Especial The MurosTimes dedicado a Marcelino García Lariño

Page 1

The Muros Times -Revista Dixital Muradana de Arte e Cultura-

"Muros: eu son de ti un pequeniño anaco, un membro mais do teu concello, un namorado de ti que quero ollarme nas augas da túa ría, belido espello“ (Marcelino García Lariño).

REVISTA DIXITAL DE ARTE NºE23CULTURA XUÑO-XULLO—2015 MONOGRÁFICO ADICADO AO ILUSTRE MURADÁN DON MARCELINO GARCÍA LARIÑO 1


The Muros Times XUÑO - XULLO—2015

Indice: Carta do director

Páx. 3

In Memoriam

páx. 4

Lembranzas de neno con Marcelo (p/ Manuel M. Caamaño)

páx. 5

Prólogo do Muradán José Mª García Rodríguez ao libro “Anaquiños da Vila”

páx. 6-8

Conversa con Marcelo (Domingo A. Guerra París)

páx. 9

Marcelo en Youtube

páx. 10

A un home conóceselle polos seus frutos (José Manuel Martínez)

páx. 11

Marcelo, transmisor da memoria (p/ Fran J. Lestón.)

páx. 12

Hai persoas especiais que deixan pegadas especiais (p/ María Xosé Afonso)

páx. 13

Marcelo, a memoria da Vila. (p/ Manu García)

páx. 14

Carta de Marcelo, do ano 1985

páx. 14

Artigo de Marcelo no xornal La Voz de Galicia, de xuño de 1993

páx. 15

Adiós amigo Marcelo ( p/ Juan J. Gestal)

páx. 16

O home, a Vila (p/ Inés Monteagudo Romero)

páx. 17

Entrevista a Marcelino García Lariño (p./Jorge Lago de Pexejo)

páx. 18-20

Ao Reiseñor do Varadoiro (Manuel M. Caamaño)

páx. 20

Cómo conocín a Marcelo (p/ Cristina Cabodevila Ros)

páx. 21

Crónica da entrega da Medalla da Vila de Muros (p/ Marita Guerra)

páx. 22-24

En recordo dun muradán exemplar (p/ José Manuel Bermúdez)

páx. 25

Ao abeiro dos soportais. (p/ Manuel María Pena Silva)

páx. 26-29

Recordando a un amigo entrañable (p/ Bartolomé Beiro Fernández)

páx. 30

Loa a un home bó (p/ Santiago LLovo Taboada)

páx. 31

Marcelo e Finucho (p/ Serafín Barreiros Formoso)

páx. 32

In Memoriam (p/ Cristina Cabodevila Ros)

páx. 32

O Ramiriño (do libro de Marcelo: Parolas do Adro)

páx. 33

Marcelo da Rabela: In memoriam (p/ Santiago Fernández)

páx. 34

Tío Marselo (p/ Mario Martínez Lago)

páx. 35

A Vella da Axesta

páx. 36

Os títulos outorgados polo Cónsul do Varadoiro (p/ Manuel Lago Álvarez)

páx. 37

Galería fotográfica

páx. 38-39

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados. Director: Jorge Lago Rama - Editor: Manuel Lago Álvarez Difusión da Cultura— Depósito legal : C2437-2013

2


Carta do Director: Hoxe “The Muros Times” dedica este número especial a Marcelino García Lariño, e o fai, non para lamentar a súa ausencia, senón para celebrar o seu frutífero labor como persoa, cidadán, poeta e narrador muradano, porque Marcelo coa súa obra seguirá sempre entre nós. Marcelo foi un home que nunca presumiu de ter viaxado moito porque segundo él, as ausencias aínda que fosen curtas se lle facían insoportables posto que en Muros e as súas xentes xa o encontrara todo, e a Muros adicou toda a súa vida; unha vida entregada a canta manifestación cultural se desenrolase na Vila. Non vou facer eco dos eloxios daqueles que o coñeceron máis ca min, só quero agradecer o entusiasmo que sempre tivo para colaborar con esta publicación, que humildemente só pretende por en valor a Muros e as súas xentes.

Así, sen máis, Marcelo, coa humildade propia dos xenerosos, tan pronto soubo deTMT, puxo á nosa disposición toda a súa obra, sen preámbulos nin condicións. Ante as nosas mostras de agradecemento, só se lle ocurreu dicir: "Non, non darme as grazas, as grazas son para aqueles muradanos que queren facer relevante as grandezas deste pobo que tanto quero."

Grazas e D.E.P. Marcelino.

3


In Memoriam. Marcelino García Lariño, naceu en Muros, o 17 de marzo de 1930. Fillo dunha humilde familia, coma todas as da vila, os seus parentes foron emigrantes. Por liña paterna, aos Estados Unidos de Norteamérica; pola materna, a Arxentina e concretamente a Tucumán. Marcelino foi o mais xoven de tres irmás, un varón e unha muller, falecidos nos Estados Unidos. Foi o único da súa familia que non emigrou. Nunca quixo facelo. Marcelo adicou toda a súa vida a louvar a Muros e a súas xentes. Como escritor e poeta, supo acercarnos o mais entrañable das xentes de Muros. Sempre aberto a participar en tódalas iniciativas lúdicas e culturais, na súa xuventude foi secretario de Acción Católica Muradana; secretario da refundada Adoración Nocturna de Muros; membro fundador da Comisión da Cabalgada de Reises; Festa da Flor; Festival Mister Feo; Teatro Muradán. Articulista en Xornais galegos, foi tamén un gran colaborador da Folla Parroquial de Muros, na que foi autor de moitos artigos e de sentidos versos, nos que refrexou con sinxela pluma os seus mais íntimos sentimentos de amor á Igrexa.

Autodidacta, todo o seu anhelo era traballar en pro da exaltación da súa vila natal de Muros, da que estaba totalmente namorado, non habendo acto cultural en Muros no que non participase. Foi autor de varios libros de contos en galego, escritos nunha linguaxe fermosa, abundante e rica en modismos propios da bisbarra de Muros. Neles os personaxes, todos froito da súa imaxinación, están pintados tan ao vivo, que ó lector parécelle que os coñece, que sabe quen son e ata os pode tocar coa man. Tamén escribiu poesía e colaborou asiduamente con varios xornais galegos. O 28 de maio de 2011, o Salón de plenos do Concello de Muros visteuse de gala para acoller o acto de entrega da Medalla da Vila de Muros o noso benquerido Marcelino García Lariño. Neste acto, acompañado dos seus familiares, Alcalde, Corporación municipal, e un gran número de amigos, Marcelo, visiblemente emocionado, recibiu a distinción, entre una salva de aplausos, recibía así, a merecida homenaxe do seu Muros, por toda unha vida adicada a Vila que o veu nacer. Dende estas páxinas de “The Muros Times”, non podemos menos que sentir a perda deste muradán egrexio, bo e xeneroso, e desexar que o seu amor a Vila e a súas xentes perdure, e que a súa figura siga alentando en todos, eses valores dos que él fixo bandeira sempre, que non outros que os de ser, por encima de todo, un “Queredor de Muros”. Marcelo deixounos un 29 de maio de 2015, pero o seu recordo perdurará por sempre entre nos, e será un modelo a seguir por xeracións futuras. Descansa en paz, amigo Marcelo. Sit terra levis.

4


Lembranzas de neno

tra? - Porque eu cando sexa grhande quero ser

con Marcelo.

A gargallada que saíu da súa gorxa logo de escoi-

coma vostede e traballar nunha oficina coma esta. tarme descolocoume un pouco, e supoño que a miña faciana se puxo vermella de vergoña, pero el

p/ Manuel M. Caamaño

decatouse rápido de que ferira as miñas aspiracións de emulalo, e collendo unha grampadora e

Dende o TMT pedíronme unha colaboración para este especial sobre a persoa e a figura de don Marcelino García Lariño, e por suposto que aceptei encantado o convite. Mais á hora de poñerme a escribir, á hora de sentarme diante da pantalla do ordenador e ter que falar en pasado do meu benquerido amigo comezaron a asaltarme as dúbidas e os dedos resistíanseme a poñer negro sobre branco. Non, non me resulta nada doado ter que referirme a Marcelo en pasado, pero coido que a súa lembranza ben merece que eu trate de superar este trauma e lle dedique estas palabras a xeito de

un feixe de papeis, deumos e díxome: “Para ser un

panexírico.

bo oficinista cando sexas maior tes que comezar

A miña memoria garda as primeiras lem-

grampando estes papeis.” E alí me vedes. ou me-

branzas del sendo eu apenas un neno que ía a

llor dito, me imaxinades a min, no meu “valhalla”

bañarse no verán á rampla de Sel e vía a Marcelo

desexado, estragando grampas co beneplácito

que traballaba de contable nas oficinas da fabrica.

daquel Odín da contabilidade!

Eu axexaba polas fiestras do acristalado obradoiro,

Pasados moitos anos, cando a organización

e alí estaba aquel home detrás dun escritorio e

de Muros Mira ao Mar tivo a enorme deferencia de

rodeado de moreas de papeis, tinteiros, plumillas,

organizar unha mostra retrospectiva da figura de

arquivadores e todos os “cachibaches” que vos

Marcelo, e estando el xa moi enfermo; Eu, aprovei-

poidades imaxinar para levar a cabo a súa labor.

tando que nos atopabamos nas remozadas instala-

No meu maxín de neno todo aquilo parecíame un

cións de Sel, recordeille a Marcelo aquela miña

paraíso, e aquel home un autentico deus que go-

primeira lembranza del. Por suposto que non se

bernaba aquel edén de papel dende o seu trono

lembraba do caso, pero esbozando un sorriso pí-

celestial na cadeira de madeira que ocupaba de-

caro, díxome: “ Xa sei que sempre me quixeches

trás dunha mesa.

“ben”, e xa de neno queríasme enviar para o paraí-

Un día, ao percatarse el de que eu pasaba gran-

so. Pero antes déixame que pase polo xuízo de

des ratos axexando, fíxome unha sinal para que

San Pedro, non vaia ser que...” Eu, que tampouco

entrase. Mamaiña querida! Alí estaba eu, fran-

ando mal de retranca, respondinlle: “ Non teñas

queando as portas do Ceo en traxe de baño, pin-

medo oh! Que os pescos temos enchufe con San

gandiño e achegándome ante o mesmísimo deus

Pedro, e malo será.”

daquel lugar.

...................................

- Rapás, ti de quen es?

Agora San Pedro e mais el, dous pescos rabudos

- Sonlle fillo de Pepa de Brecha e de Felipe de

de marca maior, están a montar unha oficina no

Chuvasco.

ceo, cunha delegación no inferno para o caso que

- E por qué me axexas tanto dende detrás da fies-

eu me decida dar “o paso.”

5


Prólogo do Muradán José Mª García Rodríguez ao libro “Anaquiños da Vila” VERBAS LIMIEIRAS

¡Viva Galiza, irmanciños! Fartaréime de vivala

Acoubillada na súa ría, protexida de lonxe polo Monte Louro, bermello nos refreixos da poentia --noso Xibraltar: monte ergueito aos ceos, e terra chan—, chamámosille a Vila. A nosa vila de Muros, beirada polas ondas do mar, que se remexen coas mansas ondiñas do Tambre, no seu esteiro. Eu diría que o arroás é seu peixe totémico e inda que nos seus campos, fincas e leiras, cantan pardales e pintaos xílgaros, os gaiosos melros e os miudos carrizos, valentes sempre para defendelo niño, elixiria por ave nosa, a gueivota. Unha poética gueivota que a radeira dos barcos fai ronseles no mar; que voia, moi outa, na piringüela do vento; ou baixa a rentiño, coidando cecenas ou papoulas as ondas.

