JIA 2012-

Page 1

V JIA 2012 Arqueoloxía para o S. XXI Unha vez pechado o prazo de aceptación de propostas de sesións para a próxima edición do JIA 2012, dende o Comité Organizador, e coa participación do comité Científico, realizouse o proceso de selección das mesas redondas que comporán as Xornadas. A continuación, enumeramos as pautas que deberán seguirse para poder elaborar o programa definitivo das próximas JIA 2012, co chamamento ás propostas de participación dentro das mesas redondas establecidas –mediante comunicacións ou pósteres-, e de pósteres de temática libre.

COMUNICACIÓNS ORAIS E PÓSTERES NAS MESAS REDONDAS. As propostas deberán ser escritas en Portugués, castelán ou Inglés, e só serán aceptadas aquelas que sexan recibidas dentro dos prazos establecidos. Deberán ser enviadas ás/ós coordinadores/as de cada sesión e a data límite para isto será o 15 de Marzo de 2012. Os correos electrónicos ou teléfonos de contactos de as/os coordinadoras/es de cada sesión poderán localizarse nos resumos de cada mesa redonda. As propostas deberán presentarse en formato Word (.doc, ou .dox), coa seguinte información: x x x x

Título da ponencia ou póster Nome das/dos autoras/es Palabras chave (máximo de 4 palabras) Resumo (máximo 250 palabras)

PÓSTERES DE TEMÁTICA LIBRE As propostas deberán ser enviadas antes do 15 de Marzo de 2012 ó e-mail jia20112secretaria@gmail.com en formato Word (.doc ou .dox) coa seguinte información: x x x x

Título do póster Nome das/dos autoras/es Palabra chave (máximo de 4 palabras) Resumo (máximo de 250 palabras)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.