despois en Lugo e de novo en Pontevedra, onde tamén sería alcalde. Pola súa dilatada adicación ao ensino recibiría o alcume de o Vello Profesor. Foi colaborador habitual de El Pueblo Gallego e Logos, publicación esta na que mantiña unha sección de comentarios bibliográficos, que asinaba co pseudónimo de J. Acuña. A súa obra literaria comprende narrativa, poesía, ensaio e teatro. Así figuran na súa produción o libro de relatos “Os nenos”, o texto teatral “Agromar”. “Farsa para rapaces”, as antoloxías “Cancioneiriño de Compostela” e o “Cancioneiriño novo de Compostela” no que recolle composicións do medievo e etapas posteriores que fan referencia á capital galega, así como o volume de prosas literarias “Quintana viva”. Pero a maior contribución de Filgueira Valverde constitúena os seus traballos de investigación. Moitas destas contribucións espalladas na prensa diaria, foron recollidas en nove volumes editados baixo o título “Adral”. Tamén contribuiu ao coñecemento da lírica medieval coa súa obra “Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos”. Foi distinguido con numerosos premios e condecoracións, entre as que están as medallas de Ouro das cidades de Santiago e de Pontevedra. Faleceu na casa familiar de Pontevedra, o día 13 de setembro de 1996.

- 25 -


O Charlatán de Covas

Curso 2014-2015

Poema sobre os maios publicado no seu libro “Adral”

Rapaces de Mourente, rapaces de Marcón, vinde ver a Carracedo, que fuxiu con San Simón. Rouboulle a camisa, rouboulle o pantalón, deixouno en cirolas que metía compasión. Viñeron os de Vigo á Virxe do Camiño, e Carracedo todo lles estaba oíndo. Veu San Simón, zorregoulle un bofetón: e ti gran puñefiero disparaches o cañón.

Seis cantigas de Mar in modo antico VI Nosa Señora da Barca eu ben a vin no sol posto; ten unha rosa na man outra na mazán do rostro.

Ten unha rosa na man, outra na mazán do rostro. Nosa Señora da Barca, Vinde vela no sol posto!

Nosa Señora da Barca Ten unha estrela no mar eu ben a vin no sol novo; outra dormida no colo, ten unha estrela no mar, Nosa Señora da Barca, outra dormida no colo. Vinde vela no sol novo!

- 26

-


4º PRIMARIA

O Charlatán de Covas

Curso 2014-2015

O trimestre pasado,visitáronnos no Colexio unhas persoas da Escola Galega de Consumo. Traballan, para ensinarnos, que a roupa ten que pasar por uns procesos : 1- Queimala para ver se é resistente . 2- Tamén lle probaron varias máscaras a uns nenos. 3- Ensináronnos os doces típicos de alí “Pontevedra”. Tamén nos ensinaron que hai obxectos que non son aptos para menores de 3 anos. E que hai algúns xoguetes que son de broma, pero poden causar moito dano, como unha cámara que bota lume e tamén un bolígrafo que daba “cambras”. Hai algúns disfraces que nos poden asfixiar como un disfraz de sevillana que tiña uns cordóns que podían facer moito dano.

Nenos e nenas de 3º e 4º Primaria

Nenos e nenas de 5º e 6º Primaria

- 27

-


O Charlatán de Covas

Curso 2014-2015

Os nenos 4º queremos contarvos a nosa experiencia cun rapaz que traballa en A.D.E.G.A. Contounos que hai que protexer o medio ambiente e explicouno cun xogo: púxonos un video no que aparecía un extraterrestre, explicábanos que estaban invadindo o seu planeta e tiñamos que atoparlle un sitio no noso. Deunos unha lista das cousas necesarias para vivir no noso pobo, pero por un erro, deunos a receta dun doce do seu planeta. Na lista boa poñía que necesitaban un acantilado, area e dunas. Tiñamos que debuxalo nun papel, despois tiñamos que engadir vexetación e animais que non foran invasoras e toda a clase fíxoo ben, sacoulles unhas fotos e envioullas aos extraterrestres.

- 28 -


O Charlatán de Covas

Curso 2014-2015

CRIA E COIDADO DOS VERMES Durante o último trimestre do curso pasado trouxéronos uns vermes de seda para que os coidáramos entre toda a clase. Cando chegábamos ao colexio mirábamos se estaban ben: limpiabamolos, traiamoslles follas de moreira (único alimento que toman), mirábamos se cambiaban algo, ata houbo xente que levou algúns para a casa. Algúns fartaronse de comer... Un día chegamos ao colexio e... xa había o primeiro casulo! Cada día había algún máis . Despois transformáronse en polillas. Por desgracia morreron. Pero deixaron ovos e casulos!

Unha profesora que xa se foi do colexio que se chama Ruth fíxonos moitisimas fotos de todo o proceso.

- 29 -


O Charlatán de Covas

Curso 2014-2015

DE CASULO A SEDA O día 24 de marzo veu unha rapaza que traballaba na producción de seda e contounos a historia do descubremento da seda. Foi a filla dun emperador chino que estaba tomando unha taza de té debaixo dunha árbore de moreira do seu pai, de súpeto caeulle un casulo dun verme na taza co té quente e empezou a desfacerse, entón a filla do emperador tirou del e empezou a facerse fío. O procedemento a seguir é: primeiro hai que matar as larvas, despois poñen os casulos en auga fervendo para que o fío se separe do casulo. Ensinounos os tipos de seda, o largo que é o fío, o tacto o grosor... Nunha mesa había unha exposición cos diferentes tipos de casulos. Cunha lupa vimos unha bolboreta e tamén podiamos tocar os diferentes tipos de fíos de seda.

Observando o proceso de producción da seda

- 30 -


- 31 -


- 32 -


- 33 -


ANPA

ANPA

O Charlatán de Covas

Curso 2014-2015

Dende a ANPA do CEIP Plurilingüe de Covas un ano máis queremos agradecer a todos os socios/as e, en especial aos nenos e nenas, a súa participación no Primeiro desfile organizado por esta asociación. Non queremos esquecernos das seguintes actividades: Cabalgata de Reis, Festa do Entroido e a excursión de fin de curso. Nesta asociación temos en conta as alerxias e intolerancias alimentarias de nenos/as e adultos nas celebracións e saídas. Desexarvos un feliz verán e esperamos vervos a todos/as o próximo curso.

- 34 -


O Charlatรกn de Covas

Curso 2014-2015

- 35 -


Este ano 2015, o Día das Letras Galegas está adicado a

XOSÉ FERNANDO FIGUEIRA VALVERDE (1906-1996)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.