A vila é moi longa, apeitugada antre mar e monte. Aos menceres dunha beleza nunca soñada. As catro da tarde váise o sol, e Muros envólvese nunha soidade e nostalxia, que arroupa na beleza das súas mulleres, a sona de cantadoras ou as boas bailadoras do Viñal. Vila de rúas estreitas, de poucas prazas, de casas recollidas, fonda de intimidade, nai de toda cozura…¿Vos lembrades do malviz, que nas Cantigas do rei don Alfonso de Castela, coas axuda de Ayras Nunnes, o noso maior poeta, pro pouco doado en tratar e falar ben dos galegos; cuio canto, do malviz, fixo ao frade dormir trescentos anos?. Diríades tamén que Muros durmeú trescentos anos un longo sono, que hoxe é ledicia dos ollos, encanto gostoso e pracer... ¡As veces abrín os meus brazos, en cruz, pra chicalas dúas paredes dunha corredoira! carrizas

Outras

dos

arranquei

buracos

dunha

parede, pra sentí no seu dozor a morriña da vila! íSaudade vella que vái pola vila adiante, coas carreiriñas do vento, remozada nuns

nenos

qué

brincan

i

enredan, xa non séi a qué, nun porta!

Pra

mín,

identidade

a

vila

crara.

tén

unha

Arrodeada

dunha bisbarra donde cáseque

6


tódolos meniños son louros. As mozas de foras belidas, levan nos ollos dúas gotas azúes, pingadas do ceo. Pro, en Muros, os máis de nos éramos morenos. E até falábamos de xente loura coma xente vida de fora. As nosas mulleres — Rosalía ao dixo— semellaban estatuas gregas; non mulleres de vikingos nin louras walkirias. No seu porte había unha maxestuosidade

de

matronas,

de

grandes damas, que brilaba máis que seus ricos adovíos, correntes e perillas. E os homes miraban ao mar do que viñan, no que nadaban e navegaban. Coma aturuxo salía das súas bocas aquil, "iPra mariñeiros, nós!", inda hoxe retumbante. A vila conservaba unha galeguidade de maravela, que gardaba é ouxetivo cobizado que quénes somos cernes e nos sentimos muradáns.

Agora me perguntaredes si é que tudo iso non ten súa ialma?. Pois tén. Só que —véde a contrariedade— é máis léneme, lingaira e voandeira. Coma as ondas do Tambre. Sempre vos semellan as mesmas, pro non son. A ialma da vila e a súa xente. E súa xente, día a día, noite e día, vái tocando o zoco, ao queiras non queiras, pra Sampedro. A ponte da pasadela non está lonxe da vila. Non tendes máis que ir a Romaxe, a onde está cada un oferecido, e atopádela na metá do camiño. Si agardades a noite, escoitaredes os pasos: fortes, da xente que tén moitos pecados, dobregados polo seu peso; suaviños, os dos nenos, que non tiveron tempo a coñecer as doenzas moraes dista vida.

A valía do libro, ao que lle estóu poñendo estas verbas limieiras, carta-proemio ao meu querido paisán e irmán, Marcelino García Lariño, é recollela ialma do noso pobo, xente variopinta da nosa vila. Co aquila solenidade, co aquila gracia e nobreza, co aquila sabiduría que non deixa lugar aos iñorantes. Van empezando a desfiarse páxina a páxina, as madeixas de mil enredos, situacións novas, resoluciós non previdas, cadros imaxes da vida, e vida en anacos, aos pouquiños, coma debe ser, vasiño de caña que se bebe amodiño, na parva. Pois e eisí como García Lariño fai. Mesmo cinematográficamente. Cada capíduo, cada conto, cada anécdota, é coma unha «toma». Que se fan independentes e afastadas ou arredadas, unhas das outras, pra logo facelo filmo, baixo as ordes do direitor. Cunha novidade, logo de lido o libro, o realizador e o mesmo leitor. E il, quen, ao repasalo o lido, coa gorentia, gabexo, vota ao millor. E súa laboura e ficala ideia —a ialma da vila, na súa propia ialma—.

7


O mérito literario dos «Anaquiños da vila» é duplo. De conxunto, pola largueza con que vá amontoando, uns tras outros, aos persoaxes, coas suas caraiterísticas sicolóxicas, defindas, ouxetivas, craras. Coma se vái desenrolando

a

trama

esterior

aos

aconteceres, —o fío de Ariadne que non se vé— armónica ou .contrapunteada, as veces fonda, coma os chas—carraschás das cunchas; as veces, coma sons de gaita melosiño;

outras

coa

brincadeira

dun

pandeiro. As contas, rinme en moitas ocasións, coma si vise pola rúa, un home en cirolas; que non é cousa de senvergoña, máis ben de doído. E isto dálle ao libro de García Lariño, un humor que somentes é galego. E unha soidade —saudade— que somentes os portugueses e nós, sabemos deseñar. «Anaquiños da vila» léense de lixeiro e polo aperfeizoados, invitan a novas leituras. Ún, anceia coñecer millor os tipos, e destoncias tómaselle cariño. Libro antolóxico, na verdade; unha amostra súa deberá aparecer en calquer coletánea de prosa galega, no adiante. Prosa galega que ha de ser clásica pola súa limpeza, espresividade, riqueza do vocabulario; pola axilidade da sintásis, conxugación atinada dunhas verbas cas outras, craridade do parolar e pola relevancia que ista lingua galega, de García Lariño, empresta as cousas e a xente. E un galego cun forte arrecendo murdán, mariñán, petizado. Con pinos, mais sin queixumes; con forza pro sin quixoterías; con retranca, pro sin maá fe.

Fora daquiles que sempre a

levan o lombro vaia dicir, os caciques~corna

o

sapocuncho

a

cuncha.

¡Coitadiños!. E vóu findar. García Lariño, meu benquerido

Marcelino,

vostede

é

un

principe, no millor senso da palabra. Vostede comenza cun libro de prosa, que calquera envexa --inda eu. Vostede fica moito obrigado, con Muros, coa nosa Terra e coa galeguidade, a seguir polo camiño ernprendido. Sin importarlle que os cans lle boubeen. Sin importarlle que tendan un lenzo de silencio riba do seu libro. Lérnbrese de que Don Juan Valera fixo unha Antoloxía de Poesía --e coma il outros--- na que metéu a canto can e gato atopóu polos carniños de Castela; e non se lembrou de Rosalía. Muros tén no seu escudo un barquiño de ilusión, métase nil, bogue e adiante. Como boga a gueivota no ár. Vostede achará cecenas e papoulas, nas ondas. Non tén mais que nilas ollar. Un día, os nosos rapaces: xílgaros, carrizos ou melros, mozos de mañán, quererán saber coma foron os muradáns de onte. Trementes de encanto e de emocións, terán «Anaquiños da Vila» nas mans. E alleos as pequenas baixezas, distes mares tumultuados das Letras, verán xurdir nas súas almas a nosa galeguidade, nun berro, bruante coma un aturuxo: ¡Pra mariñeiros, nós! Nós, nós, e nós.

Xosé María García Rodríguez, Poeta Galego 8

-


Conversa con Marcelo p/ Domingo Guerra París. Marselo, teño un problema: os directores da revista «TMT» pedíronme unha colaboración sobre ti. Supoño que para falar ben, porque senón buscarían a outro. Pero, agora que aceptei, a verdade é que non sei moi ben qué dicir. Tes razón, perfecto! Contarei algo relacionado contigo e «Papá Mimitiños». Non, iso non Marselo! Ja, ja, ja!, esas vivencias non se poden contar! Non, iso tampouco Marselo! Non me tolees! Cómo vou a falar de economía municipal! Teño que falar de ti! Xa sei: qué che parece si afirmo que o teu anhelo foi traballar na exaltación da túa vila, da que, por certo, segues profundamente namorado? Pois xa está! Deixaremos que sexan outros os que enumeren as múltiples cualidades que fan de ti un ser excepcional; que mencionen a túa faceta de escritor, e que conten a túa boa predisposición a participar en calquera tipo de iniciativa cultural do noso municipio, etcétera, etcétera, etcétera. Por certo, dixéronme que tes asinados os títulos de «Economista Oficial da Vila» e o de «Calmante Vitaminado», así que, calquera día paso por casa e pídollos a Concha. Claro que si, Marselo! Por suposto que seguirei indo, de cando en vez, a visitar a Carmen. Estes días atopeina un pouco triste. É normal! Díxome que se sorprendera de que me recoñeceras o outro día. Ja, ja, ja!, tes razón, esta muller ten cada cousa...! Pero tamén é certo que detrás dun gran home...! Non te preocupes, entre as dúas fanse compañía e estarán ben, seguro! Si, Marselo tamén está ben. A elas non lles importou chorar no funeral, pero Marselo escondeuse detrás das gafas de sol; eu chorei un pouquiño, despois de comulgar, era lóxico... Tamén a min me encantou o Orfeón. Qué lle pareceu o acto a Don Casimiro? Este home, non cambia! Por suposto que botarei de menos o teu agasallo de Reis, eses poemas que gardo como auténticos tesouros... Non fagas caso! Pero, home, si son os mesmos que cuestionaban a Medalla. Bo! deixa que nos critiquen, que máis da! Seguirei publicando nos medios, é un compromiso de responsabilidade cívica ao que, o fillo de Tomasa da Florera, non está disposto a renunciar. Por certo, daríaslle un bico, non? Bueno, teño que deixarche. Manolo de América e Jorge de Pexejo din que se acabou o espazo. Tes razón, ja, ja, ja!, sei que dispós de todo o tempo do mundo! Seguimos charlando entón. Si, fai uns días que elixiron alcaldesa... 9


Marcelo en Youtube. Non hai moito material audiovisual referente a Marcelo, pero o que hai pómolo a disposición dos lectores. Dous videos correspondese ao acto de entrega da Medalla da Vila, e os outros foron gravados no despacho da súa casa da Virxe do Camiño. Neles vese a Marcelo recitando as súas poesías. Estos videos foron gravados por Manuel María Pena Silva no ano 2011. Copiando e pegando os enlaces no navegador, pódese acceder a visionalos na plataforma Youtube.

https://www.youtube.com/watch?v=Wqtkts9slJc https://www.youtube.com/watch?v=rPlPnv5IIAU

https://www.youtube.com/watch?v=bG9ICWjPMh4 https://www.youtube.com/watch?v=de6ER24aHrY

https://www.youtube.com/watch?v=JrE6tRFuVTc

https://www.youtube.com/watch?v=u5ycTJFAyOc

10


A un home conóceselle polos seus frutos

inevitable relevo, pero mantúvose fiel e activo hasta o final mentres aceptou o retiro como san Juan Bautista. Un servidor fixo o que pudo por axudarlles a ver ó lonxe, pensando non solo no futuro que Dios nos prepara alá arriba -realidad xa para eles-

p/ José Manuel Martínez

senón no da Iglesia nesta terra, que necesita facer

-Sacerdote muradano-

ver ó mundo que os mandamientos son unha carga lixeira e liberadora, e que si teñen algo de plomada é pa que non nos leven os vendavales. Para chegar

De Marcelo da Rabela solo podo decir cousas

ós novos ca boa nova, entre outras cousas haise

boas. As malas saberáas o demo, pero como cando

que reorganizar. Dios dirá sempre o mismo con

Dios perdona tamén olvida, de pouco lle vai servir ó

renglóns tortos, expresións actuales, caligrafía rubio

demo saber tanto. En cambio Marcelo sabía das

ou a que sea pero que se entenda. Tamén debe

cousas de Dios, esa sabiduría que entenden os

seguir igual que hai que oír ós vellos, que chegaron

sencillos.

