“MULLERES EN ACCIÓN: VIOLENCIA ZERO” é un proxecto de acción artística contemporánea no espazo público para reivindicar a igualdade de xénero e poñer o foco de atención no estado actual da problemática da violencia machista no noso país, en particular, e por extensión, no mundo. É unha proposta multisede de sensibilización, para fomentar na cidadanía unha actitude crítica. Ademáis, trátase de un proxecto que promove a visibilidade das artistas novas galegas, fomenta o achegamento á arte contemporánea a través do diálogo con todos os públicos, da experiencia e da creación colectiva, e incentivando a integración de homes e mulleres na loita contra unha realidade que nos afecta a todos e a todas. https://mulleresenaccion25n.wordpress.com/