á fe antes ca nós.

A un home conóceselle polos seus frutos, coma ó

Cando un home se emociona, por ejemplo si se

árbol. Como pai, Conchita é un bolo de pan así que

enamora, é capaz de poñerse a escribir versos, e

non o debeu de facer mal. Como padriño non o

atrévese por mal que lle salgan. Extrañaríame que

debeu de facer mal tampouco, que xa o esperaba

os namorados non sintan o impulso de escribir algo

alá arriba o hermano Pepe de Muros. Como

a man, anque solo sean uns rascóns no tronco dun

feligrés, recibeu e dou do seu ben estar, falar, calar e escribir, a don Casimiro. Si se salva o pastor hanse de salvar tamén as ovellas, e Marcelo foi das fieles na parroquia de Muros de San Pedro. Foi para don Casimiro deses que prometera Cristo ós apóstoles: "cien veces más casas y hermanos y hermanas y madres e hijos y tierras" (Mc 10, 30). Fillo do seu tempo, a Marcelo custoulle facer a digestión do cambio de párroco. É algo que lle custa a calquera, non se lle pode contar como falta. Os tempos cambian tan rápido que a Iglesia ten

pino, algo que perdure máis que os mensajes nas

que vigilar para que se entenda o mensaje que

pantallas dos móviles. Ademais, mentres se escribe

transmite. A Iglesia Compostelana -que está en

letra a letra a man tárdase máis, disfrútase máis,

Sínodo-, querendo vivir a fe e pasar o testigo ós

ponse máis atención e apréndese millor que si se

novos a pesar das nosas miserias, ten que renovar

teclea. Os poemas de Marcelo se cadra non os

a presentación do tesouro escondido mentres se

poñen nos libros da escuela. Pero Marcelo non

mantén fiel á millor de tódalas noticias, que ó

buscaba estilo senón expresar un sentimento de fe,

mismo tempo que é nova por boa tamén é vella

ou unha emoción, fe se cadra non tan de arrautos

coma a estatua do paseo marítimo. Presentar o

explosivos como a de santa Teresa pero igual de

evangelio ó público de hoxe con toda a súa belleza

auténtica. Por eso compuxo tantos versos sacros e

e a súa exigencia pode rechamar tanto polos

se alegraba cando salían na folla parroquial, non

métodos que ós vellos lles pareza que nos acaban

por el senón porque iban na honra de alguén.

ca fe. ¡Dios nos libre! O mismo don Casimiro,

"Y vio Dios que era bueno" (Gn 1, 10)

profeta como era, se sentía descolocado co

11


Marcelo,

A verdade é que non me causa ningún trastorno o

transmisor da

divirteme intentar atopar unha saída. E namentres o

feito de non saber ónde me atopo. Ó contrario fago entretéñome observando os edificios que dan forma ás rúas, as súas fachadas e as inscripción e

memoria

emblemas que están gravados nelas. Xamáis tiven formación algunha sobre esta cuestión, pero góstame deleitarme cos arcoa, as columnas e os dinteis. Qué clase de ventás serán, qué nome

p/ Fran J. Lestón.

recibirán ese tipo de portas…

Dun tempo a esta parte vou viaxando polo mundo.

Góstame

Dedícome a coñecer lugares e xentes. En ocasións

imaxinarme cómo sería a vida naquelas rúas noutro

ó chegar a un novo pobo ou aldea decido quedarme

tempo. Qué xentes pasaron por alí e qué tipo de

alí algúns días. Ao

vivencias tiveron. En ocasións as rúas nas que me

chegar

busco

atopo aparentan estar mortas, pero de seguro que

albergue e una vez

noutros tempos houberon de ser o escenario que

acomodado salo a

acolleu múltiples acontecementos.

dar una volta para

historias que se esconden nas pedras. É entón

debo

cando me dou conta que de nada serve enoxarme

quedarme aló máis adentrarme

e

Incomódame non poder coñecer máis a fondo as

mismas rúas me

tempo

escaleira

coñecer, por saber máis do lugar no que me atopo.

É entón cando as que

nalgunha

Aparece en mín un apetito voraz por descubrir, por

coñecer o entorno.

din

sentarme

coas pedras, pois elas non falan por moitos

para

segredos que garden. Pero existe un lugar no cal se

polas

gardan todos eses segredos que unha vez

arterias que transitan os autóctonos e cuia función é

aconteceron nas aldeas. Os nomes das familias

dar vida ó pobo ou aldea da que se trate.

que alí viviron, o por qué dos topónimos dos

Góstame empregar tempo en rondar polas rúas.

lugares, a explicación de lendas e disques que se

Atopo un extraño pracer en camiñar polas rúas sin

poden seguir escoitando por veces… A maxia das

dirección sin unha dirección precisa e sin rumbo.

páxinas impresas e cosidas con maior ou menor

Para mín é un entreteñemento que me aporta unha

destreza son un engadido que xamáis debería ser

suma satisfacción, deambular por deambular. O

esquecida no día a día das vidas cotidiás de pobos

feito de perderme polos distintos callexóns que

e de aldeas. Como tampouco deberían ser

atopo, sin saber con certeza a donde me irán a

esquecidas as mans do artesán ou artista que foi

conducir ou si polo menos teñen saída, para mín é

quen de dar forma con palabras, formando imaxes

algo que me abstrae por completo.

nas mentes de quen as lee, a esas lendas e contos

É máxico atoparme de súpeto no medio dun

de vellos. Marcelo foi artífice e creador de moitas

laberinto formado por rúas que se cruzan, subindo

delas. Foi contacontos e dador de vida a seres

ou baixando, sin saber cal de elas é a arteria

ficticios. Marcelo foi transmisor da memoria que se

principal. Descoñezo si existe unha plaza céntrica

soamente

na cal desemboca algunha delas e conduce á

desaparecer, pero ao permanecer escrita perdurará

saída. Atópome perdido pero sin preocupación.

por sempre, ao igual que él.

Como vos digo é un pracer do máis gratificante.

se

garda

nas

—-0—12

mentes

acaba

por


Hai persoas especiais que deixan pegadas especiais p/ María Xosé Afonso Torres.

enorme honra poder estar ao lado deste gran home nun día tan sinalado para el e para todo o

As primeiras veces que escoitei falar de Marcelo

Concello de Muros.

da Rabela foi a meu pai, si , a Peleador. Naquel

E foi a partir de entón cando comezamos a

tempo Peleador traballaba nunha baca de Muros e

falar máis a miúdo. En principio, el non se lembra-

Marcelo encargábase do papeleo desta baca e,

ba daquela moza que tiña levado nalgunha oca-

como consecuencia disto, encargábase de certos

sión a Peleador á súa casa a arranxar papeis, pe-

asuntos concernentes a meu pai.

ro unha vez que se deu conta “ordenoume” que

Así que, un día, dime meu pai se o podo levar á

nunca pasara por el sen falarlle. E así o fixen, a

casa de Marcelo para arranxar uns papeis con el,

partir de entón nunca pasaba por el sen saudalo

e así foi como coñecín a Marcelo, na súa casa da

chea de orgullo e emoción de poder falar distendi-

Virxe.

damente cunha boa persoa que tanto e tan bo laTardei moito tempo en volver a ter contacto

con el, pero tanto a enorme estima que meu pai lle

bor ten feito pola Vila de Muros e moitos dos seus habitantes.

tiña e que facía que me falara moito del, como a impresión que el mesmo me causou, fixeron que

Hai persoas especiais que deixan

nunca o esquecera e ata fixera certo seguemento

pegadas especiais, e Marcelo da Rabela

das súas “andanzas culturais”.

é, sen dúbida, unha desas persoas. Lem-

Anos despois, en maio de 2011, xurde a iniciativa de honrar a Marcelino García Lariño coa Medalla da Vila de Muros. Nese momento, eu formaba parte da corporación municipal e foi unha

brarémolo con admiración e cariño , estea onde estea pode estar ben orgulloso do seu paso pola vida. Descanse en paz.

13


Marcelo, a memoria da Vila. p/ Manu García Veño de me informar de que Marcelo da Rabela (Marcelino García Lariño) era, desde ben neno, grande coleccionista de retallos do acontecer do Muros natal e da súa contorna, que atesouraba por devoción aos feitos e por divertimento. É, pois, o caso dun rapaz previsor que andaba sempre armado de lápiz e papel para non deixar fuxir as novidades do presente continuo. Así foi Marcelo, de curiosidade en curiosidade, ata esgotar o capital completo dos seus día na terra. Nada do salientabale se lle escapou; de todo canto el escoitou, observou ou soubo de maneira indirecta, ao logo de máis de sete décadas, deixou memoria escrita. Ignoro o número exacto de Diarios (desde logo, bastante por enriba da cifra devandita) que a familia conserva no arquivo familiar e dan conta detallada de historias singulares, anécdotas, chistes, notas necrolóxicas e conversas con amigos e coa veciñanza. Sei de moi boa tinta do seu talento natural para transformar unha anécdota nun relato completo, nun poema humorístico ou lírico. Sen embargo, non me corresponde a min afondar nun terreo tan tendador e propio do mundo literario. Outros saberán facelo con rigor, dunha forma axeitada. Quero, por último, desde o meu compromiso partidario, como Reponsable Local e Concelleiro do BNG de Muros, recordar con orgullo que foi durante o goberno do Bloque, en vida do finado do Alcalde Domingos Dosil, cando, a petición expresa dalgúns amigos comúns nacionalistas, se lle outorgou a Marcelo a máxima condecoración do noso Concello. Unha acto de xustiza, sen dúbida. Hoxe, neste especial de The Muros Thimes, tamén lle tributamos idéntica admiración e recoñecemento pola obra ben feita.

Carta de Marcelo, do ano 1985, invitando ao muradán Santiago Fernández para que fora o pregoeiro de XX Cabalgada de Reises.

14


Artigo de Marcelo no xornal La Voz de Galicia, de xu単o de 1993, co gallo das Festas Patronais de Muros.

15


Adiós amigo Marcelo Juan J. Gestal Un viernes de madrugada, sin hacer ruido apenas, se nos fue Marcelo. Nos dejó tristes y perplejos. Su muerte nos pilló de sorpresa. Tantas veces a sus puertas consiguiendo salir a delante, superando en ocasiones situaciones muy difíciles, nos tenía mal acostumbrados. Aunque, analizado fríamente, su agravamiento podríamos haberlo visto, y lo vimos. Venía decayendo de modo importante en los últimos tiempos, pero nos parecía que él podía ser quien de superarlo en cualquier momento. No nos creíamos que ya estuviese llegando el día del adiós definitivo. Algo así nos ocurre a todos con nuestra propia muerte que, aunque sabemos que inevitablemente ocurrirá, no nos lo creemos del todo y, en cualquier caso, siempre nos parece muy lejana. Hace tantos, tantos años que conozco a Marcelo que podría decirse que le conozco desde siempre, pues los recuerdos vienen de tan atrás, que se pierden en la nebulosa de la memoria. Le recuerdo cuando trabajaba en las oficinas de Sel, y me parece estar viéndole yendo y viniendo de Correos, parándose con unos y con otros. Tomándose su tiempo. Conversando y observando. Captando las esencias del ser y del sentir de la gente que luego plasmaba en el papel con esa agudeza, maestría, gracia y bien hacer que le caracterizaban. Siempre tenía alguna historia nueva que leernos, y siempre simpática. Mas tarde, en el Banco del Noroeste aprovechaba también todas las oportunidades para salir a la calle y relacionarse con los demás. Necesitaba de ese contacto continuo con otras personas como del oxigeno para mantenerse vivo y lo ha continuado hasta el final. Le gustaba participar en las actividades comunitarias. Colaboró con nosotros en muchas de ellas: el teatro, la cabalgata de reyes; la Copa Ría de Muros, las fiestas de San Pedro del 69,…. Estaba siempre disponible para echar una mano, y le daba a todo. También le recuerdo como una persona enferma de siempre, pero un enfermo muy especial. Primero hipocondríaco, as enfermedades de Marselo,… que diría Carmen, y mas tarde realmente enfermo. No he conocido persona con mayor número de enfermedades. Algunas de ellas graves. “Un auténtico tratado de patología” como él me comentaba muchas veces, riéndose de si mismo. Sorprendentemente, a pesar de ello llegó a los 84 años, contradiciendo, eso sí, todos los pronósticos médicos. Enfermo sí, pero siempre y en todo momento alegre y complaciente con los demás, sobrellevando sus múltiples dolencias con dignidad y mucho humor. Una de ellas le obligaba a pasear, lo que le venía perfectamente con su carácter. La enfermedad ideal para él. Como escritor fue un autodidacta, muy próximo en su modo de expresarse a como lo hace el común de la gente del pueblo, con una agudeza y gracejo especial, ya fuese en prosa o verso, y especialmente en la descripción de personas, de las que captaba sus esencias con humor. Su gallego no era el normativizado, pero seguro que de sus escritos se podrán recuperar muchas palabras interesantes. Pero sobre esto van a escribir otros. Sobrevivimos a nuestra muerte mientras haya alguien que se acuerde de nosotros. En tu caso Marcelo, te auguro una sobrevida muy larga, perdurando tu recuerdo mucho más allá de la vida de los que te conocimos. Amigo Marcelo, tú como persona de fe y buena, estarás ya en el cielo, en donde te habrás encontrado con tu sobrino Pepe, otro gran muradano. Os imagino a los dos riéndoos ya de lo divino y de lo humano. Dale un abrazo de mi parte y otro muy fuerte para ti,

16


O Home, a Vila

Co pasamento de Marcelo, Muros perde a un ho-

p/ Inés Monteagudo Romero

historia de Galicia e de España, grandes homes, e

me único, case irrepetible. Muros, que ten dado a entre eles a Marcelo, notará e sentirá a súa perda,

Aínda que non tiven a honra de ter con Marcelo o

case como unha nai pode sentir a perda dun fillo.

trato directo que outros veciños da Vila tiveron, si

Vamos a sentirnos orfos dun home feito a si mes-

tiven con el algunhas conversas das que fago me-

mo, que foi quen de por en valor a Muros. Amor

moria e que me deixaron un grato recordo.

infinito ao seu Muros e amor polas súas xentes, dúas características que non o abandonaron nun-

Atoparse con Marcelo paseando polo peirao ou

ca.

polas rúas da Vila e saúdalo, era un non quedarse tan só co saúdo. As primeiras preguntas sempre

Teño lido moitas poesías de Marcelo. Todas pre-

ían dirixidas a preguntarme pola miña familia. Mar-

ciosas e cargadas de un sentimento sublime pola

celo tiña unha conversa sempre interesante e di-

terra; de un sentimento saído do seu ser mais profundo. Todas me gustaron, pero a que mais, unha que fago miña e quero que sexa guía dos meus pasos na vida pública: Quérote, Muros, de día, Quérote, Muros, de noite, Na tristura, na alegría, Na mala e na boa sorte. Quérote con tolería, E hoxe un pouco máis que onte; Quererte a ti é teimosía Porque te quixen decote. Querereite mentres viva,

dáctica, e sempre contando anécdotas da Vila e das súas xentes; da historia pasada e da recente.

E aínda... despois da morte.»

A súa memoria prodixiosa non esquecía ningún detalle, ata o mais nimio. Tenme contado moitas anécdotas acerca do meu sogro Domingo Fabeiro

No andar da historia de Muros quedará para sem-

co que sempre mantivo unha grande relación de

pre a presenza deste home singular; amigo de to-

amizade. Os dous, grandes apasionados do fút-

dos, memoria vivinte da Vila, grande escritor e no-

bol, e sempre, co seu equipo da alma, o Real Ma-

table poeta. Que a súa obra e figura non se perda,

drid. As discusións eran moi frecuentes. Que si o

é un reto no que todos temos a obriga de traballar.

entrenador, que si o presidente, que si o arbitro...

Gustaríame que concello organizase actos cultu-

Pero en algo acababan sempre de acordo: o Real

rais na súa memoria. No que eu poda propoñer ou

Madrid, aunque perdera, era o mellor equipo do

facer, que se conte comigo.

mundo.

17


Entrevista a

J.L._¿Me escoitas e oes ben Marcelo? Marcelo: _Si, perfectamente, vostede ten a palabra.

Marcelino García

J.L._ Grazas. ¿Ti naciches no ano 30? Marcelo: O 17 de Marzo de 1930

Lariño

_

J.L._ Xa levas navegando pola vida uns poucos anos e embarcado en moitos e diversos mesteres.

(Marcelo da Rabela)

¿Como xurdiu a túa afección polas letras?

p./Jorge Lago de Pexejo, vía Skype.

Marcelo: _Pois dende neno, era un sentir que me levaba a gardar todos os libros de texto e libretas que aínda hoxe conservo. Eu tiña a afección de cantar, pero como cantaba mal, compensábao escribindo a letra das cancións que oía.

¿Qué se pode dicir que non se saiba dun dos personaxes máis coñecidos da bisbarra? Aínda moito, e séntome honrado de ter conducido esta entrevista en directo vía Skype da cal só podo escribir unha pequena síntese dun-

J.L._ ¿Quen foi o teu primeiro mestre? Marcelo: _Cando me mandaron por primeira vez á escola cun silabario debaixo do brazo, foi á escola da señora Dolores da Trilla. Co silabario e o Rayas Primero, a señora Dolores impartiu a máis de catro xeracións os primeiros pasos en deletrear e esborranchar as primeiras letras. Despois, mandáronme a unha escola de pagamento, a de D. Antonio Lojo, na que estiven ata os 14 anos e me botaron da escola. J.L._ Por traveso? Marcelo: _!Non, non! Bueno, traveso un pouco, o habitual: Ir para casa cun ollo hinchado, romper algún cristal con aquelas pelotas de trapo con que xogabamos. Pero non, como sabes, naquel entón íase escola cun só libro de texto no que estaban condensadas todas as materias ata que foses a facer o bacharelato e a min como ó memoricei de cabo a rabo, D. Antonio falou coa miña nai e díxolle que ou me daba estudos, ou deixaba de ir á escola, porque el xa non tiña máis que ensinarme. J.L._ Despues desa saída honorable da escola e con 14 anos... A que te dedicaches?

ha agradabilísima conversación que se prolongou por varios días e que me serviu para coñecer máis de preto a alguén que a pesar de certos achaques relacionados coa idade, non deixou de marabillarme pola súa lucidez, viveza e gran sentido do humor.

Marcelo: _Despois da escola funme a traballar unha tempada como revisor de Jacobito, un primo irmán da miña nai que era taxista ata que me decatei de que necesitaban un axudante no xulgado e como D.Antonio Lojo o mestre era procurador, suxeriu que eu era o mellor opoñente para a praza e alí estiven, teño que dicir que con bastante poder tácito exercendo ese labor ata que me fun para o servizo militar.

Non me é doado expoñer como quixese a esencia do diálogo que mantivemos, abonda dicir que a cada pregunta saía unha morea de anécdotas, pequenas viñetas, recordos e explosións de risa incontibles polas ocorrencias que saían a cada paso.

18


J.L._ ¿ E despois do servizo militar? Marcelo: _Entón xa empecei a traballar no concello como escribente pois xa traballara por anos no xulgado. Pero a miña vocación era ser

Muradán, non sei de cantos equipos de futbol, certame de Mister Feo... Sempre me sentín moi a gusto cooperando no que pensaba que era ben para o pobo. J.L. _ E é indubidable que no pobo pensabas. Como fillo de emigrantes; o teu pai en EUA e a túa nai que aprendeu a falar castelán nunha provincia arxentina, ¿Nunca sentiches inquietude por largarte de Muros?

obreiro como o era o meu pai. J.L._ O teu pai quedárase en EUA cun irmán seu e alí desempeñou varios traballos ata a súa xubilación na que volveu a Muros definitivamente. Mentres tanto, despois do concello, e de cumplires o servicio militar, ti empezaches a traballar na fábrica de Sel alá polo 77 nin máis nin menos que por 25 anos. Marcelo: Si, 25 anos xustos e despois apetecíame tomar unha tempada de descanso, pero xa non me dou tempo, chamáronme para traballar no Banco do Noroeste e así seguín ata que un infarto me obrigou a retirarme.

Marcelo: _ !Nunca! Nin sequera se me pasou pola cabeza a pesar de como ti ben dis, tiña familia desperdigada en todas as américas, nunca se me pasou pola cabeza esa tentación. Percorrín toda España por esixencias do traballo, pero se cadraba que a miña ausencia de Muros coincidía co día de S. Pedro ou o Carmen, xa non estaba máis que pensando en volver. E tamén fixen turismo, Portugal, Francia, Italia, pero ausentarme de Muros por máis tempo que o estrictamente necesario nunca estivo nos meus plans. J.L. _ Pregunta así de súpeto: Es un fervente católico? Marcelo: _ !Si! Pero non fanático. J.L._ ¿Qué queres dicir? Marcelo: _ Quero dicir que as miñas crenzas son miñas e que non afectan o meu concepto da xente que non coincide con elas. Relixión e polí-

J.L. _ E sempre seguiches escribindo. Marcelo: _ Sempre, xa antes de ir para a fábrica de Sel, dende que era un rapaz. Unhas veces escribía máis e outras menos e cando xa empecei a escribir máis en serio levaba todo o escrito para o fallado coa idea de ir corrixindo e ordenando despois, pero nunca tiven tempo de sobra así que case toda a miña obra está alí a esperar. J.L. _ O de falta de tempo enténdese ben. Ti sempre estiveches involucrado en toda clase de actividades xa fosen de carácter relixioso ou mundano. Marcelo: _A verdade é que si, que eu recorde nunca fun presidente de nada, pero fun secretario de todo, ser secretario converteuse no meu modus vivendi. A partir do concello xa seguín de secretario de Acción Católica, Adoración Nocturna, Cabalgata de Reis, a Coral Polifónica, Teatro

tica son cousas persoais e nunca enturbaron a miña relación con ninguén. A miña filosofía persoal é vivir e deixar vivir e esa filosofía levoume a ter amigos de todas as tendencias. J.L. _ Non cabe dúbida de que practicas o que predicas.

19


Marcelo: _ Mira, os meus estudos universitarios foron aprendidos debaixo dos soportais de Muros. Escoitando e analizando o que discutían os maiores, recollendo certas perlas de sabedoría que emanaba da experiencia da vida. Aprendín a valorar a xente non polo moito que falaban se non polo ben que o decían. J.L._ Falando de valores, ¿Pensas que Muros valora axeitadamente a xente que ten, a que sobresae, á que alcanza metas? Marcelo: _ Penso que non, penso que se lle dá máis valor ao que é noso fóra do pobo que o que lle damos nós e aínda que llo damos algunas veces, temos certa tendencia a non abusar de ser demasiado efusivos. Pero teño que agregar que esa tendencia está a cambiar. Agora as novas xeracións saben ver e recoñecer talento onde o hai e o que máis me gusta é que ultimamente de Muros sae xente moi, pero que moi preparada. O saber domocratizouse e de calquera familia rica ou pobre poden saír eminencias. J.L._ Tes fe na xuventude actual? Marcelo: _ Moito máis que o que a tiña na miña xuventú. Mira de onde vimos nós e mira os me-

dios dos que eles posúen. Que os saiban aproveitar, iso xa é outra cousa, pero no que non podemos caer é culpalos a eles nin os facer vítimas dos nosos erros. J.L._ Marcelo: Falamos de todo un pouco e fixéchesme pasar un anaco de tempo agradabilísimo con esta entrevista. Nos temos reido a gargalladas e fixéchesme sentir moito máis próximo ao pobo que deixei hai máis de medio século. Os de certa xeración alimentámonos coa nostalxia e ás veces ata nos empachamos dela. A través da túa longa e frutífera vida ¿Cales foron os cambios máis notorios ou sorprendentes que viviches no pobo de Muros? Marcelo: _Os cambios foron sorprendentes, dende levar o conde á dársena a empezar a facer cuartos de baño nas casas. A emigración foi sen dúbida o grande artífice de incrementar a riqueza local. As casas foron cambiando de aspecto, os pescadores a comprar novas e mellores embarcacións e en xeral a concienciarnos de que a educación non era un privilexio duns cantos. O Muros de hoxe pouco ten que ver con aquel Muros que me viu nacer, progresouse en todos os aspectos, pero hai un aspecto negativo que me preocupa; seguimos coa pauta de ter que deixar que a emigración sexa a máxima beneficiaria do que Muros produce.

que non che importe loitar,

deste, que é o teu paxe

porque na vida, vencer

e sen galóns, inspector.

é seguir, é tropezar.

E nomearche Doutor

A ti

“Honoris causa, Cum laude”,

que desbaldes fantasía,

Magno Cónsul que sen fraude

por que venche curto o día

és da Musa, sedutor.

A ti

para aprender a vivir.

Para ti, honra e honor.

porque és poeta

E alimentas o presente

Coroa de metal Louro;

e que acadastes a meta

co maxín da túa fronte

fillo fiel do varadoiro

que poucos seguen aquí.

que vai procura do abrente.

e das verbas, reiseñor.

A ti

A ti

que sementas noites de lúa,

que inventas horas de calma,

e que amarras unha a unha

das ledicia as nosas almas

as flores do pensamento.

ensinándoas a vivir...

Dígoche en todo momento.

Quéroche dar unha aperta.

que non che importe perder,

Unha sentida homenaxe

Ao Reiseñor do Varadoiro p/ Manuel M. Caamaño

20


Cómo conocín a

lle permitía moitos esforzos, así que tomaba a vida con tranquilidade, sobre todo os días de calor do verán.

Marcelo

O que maís lle gusta nesta vida é falar, e contar historias. E deixounas por escrito, nun fermoso libro que se chama Anaquiños da Vila, que gardo cunha

Por Cristina Cabodevila Ros (restauradora da

fermosa dedicatoria na miña estantería coma se fose

capela da Virxe do Camiño)

un tesouro.

Chegar a un pobo novo e abrir a porta da súa igrexa é para os fieis todo un acontecemento. Non te coñecen, es nova para a media de idade que se move por eses ambientes, entras e saes cando queres... Un día, entran pola porta a ver que estás facendo e alí estás, subida ó andamio, ante o altar maior, coa mascarilla posta, os focos alumándote e, de paso, recocéndote, morta de calor ou de frío, segundo a época, comendo cos ollos unha pequena escultura... "Ai! estades pintando!". Así empezan todos. E a todos intentas explicarlles que non pintas, que restauras, que non é o mesmo. E moitos collen o costume de visitarte unha vez á semana, para ir controlando os traballos. Logo empezan a vir día sí, día non. Un día cóntanche unha historia pequena, sin importancia. Ó seguinte traen á súa muller para que a coñezas. E, de pronto, un día, caes na conta de que a visita xa é diaria y de que a esperas con moitas ganas. Así coñecín a Marselo da Rabela.

E a vila de Muros, que tanto quere, decidiu outorgarlle a Medalla da Vila en recoñecemento á súa

Marcelino Garcia Lariño é un poeta. Dos que quedan

persoa, ó seu amor polo pobo, porque o merece e

poucos. Ós seus oitenta anos ten unhas enormes

porque coa súa honra engrandecemos ao Concello,

ganas de vivir, e unha gracia infinita contando contos

que desta maneira queda tamén honrado. E mañán

e chistes.

vanlla entregar.

Viñanos ver todos os días á pequena igrexa da

Últimamente a saúde estalle xogando malas pasa-

"Virxe do Camiño", en Muros, onde botamos dous

das, o seu corpo está cansadiño e as visitas ó hospi-

anos sacándolle brillo e "pintando" esculturas e reta-

tal son cada vez máis frecuentes. Pero mañá quere

blos. Son moitas visitas diarias... e foi unha das me-

falar, cómo non! e seguro que o fará tan ben coma el

llores épocas da miña vida.

sabe facer. Seguro que contará algunha historia... e eu penso estar alí para velo.

Tiña un andar pausado e tranquilo. O corazón non

21


Crónica da entrega

abondosa obra aínda inédita que to-

da Medalla da Vila

muradanía coa variña máxica da pa-

ca sempre a fibra máis sensible da labra precisa. - Por ser unha persoa de acervo

de Muros a

transversal a quen uns e outros respectamos, apreciamos, escoitamos e

Marcelino García

queremos.

Lariño.

vida adulta un indiscutible e acendra-

- Por ter acreditado ao longo da súa do amor a Muros e ao seu entorno. - Porque certamente o merece.

p/ Marita Guerra.

- E porque coa súa honra engrandeO regulamento de honras e galardóns do Con-

cemos ao Concello, que desta ma-

cello de Muros, instituíu a «Medalla da Vila de Mu-

neira queda tamén honrado.

ros» coa finalidade de premiar a aquelas persoas que, polos seus méritos, acadasen un prestixio social relevante, contribuíndo a mellorar a imaxe de Muros e a divulgar o seu coñecemento. En base ao anterior, o Pleno do Concello de Muros, en sesión celebrada o día 28 de abril de 2011, por unanimidade, considerou que eses méritos se conxugan na figura de D. Marcelino García Lariño, entre outros, polos seguintes motivos: - Por ter impulsado e participado de

Xusto un mes máis tarde, o sábado día 28 de ma-

maneira brillante en canta actividade

io de 2011, no Salón de Plenos da Casa do Con-

cultural fora desenrolada a prol do

cello de Muros, celebrouse a entrega da Medalla.

noso municipio.

O emotivo acto estivo dirixido por Domingo Guerra, quen compartiu mesa presidencial co homena-

- Pola súa labor desinteresada e incondicional de animador, cronista e albacea do acervo común. - Polas súas aportacións etnolóxicas e etnográficas revitalizadoras da nosa toponimia. - Por ser memoria viva do anecdotario vilego con máis de oitenta anos ás costas. - Pola súa meritoria obra lírica, humorística e narrativa coñecida a través dos títulos publicados e de unha

xeado, co Sr. Alcalde D. Domingos Dosil Cubelo

22


(á esquerda de Marselo) e coa Concelleira de cul-

Despois desta intervención, tomou a palabra o Sr.

tura Dona Laura Eiras Rivadeneira.

Alcalde-Presidente do Concello de Muros, D. Domingos Dosil Cubelo, quen lembrou os paseos

Como

estaba

previsto,

ás

12:35

horas

(aproximadamente), chegou D. Marcelino García Lariño, acompañado dos seus familiares máis próximos ao Curro da Praza. Foi recibido polo Mestre de Cerimonia (Domingo Guerra), que o estaba esperando nas inmediacións da Casa do Concello xunto con un bo número de amigos do homenaxeado, entre os que se atopaba, o tamén poeta e escritor muradán, D. Manuel María Pena Silva. Despois de que Marselo recibira os parabéns dos

con Marselo pola Vila, conversando sobre as distin-

veciños, Domingo Guerra levouno xunto do Sr. Al-

tas cuestións que afectan ás xentes do Concello.

calde para asinar o acta e comezar a celebración. Ao finalizar, axudado pola Concelleira de Cultura, Dona Laura Eiras Rivadeneira, lle impuxeron a distinción. Pola súa parte, visiblemente emocionado, D. Marcelino García Lariño, leu o seu discurso que reproducimos a continuación: «Vaia para todos o meu máis espontáneo, auténtico, leal e verdadeiro agradecemento. Para os que hoxe aquí asistides, e tamén para os moitos que me chamaron para dicirme que a súas Unha vez formalizada a correspondente acta, Do-

obrigas, os seus traballos, impedíanlle

mingo Guerra, leu o seu discurso de benvida e de

facelo.

presentación do homenaxeado, onde relatou os mé-

Pero dun xeito moi especial e moi supe-

ritos que figuran na proposta de outorgamento da

rior, para os señores ediles, que todos

Medalla, e aproveitou para resaltar o seguinte: «Como poden facilmente comprender, asumo con enorme satisfacción a responsabilidade de dirixirme a todos vostedes neste acto de outorgamento da Medalla da Vila de Muros a un amigo, a un mestre, a un referente, a un muradán exemplar: a Marselo da Rabela, a D. Marcelino García Lariño, a un home, en definitiva, bo e xeneroso, ao que todos admiramos e queremos.../...» eles, sen excepción, dignáronse outor-

23


gáronme este recoñecemento, este ga-

Por último, correspondeulle pechar o acto a Domin-

lardón, este premio que é, nada máis e

go Guerra cunhas palabras de agradecemento ao

nada menos, que A MEDALLA DE MU-

numeroso público asistente e coa lectura dun breve

ROS.

poema do autor.

Como non podo expresarme, como qui-

Quixo o destino que, curiosamente, Marselo nos

xera, debido á canseira que teño por

abandonase xusto catro anos máis tarde da imposi-

mor da doenza que padezo, do que

ción da Medalla da súa Vila, cando tan só supera-

vostedes xa se estarán decatando, rei-

ban tres horas do pasado 28 de maio de 2015.

térolles, miñas donas e meus señores, unha vez máis e de corazón, a miña

Algúns asistentes ao acto:

total e profunda gratitude por este inmerecido agasallo, maiormente a don Mingos Dosil Cubelo, rexedor deste Concello, sen outro motivo especial que non sexa o de “nobreza obriga” por ser o promotor de que se me concedera a MEDALLA DA VILA DE MUROS. Para el o meu máis profundo e sempiterno agradecemento. E para Muros dicirlle o que outrora lle dixen: Quérote, Muros, de día, Quérote, Muros, de noite, Na tristura, na alegría, Na mala e na boa sorte. Quérote con tolería, E hoxe un pouco máis que onte; Quererte a ti é teimosía Porque te quixen decote. Querereite mentres viva, E aínda... despois da morte.»

24


En recordo dun muradán exemplar p/ José Manuel Bermúdez Anaquiños da vila e da súa historia.

Calidade de aquel que reflexiona,

Amores do seu mar, do seu pasado.

e ningunha doutrina lle obsesiona,

Froito da súa existencia, namorado

convencido de que ninguén lle sobra.

dun pobo, das súas xentes, da súa gloria. Versos acurrunchados na memoria,

Por enriba de fobias e de enconos,

de ventos refrescantes e salgados.

sempre atento e disposto ante a valía, xamais se interesou por tonterías

Con pluma firme e desinteresada,

nin dividiu entre homes e patronos.

dotou de vida as follas da lembranza,

Da vila, contando os seus embonos,

quedando no recordo a súa añoranza.

tan só quixo plasmar a simpatía

Non esquecendo xamáis a súa gloriada, coa vila ,sempre, de eloxios insuflada,

Escritores se deron en Galicia,

deixounos a máis sólida esperanza

Castelao, Rosalía, Inclán ou Cela. Todos eles formaron parte dela,

Foise, máis non nos abandona.

e escribiron da terra mil delicias.

Permanece presente coa súa obra,

Máis a Muros ninguén fixo xustiza

na que se impón o amor ante a zozobra.

como fixo Marcelo da Rabela.

25


no García Lariño se acordou de min e me impuxo

AO ABEIRO DOS

esta obriga de presentador propoguista de AO ABEIRO DOS SOPORTAIS, paréceme que non sabía moi ben as consecuencias do xogo ao que

SOPORTAIS

xogaba, se este servidor (que son eu) andase polo medio. O asunto de basear a confianza máis alá dos afectos é un risco tremendo con vistas a amparar ou a desamparar a maioría de idade dos 52 re-

p/ Manuel María Pena Silva

latos, e mesmo pór na picota a súa propia credibilidade como escritor con obra xa publicada; pois,

Non temos por que dubidar da palabra de Marcelino García Lariño cando ten deixado por escrito que foi na Universidade dos Soportais da vila de Muros onde el, da fonte limpa, bebera os fundamentos do arte narrativo. A nosa acotación toma esa lección ao pé da letra, pero engadindo o significativo detalle de que a literatura oral, como é ben sabido, só dá ese froito abondoso nunha terra que é fértil. A voz tonante no deserto absoluto non a recollen as almas beduínas. AO ABEIRO DOS SOPORTAIS, estes 52 bocados de saborosísima prosa, se me apurades, podémolos tomar por separado ou mes-

canto a min, eu, que nada teño, nada significaticvo

mo engarzar un tras outro e prestarlles a unicidade

acreditado, de momento, ao respecto. Por iso lle

da coherencia máxica dos contacontos, ata com-

agradezo a confianza na mesma medida na que lle

pletarmos ese puzle culminante de obra aberta á

recrimino a imprudencia sobre a incertidume de-

fantasía. Pero aínda así, a cobiza do lector non

sencadeada sobre os seus intereses de escribidor

conforma e solicita unha continuidade, neste caso,

razonable. Sirva, xa que logo, esta advertencia de

imposible; pois a adicción causada por manxar ex-

aviso. O mal, como veño de dicir, queda feito, a

quisito non sempre ha ser caprichosa ou debida-

palabra comprometida e o Prólogo segue a divagar

mente atendida. O autor, Marcelino García Lariño,

e a procurar camiño que leve onda as virtudes fa-

cuia obra inédita é inmensa e miscelánea, por máis

buladoras “rabelianas” son, en por si, quen de se

que estea (e está) predisposto a servirnos un bo

abriren canle sen mediación alguhna. Por esa ban-

palto incluso a domicilio, non é dono da chave do

da hei quedar máis tranquilo. Hai persoas que po-

mundo editorial, non se prostitúe mediaticamente

súen unha graza, un carisma, unhas cualidades

nin fai proselitismo profano na praza. Sen embargo,

innatas balsámicas no compracer, no subsanar ne-

non coñezo a ninguén con maior capacidade de

cesidades de escoita e de acompañamento. Son

servizo verbal para abrazarte co seu verbo envol-

seres, polo tanto, dunha fondura humana pouco

vente ao instante. Dito por un prologuista ocasio-

común, un regalo, unha riqueza veciñal, unha tá-

nal, informal e bisoño, o devandito ofrece a credibi-

boa de salvación no naufraxio de quen foi esquen-

lidade de quen tampouco a busca e só anda a xun-

cido. En AO ABEIRO DOS SOPORTAIS, Marcelo

tar algunas ideas para salientalar o libro obxecto da

obsérvaos, outórgalles protagonismo, respéctaos e

súa devota admiración “rabeliana”, pois avais e ba-

dignifícaos. Son, daquela, coma personaxes recu-

gaxes que lle presten autoride suficiente para lle

perados dun recuncho do tempo, devoltos ao pre-

facer a xustiza debida a Marcelo, en por si, non os

sente continuo; porque os fai auténticos, de carne e

ten. Aquí deixo a miña advertencia. Cando Marceli-

óso, e, consecuentemente, inmorrentes. A vida es-

26


tá a pasar por eles como auga no río. Falo do Mar-

gre senón polo impulso recibido desde fóra do apa-

celo García persoa. A personalidade polivalente e

rato corporativo, toma en consideración aquela pro-

transversal de Marcelo da Rabela ofrece ese perfil

posta en forma de moción que, no literal, reza desta

de home sen aristas, de fino observador dos deta-

maneira:

lles, de quen trae consigo, decote, a memoria común do alfoz, levado dunha forza e dun oficio voca-

“OUTORGAMENTO DO GALARDÓN “MEDALLA

cionais ao servizo da xente, da terra, da humanida-

DA VILA DE MUROS” A D. MARCELINO GARCIA

de teocéntrica completa. A súa relixiosidade cristián

LARIÑO.

informa, impregna e penetra, sen concesións, todo o seu imaxinario narrativo. ¿Quen somos nós para reprochar, no seu traballo, un certo conservaduris-

O regulamento de honras e galardóns deste Conce-

mo moral e de atacar o seu credo por falta de con-

llo instituiu o galardón “Medalla da Vila de Muros”

sistencia intelectual e libresca ou de fondura teolóxi-

coa finalidade de premiar a aquelas persoas ou en-

ca acomodada á nosa época? Os vecinos de Mu-

tidades que polos seus méritos acadasen un presti-

ros, a Marcelo García vémolo así, e así é el de pés

xio social excepcional no eido en que desenvolven

á cabeza e viceversa. En santo ou en solto, chova

as súas actividades e que polo especial vencella-

ou vente, ten unha soa cara. Os personaxes, nunca

mento que os une co noso municipio contribuíron a

mellor dito, corren a mesma sorte. Ás veces, anda-

mellora-la súa imaxe e a divulga-lo seu coñecemen-

mos distraídos pola vida e non nos decatamos de

to.

quen temos á beira. Alguén, como inspirado polo vento, de sócato, recibe un inspiración e dase présa

Estes méritos conxúganse na figura de D.Marcelino

en presentala onde poida ser recibir boa acollida e o

García Lariño. E, entre outros, polos seguintes moti-

preceptivo “pasavante” regulamentario. O Concello

vos:

de Muros, en fin, non por pura inercia nin por mila-

27


- Por ter impulsado e participado de maneira brillan-

Marcelo da Rabela, nada afeito a frivolidades e fra-

te en canta actividade cultural fora desenrolada a

quezas da crónica social, todo canto lle convén e

prol do noso municipio. - Pola súa laboura desinteresada e incondicional de animador, cronista e albacea do acervo común. Polas súas aportacións etnolóxicas e etnográficas revitalizadoras da nosa toponimia. - Por ser memoria viva do anecdotario vilego con máis de oitenta anos ás costas. - Pola súa meritoria obra lírica, humorística e narrativa coñecida a través dos títulos publicados e de unha abondosa obra aínda inédita. Que toca sempre a fibra máis sensible da muradanía coa variña máxica da palabra precisa. - Por ser unha persoa de acervo transversal a quen uns e outros respetamos, apreciamos,

mesmo lle chega e lle importar é, desde logo, a ve-

escoitamos e queremos. - Por ter acreditado ao lon-

racidade ou verosimilitude do acontecido contado.

go da súa vida adulta un indiscutible e acendrado

As súas palabras foxen dos artificios e corren lim-

amor a Muros e ao seu entorno. Porque certamente

pas e naturais polo íntimo dos seres e moi polo miú-

o merece. - E porque coa súa honra engrandece-

do dos aconteceres diversos. Os homes e as mulle-

mos ao Concello, que desta maneira queda tamén

res, AO ABEIRO DOS SOPORTAIS, dialogan direc-

honrado,

tamente coa alma de cada un de nós desde o sol e da sombra. Semellan mesmamente a carón do mar fitando para ría. A néboa dunha fantasía é brétema

Polo EXPOSTO, propoño outorgarlle a D.Marcelino

das almas, sobrancea por enriba do dato e mais da

García Lariño a concesión do galardón “Medalla da

data. A reiteración e o descoido estilísticos forman

vila de Muros”. Asinado: Domingos Dosil Cubelo (Alcalde da vila de Muros)

Día memorable aquel certamente, festa grande e magnífica, discursos e louvanzas que son para figurar con letras de ouro na crónica municipal e na historia dos “bos e xenerosos” bisbarra. Alí estaban os seus familiares e vecinos acompañando e aplaudindo ao noso común amigo Marcelo da Rabela, coa MEDALLA DA VILA DE MUROS ao peito coma un escapulario.

Afondar cunha ristra maior de detalles na valía de Marcelo resulta innecesario, pero conveniente e con carácter a preventivo, pensando nas xeracións futuras e nas fraxilidades da memoria, conveña, se cadra, deixar sobre a terra fértil a semente que lles sirva de exemplo. Voume deixar ir un chisco pola inercia do corazón ata onde me leve, volvendo ao

parte do xogo improvisativo de quen, máis que es-

punto de partida, de discurso en excurso. A prol de

cribir, conta de forma oral para ser escoitado pase-

28


niñamente, en plan peripatético (“Cónsul do Vara-

tamén cancha libre ao apetito sexual do seu gato no

doiro”), con todas as facultades da expresión en ac-

frigorífico”, ´”á leira de percebes de Pepe de Tes-

tivo; porque o da Rabela describe, narra, mellor dito,

tán”, a “Tono de Tuca”, “Ao porco roedor”… Dema-

fala coa participación plena do corpo. E nos cadros

siado para un home só: A ferramenta escápaseme

narrativos de Marcelo da Rabela, como consecuen-

das mans e dá para unha novela grande, por entre-

cia, hai vida, hai alento poético, hai unha humanida-

gas e capítulos por ferrado. Tampouco quero roubarlle protagonismo ao autor, aproveitando a amizade; que arestora precisamente xa está en activo no uso da palabra. Déixovos con el na mellor compañía. ¡Bon proveito! Baixei pola Canavala lucindo os zoquiños novos que ese domingo mercara. Co ruído que eu metía, toda a xente me miraba; e canto máis o facían, máis cos zoquiños petaba. Ata que unha rapaciña, por certo, moi agraciada, díxome: "¡Que presumido!" E a coitada ía descalza.

de

sufrinte

e

unha

galería

completísima

de

“protagonistas / antagonistas” curtidos nas batallas

(Marcelino García Lariño:

do mar, estoicos dotados dun humor que devén en sarcasmo fronte ao definitivo. As salas de espera dos hospitais, as ambulancias que deixan enfermos

Marcelo da Rabela)

espallados por cunetas ou estradas, navegantes de soños, idosos a faceren chistes sobre a enfirmidade, médicos que se trabucan de enfermo, velorios ilustrados de costumismo, moinantes, bromistas sarcásticos, tolos simpáticos, delirantes profundos, expertos en xeografía deportiva donos do saber e da fórmula científica que remata triunfante “co pase (futbolístico) da morte”… Pensaba darlle a voz cantante ao “Señor Bernardo” e “Ao señor Chinchete” e

29


Recordando a un amigo

nado el título de “Cónsul del Varadero”, tal vez por

entrañable

una importante obra poética para su publicación y

la proximidad de este lugar a su domicilio. Nos deja

a través de ella podremos conservar viva su memo-

p/ Bartolomé Beiro Fernández

Atendiendo la petición que se me hace de escribir un artículo para el número monográfico de la revista The Muros Times dedicado a mi amigo Marcelino

García

Lariño,

redacto unas líneas como un tributo y un deber de amistad. Lo hago con sentimiento pero a la vez complacido de lo que fue nuestra común y sincera relación de amistad. Por ello quiero que mis palabras sean de recuerdo y oración Su fallecimiento, aunque esperado, siempre impacta, más aún, cuando por una circunstancia familiar me hallaba ausente y a cierta distancia de Muros lo que me impidió asistir a sus exequias y

ria tan vital y tan alentadora. Persona entrañable

acompañar a su familia, aunque estuve cercano a

deja en todos nosotros un vacío, pero también mu-

todos en la oración

chos recuerdos llenos de afecto y gratitud. En nues-

Marcelino vivió con coherencia su condición

tras conversaciones veraniegas por los muelles de

de cristiano y supo buscar apoyos para fortalecer su

nuestra ría, acariciados por la brisa marina, había

amistad con Cristo y testimoniar su fe. Encontraba

una sintonía que resultaba siempre grata y aleccio-

en su relación con Dios la fuerza necesaria para

nadora, una conexión de mutua simpatía. Por su

llevar con serenidad y lleno de esperanza las dificul-

carácter afable, sencillez y cercanía ha sabido lle-

tades de su larga enfermedad

gar al corazón de todos nosotros con humildad y servicio, virtudes que el Señor habrá valorado para

Podemos afirmar que fue una persona de fe,

acogerlo

con una religiosidad discreta pero profunda. El año

Felicito a la Redacción de The Muros Times

1995 cuando se restaura en la parroquia de Muros

por esta iniciativa de editar un número monográfico

la Adoración Nocturna –Asociación fundada en Muros el año 1918-

en su Reino de paz y alegría eterna.

dedicado a su persona y me uno a la petición de

fue uno de sus promotores y

instituir un certamen anual de poesía que lleve su

miembro destacado de su Consejo Directivo.

nombre. Este será nuestro mejor homenaje a su

Marcelo tenía un espíritu poético, creativo, no

figura y a todo lo que ha representado en su vida y

exento de cierto humor, siendo joven se había asig-

en la cultura de nuestra Villa.

30


“LOA A UN HOME BÓ” Querido amigo “Marselo”, ¡qué grande honra supuxo para min coñecerte! Parece que foi onte cando aquela mañansiña dun sábado de decembro de 2013 presentounos o noso común amigo “Domin”. Quen o ía dicir, eu que andaba na procura de datos para un traballiño que estaba a comezar, fun topar cunha inesgotable fonte de información pero, aínda máis importante, cun ser excepcional que me obsequiou coa súa amizade. Quero agradecer aos amigos de “The Muros Times” que me deran a oportunidade de expresar publicamente o que sinto trala túa derradeira viaxe. Mestre “Marselo”, é difícil expresar con palabras, esas que non tiñan segredos para ti, a admiración que te teño. Aínda que eras a persoa que máis sabía da historia da túa querida vila, o que realmente te fai único é a maneira de contala. Non había cousa que non souberas e sempre había unha anécdota ben traída para aderezar o teu relato. Daba igual o tema, iso era o de menos. Eu que te coñecín coa túa cabeciña ben asentada (aínda que dicías que non eras o que foras), pero co teu corpo cheo das cicatrices que o tempo e a enfermidade te estaban a marcar, pasei contigo uns momentos inesquecibles. Qué tardes máis especiais, era un conto tras outro, todos orixinais e contados coas palabras precisas e na súa orde. Sempre terei un espazo no meu recordo para as nosas particulares regueifas: que si os de Esteiro sodes uns non sei qué que se os de Muros uns nin che conto…. Canto tería que aprender a nosa sociedade da túa simpatía, honestidade e tolerancia. Mágoa non dar coa túa fórmula para poder “contaminar” no berce aos nosos meniños, antes de que se malogren. Da inabarcable lista de amigos que deixas, posiblemente eu teña a honra de ser o último, pero iso non me impide loubarte tanto como calquera outro. A túa familia, amigos e veciños da vila ben podemos estar orgullosos por contar coa túa memoria e eternamente agradecidos por dispor do teu legado. Estas son unhas palabras que en parte escribiches ti para un que non as merecía, pero que son plenamente aplicables no teu caso. Este Consello de Muros Tente moito afecto E debera nomearche FILLO PREDILECTO.

Grazas Marcelino García Lariño, “Marselo da Rabela”, home bó e escritor con maiúsculas. Esteiro, a 10 de xuño de 2015, Santi Llovo

31


Marcelo e Finucho p/ Serafín Barreiros Formoso. No relato “A caída”, páx. 135 de “Anaquiños da Vila”, Marcelo presenta o seu amigo Serafín coma un bo samaritano que non dubida en ofrecer o seu coche como ambulancia para trasladar o Rabelo ó Centro Médico local, logo de que o infortunado se espaparruchara nunha tenda de xoguetes. Fun testemuña da boa amizade que Marcelo e Serafín (Finucho) se profesaban mutuamente. O que comezou como un vínculo profesional, foise transformando paseniñamente nunha relación afectuosa e converteuse nunha verdadeira amizade. Quero honrar a memoria desta amizade reescribindo o relato “O enterramortos” -páx. 24- de “Anaquiños da Vila” ó que, a modo de lipograma, lle suprimín en todo o texto o M de Marcelo e o S de Serafín.

O ENTERRADOR: Din que o dito “Que o Creador dea pan no oficio de cada quen” foi inventado por un enterrador. Ignoro a autoría de tal enunciado; pero abofé que é ben doado concederlle veracidade. Na vila non había enterrador. A verdade é que para o oficio non vale calquera, hai que ter callo abondo. Co gallo de arranxar tan grande traba aparecida, houbera no concello, liderada polo rexedor, unha xuntanza da forza viva da localidade -que ignoro porque a xente viva quere arranxar a atribución da defunta-, e logo de rifar de abondo e berrar cantidade, chegaron ao acordo de que, ben ollado, o idóneo para o pobo era non finar, e entón o arranxo era ben doado: non expirando xa non había a quen enterrar. O alcalde, varón tido por cabal, cabreado pola fatal traza que adoitaba a porfía (ata houbera de haber lea), liquidou a xuntanza cun atinado parrafeo: “Total para vivir de tal xeito...vale a pena non fenecer nunca”.

In Memoriam p/ Cristina Cabodevila Ros

Formaba parte xa irremediable do imaxinario do meu mundo laboral. E gañou un oco nesa outra faceta da miña vida que é o meu mundo personal. Como? Sendo irrepetible. Falei hai uns anos aquí del, con motivo dun homenaxe que o seu pobo lle facía por ser.... iso... irrepetible. E porque merecía aparecer nestas páxinas como artista, poeta, home curioso e vello admirable. Porque hai xente que só colecciona anos co tempo, pero el coleccionaba historias e arte para contalas. Era Marselo da Rabela. Inconfundible. Hoxe a vila de Muros estará triste a pesar deste sol de principios de xuño, porque el xa non está. Ó final marchou, e non me puden nin despedir. Porque a distancia non é fácil, e as vidas complícanse... e as últimas visitas quizáis non foron tantas como quixera. E non pudo coñecer a Mateo, nin Mateo coñecelo a el... Imaxino que historieta lle contaría ó que lle esperaba na porta do máis alá para recibilo. Seguro que aínda están rindo!

Vai por ti, Marselo! 32


O RAMIRIÑO (Do libro de Marcelo: Parolas do Adro) Que hai xente máis esperta que outra todos o sabemos, pois sempre houbo espelidos e intelixentes o mesmo que papáns e ignorantes. Houbo e hainos, e polo que se barrunta, esta diferenza entre apampados e axuizados, haberaos per ómnia saécula saeculórum semper et ubiqque (por tódolos séculos dos séculos sempre e en toda a parte). Pois un coitadiño destes é O Ramiriño que a xente ten por parvo e que eu non digo que o sexa ou que non o sexa. Eu abonda xa co que teño e non quero, nin me considero competente para emitir un diagnóstico veraz e fidedigno de asuntos que non son da miña competencia nin da miña incumbencia. Eu pódovos dicir e digo o que me pasou con el, e vós xulgaredes en conciencia o que coidedes máis atinado ó respecto, se o é ou se non o é, e tamén, se queredes e tedes tempo, de cómo son eu; pois moitas veces dicimos é así e é andando, e ó mellor, xa se deron moitos casos, nós somos peores que os que criticamos. Isto pasoume o día dos Santos Reis Magos, que non é un día calquera, cando viña para casa para xantar. Detrás de min viña o Ramiriño, que traía un paso máis longo, para algo tamén é máis novo, e ó chegar ó meu carón saudoume moi atentamente, que iso si, será parviño, pero tamén é moi pulido, moi educado. Eu tamén lle correspondín con moita pulcritude, porque en canto a xentileza, e non o digo por xactancia que o fillo de miña nai nunca foi gabancioso, haberá, se hai, poucos tan educado e tan ben criado. Iniciei eu a conversa preguntándolle: –¿E que? ¿Seica ves de pasear? –Non. Veño de traballar –contestoume. E eu díxenlle: –Pero hoxe é día de festa. –Si; pero foron os barcos ó mar. –Tes razón que veño da ribeira e non había barco ningún en terra. –O Ramiriño traballa na Lonxa do Peixe. E proseguimos a parola ata que cheguei mesmo ó fronte da miña casa, e para despedirme, faleille: –Como ves, eu xa estou chegando. E o Ramiriño, miroume cunha cara moi compunxida e con moito sentimento, notábaselle a sensibilidade e a mágoa que por min sentía e que lle saía moi de dentro, apesarado e triste, contestoume: –Está, señor, está. E ben que se lle nota na faciana, non fai falta que o xure. Pero uns antes e outros despois, tarde ou cedo, aí habemos de chegar todos. Nunca tal cousa dixera. Entrei na casa mortiño de medo, todo asustado e á primeira persoa que vin cando ía atemorizado a mirarme ó espello, que foi a miña muller, espeteille: –¡Carme! ¿Teño moi mala cara? –Nunca a tiveches boa, sempre fuches moi feo. –Déixate de lerias –berreille; e ela véndome acovardado e aterrado díxome: –¿Pero a ti que che pasa? ¿Quen che dixo que tiñas mala cara? –¡Díxomo o Ramiriño! –e conteille toda a conversa. E aínda por riba, ela, mirando para min e barrenado a sen co dedo (xa sabedes o que significa, non fai falta que volo diga), ceibou unha gargallada ó tempo que afirmaba: Dime con quen andas, e ... (o resto xa vós o sabes). E aí rematou todo.

33


Marcelo da Rabela

Pero máis ca iso era un home bo. Estou certo de que no relatorio das virtudes da humanidade, a bondade resulta a máis forte. E Marcelo era o máis forte das persoas que tratei en Muros.

In memoriam

Nunca lle escoitei unha crítica negativa para os próximos; suaba felicidade contando, comunicando ditos e historias, fantasías e curiosidades. Sabía de todos e de todo, coñecía a árbore xenealóxica de cada casa, de cada saga… e quería saber máis. Amaba como ninguén á súa vila. O amor non é máis ca iso; prestar atención aos demáis. E el apuntou toda a súa atención, a súa concentración, na vila que o viu nacer e morrer. O seu mundo nacía e morria aquí, en Muros. Niso consistía todo o seu universo. Cunqueiro creou o seu Simbad en Mondoñedo, sen sair do seu Elsinor particular, onde todo estaba pechado por mor do vento… pero a súa fantasía percorreu mundos de realismo máxico moito antes de que as soedades centenarias de García Márquez asombrasen ao mundo. O noso Marcelino, tamén.

p/ Santiago Fernández.

A igrexa de Muros estaba chea. Era o 30 de maio, sábado, e acudira, como fago as fins de semana nas que o tempo mo permite, á miña Itaca persoal; á casa onde nacín. Non tiven tempo de desfacer os petates e xa me informara a miña veciña, Socorro, que Marcelo nos deixara. Andaba, hai tempo, moi fráxil de saúde. Achegueime ao templo para dedicarlle o meu recordo. A inmortalidade consiste niso, en permanecer na memoria dos demáis,en non ser esquecido. O acto impresionoume. Podíase escoitar o silenzo. Homes e mulleres de todas as idades. Oito en cada bancada. No adro moitos que non poideron entrar. E un son viril, rouco, serio…enchía de maxestade o acto. A Coral Muradana musicaba tonalidades de traxedia grega. O silenzo faciase sonoro, trasladábanos. E pensaba en Marcelo… e en meu pai. Nas veces que camiñaban e falaban xuntos. Nos temas que os xunguían…como facían una arañeira de recordos e de costumes, de alcumes e de anécdotas. Unha oralidade antropolóxica, etnográfica, que quedou plasmada nas publicacións coas que Marcelino nos agasallou. Gardo con agarimo una carta que recibín del. Era o xaneiro de 1985. Exercía, el, de Secretario da Comisión de Cabalgata de Reyes e pedíame que lles fixese o pregón do ano seguinte. Aquilo encheume de honor; lembroo como un dos actos do que máis orgulloso me sinto.

Contaba, falaba, escoitaba, camiñando… Eu dicíalle peripatético, como os alumnos da Escola fundada por Aristóteles, que aprendíalle aos seus discípulos paseando polo xardín do templo dedicado a Apolo Licio. Mais aquí, no seu Muros, o paseo non tiña laranxos preñados de azahares como en Atenas. O máis, algunha adelfa mal florida ou buganvillas que queren e non poden…

Non podía nen sabía dicirlle que non, Marcelino era xa naqueles tempos o dinamizador da cultura viva da vila. Pero sempre humilde, na sombra. Non quería glorias nin fastos.

Pero houbera vendaval ou nordés , el sempre paseaba…e saudaba, e comentaba, e falaba piano para non molestar…e escoitaba. Como todos os homes bos que tamén queren ser sabios.

Representaba a memoria e a historia de Muros, unha memoria que el desexaba perpetuar nos demáis, contando historias que só el sabía por furonear onde ninguén chegaba.

Ao saír da igrexa, a miña veciña , Socorro, comentoume:” Unha misa preciosa, os homes cantaron como se cantaba antes nos funerais”. Serios. Impoñían.

34


Tío Marselo Por Mario Martínez Lago

Señor do verso, amo da palabra, dux da conversa envolvente e sutil. Non sabería moi ben como defini -lo, intrépido lugartenente da Virxe do Camiño, na que acabou en verbas del “nunha vida de exiliado involuntario” así se adoitaba queixar con moito rintintín. Era un home con historia en el mesmo, pero aquí esta o conto, imaxinabas e creabas para o resto dos mortais. Mestre da retranca e ironía, como non, lonxe do seu Muros natural, céntrico, onde naceu nunha casa que ágora, come a humidade e na que as perigosas fendas que chaman por derribarse. Constitúen a dia de hoxe a súa imaxe estrutural, que pouco relativa é a vida. Foise, para deixarnos, orfos e orfas de inspiración, da que constantemente eu bebía, na que eu me criei e vivín dende o momento de ver case a primeira luz da miña vida. E tamén as primeiras conversas, animadas, fluídas e impregnadas de un sentido de humor que nunca pasa de moda, Marselo chamáballe retranca. As bagoas, invádanme, e tristemente non sei como traducilas a palabras. Síntoo a ausencia e intento asentarme nunha nova realidade, na que a casa da miña avoa esta incompleta, encontrámonos nela, un silencio e unha falta de actividade non desexada. E que xa nada será igual, que serán das conversas e centos de contos, fábulas e historias que xamais se oirán no número oitenta e tres da nosa rampla. Por que somos ou pelexamos por chegar a ser é o que rodeamos, na casa, no barrio, na vila, por o mundo… Miles de historias, fazañas e aventuras que meu tío Marselo me narrou son unha herdanza social e cultural que enmarco en un ouro simbólico de pureza infinita. Todo muda, dende a falta dun boas ao entrar, ata esa guerra na que dende a tribuna dirixiamos con quendas de palabra. Pelexastes, moito, comigo tamén, eu sabía que pelexar che daba a vida. A brevidade dos catros pasos, saltos, que teño que dar para estar ao seu carón, fará que nas futuras ocasións mesture con alta preocupación moitos dos sentimentos dos que intento hoxe, aquí illarme. O recordo nunca será escaso, será lúcido por sempre. Non é unha despedida, no volta, regresaras a nós grazas a todo o que deixas. Mais son sabedor de que nunca abandonaras a vila, como ben dicías; “Muros é un ghustaso”. Mentres tanto, neste abur, dignificarche si é posible. Pero sobre todo agradecerche os patrón e exemplo que significastes para min, e todo o verbo e palabra que aprendín contigo.

35


A Vella da Axesta A Vella da Axesta é unha das mais fermosas poesías que compuxo Marcelo. O facer do gran poeta muradano veuse correspondido polo interés do compositor muradano D. Domingo Juan Barreiros Lago. Que Muros tivo e ten bos poetas, xunto con unha tradición musical que se remonta a séculos, foi i é, unha realidade palpable. Pero o que case nunca se conxuntou foi o facer dos poetas coa habilidade dos músicos muradáns para ordenar en armónica composición letra e música saída da alma, feita con sentido querer, para por en valor a mais entrañable das nosas saudades. Sempre ten que haber unha primeira ocasión, e tivémola. Os sentidos versos dun poema do moi querido Marcelino García Lariño foron musicados polo Mestre Domingo Juan Barreiros Lago, quen con notable facer, compuxo unha fermosa canción a tres voces sobre o poema de Marcelo <A Vella da Axesta>. Esta peza musical, interpretada polo Orfeón Ría de Muros, que dirixe o mestre Barreiros, foi estreada en Muros, o domingo 13 de xullo de 2014, durante un acto público organizado pola Asociación de Náufragos de la Mar e a Asociación Muradana Xubimar, en memoria dos náufragos do Bonifaz e o Castillo de Montjuit.

36


Os títulos outorgados polo Cónsul do Varadoiro (unha hestoria diferente á que foi) p/ Manuel Lago Álvarez

Marcelo era un gran coñecedor da Vila e das súas xentes. Cos seus relatos, soubo mellor que ninguén ensinarnos como eran e como somos os muradanos e muradanas. Con unha retranca única (moi muradana), e línea a línea, acercounos ao ser i estar do máis íntimo das xentes. Non é que il pensara que as xentes de Muros foran atoladas nin arroutadas, pero si un pouco diferentes nas súas cousas a outras xentes de vilas coma a nosa. Co paso de tempo chegou a conclusión de que este “ser diferente” era un signo de distinción, e que non todos poderían acceder a il. Por elo, e consultadas “as musas”, e como cousa necesaria para preservar a especie, na súa condición de Cónsul do Varadoiro, otorgoúlle o titulo de “INSPECTOR de TOLOS da VILA”, a un dos seus mellores amigos, o muradán Manolo de Chuvasco, a quen lle confiou a misión de preservar a “especie”, facéndolle a grave observación de que fixera ben o seu traballo, porque en Muros “para tolo non vale calquera”.

Pasados os meses souben eu de tal nomeamento, e sentíndome un pouco agraviado fun a estar con íl, e argumenteille que na Vila había moito “cantante”, e que para “cantante” non valía calquera, e que por iso había que nomear un “Inspector de Cantantes”. Quedóuseme mirando e díxome todo serio: Home, para cantante dos malos xa estás tí. Non quererás que aumente a dotación de cantantes malos na Vila?. Respondinlle que non, que non me refería a eso. El entendeume, e pasados os meses tivo a ben outorgarme o título de “CANTANTE BEATO”. Non era precisamente o que eu quería, pero a falta de pan.... E nestes días entereime de que tiña xa asinados, tamén para un fillo da Vila, dous títulos mais. Os títulos son os de «Economista Oficial da Vila» e o de «Calmante Vitaminado». Quen isto lea, xa sabe a quen van dirixidos, e que os ten moi merecidos, todos o sabemos.

37


Galería fotográfica:

38


39


COLABORA:

CONCELLO DE MUROS

40


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.